Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra convertiuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Jordi Cuixart i Navarro, nado en Santa Perpètua de Mogoda (Barcelona) o 22 de abril de 1975, é un activista político e empresario catalán, presidente de Òmnium Cultural dende decembro de 2015.Desde outubro de 2017 atópase en situación de prisión preventiva, acusado de presuntos delitos de rebelión en relación coa celebración do referendo sobre a independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017. O xuízo comezou o 12 de febreiro de 2019 e en outubro dese ano foi condenado polo Tribunal Supremo de España a 9 anos de prisión e inhabilitación polo delito de sedición.
Maria Carme Forcadell i Lluís, nada en Xerta, Baix Ebre, o 29 de maio de 1955 é unha lingüista e activista política catalá, presidenta do Parlamento de Cataluña, fundadora da Plataforma per la Llengua, membro da executiva e voceira da xunta do Òmnium Cultural de Sabadell e presidenta da Assemblea Nacional Catalana dende a súa fundación até maio de 2015, e deputada no Parlamento de Cataluña (2015-2018). Permaneceu en prisión preventiva en Alcalá-Meco, á espera do xuízo ó proceso independentista catalán, que comezou o 12 de febreiro de 2019. Finalmente foi condenada polo Tribunal Supremo de España en outubro de 2019, 11 anos e medio de prisión e inhabilitación polos delitos de sedición e malversación.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 1 do mundo na clasificación ATP. Gañador en 20 ocasións dun torneo de Grand Slam, igualando o récord establecido por Roger Federer. Campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
A continuación amósase unha lista de países e terrritorios dependentes por poboación, cuxa inclusión na lista está baseada no estándar ISO 3166-1. Non se reflicten as diferenzas de poboación nos países que non contan nos seus censos aos habitantes que non posúen a nacionalidade. Algúns países como Tailandia non reportan a poboación total, xa que contan exclusivamente os cidadáns nacionalizados.
Ace Ventura: When Nature Calls
Ace Ventura: When Nature Calls é un filme estadounidense dirixido por Steve Oedekerk e protagonizado por Jim Carrey, que foi estreado en 1995.
O Universo é máis comunmente definido como todo o que existe fisicamente: a totalidade do espazo e do tempo, de todas as formas da materia, a enerxía e o impulso, e as leis e constantes físicas que as gobernan. A grande escala, é o obxecto de estudo da cosmoloxía, que se basea na física e na astronomía, aínda que algúns dos temas de estudo bordean a metafísica. O Universo comprende todo o que ten existencia dentro dunha determinada clase de obxectos ou entidades.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Andrii Mikoláiovich Shevchenko (en ucraíno: Андрій Миколайович Шевченко) (*Dvirkivshchyna, Ucraína, 29 de setembro de 1976), futbolista ucraíno, alcumado Sheva. Debutou no Dinamo de Kiev, co cal xogou ao longo de 5 tempadas, alcanzando as semifinais da Liga de Campións da, 5 títulos de liga, catro copas de liga e individualmente o terceiro lugar na votación do Xogador do Ano en 1999. Tras boas actuacións fichou no AC Milán en xuño de 1999 por 26 millóns de euros, unha cifra récord para un xogador ucraíno.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 167.579 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Nemonte Nenquimo, nada na comunidade de Nemompare en 1985, preto do río Curaray, é unha líder dos huaorani de Pastaza, presidenta de Conconawep e cofundadora da organización indíxena Alianza Ceibo. No ano 2020 foi considerada pola revista Time como unha das 100 persoas máis influintes do mundo ese ano polo seu liderado na defensa do territorio dos huaorani fronte ao extractivismo das compañías petroleiras, o cal culminou no ano 2019 coa protección legal de máis de 180 000 hectáreas do territorio ancestral huaorani.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
As células de Paneth, son un tipo de células do epitelio do intestino delgado (fundamentalmente) con funcións protectoras. En dito epitelio están acompañadas polas células caliciformes, enterocitos, e células enteroendocrinas. Poden identificarse microscopicamente pola súa localización no fondo das glándulas intestinais (criptas de Lieberkühn), xusto debaixo das células nai ou troncais intestinais, e polos seus grandes gránulos eosinófilos refrinxentes secretores que ocupan a maioría do seu citoplasma.
O Tournoi de Roland-Garros (en galego: "Torneo de Roland Garros") é un evento de tenis que se leva a cabo desde finais de maio ata comezos de xuño en París, Francia e é segundo dos torneos mundiais de Grand Slam. Comezou como un torneo nacional en 1891. En 1925 o "Campionato Francés" abriuse a competidores internacionais, desenvolvéndose nunha superficie de céspede alternativamente entre o Racing Club de France e o Stade Français.
Isiah Lord Thomas III, nado o 30 de abril de 1961 en Chicago, Illinois, foi un xogador de baloncesto estadounidense que destacou profesionalmente na década dos 80 e a principios dos 90. Desenvolveu toda a súa carreira nos Detroit Pistons até a súa retirada en 1994. Até a tempada 2007-2008, desempeñouse como presidente de operacións e adestrador dos New York Knicks, mais os seus problemas cos xogadores e os pésimos resultados deportivos motivaron a súa saída.
A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur. Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce.
Jerome Seymour Bruner, nado o 1 de outubro de 1915 en Nova York e finado o 5 de xuño de 2016 na mesma cidade, foi un psicólogo estadounidense, de familia polonesa. Profesor de psicoloxía en Harvard e despois en Oxford, escribiu importantes traballos sobre educación, liderou o que veu a ser coñecido como Revolución Cognitiva, na década de 1960. Esta introduce novas perspectivas no estudo da mente, superando os postulados colocados até aquela época polo behaviorismo, que puña o foco só nos fenómenos observábeis.
The Boy in the Striped Pyjamas
The Boy in the Striped Pyjamas é un filme británico-estadounidense dirixido por Mark Herman que foi estreado no 2008. Está baseado no libro O neno do pixama a raias do escritor irlandés John Boyne.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
Solomana Kanté (tamén escrito como Souleymane Kanté ou Sulemaana Kantè; en n'ko: ߛߎ߬ߟߋ߬ߡߊ߬ߣߊ߬ ߞߊ߲ߕߍ߫), nado en 1922 e finado o 23 de novembro de 1987, foi un escritor e educador guineano, máis coñecido como o inventor do alfabeto n'ko para as linguas mandinga de África. A frase "n'ko" quere dicir "eu digo" en tódalas linguas mandingas.
Serramoura é unha serie de televisión de suspense producida por Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia. Emitiuse por vez primeira o domingo a noite do 5 de outubro de 2014 na TVG en horario de máxima audiencia. Desde o 25 de outubro de 2016 a canle rusa AXN Sci-Fi emite a serie co título de Черный лес.
Pere Aragonès i Garcia, nado en Pineda de Mar, Maresme, o 16 de novembro de 1982, é un político catalán, vicepresidente e conselleiro de Economía e Facenda dende o 19 de maio de 2018, asumindo algunhas funcións do presidente da Generalitat de Cataluña dende 30 de setembro de 2020 por mor da inhabilitación de Quim Torra. Foi membro do Parlamento de Cataluña por ERC e secretario de Economía do Goberno de Cataluña 2016-2017.
Constantino Saqués Pereira, máis coñecido como Tino Saqués, nado o 22 de decembro de 1961 en Lugo, é un empresario galego, administrador da empresa Frisaqués S.L. e máximo accionista do Club Deportivo Lugo. É o vixésimo terceiro presidente do Club Deportivo Lugo, cargo que exerce desde o 2015 tras substituír no cargo a José Bouso.
Fernando de Magalhães, (Fernão de Magalhães en portugués, Fernando de Magallanes en castelá), nado a finais do século XV (1480?) como Fernão de Magalhães probabelmente na vila do norte de Portugal da Ponte da Barca, e finado na illa filipina de Mactan o 27 de abril de 1521, foi un navegante e explorador portugués da época dos grandes descubrimentos coñecido porque, ao servizo de Carlos I de España, baixo o nome de Fernando de Magallanes foi autor da primeira circunnavegación da historia ao redor da Terra, iniciada en 1519 baixo as súas ordes, ata a súa morte, e finalizada, despois de tres anos de viaxe, en setembro de 1522 baixo as ordes de Juan Sebastián Elcano. Así mesmo foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do océano Pacífico coñecido en aqueles tempos como mar do Sur. No século XV, ao contrario da crenza popular, a redondez da Terra xa era coñecida desde tempos remotos.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Sistema Solar é o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Vía Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol. Inclúe os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides, cometas e satélites. Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube de Oort, considerada como o berce dos cometas.
Louis Braille, nado en Coupvray, a 40 km de París, o 4 de xaneiro de 1809 e finado o 6 de xaneiro de 1852 en París, foi un profesor francés famoso pola invención do sistema de escrita para cegos que tamén se chama Braille. Ensinou Matemáticas e Música entre outras materias. Pola súa orixe, o seu nome debe pronunciarse con elle e non con ele como se escoita ás veces.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
As zonas horarias ou fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas en que se divide a Terra e que seguen a mesma definición de tempo. Anteriormente, usábase o tempo solar aparente, de forma que a hora do día diferenciábase lixeiramente dunha cidade a outra. Os fusos horarios corrixiron en parte o problema ao colocar os reloxos de cada rexión no mesmo tempo solar medio.
En astronomía, a teoría xeocéntrica (do grego γεοκεντρικό, geokentrikó, centrado na Terra) é aquela que coloca a Terra inmóbil no centro do universo, e os planetas, o Sol e estrelas virando ao seu redor. Esta crenza foi habitual na Grecia antiga e na China , e sobreviviu ata o comezo da idade moderna, a partir de finais do século XVI foi substituído gradualmente polo modelo heliocéntrico. Hoxe en día, a cosmoloxía xeocéntrica sobrevive como elemento literario na ciencia ficción.
A célula (do latín cellula, que significa 'cuarto pequeno, cela') é a unidade estrutural e funcional mínima con vida, a cal é capaz de realizar tódalas funcións características ou vitais de calquera organismo vivo: a nutrición, a relación co medio que a rodea e a reprodución. Todos os seres vivos existentes posúen, cando menos, unha célula. Estes seres formados por unha soa célula son os chamados organismos unicelulares, mentres que se están constituídos por un conxunto de varias (ata miles de millóns) reciben o nome de organismos pluricelulares.
A Terra ( pronunciación ) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Un "editor de texto" é un Programa informático que permite escribir e modificar arquivos digitales compostos unicamente por texto sen formato, coñecidos comunmente como arquivos de texto. Distínguense dos procesadores de textos en que se usan para escribir só texto, sen formato e sen imaxes. Hai unha gran variedade de editores de texto.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o pantasma, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
O sistema métrico decimal ou de xeito sinxelo sistema métrico é un sistema de unidades baseado no metro, no cal os múltiplos e submúltiplos dunha unidade de medida están relacionadas entre si por múltiplos ou submúltiplos de 10. Foi implantado pola 1ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (París, 1889), co que se pretendía buscar un sistema único para todo o mundo para facilitar o intercambio, xa que ata entón cada país, e ata cada rexión, tiña o seu propio sistema, a miúdo coas mesmas denominacións para as magnitudes, pero con distinto valor. Como unidade de medida de lonxitude adoptouse o metro, definido como a dez millonésima parte do cuadrante do meridiano terrestre, cuxo patrón reproduciuse nunha barra de platino iridiado exposto no Museo de pesas e medidas de Sèvres (París).
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Este artigo trata dos diversos métodos científicos usados historicamente. Para o uso da palabra en contornas técnicas actuais ver investigación científica.O método científico constitúe o estudo sistemático, controlado, empírico e crítico de proposicións hipotéticas sobre presuntas relacións entre varios fenómenos naturais e é o mecanismo utilizado nas ciencias experimentais para validar ou invalidar unha teoría, por medio da experimentación ou da observación. O método científico (do grego: -μετά = cara a, ó longo de- -οδός = camiño-; e do latín scientia = coñecemento; camiño ó coñecemento) é un método de investigación usado de xeito principal na produción de coñecemento nas ciencias.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Breogán, tamén identificado como Brigo, é un rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre, identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium). A principal fonte documental sobre Breogán é o Lebor Gabála Érenn, un compendio medieval sobre os mitos fundacionais dos irlandeses. Neste compendio é descrito como o fillo de Brate, e o pai de Ite e Bile, entre outros, así como o devanceiro dos gaels.
Igrexa de Santa María a Nova de Noia
A igrexa de Santa María a Nova é un dos monumentos relixiosos e históricos máis representativos da vila de Noia. Trátase dunha igrexa construída en 1327 sobre outra máis antiga (do século XII), no centro do cemiterio histórico da cidade, e posúe unha mostra singular de laudas sepulcrais que datan dos séculos XIV ó XIX. Foi declarada monumento histórico artístico en 1973 e non posúe culto, estando actualmente dedicada a Museo. Foi construída polo arcebispo santiagués Berenguel de Landoira (1262-1330), de orixe francesa, en estilo gótico mariñeiro con influencia do románico , sobre outra igrexa anterior do século XII. Isto pode explica-la denominación de Santa María a Nova como testemuña dunha anterior Santa María a Vella.
Cristovo Colón, nado na República de Xénova en 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do Océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana. As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci. Malia que posibelmente non foi o primeiro explorador europeo de América, Colón foi quen descubriu un novo continente para Europa e a historia, ao ser o primeiro navegante capaz de trazar unha ruta de ida e retorno aproveitando as correntes mariñas do Atlántico que hoxe aínda se utilizan, abrindo deste modo un Novo Mundo para explorar, e explotar, nos vellos reinos europeos.
Coñécese como asistencia sanitaria, atención médica, asistencia médica, atención sanitaria ou atención de saúde, ao conxunto de servizos que se proporcionan ao individuo, co fin de promover, protexer e restaurar a súa saúde. A asistencia sanitaria é basicamente un servizo ou un ben económico intanxible de tal forma que "o servizo chamado asistencia sanitaria é o que presta un axente ou operador especializado para as persoas que senten ou teñen manifestacións de alteracións no seu estado de saúde e que ademais este servizo préstase baixo unhas determinadas condicións de seguridade e por quen está en posesión dun determinado coñecemento, é dicir, é un servizo especializado e singular que só o poden dar persoas autorizadas ou acreditadas e en centros autorizados". "A singularidade do servizo prestado nun centro asistencial vén determinada por moitos factores que abarcan desde a súa cultura até pola grande influencia doutros sectores da economía".
Un asasino en serie é polo xeral unha persoa que asasina tres ou máis persoas, frecuentemente ó servizo dunha gratificación psicolóxica anormal e producíndose os asasinatos durante máis dun mes cun descanso importante (un "período de arrefriamento") entre eles. Diferentes autoridades aplican diferentes criterios na definición dos asasinos en serie; mentres que moitos estabelecen un limiar de tres asasinatos, outros esténdeno a catro e outros redúceno a dous. O Federal Bureau of Investigation (FBI), por exemplo, define un asasinato en serie como "unha serie de dous ou máis asasinatos, cometidos en eventos separados, normalmente pero non sempre, por un delincuente actuando só".Malia que a gratificación psicolóxica adoita ser o motivo para os asasinatos en serie, e a maioría dos asasinos en serie teñen contactos sexuais coas súas vítimas, o FBI estabelece que os motivos dos asasinatos en serie poden incluír a rabia, a busca de emoción, a ganancia financeira e a chamada de atención.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Francisco Largo Caballero, nado en Madrid o 15 de outubro de 1869 e finado en París o 23 de marzo de 1946, foi un sindicalista e político español, histórico dirixente do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT). Durante a Segunda República Española foi Ministro de Traballo (1931-1933) e Presidente do Goberno (1936–1937).
LeBron Raymone James, nado o 30 de decembro de 1984 en Akron, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga en Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Coñecido coma "King James", foi seleccionado na primeira posición do draft da NBA de 2003 polos Cleveland Cavaliers. Foi nomeado Rookie do Ano na tempada 2003-04, MVP da tempada da NBA nas tempadas 2008-09, 2009-10, 2011-12 e 2012-13, MVP das Finais da NBA nas 2011-12 e 2012-13, e foi All-Star todas as tempadas dende 2005.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.