Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Alvariza pode referirse a: Apiario, conxunto de colmeas de abellas; Abellariza, construción tradicional consistente nun muro, xeralmente circular, onde se garda un apiario para o protexer do clima e os animais. Alvariza, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia. Alvariza, grupo musical folk galego.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 167.681 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Miguel de Unamuno y Jugo, nado en Bilbao o 29 de setembro de 1864 e finado en Salamanca o 31 de decembro de 1936, foi un escritor e filósofo vasco. Na súa obra cultivou unha grande variedade de xéneros literarios, como dicía Ramón Pérez de Ayala: "Con tal orixinalidade como se se tratase literalmente de 'xéneros', que el cortaba e empregaba ao seu antollo".
Partido Socialista Obrero Español
O Partido Socialista Obrero Español (PSOE, en galego: Partido Socialista Obreiro Español) é un partido político español de centro esquerda fundado en 1879 polo ferrolán Pablo Iglesias Posse. Durante cen anos definiuse como un partido de clase obreira, socialista e marxista, ata o Congreso Extraordinario de 1979, no que abandonou o marxismo como definición ideolóxica. Converteuse nun dos dous partidos políticos maioritarios de España, xunto co Partido Popular, gobernando o país durante a maior parte do réxime constitucional iniciado en 1978, coas presidencias de Felipe González (1982-1996), José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2011) e Pedro Sánchez (2018-presente).
Cristina Ortiz Rodríguez, nada o 19 de marzo de 1964 en Adra e finada o 9 de novembro de 2016 en Madrid, máis coñecida polo alcume de La Veneno ("A Veleno"), foi unha vedete, cantante e colaboradora de televisión española, famosa por intervir nos programas de entrevistas nocturnos Esta noche cruzamos el Mississippi e La sonrisa del pelícano, emitidos en España entre 1996 e 1997, ámbolos dous programas presentados polo xornalista Pepe Navarro. La Veneno foi unhas das primeiras mulleres transxénero en visibilizar a realidade do colectivo transxénero, e é recoñecida como unha das iconas LGBT máis atrevidas de España.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Ferida é unha escultura situada no concello coruñés de Muxía fronte ao océano Atlántico, nun outeiro ao carón do santuario da Virxe da Barca. O seu autor é o artista burgalés Alberto Bañuelos-Fournier. A obra foi doada por Seguros Aegon ao concello muxián como homenaxe aos voluntarios que acudiron a axudar ao pobo galego cando se produciu o desastre do Prestige o 13 de novembro de 2002.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
As células de Paneth, son un tipo de células do epitelio do intestino delgado (fundamentalmente) con funcións protectoras. En dito epitelio están acompañadas polas células caliciformes, enterocitos, e células enteroendocrinas. Poden identificarse microscopicamente pola súa localización no fondo das glándulas intestinais (criptas de Lieberkühn), xusto debaixo das células nai ou troncais intestinais, e polos seus grandes gránulos eosinófilos refrinxentes secretores que ocupan a maioría do seu citoplasma.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
San Martiño de Dumio, nado en Panonia (actual Hungría) contra 510 ou 520 e finado en Braga no 579 ou 580, tamén chamado san Martiño Dumiense, san Martiño de Dume ou san Martiño de Braga, foi un relixioso cristián do século VI. Está considerado como o apóstolo dos suevos, responsable maior da súa conversión do arianismo ao catolicismo. A súa obra eclesial e literaria, presentando un cristianismo adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da Antigüidade clásica; a predicación dun crisitianismo ortodoxo en tempos de herexía e as súa relacións cos reis suevos, anuncian o ideal episcopal de Leandro e Isidoro de Sevilla.Foi bispo de Dumio e de Braga.
Serramoura é unha serie de televisión de suspense producida por Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia. Emitiuse por vez primeira o domingo a noite do 5 de outubro de 2014 na TVG en horario de máxima audiencia. Desde o 25 de outubro de 2016 a canle rusa AXN Sci-Fi emite a serie co título de Черный лес.
Paloma San Basilio, nada en Madrid o 22 de novembro de 1950, é unha cantante e actriz española. Trátase dunha das intérpretes máis populares e prestixiosas no ámbito da canción melódica en castelán. A potencia vocal de Paloma San Basilio, e a súa precisión e nitidez no fraseo son as súas características máis destacables.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de municipios portugueses
Esta é unha lista de municipios portugueses ordenados alfabeticamente. Actualmente (2006), Portugal ten 308 concellos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Parlamento Europeo, tamén coñecido como Europarlamento ou Eurocámara, é a institución parlamentaria que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns dela, e que xunto coa Comisión Europea e o Consello da Unión Europea exerce a función lexislativa. Está composto por 751 deputados, que representan ao segundo maior electorado democrático do mundo, só superado polo Parlamento da India. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendencias políticas existentes nos países membros.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O raposo común (Vulpes vulpes), tamén coñecido simplemente como raposo, ou golpe nalgunhas zonas ó norte de Galicia, é a meirande especie de raposo e un dos membros máis espallados no mundo da orde dos carnívoros, estando presente en todo o hemisferio norte dende o círculo polar ártico até o norte de África, América do Norte e Eurasia. Está clasificada como unha especie pouco preocupante pola IUCN. A súa área de distribución medrou paralelamente coa expansión humana, sendo introducido en Australia, onde é considerado prexudicial para os mamíferos nativos e as poboacións de aves. Por mor da súa presenza en Australia, está incluído na lista das 100 especies invasoras máis daniñas do mundo.O raposo común provén de devanceiros máis pequenos de Eurasia durante o período Villafranchiense medio, e colonizou América do Norte pouco despois da glaciación de Wisconsin.
A tormenta perfecta (en inglés: The Perfect Storm) é un filme estadounidense dirixido por Wolfgang Petersen e baseado na novela non ficticia The Perfect Storm de Sebastian Junger. O filme conta a historia do Andrea Gail, un barco pesqueiro que queda atrapado no mar pola Tormenta Perfecta de 1991. Está protagonizado por George Clooney, Mark Wahlberg, William Fichtner, John C. Reilly, Diane Lane, Karen Allen e Mary Elizabeth Mastrantonio.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
IKEA é unha corporación multinacional de orixe sueca, fundada en 1943 en Småland, adicada á venda minorista de mobles e obxectos para o fogar e decoración a baixo prezo e deseño contemporáneo. A estrutura organizativa da empresa é opaca e confusa.[Cómpre referencia] A marca IKEA pertence a unha fundación con sede nos Países Baixos, baixo o control da familia Kamprad, e que cobra un canon a cada tenda pola súa operación. Á súa vez, as tendas e algunhas fábricas son propiedade de distintas empresas e fundacións interrelacionadas entre si e supostamente tamén controladas pola familia Kamprad, pero cuxa estrutura societaria real non se desvelou completamente.[Cómpre referencia]É unha das principais empresas en fabricación de mobles.
Colima é unha cidade mexicana, capital do estado de Colima. Limita con municipios de Cuauhtémoc polo norte, Ixtlahuacán polo sur, Tecomán polo suroeste; co estado de Michoacán polo sueste; co estado de Xalisco polo leste; Coquimatlán polo oeste; e Villa de Álvarez polo noroeste. Tiña 123 597 habitantes no 2005.
O oso polar (Ursus maritimus), tamén coñecido como oso branco, é un mamífero da familia dos Úrsidos. É un oso carnívoro cuxo hábitat abrangue unha ampla rexión do Círculo Polar Ártico, no Océano Ártico, e as masas de terra que arrodean os mares. É o meirande oso, cun tamaño semellante ó do omnívoro oso de Kodiak (Ursus arctos middendorffi).
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
A lipoproteína de Braun (tamén chamada BLP, Lpp, ou lipoproteína da mureína), que se encontra nas paredes celulares de bacterias gramnegativas, é unha das proteínas de membrana máis abundantes das bacterias. O seu peso molecular é de aproximadamente 7,2 kDa. Únese por unha lisina do seu extremo C-terminal por medio dun enlace covalente a moléculas de ácido diaminopimélico da capa de peptidoglicano, e está incrustada na membrana externa bacteriana pola súa cabeza hidrofóbica (unha cisteína con lípidos unidos).
Shalva Vardidze (en xeorxiano: შალვა ვარდიძე; en turco: Şalva Vardidze) foi un relixioso e activista político xeorxiano. Durante a súa estancia na igrexa católica xeorxiana de Constantinopla, tomou parte activa na loita pola independencia de Xeorxia, e escribiu artigos e traducións para promover a cultura xeorxiana.
Celeirós, Pedrafita, A Teixeira
Celeirós é un lugar da parroquia de Pedrafita, no concello ourensán da Teixeira, localizado na Ribeira Sacra. Segundo o INE en 2015 tiña 22 habitantes, aínda que chegou a contar con máis de 100.
Dinís de Portugal, nado o 9 de outubro de 1261 en Lisboa e finado o 7 de xaneiro de 1325 en Santarém, foi rei de Portugal, fillo de Afonso III e da súa segunda esposa, Beatriz de Castela, sendo, por tanto, neto de Afonso X o Sabio. Sucedeu o seu pai no trono de Portugal en 1279. Intitulábase nos diplomas que outorgou durante o seu reinado como Dom Denis, pella graça de Deus, Rei de Purtugal e do Algarue, e así consta no foro (carta de poboamento) concedido a Rebordãos o 18 de maio de 1285, así como noutros documentos.
Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos.
Marilyn Monroe, de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962, foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960, chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950).
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Illas Caimán nos Xogos Olímpicos
As Illas Caimán participaron por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1976, e dende entón competiu en cada edición dos Xogos de Verán, agás en 1980, onde formou parte do boicot liderado polos Estados Unidos. O país tamén participou en dúas ocasións nos Xogos de Inverno, a primeira delas en 2010. Ningún deportista das Illas Caimán conseguiu gañar unha medalla olímpica.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
María Concepción Jesusa Petra Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, feminista, poeta, autora dramática e de zarzuela. É considerada unha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX dentro e fóra do país..
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Euskadi Ta Askatasuna (País Vasco e Liberdade), máis coñecida como ETA, foi unha organización armada vasca que pretendía conseguir a creación dun estado independente vasco a partir da independencia e unión dos diferentes territorios vascos que forman parte de España e Francia. Era oficialmente considerada como organización terrorista por España, Francia, o Reino Unido, a Unión Europea, os Estados Unidos de América, Canadá, o Consello de Europa , a ONU e ten sido criticada por Amnistía Internacional polo uso de métodos violentos como o asasinato e o secuestro , ademais da extorsión a empresarios para cobrar o chamado «imposto revolucionario», unha das súas fontes de financiamento. Os seus atentados causaron un total de 828 vítimas mortais ata o 30 de xullo de 2009.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Non confundir con feixónA feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste do Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Acerbaixán, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
O estado de alarma é un dos tres réximes de emerxencia contemplados no artigo 116 da Constitución Española de 1978. En concreto, o estado de alarma detállase no punto 2 do devandito artigo. Así mesmo, os seus efectos foron desenvolvidos no artigo 11 da Lei Orgánica 4/1981, dos estados de alarma, excepción e sitio.O estado de alarma declárase co obxectivo de asegurar o restabelecemento da normalidade da vida cotiá ante perturbacións como catástrofes, crises sanitarias ou episodios de desabastecemento de produtos básicos.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
Xesús Xan Ferreiro García ou simplemente Xesús Ferreiro, alcumado "Cachorro", nado na Coruña o 24 de febreiro de 1985 é un boxeador profesional galego. Na súa carreira profesional ten disputado un total de 20 combates, gañando 15 (5 por KO), perdendo 4 (2 por KO) e empatando un. Cachorro é, xunto con Moncho Casal o único boxeador coruñés que conseguiu un campionato estatal en dúas categorías distintas, semipesado e supermedio.
Un forno é un dispositivo que xera calor e que o mantén dentro dun compartimento pechado. Utilízase xeralmente na cociña para quentar, cocer ou secar alimentos. A enerxía calorífica utilizada para alimentar un forno pode ser suplida directamente por combustión (leña, gas), radiación (luz solar), ou indirectamente por medio de electricidade (forno eléctrico).
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.