Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
How to Train Your Dragon 2 é un filme estadounidense de animación estreado en 2014 e escrito e dirixido por Dean DeBlois. Producido por DreamWorks Animation e distribuído por 20th Century Fox, está vagamente na serie de libros homónima de Cressida Cowell. É a secuela do filme de 2010 How to Train Your Dragon e é o segundo título da triloxía.
Star Wars: The Last Jedi (tamén coñecido como Star Wars: Episode VIII – The Last Jedi) é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Rian Johnson. É o segundo título da triloxía secuela e o oitavo filme da serie A guerra das galaxias, despois de Star Wars: The Force Awakens (2015). Foi producido por Lucasfilm e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Francisco Xavier Senín Fernández, nado en Pontecesures o 13 de maio de 1949, é un tradutor galego. A Real Academia Galega nomeouno académico correspondente en outubro de 2020. Ese mesmo ano recibiu o Premio Nacional á Obra dun Tradutor de mans do Ministerio de Cultura de España, o máximo galardón a nivel estatal.
A fidalguía, isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento máis baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón). O concepto de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos, cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que en Galiza, no catastro de Ensenada só aparecían 10935 fidalgos, menos do 3% da poboación.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 168.039 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Coñécese como asistencia sanitaria, atención médica, asistencia médica, atención sanitaria ou atención de saúde, ao conxunto de servizos que se proporcionan ao individuo, co fin de promover, protexer e restaurar a súa saúde. A asistencia sanitaria é basicamente un servizo ou un ben económico intanxible de tal forma que "o servizo chamado asistencia sanitaria é o que presta un axente ou operador especializado para as persoas que senten ou teñen manifestacións de alteracións no seu estado de saúde e que ademais este servizo préstase baixo unhas determinadas condicións de seguridade e por quen está en posesión dun determinado coñecemento, é dicir, é un servizo especializado e singular que só o poden dar persoas autorizadas ou acreditadas e en centros autorizados". "A singularidade do servizo prestado nun centro asistencial vén determinada por moitos factores que abarcan desde a súa cultura até pola grande influencia doutros sectores da economía".
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, con idades de entre 3 e 9 anos, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar.
As linguas oficiais da Unión Europea son aquelas linguas faladas nos Estados membros da Unión Europea. Inclúense as 24 linguas oficiais de dito organismo xunto con algunhas que, xeralmente, son cooficiais nalgunhas rexións dos Estados membros. A política da UE tenta incentivar ós cidadáns europeos para que sexan multilingües, en especial a ser fluíntes en, polo menos, dúas linguas estranxeiras, non soamente para facilitar a comunicación, senón, para desenvolver a tolerancia e respecto para coa diversidade cultural.
O elefante africano de sabana (Loxodonta africana) é a maior das dúas especies de elefante africano, mentres que a menor é o elefante africano de bosque, tradicionalmente clasificados os dous como unha mesma especie, coñecida simplemente como elefante africano, pero evidencias recentes levaron a clasificalas como diferentes especies, con todo algunhas autoridades científicas consideraron esas evidencias insuficientes ata que un estudo xenético de 2010 confirmou definitivamente a súa división en dúas especies. Os elefantes de sabana son os maiores animais terrestres vivos, chegando o exemplar máis grande aos 3.96 metros de alto, sendo a media nos machos de 3.3 metros e de 5.5 toneladas de peso e nas femias de 2.8 metros de alto e 3.7 toneladas de peso. A especie caracterízase pola súa gran cabeza, grandes e apuntadas orellas que lles cobren os ombreiros, longa e musculosa trompa e mandíbula pequena con dous cabeiros ben desenvolvidos, algo maiores nos machos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
As células de Paneth, son un tipo de células do epitelio do intestino delgado (fundamentalmente) con funcións protectoras. En dito epitelio están acompañadas polas células caliciformes, enterocitos, e células enteroendocrinas. Poden identificarse microscopicamente pola súa localización no fondo das glándulas intestinais (criptas de Lieberkühn), xusto debaixo das células nai ou troncais intestinais, e polos seus grandes gránulos eosinófilos refrinxentes secretores que ocupan a maioría do seu citoplasma.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Os vellos non deben de namorarse
Os vellos non deben de namorarse é unha obra de teatro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerada unha das pezas máis populares do teatro galego. A obra foi escrita "para regalía do pobo galego" na cidade de Nova York, como remedio para "matar as horas de morriña". En verbas do autor esta obra foi froito da combinación de dúas sensibilidades: a literaria e, tamén, a imaxinación plástica do pintor.
A xustiza é o conxunto de regras e normas que establecen un marco axeitado para as relacións entre persoas e institucións, autorizando, prohibindo e permitindo accións específicas na interacción de individuos e institucións. A xustiza, no seu contexto máis xeral, inclúe a distinción entre que é xusto e o problema filosófico de que é o xusto. O propio concepto de xustiza está baseado en varios ámbitos e moitas visións que difiren entre elas, que inclúen conceptos de corrección moral baseadas na ética, dereito, relixión e equidade.
Cristina Ortiz Rodríguez, nada o 19 de marzo de 1964 en Adra e finada o 9 de novembro de 2016 en Madrid, máis coñecida polo alcume de La Veneno ("A Veleno"), foi unha vedete, cantante e colaboradora de televisión española, famosa por intervir nos programas de entrevistas nocturnos Esta noche cruzamos el Mississippi e La sonrisa del pelícano, emitidos en España entre 1996 e 1997, ámbolos dous programas presentados polo xornalista Pepe Navarro. La Veneno foi unhas das primeiras mulleres transxénero en visibilizar a realidade do colectivo transxénero, e é recoñecida como unha das iconas LGBT máis atrevidas de España.
Fernando Calvet Prats ou Ferran Calvet i Prats, nado en Vilafranca del Penedès o 22 de xaneiro de 1903 e finado en Barcelona o 16 de xuño de 1988, foi un bioquímico, catedrático de química orgánica na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente primeiro catedrático de bioquímica na Universidade de Barcelona.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
Victor Marie Hugo /viktɔʁ maʁi yɡo/ —inscrición completa na súa acta de nacemento: Victor, Marie Hugo— , nado en Besançon o 26 de febreiro de 1802 e finado en París o 22 de maio de 1885, foi un dos máis importantes escritores do romanticismo en francés e a miúdo é identificado como un dos mellores poetas franceses. Tamén foi un político e intelectual comprometido e influente na historia do seu país e da literatura do século XIX. Era irmán dos tamén escritores Eugène Hugo e Abel Hugo. Ocupa un posto notable na historia das letras francesas do século XIX nunha gran variedade de xéneros e ámbitos.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos. Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as X e a XII lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España. Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeneral da formación.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Lista de episodios de The Simpsons
A seguinte é unha lista de episodios da serie de debuxos animados The Simpsons, da canle Fox. A serie estreouse o 17 de decembro de 1989, a cal deriva de The Tracey Ullman Show, programa no cal a familia Simpson aparecía nunhas curtametraxes animadas. Arestora, a serie completou a súa vixésima temporada.
Robert Gabriel Mugabe, nado o 21 de febreiro de 1924 nunha localidade a carón de Harare chamada Kutama e finado en Singapur o 6 de setembro de 2019, foi un político e militar de Cimbabue que ocupou o cargo de Primeiro Ministro do país entre o 18 de abril de 1980 e o 31 de decembro de 1987, e o de Presidente da República de Cimbabue dende o 31 de decembro de 1987 ata o 21 de novembro de 2017.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
American Psycho é un filme estadounidense de terror e comedia negra coescrito e dirixido por Mary Harron que foi estreado no 2000. Está baseado na novela homónima de Bret Easton Ellis de 1991 . Está protagonizado por Christian Bale, Willem Dafoe, Jared Leto, Josh Lucas, Chloë Sevigny, Samantha Mathis, Cara Seymour, Justin Theroux e Reese Witherspoon.
A castaña na cultura popular galega
A seguir recóllese a pegada da castaña e do castiñeiro na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Tamén, por similitude, se inclúe algunha información sobre o castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum). O castiñeiro recibe en Galicia os nomes de castañeira, castañeiro, castiñeira, castiro e restre; existen castiñeiros bravos, que se denominan rebolos, bravádegos ou castiñeiróns.
Avelina Valladares Núñez, nada en Vilancosta (A Estrada) o 23 de outubro de 1825 e finada en 1902, foi unha escritora galega, e unha das primeiras mulleres que publicou artigos de opinión na prensa escrita, e empregou o galego como lingua dalgúns dos seus poemas. É irmá do tamén escritor Marcial Valladares.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
Alfonsina Storni, nada en Capriasca (Suíza) o 29 de maio de 1892 e finada en Mar del Plata o 25 de outubro de 1938, foi unha poeta e escritora arxentina do modernismo.Os seus pais, propietarios dunha cervexaría en San Juan, regresaron a Suíza en 1891. En 1896 volveron a Arxentina xunto con Alfonsina, quen nacera durante a estancia da parella no país alpino. En San Juan asistiu á escola infantil e viviu a primeira parte da súa infancia.
Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua. Autor dunha extensa obra, está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Timor Leste é un estado do Sueste asiático. O seu territorio comprende a metade oriental da illa de Timor, as illas de Ataúro e Jaco, e o enclave de Ocusi, na costa norte da metade occidental da illa. As únicas fronteiras terrestres que o país ten lígano á Indonesia, ao oeste da porción principal do territorio, e ao leste, sur e oeste de Ocusi, mais ten tamén fronteira marítima con Australia, no Mar de Timor, ao sur.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o pantasma, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
Premio Nacional de Tradución de España
O Premio Nacional á Mellor Tradución, de España, é un premio literario que outorga anualmente o Ministerio de Cultura de España. Premia a mellor tradución feita en calquera das linguas españolas entre tódalas obras publicadas no Estado no ano anterior. O premio está convocado desde 1984, e é continuación do premio de tradución Fray Luis de León, que se creara en 1956.
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O fosfatidilglicerol é un fosfoglicérido que forma parte das membranas celulares eucarióticas e bacterianas (nalgunhas bacterias é o principal compoñente), e forma parte do surfactante pulmonar, que reduce a tensión superficial no alvéolo e facilita o intercambio respiratorio de gases. Nas cianobacterias e plantas abunda na membrana tilacoidal (pero tamén está presente noutras membranas), e parece que mantén a proporción de lípidos aniónicos no tilacoide necesarios para realizar a fotosíntese.A estrutura xeral do fosfatidilglicerol pode describirse como un diacilglicérido esterificado cun fosfato cunha molécula de glicerol esterificada no fosfato. Por tanto, contén dúas moléculas de glicerol, unha no diacilglicérido e outra na cabeza polar.
Marie Pape-Carpentier, nada como Marie Joséphine Olinde Carpantier o 11 de setembro de 1815 en La Flèche (Sarthe) e finada o 31 de xullo de 1878 en Villiers-le-Bel (Val-d'Oise), foi unha docente francesa. É recoñecida por loitar contra a inxustiza social e a pobreza, e a favor da educación das nenas. Ademais foi a primeira en dar o paso cara á renovación do ensino infantil en Francia.
Literatura galega do século XX
A literatura galega do século XX pode dividirse, grosso modo, en tres etapas: literatura de preguerra, literatura de posguerra (maioritariamente dende o exilio) e literatura dende a fin da ditadura até a fin de século.
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
A seguinte é unha lista de bivalvos de Galicia. Está baseada na información recollida dos traballos feitos polo experto galego en malacoloxía Emilio Rolán.Este grupo conten arredor de 30.000 especies vivas das cales máis de 200 foron atopadas con maior ou menor abundancia nas costas galegas. A taxonomía da fauna malacolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.
O cortaúnllas é unha pequena ferramenta con coitelas curvas que se utiliza para cortar as unllas. Adoita ser metálico, hainos de diferentes tamaños, e está composto basicamente por dúas láminas unidas por un extremo, as cales posúen senllas follas de corte enfrontadas entre si no extremo oposto, e un mango colocado de forma inversa sobre elas. Na maioría dos cortaúnllas tamén se inclúe unha lámina máis con forma puntiaguda e superficie de lima para poder quitar a sucidade acumulada debaixo das unllas e poder limalas.
Gregorio Esteban Sánchez Fernández, nado en Málaga o 28 de maio de 1932 e finado no mesmo lugar o 11 de novembro de 2017, máis coñecido polo alcume de Chiquito de la Calzada, foi un humorista, cantante de flamenco e actor andaluz. Comezou como cantante de flamenco con 8 anos e traballou en diferentes teatros, salas e espectáculos en España e Xapón. Fíxose moi popular grazas ao programa humorístico Genio y figura (Antena 3, 1994).
A India participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1900, cun único atleta (Norman Pritchard) gañando dúas medallas, senllas pratas en atletismo. O país enviou un equipo por vez primeira nos Xogos Olímpicos de 1920, e dende entón participou en cada edición dos Xogos de Verán. A India tamén competiu en diversos Xogos Olímpicos de Inverno dende 1964.
Enténdese por lexislatura o período de tempo que transcorre entre eleccións políticas, e correspóndese co mandato no que os órganos lexisladores (Cámara alta ou Cámara dos senadores e/ou Cámara baixa ou Cámara dos deputados) exercen as súas funcións. No Parlamento de España e nos de todas as súas comunidades autónomas as lexislaturas teñen unha duración ordinaria máxima de catro anos. Cabe dicir o mesmo no que respecta ás eleccións das administracións locais.