Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Día do Mestre é unha festividade na que se rende homenaxe ás persoas que fan do ensino o seu traballo habitual, como mestres e profesores. A data desta celebración varía entre os diferentes países, aínda que a UNESCO suxire facelo o 5 de outubro, declarado Día Mundial dos Docentes, práctica que foi seguida por numerosas nacións. En 1943, a Primeira Conferencia de Ministros e Directores de Educación das Repúblicas Americanas, celebrada en Panamá, propuxo tamén unha data unificada para todo o continente; elixiuse o 11 de setembro, aniversario do falecemento do estadista e educador arxentino Domingo Faustino Sarmiento.
Osa Maior (en latín Ursa Major, abreviado UMa), tamén coñecida como o Carro das Estrelas ou Carro Grande, é unha constelación visible durante todo o ano no hemisferio norte. Entre os afeccionados é chamada co nome de "carro" ou "cazo", pola forma que debuxan ás súas sete estrelas principais, aínda que recibiu moitos outros nomes. Este asterismo de sete estrelas é chamado en Galicia Setestrelo.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou.
Un carro galego é un tipo de vehículo de tracción animal propio do pobo galego, xeralmente bois, vacas, cabalos ou machos, provisto de varas para enganchar o tiro máis un bastidor de táboas e listóns de madeira sobre un rodado, para levar a carga. Carro é unha palabra de orixe celta. Os primeiros carros están ligados ó invento da roda e apareceron hai máis de 5.000 anos.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
The Revenant é un filme estadounidense dirixido por Alejandro G. Iñárritu que foi estreado no 2015. Está ambientado en 1823, en Montana e Dacota do Sur, e o guión foi escrito por Mark L. Smith e Iñárritu baseándose na novela de Michael Punke The Revenant: A Novel of Revenge. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Tom Hardy, Will Poulter e Domhnall Gleeson.O desenvolvemento do filme comezou en agosto de 2001, cando Akiva Goldsman mercou o manuscrito de Punke coa intención de producir o filme.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A verdade (do latín veritas) é a coincidencia entre unha afirmación e os feitos, ou a realidade á que se refire dita afirmación ou a fidelidade a unha idea. O termo úsase nun sentido técnico en diversos campos como a ciencia, a lóxica, as matemáticas e a filosofía. O uso da palabra verdade tamén abarca a honestidade, a boa fe e a sinceridade humana en xeral, até o acordo dos coñecementos coas cousas que se afirman como realidades: os feitos ou a cousa en particular; así como a relación dos feitos ou as cousas na súa totalidade na constitución do TODO, o Universo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Para o deus mitolóxico Océano véxase Océano. Un océano (do grego: Ωκεανός, Okeanós, 'océano') é unha grande extensión de auga salgada, que cobre case tres cuartas partes da superficie do planeta Terra, sendo o principal compoñente da hidrosfera. Aproximadamente o 70% da superficie da Terra (uns 361 millóns de quilómetros cadrados) está composta por océano, unha extensión continua de auga que se acostuma a dividir en varios océanos e en mares máis pequenos.
Cardeais creados por Francisco
O papa Francisco ten creado 56 cardeais en catro consistorios dende o comezo do seu pontificado en 2013. As nacións dos cardeais son 39, e destas, 11 nunca antes tiveran un cardeal.
A Inquisición española ou tamén coñecida como Tribunal do Santo Oficio da Inquisición actuou baixo o control dos reis de España de 1478 ata 1834. Esta Inquisición foi o resultado da Reconquista Española das mans dos musulmáns, e a política de conversión de xudeus e musulmáns españois ao catolicismo. A Inquisición foi un importante instrumento na política chamada limpeza de sangue contra os descendentes de xudeus e musulmáns convertidos.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, con idades de entre 3 e 9 anos, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
Lista de episodios de The Simpsons
A seguinte é unha lista de episodios da serie de debuxos animados The Simpsons, da canle Fox. A serie estreouse o 17 de decembro de 1989, a cal deriva de The Tracey Ullman Show, programa no cal a familia Simpson aparecía nunhas curtametraxes animadas. Arestora, a serie completou a súa vixésima temporada.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Estados Unidos de América nos Xogos Olímpicos
Os Estados Unidos de América participaron en cada edición dos Xogos Olímpicos modernos dende o seu inicio, agás nos Xogos de 1980, durante os cales lideraron un boicot para protestar pola invasión soviética de Afganistán. O Comité Olímpico e Paralímpico dos Estados Unidos (USOPC nas súas siglas en inglés) é o Comité Olímpico Nacional do país. Os deportistas estadounidenses gañaron un total de 2 523 medallas (1 022 delas de ouro) nos Xogos Olímpicos de Verán e outras 305 (105 delas de ouro) nos Xogos de Inverno, sendo o país que máis medallas gañou na historia dos Xogos Olímpicos.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, máis coñecidos como os Mártires de Sobredo, foron asasinados a tiros por defender a un veciño contra o pago dos foros segundo acordo do Congreso Agrario.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Elena Armanda Nicolasa Sanz y Martínez de Arizala ou Elena Sanz Martínez d'Arrizala, nada en Castelló de la Plana o 6 de decembro de 1844 e finada en París o 24 de decembro de 1898, foi unha cantante lírica do século XIX con tesitura de contralto.Foi unha das máis grandes voces da ópera de todos os tempos. Foi especialmente valorarada a súa arte foi nos teatros de París. A súa gran valía artística ficou eclipsada pola súa biografía.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 168.235 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela. A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Día de Acción de Grazas, en inglés Thanksgiving, é unha celebración tradicional de Estados Unidos e Canadá, e habitual tamén no Brasil, nalgunhas illas caribeñas, en Liberia e en diversas comunidades de inmigrantes estadounidenses en Centroamérica e Israel. Nos Estados Unidos celébrase o cuarto xoves do mes de novembro, aínda que orixinalmente se facía o último xoves. En Canadá, pola súa banda, celébrase o segundo luns de outubro.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Os olmos, tamén coñecidos como ulmeiros ou umeiros, son especies arbóreas pertencentes ao xénero: Ulmus, que conta con 204 especies de plantas de flores pertencente á familia Ulmaceae. En Galiza non abundan hoxe en día, mais aínda podemos atopar dúas especies bravas: o olmo de montaña (Ulmus glabra) e o olmo mediterráneo (Ulmus minor). Tamén existe o híbrido natural destes dous últimos: o Ulmus x hollandica.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
$pringfield (Or, How I Learned to Stop Worrying and Love Legalized Gambling)
"$pringfield (Or, How I Learned to Stop Worrying and Love Legalized Gambling)", tamén coñecido como "$pringfield", é o décimo episodio da quinta tempada de The Simpsons. Emitiuse orixinalmente na canle Fox dos Estados Unidos o 16 de decembro de 1993. No episodio, Springfield legaliza o xogo para revitalizar a súa economía.
Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou filosofía e letras en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Unha cookie é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
The Queen's Gambit (miniserie)
The Queen's Gambit é unha miniserie estadounidense baseada na novela homónima escrita por Walter Tevis en 1983. Foi creada por Scott Frank e Allan Scott e está protagonizada por Anya Taylor-Joy. Estreouse en Netflix o 23 de outubro de 2020.
Un enderezo IP é un número único, tal como un número de teléfono, usado por máquinas (normalmente computadores) para se comunicaren entre si enviando información pola internet ou por redes locais. Converter estes números de forma que un humano comprenda mellor, a forma de enderezos de dominio, tal como www.wikipedia.org, é feito polo DNS. O proceso de conversión é coñecido como resolución de nomes de dominio.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Unha pérgola é un elemento arquitectónico propio de xardíns ou paseos que consiste nunha armazón formada por columnas que sosteñen trabes polas que ruben plantas, co fin de dar sombra e ornamental. En inglés adoita denominarse coma arbour. O termo relacionado emparrado (ou parra) só se refire á suxeición dunha videira cunha estrutura que normalmente non deixa de ser unha pérgola.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Ilduara Eriz tamén coñecida como santa Ilduara e frecuentemente Aldara de Celanova foi unha das aristócratas galegas máis importantes de finais do século IX e X. Filla dos condes de Lugo, Ero Fernandes e a súa muller Adosinda. Casada con Gutier Menéndez, foi nai de Rosendo de Celanova. Os seus outros fillos foron Hermesinda, Froilán III (conde de Trastámara), Munio, Aloito e Adosinda.
Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Serramoura é unha serie de televisión galega de suspense producida por Voz Audiovisual e emitida na Televisión de Galicia entre o 5 de outubro de 2014 e o 25 de outubro de 2020 en horario de máxima audiencia. Está protagonizada por Lucía Regueiro, Miguel Ángel Blanco, Antonio Mourelos, Isabel Naveira e Uxía Blanco, entre outros. Do final de Serramoura xorde unha serie derivada, A lei de Santos, protagonizada por Santos, personaxe interpretado por Monti Castiñeiras.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, con idades de entre 3 e 9 anos, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica. O xadrez é un xogo de estratexia que se practica normalmente entre dúas persoas nas que cada unha delas dispón de 16 pezas móbiles de diferentes formas e características (1 rei, 1 raíña ou dama, 2 alfís, 2 cabalos, 2 torres e 8 peóns) e que se colocan sobre un taboleiro cadrado dividido en 64 casas ou escaques nunha disposición cadrada de 8x8 e de dúas cores alternas, normalmente brancas e negras. O obxectivo é dar xaque mate («derrocar») ao rei do opoñente.
O bádminton é un deporte de raqueta no que se enfrontan dous xogadores (individuais ou sós) ou dúas parellas (dobres) situadas nas metades opostas dunha pista rectangular dividida por unha rede. A diferenza doutros deportes de raqueta, no bádminton non se xoga con pelota, senón cun volante. Os xogadores deben golpear coas súas raquetas o volante para que este cruce a pista por encima da rede e caia no campo do opoñente.
Imogen Clare Holst CBE, nada o 12 de abril de 1907 en Richmond, Surrey (Reino Unido) e finada o 9 de marzo de 1984 en Aldeburgh, Suffolk (Reino Unido), foi unha compositora, arranxista, directora de orquestra, profesora e administradora de festivais británica. Única filla do compositor británico Gustav Holst, é especialmente coñecida polo seu traballo educativo no Dartington Hall na década de 1940, e polos seus 20 anos como directora artística adxunta do Festival de Aldeburgh. Amais de compoñer música, escribiu biografías de compositores, elaborou numeroso material didáctico, e varios libros sobre a vida e a obra de seu pai.
Francisco Rivera Pérez, coñecido como Paquirri, nado en Zahara de los Atunes (Cádiz) o 5 de marzo de 1948 e finado en Cerro Muriano (Córdoba) o 26 de setembro de 1984, foi un toureiro español. Morreu por unha cornada recibida do touro chamado Avispado na praza de touros de Pozoblanco, na provincia de Córdoba.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Medalla Gunnar Holst é un recoñecemento numismático outorgado con periodicidade anual pola Fundación Numismática Gunnar Holst (Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia, para premiar a numismáticos distinguidos desde o punto de vista académico. Tomou o nome de Gunnar Holst, un numismático especializado en moeda do mundo islámico.