Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Acabadora (en italiano: Accabadora) é unha novela escrita por Michela Murgia e publicada orixinalmente en lingua italiana en maio de 2009 pola editorial Einaudi. En maio de 2010, a novela foi premiada co SuperMondello, o recoñecemento máis importante do premio Mondello e, en setembro dese mesmo ano, co premio Campiello.Foi traducida ó galego por Moisés Barcia Rodríguez e foi publicada pola editorial Rinoceronte Editora no ano 2018.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra convertiuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Jordi Cuixart i Navarro, nado en Santa Perpètua de Mogoda (Barcelona) o 22 de abril de 1975, é un activista político e empresario catalán, presidente de Òmnium Cultural dende decembro de 2015.Desde outubro de 2017 atópase en situación de prisión preventiva, acusado de presuntos delitos de rebelión en relación coa celebración do referendo sobre a independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017. O xuízo comezou o 12 de febreiro de 2019 e en outubro dese ano foi condenado polo Tribunal Supremo de España a 9 anos de prisión e inhabilitación polo delito de sedición.
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou.
Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, actual ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora dende 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
Santiago Rey Fernández-Latorre
Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña en 1938, é un empresario galego, propietario do xornal La Voz de Galicia.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, con idades de entre 3 e 9 anos, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur. Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
O 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, máis coñecidos como os Mártires de Sobredo, foron asasinados a tiros por defender a un veciño contra o pago dos foros segundo acordo do Congreso Agrario.
O mar é un gran corpo de auga salgada rodeado por terra en parte ou na súa totalidade. Máis amplamente, mar - como un artigo definido - é o sistema interconectado de augas dos océanos, considerando estes un océano global e o conxunto das varias divisións oceánicas principais. O mar modera o clima da Terra e desempeña importante papel nos ciclos da auga, do carbono e do nitróxeno.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 168.270 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
En xeoloxía chámase rocha ou roca a calquera agregado natural formado por un ou máis minerais. Un agregado é un sólido cohesionado. As rochas xeralmente están constituídas por varias especies mineralóxicas, pero tamén existen rochas constituídas por un só mineral (rochas monominerálicas), por exemplo algúns mármores (formados unicamente por calcita).
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o pantasma, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O nazismo ou o nacionalsocialismo designa a política da ditadura que gobernou a Alemaña de 1933 a 1945, o Terceiro Reich. O nazismo é frecuentemente asociado ao fascismo, aínda que os nazis dixesen practicar unha forma nacionalista e totalitaria de socialismo (oposta ao internacionalismo proletario marxista).O Partido Nacionalsocialista alemán defendía o Nationalsozialismus 'nacionalsocialismo'. Algunha dereita e extrema-dereita, chegando por veces ata ao centro, en especial en países con máis forte tradición anticomunista (como os Estados Unidos de América), refírense ao nazismo como unha forma de socialismo, apuntando para o nome, para algunha da retórica nazi e para a estatización da sociedade como probas.
iPhone é unha liña de teléfonos intelixentes deseñados e comercializados por Apple Inc. Funcionan baixo o sistema operativo móbil de Apple iOS. A primeira xeración do iPhone foi lanzada o 29 de xuño de 2007, os modelos máis recentes son o iPhone X, o iPhone 8 e o iPhone 8 Plus, presentados nun evento celebrado no Steve Jobs Theatre o 12 de setembro de 2017.
O termo director executivo, así como director xeral, director xerente, executivo delegado, xefe ejecutivo, presidente executivo, principal oficial executivo, conselleiro delegado ou primeiro executivo, adoitan usárense indistintamente para facer referencia á persoa encargada da máxima autoridade da xestión e dirección administrativa nunha organización ou institución. Aínda que nas pequenas empresas é habitual que o posto de presidente e de director executivo recaia na mesma persoa, non sempre é desta maneira, e adoita ser o presidente quen encabeza o goberno corporativo (estratexias xerais), e o director executivo quen representa a administración da empresa (a fase operativa das estratexias). Nas grandes empresas o director executivo pode contar cunha serie de directores para cada unha das responsabilidades da compañía, como é o caso do director de operacións, o director de finanzas e o director de información.No inglés utilízase normalmente o termo chief executive officer (director executivo) así como o seu acrónimo CEO, ou ben managing director (MD, director xeral), para designar este posto directivo.
Festival de Eurovisión Júnior 2020
O XVIII Festival de Eurovisión Junior (Junior Eurovision Song Contest 2020 en inglés, francés: Concours Eurovision de la chanson junior 2019 celebrarase a finais de 2020. Cinco países confirmaron a súa participación de momento e dous países mostraron interese por ser os países de acollida: España y Polonia.
O iPad é un dispositivo computacional do tipo Tablet PC deseñado pola empresa estadounidense Apple Inc.. Foi presentado ó público o 27 de xaneiro do 2010, nunha conferencia de prensa no Yerba Buena Center for the Arts na cidade de San Francisco. Antes da súa presentación, xurdiron diversos rumores acerca do seu nome, dentro dos que se incluían iSlate e iTablet.
Carlos II de España, chamado «o Enfeitizado», tamén coñecido como Carlos II de Habsburgo, nado en Madrid, España o 6 de novembro de 1661 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1700), foi Rei de España entre 1665 e 1700, último da Casa de Austria. Fillo e herdeiro de Filipe IV e de Mariana de Austria, permaneceu baixo a rexencia da súa nai ata que alcanzou a maioría de idade en 1675. O seu alcume víñalle da atribución do seu lamentable estado físico á bruxería e influencias diabólicas.
Moya Brennan, coñecida artisticamente ata 2002 como Máire Brennan e nada Máire Ní Bhraonáin en Dublín o 4 de agosto de 1952, é unha cantante, letrista e harpista irlandesa que principiou a súa carreira ao formar a súa familia a banda Clannad e está considerada unha das voces máis recoñecidas da música celta. Moya lanzou o seu primeiro álbum en solitario en 1992 co título de Máire e que se transformou nun éxito. Foi candidata a dous Grammy e gañou un Emmy.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado
Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado son unhas xornadas impulsadas dende a Cátedra Feminismos 4.0. O seu obxectivo principal é analizar a escasa presenza de mulleres nos ámbitos CTEM, tanto na universidade coma no mercado laboral, así como as distintas manifestacións do denominado machismo dixital.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Plaid Cymru (que en galés quere dicir Partido de Gales) é un partido político galés de carácter nacionalista e socialista democrático. Ideoloxicamente, Plaid posiciónase na centro-esquerda do espectro político británico, e está a prol da independencia de Gales do Reino Unido.Plaid Cymru foi creado en 1925 e conseguiu o seu primeiro escano no Parlamento do Reino Unido en 1966. O partido conta con tres dos 40 escanos galeses no Parlamento británico, 10 dos 60 escanos do Parlamento galés e 202 dos 1 264 concelleiros locais.
Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras. Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Un espazo natural protexido, área protexida ou espazo de conservación, é unha paraxe terrestre ou mariña definida xeograficamente e que se protexe coa finalidade de conservar a súa biodiversidade e os seus hábitats. Préstaselles atención pola súa importancia no ecosistema ou o seu valor engadido de importancia cultural. Nestes espazos, ben por interese gobernamental ben asociativo, aplícanse accións de preservación do ecosistema para manter os seus servizos ou melloralos, se é que teñen zonas degradadas por actividade humana.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como dianteira no AC Milan, da Serie A de Italia. Amplamente considerada como a mellor futbolista española da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos de idade, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
The Queen's Gambit (miniserie)
The Queen's Gambit é unha miniserie estadounidense baseada na novela homónima escrita por Walter Tevis en 1983. Foi creada por Scott Frank e Allan Scott e está protagonizada por Anya Taylor-Joy. Estreouse en Netflix o 23 de outubro de 2020.
Denomínase mal de ollo ou ollada o efecto negativo que sobre a saúde das persoas ou dos animais pode produci-la mirada de determinadas persoas ás que se cre posuidoras de certos poderes. Ese dano pode producirse voluntariamente, como consecuencia da envexa ou o simple desexo de causar mal, ou mesmo involuntariamente, e pode exercitarse sobre as persoas ou sobre os seus bens. A relación do dano provocado por un suposto mal de ollo e a envexa que outro poida sentir polos bens que un posúa está admitida polos antropólogos.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Margaret Thatcher, Baronesa Thatcher (de solteira Margaret Hilda Roberts), nada en Grantham o 13 de outubro de 1925 e finada o 8 de abril de 2013, foi unha política británica que chegou a ser Primeira Ministra do Reino Unido entre 1979 e 1990. Thatcher foi a Primeira Ministra británica cun mandato máis longo desde William Gladstone, e ten o período continuo máis longo no ministerio desde Lord Liverpool a principios do século XIX. Tamén é a única muller que serviu como Primeira Ministra, unha das dúas únicas en liderar un partido político importante no Reino Unido ou ter unha das catro Great Offices of State (postos principais dun goberno). Margaret Thatcher foi unha das políticas británicas máis significativas na historia política recente do Reino Unido e globalmente.
If Anything Happens I Love You
If Anything Happens I Love You é unha curtametraxe estadounidense de 2020 escrita e dirixida por Michael Govier e Will McCormack. Conta a historia de dous pais desconsolados que loitan superar a perda da súa filla, asasinada nun tiroteo escolar.O filme foi producido por Gilbert Films e Oh Good Productions. Estreouse durante unha proxección privada en United Talent Agency, en Beverly Hills o 4 de marzo de 2020, e en Netflix o 20 de novembro de 2020.
O Ficheiro Integrado de Autoridades (alemán: Gemeinsame Normdatei) ou GND é un ficheiro de autoridades internacional para a organización de nomes persoais, títulos temáticos e entidades corporativas para catálogos. Emprégase principalmente para a documentación en bibliotecas e en museos e arquivos. A entidade responsable do GND é a Biblioteca Nacional Alemá, en cooperación con diversas redes de bibliotecas rexionais na Europa de fala alemá.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Criminal: France é unha serie antolóxica de 2019 en lingua francesa creada por George Kay e Jim Field Smith. Está protagonizada por Nathalie Baye, Jérémie Renier e Sara Giraudeau. Criminal: France forma parte da serie Criminal de Netflix, unha serie antolóxica composta das series de France, Spain, Germany e UK.Estreouse o 20 de setembro de 2019 a través de Netflix.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
O saraiki (سرائیکی sarā'īkī, ou tamén escrito como siraiki ou seraiki) é unha lingua indoaria do grupo lahnda, falada na metade suroccidental da provincia de Punjab, en Paquistán. Anteriormente era coñecida como multani. O saraiki é altamente intelixible co punjabi estándar co cal comparte unha gran parte do seu vocabulario e morfoloxía.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
Verto é un grupo independente de música pop e trap galego que comezou en 2019. Está composto por Alberto Mira "Berto" e Fernando Peleteiro "Fer". O 17 de xaneiro de 2020, o grupo participou no Luar da TVG co seu tema "Oie Gayego", unha canción trap retranqueira que lles deu gran popularidade.O 14 de marzo de 2020 lanzaron o seu primeiro álbum "Puro Ocio", composto por sete temas.
A recuperación de información, chamada en inglés Information retrieval (IR), é a ciencia da procura de información en documentos, procura dos mesmos documentos, a procura de metadatos que describan documentos ou, tamén, a procura en bases de datos, xa sexa a través de internet, intranet, para textos, imaxes, son ou datos doutras características. A IR é un estudo interdisciplinar. Cobre tantas disciplinas que iso xera normalmente un coñecemento parcial desde tan só unha ou outra perspectiva.
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana, así como esposa do muralista Diego Rivera. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena, e polos feministas pola súa comprometida representación da forma e da experiencia feminina.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Rhapsody Bohemian", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".