Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles.
O pazo de Meirás é un pazo situado na parroquia de San Martiño de Meirás (concello de Sada), no cal viviu a escritora galega Emilia Pardo Bazán e que, na actualidade, hai unha disputa sobre a súa titularidade entre varias administracións públicas e os descendentes de Francisco Franco. En decembro de 2008 a Xunta de Galicia declarouno Ben de Interese Cultural (BIC). O 2 de setembro de 2020, unha xuíza sentenciou que o pazo era propiedade do Estado, declarando nula e sen efecto a "doazón persoal" a Franco e a súa familia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
O eucalipto azul, eucalipto branco ou eucalipto (Eucalyptus globulus) é unha árbore perennifolia da familia das mirtáceas pertencente ao xénero eucalipto. Constitúe unha das especies de árbores nativas de Australia máis espalladas ao longo do mundo. Estas árbores adoitan medrar até os 30 ou 55 m de altura.
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2020. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.
Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 168.639 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Django Unchained (traducido ó galego a como "Django desencadeado") é un filme de xénero western épico estadounidense de 2012 escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson. O filme estreouse nos Estados Unidos o 25 de decembro de 2012.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
2001: Unha odisea do espazo (en inglés: 2001: A Space Odyssey) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción producido e dirixido por Stanley Kubrick que foi estreado en 1968. O guión, escrito por Kubrick e Arthur C. Clarke, está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "The Sentinel". Posteriormente, Clarke escribiu a novela 2001: A Space Odyssey, que foi publicada pouco despois da estrea.
Corporacións democráticas en Sada desde a aprobación da Constitución de 1978. 1979 Alcalde: Ramón Rodríguez Ares — CD 1983 Alcalde: Ramón Rodríguez Ares — CP 1987 Alcalde: Ramón Rodríguez Ares — AP 1991 Alcalde: Ramón Rodríguez Ares — PPdeG 1995 Alcalde: Ramón Rodríguez Ares — PPdeG 1999 Alcalde: Ramón Rodríguez Ares — PPdeG 2003 Alcalde: Abel López Soto — BNG. Substituído en 2004 por Ramón Rodríguez Ares mediante moción de censura.Modelo:Sada 2003 2007 Alcalde: Abel López Soto — BNGModelo:Sada 2007 2011 Alcalde: Ernesto Anido Varela — PPdeG 2015 Alcalde: Benito Portela Fernández — SadamaioríaCandidatos: Ernesto Anido Varela (PP), Óscar Benito Portela Fernández (Sadamaioría), Raquel Bolaño Fariñas (PSdeG-PSOE), Ramón Rodríguez Ares (Partido Demócrata Sada Popular), Xosé Lois Suárez Becerra (BNG), Augusto José López García (C's) e Julio Carlos Fafián Campos (Compromiso por Sada).
Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Clarice Lispector, nada en Chechelnyk, República Popular de Ucraína, o 10 de decembro de 1920 e finada en Río de Xaneiro o 9 de decembro de 1977, foi unha escritora e xornalista brasileira autora de novelas, contos e ensaios, sendo considerada unha das escritoras brasileiras máis importantes do século XX e a maior escritora xudía desde Franz Kafka. A súa obra está repleta de escenas cotiás simples e tramas psicolóxicas, sendo considerada unha das súas principais características a epifanía de personaxes comúns en momentos do cotiá. É unha das figuras máis influentes da literatura brasileira e do modernismo sendo considerada unha das principais influencias da nova xeración de escritores brasileiros.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, con idades de entre 3 e 9 anos, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Santiago Rey Fernández-Latorre
Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña en 1938, é un empresario galego, propietario do xornal La Voz de Galicia.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o pantasma, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, guitarrista compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko,. Roko sabe tocar a guitarra e compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Bárbara Rey, nome artístico de María Margarita García García, nada en Totana (Murcia) en 1949, é unha vedete, actriz e presentadora de televisión española. Comezou a súa carreira en 1970 cando se presentou ao concurso de Miss España, no que non gañou pero acabou representando ao país en Miss Mundo porque tanto a gañadora como a primeira dama de honra estaban casadas e o regulamento non permitía que se presentaran ao certame internacional. A partir dese momento participou en máis de trinta películas nunha década, a maior parte pertencentes ao xénero do “destape”.
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.
A flor ( pronunciación ) (tamén chor en uso literario) é a estrutura reprodutiva característica das plantas chamadas espermatófitas ou fanerógamas. A función dunha flor é producir semente s a través da reprodución sexual. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración e serven como o principal medio a través do cal as especies se perpetúan e propáganse esparexendose ó longo da paisaxe.
Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, talvez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto rango da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo.
Jorge Lorenzo Guerrero, nado en Palma o 4 de maio de 1987, é un piloto de motociclismo español. É bicampeón do mundo de 250cc despois de conseguilo nas temporadas 2006 e 2007, foi campión do mundo de MotoGP en 2010, 2012 e 2015. Despois de acadar tres campionatos do mundo con Yamaha, no ano 2017 pasou a marca italiana Ducati.
Xoán Carlos I de España, nado en Roma o 5 de xaneiro de 1938, foi Rei de España entre 1975 e 2014, mantendo tras a súa abdicación o título de rei só con carácter honorífico. Foi proclamado o 22 de novembro de 1975, trala morte de Francisco Franco, de acordo coa Lei de Sucesión na Xefatura do Estado de 1947. A Constitución española, ratificada por referendo popular o 6 de decembro de 1978 e promulgada o 27 de decembro do mesmo ano, recoñéceo expresamente como rei de España e lexítimo herdeiro da dinastía histórica de Borbón, outorgándolle a xefatura do Estado.
San Lourenzo de Bruma é unha parroquia exclave do concello de Mesía, que linda con Ardemil (Ordes), Beira (Carral) e Vizoño, (Abegondo). A súa única aldea é o Hospital, que se lle chama así xa que nel se atopaba unha pousada e hospital de peregrinos. A Bruma chega o camiño inglés de Santiago, xusto cando as súas dúas variantes da Coruña e Ferrol e Neda se unen.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Un ditongo é un fenómeno fonolóxico que ten lugar cando dúas vogais contiguas forman parte dunha mesma sílaba. En galego hai dous tipos de ditongos, aqueles que están formados por dúas vogais fracas ("i" e "u") e os que están formados por unha vogal forte e unha fraca, sen importar a orde. O ditongo é o fenómeno contrario ao hiato.
Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador español, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o remate do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973. Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Un ordenador, tamén chamado computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
In medias res (ou in media res) é unha expresión latina que significa «no medio das cousas» e que designa unha técnica narrativa consistente en iniciar unha narración nun momento posterior ao do inicio da acción, normalmente nun momento crucial. Isto permítelle ao narrador moverse para tras e para diante no tempo entre acontecementos interrelacionados. A orixe da expresión está na Ars Poetica de Horacio: Os exemplos máis coñecidos son A Ilíada e A Odisea de Homero e Paradise Lost de John Milton.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A milgrandeira ou miligrandeira (Punica granatum) é un arbusto ou pequena árbore froiteira caducifolia, de tronco retorto e moi ramalluda, cultivada desde a máis remota Antigüidade polos seus froitos comestíbeis, as milgrandas.Orixinaria da zona dos actuais Irán e Iraq, a milgranda cultívase no Cáucaso desde tempos moi antigos. Desde alí o seu cultivo estendeuse a outras zonas asiáticas, Oriente Medio e Mediterráneo, alcanzando até o Himalaia, no norte da India. Na actualidade é amplamente cultivada en toda Turquía, Irán, Siria, Acerbaixán, Armenia, Afganistán, India, Paquistán, Bangladesh, Iraq, Líbano, Exipto, a China, o Xapón, Birmania, Arabia Saudita, Israel, Xordania, as partes máis secas do sueste de Asia, a rexión mediterránea do sur de Europa e a África tropical.
Este artigo trata sobre as normas para a escrita do galego da Real Academia Galega, quen ostenta a autoridade legal en materia de normativización. Ao seren estas normas as usadas e promovidas polas institucións oficiais, os medios de comunicación públicos e o ensino público, son consideradas de maneira amplamente maioritaria como a normativa oficial do galego. No entanto, este concepto de oficialidade ten xerado controversia, con sectores que defenden que non existe ningunha normativa oficial.O Estatuto de autonomía de Galicia dotou os poderes públicos galegos da competencia con respecto á lingua galega.