Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar; está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten o concello a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 24 km e de Ribeira atopase a uns 35 km, ten unha superficie de 36,1 km² e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 2791 habitantes (1357 homes e 1434 eran mulleres), cunha densidade de poboación de 77,31 hab./km².
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Un estranxeirismo é aquela palabra que existe nun idioma e que procede doutro. segundo o grao de adaptación do lexema dentro da lingua de destino, adoitan dividirse en préstamos e calcos. Esta adaptación á lingua final pode facerse mediante unha modificación da estrutura fonética, escrita ou mesmo semántica.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, guitarrista compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko,. Roko sabe tocar a guitarra e compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Ludwig van Beethoven, nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. O seu legado musical abarca, cronoloxicamente, desde o período clásico ata inicios do romanticismo musical. É un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na música posterior.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 169.033 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Didelphis é un xénero de marsupiais da orde dos didelfimorfos, familia dos didélfidos, subfamilia dos didelfinos e tribo dos didelfinos.Inclúe seis especies, entre as que se encontran dúas das especies de marsupiais americanos máis coñecidas e estendidas polo continente, Didelphis marsupialis, que é a especie tipo, de distribución suramericana, e Didelphis virginiana, que habita en América do Norte, chegando até América central. A pesar da súa tremenda capacidade de adaptación a practicamente calquera bioma, estes animais prefiren os ambientes húmidos da selva tropical e o bosque temperado, aínda que son capaces de sobrevivir en numerosos ecosistemas, incluíndo espazos relativamente áridos ou considerabelmente fríos. Entre as especies deste xénero áchanse os únicos marsupiais que aínda poboan o subcontinente norteamericano.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Un médico é un profesional que practica a medicina que intenta manter e recuperar a saúde humana mediante o estudo, o diagnóstico e o tratamento da enfermidade ou lesión do paciente. Na lingua galega, de xeito coloquial, denomínase tamén doutor a estes profesionais, aínda que non obteñan o grao de doutoramento. O médico é un profesional altamente cualificado en materia sanitaria, que é capaz de dar respostas xeralmente acertadas e rápidas a problemas de saúde, mediante decisións tomadas habitualmente en condicións de gran incerteza, e que precisa de formación continuada ao longo de toda a súa vida laboral.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Johannes Kepler, nado o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e finado o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura clave na revolución científica. É coñecido, fundamentalmente, polo descubrimento das leis sobre o movemento dos planetas que plasmou nas súas obras Astronomía Nova e Harmonices Mundi. Foi axudante do tamén astrónomo Tycho Brahe e matemático da corte do emperador Rodolfo II. Tamén proporcionou unha das bases para a teoría da gravitación universal elaborada por Isaac Newton.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Un avogado (do latín advocatus) é aquela persoa, licenciada en dereito que exerce profesionalmente a defensa das partes en xuízo e toda clase de procesos xudiciais e administrativos e, en xeral, o asesoramento e consello en materias xurídicas. Na maioría dos ordenamentos, para exercer esta profesión, requírese estar inscrito nun colexio de avogados.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Pedro Martínez de Luna, nado en Illueca (actual provincia de Zaragoza) en 1328 e finado en Peñíscola (actual provincia de Castelló en 1423, máis coñecido co alcume de Papa Luna, foi papa na obediencia de Avignon co nome de Bieito XIII, e cardeal desde decembro de 1375. Actualmente está considerado como antipapa.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
High School Musical é un telefilme musical estadounidense escrito por Peter Barsocchini e dirixido por Kenny Ortega. É o primeiro título da franquía musical High School Musical. Foi descrito como unha adaptación moderna de Romeo e Xulieta, e High School Musical conta a historia de dous adolescentes de instituto que pertencen a dous grupos escolares rivais.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais.
A linguas kra-dai ou tai–kadai son unha familia lingüística de linguas tonais que se falan na China, nordeste da India e Indochina. Inclúe as linguas tailandesa e laosiana, as linguas nacionais de Tailandia e Laos respectivamente. Arredor de 93 millóns de persoas falan linguas tai-kadai, o 60% dos cales falan tailandés.
María Concepción Jesusa Petra Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, feminista, poeta, autora dramática e de zarzuela. É considerada unha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX dentro e fóra do país..
As linguas sino-tibetanas forman unha familia de linguas máis de 300 idiomas, que se falan desde o norte da India ao occidente, ata Taiwan polo leste, e desde China ao norte, ata a península de Malaca, polo sur. En número de falantes soamente a supera a familia indoeuropea. A procedencia destas linguas (que a lingüística occidental apenas estudou) hai que buscala no Tíbet, Nepal, Birmania, China occidental e o estado indio de Assam.
Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción' ) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
María del Carmen Machi Arroyo, coñecida coma Carmen Machi, nada en Madrid o 21 de setembro de 1963, é unha actriz española, especialmente coñecida por interpretar ao personaxe de Aída, na serie televisiva homónima. A familia do seu pai era de Xénova e criouse en Xetafe. Tras anos no teatro, Luís San Narciso deulle a oportunidade de traballar na serie 7 vidas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A calcineurina (CN) é un encima proteína fosfatase, tamén chamada proteína fosfatase 3, e serina-treonina fosfatase dependente de calcio. Activa as células T do sistema inmunitario e pode ser bloqueada por diversos fármacos. A calcineurina activa, desfosforilándoo, ao factor nuclear das células T activadas citoplasmático (NFATc), que é un factor de transcrición que se encontra no citoplasma e é despois translocado ao núcleo, onde regula á alza a expresión da interleucina 2 (IL-2), a cal, á súa vez, estimula a resposta de células T. A calcineurina é a diana dun tipo de fármacos chamados inhibidores da calcineurina, entre os cales están a ciclosporina, Pimecrolimus e Tacrolimus.
Na mitoloxía grega e romana, os xigantes (en grego: Γίγαντες, Gígantes, en singular: Γίγας, Gígas) foron unha raza fantástica de gran forza e agresividade, aínda que non necesariamente de gran tamaño. Son coñecidos pola Xigantomaquia, a batalla que tiveron contra os deuses olímpicos. Segundo Hesíodo, os xigantes eran descendentes de Gaia (a Terra), nados do sangue que caeu cando Urano (o Ceo) foi castrado polo seu fillo, o titán Cronos.As representacións arcaicas e clásicas mostran ós xigantes como hoplitas (soldados gregos antigos fortemente armados) con forma totalmente humana.
Nicholas Rodney Drake, nado en Rangún (Birmania) o 19 de xuño de 1948 e finado en Tanworth-in-Arden (Reino Unido) o 25 de novembro de 1974, foi un cantante e músico inglés coñecido polas súas cancións acústicas e outonais. O seu instrumento habitual era a guitarra, aínda que tamén tocou o piano, o clarinete, e o saxofón. Malia non acadar un público amplo en vida, a súa obra medrou incesantemente en altura, até o punto de que hoxe en día está considerado un dos cantautores ingleses máis influentes dos últimos 50 anos.
O clima da Península Ibérica é moi variado debido á súa posición latitudinal e polas características propias do territorio. A península Ibérica está situada nun lugar destacado dentro da circulación xeral atmosférica que non permanece estática senón que existen diferentes movementos de norte a sur, segundo a estación climática. Na península ten influencias diferentes masas de aire que van ter unhas características propias habendo frías ou cálidas e húmidas e secas.
As linguas khoisas son as linguas de África que teñen consonantes clicantes mais non pertence a outras familias de linguas. Durante a meirande parte do século XX creuse que tiñan unha relación xenealóxica entre elas, pero xa non se acepta esta tese. Tódalas linguas khoisas agás dúas son indíxenas de África do Sur, e pertencen a tres familias de linguas, das cales a familia khoi semella ter migrado cara o sur de África antes da expansión bantú.
A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.
Steven Paul Jobs, máis coñecido como Steve Jobs, nado o 24 de febreiro de 1955 e finado o 5 de outubro de 2011, foi un magnate e empresario informático estadounidense. Foi o cofundador, e presidente executivo de Apple Inc. Jobs tamén foi durante un tempo presidente executivo de Pixar Animation Studios; e fíxose membro do consello de directores de The Walt Disney Company en 2006, despois da adquisición de Pixar por parte de Disney.
Pablo José López Jiménez, nado en Fuengirola (Málaga) o 11 de marzo de 1984, máis coñecido como Pablo López, é un cantante e músico español. O seu xénero musical é pop melódico. Deuse a coñecer a nivel nacional tras o seu paso pola sexta edición do programa de televisión Operación Triunfo 2008 (OT), onde quedou como finalista en segunda posición e tamén é coñecido polo éxito do seu primeiro sinxelo «Vi», do álbum Once historias y un piano, que chegou a ser disco de ouro en España.En 2015 volveu ao panorama musical e televisivo español co lanzamento do seu disco El mundo y los amantes inocentes.
As crónicas do sochantre é un libro de Álvaro Cunqueiro publicado en 1956 por Editorial Galaxia, e actualmente é un clásico da literatura galega. A obra xunta varias historias de misterio e crime. Está ambientada nos tempos da Primeira República Francesa, e narra as viaxes do sochantre de Pontivy polos camiños da Bretaña acompañado dunha comitiva de finados contadores de historias.
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Alemaña está bordeada polo norte co mar do Norte, Dinamarca, e o mar Báltico, polo leste con Polonia e a República Checa, polo sur con Austria e Suíza, e polo oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio por un clima temperado estacional.
Unha voda, tamén chamada casoiro, casamento, esposorio, himeneo ou nupcias é unha cerimonia civil ou relixiosa mediante a que se principia un acordo de matrimonio. A cerimonia componse de varias partes, que poden variar dependendo do rito, aínda que as máis comúns, fundamentalmente na concepción relixiosa do termo, son o intercambio de aneis e os votos nupciais.