Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Co nome do Soldón podemos referirnos a dous lugares de Galicia: O Soldón, aldea da parroquia da Seara, no concello de Quiroga. O Soldón, aldea da parroquia de Bendollo, tamén no concello de Quiroga.Tamén existe o río Soldón, que decorre entre estas dúas aldeas e que desemboca no Sil á altura da segunda.
O ferrado (tamén coñecida como tega nalgúns lugares) é unha medida galega, moi variábel dun lugar a outro. Dada a variedade existente, almanaques agrícolas como o ZZ, O Mintireiro Verdadeiro ou O Gaiteiro de Lugo adoitaban incluír unha equivalencia co sistema métrico decimal segundo as zonas xeográficas.
O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Os pobos indíxenas de América, tamén chamados amerindios, indios ou nativos americanos son os nomes dados ós habitantes das Américas antes da chegada dos europeos, e os seus descendentes actuais. A hipótese máis aceptada para a súa orixe é que os primeiros habitantes da América viñeran de Asia atravesando a pé o estreito de Bering. Malia que algúns pobos indíxenas de América eran tradicionalmente cazadores recolectores, especialmente na bacía do río Amazonas, aínda quedan moitos grupos que practican a acuicultura e a agricultura.
A Residencia de Señoritas foi o primeiro centro oficial destinado a fomentar o ensino universitario para mulleres en España. Foi fundada en 1915 pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE) e a pedagoga institucionista María de Maeztu foi a súa directora ata 1936. O golpe de estado de Franco e o estalido da Guerra Civil truncaron en 1936 o proxecto, que supuxo un intento de modernizar a sociedade española e fomentar a incorporación da muller en igualdade co home.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Alameda de Santiago de Compostela
A Alameda de Santiago de Compostela, ou o Parque da Alameda de Santiago de Compostela constitúe o parque urbano máis destacado da cidade de Santiago de Compostela.
Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza ou de León dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038. Era fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035.
Benito Soto Aboal, nado en Pontevedra o 22 de marzo de 1805 e falecido en Cádiz ou en Xibraltar o 25 de xaneiro de 1830, foi un pirata galego con sona de acadar grandes cotas de crueldade. Moitos datos da súa biografía son confusos e existen fontes contraditorias sobre eles. Segundo Philip Henry George Gosse, en Los piratas del oeste, los piratas de oriente: o nome máis notable, asociado á ruta oriental ás Indias, pertence ó século XIX e o nome é Benito de Soto...natural da Coruña.
Heracles (en grego antigo Ἡρακλῆς, Hēraklḗs, do nome da deusa Hēra, e kleos: ‘gloria’ é dicir ‘gloria de Hera’) nado como Alceo (Ἀλκαῖος, Alkaios) ou Alcides , foi un heroe divino da mitoloxía grega, o fillo de Zeus e Alcmena, fillo adoptivo de Anfitrión . Era o bisneto e medio irmán (xa que os dous foron enxendrados polo deus Zeus) de Perseo. Ó morrer, foi divinizado por Zeus.
As linguas sino-tibetanas ou linguas trans-himalaias forman unha familia de máis de 300 idiomas, que se falan desde o norte da India ao occidente, ata Taiwan polo leste, e desde China ao norte, ata a península de Malaca, polo sur. En número de falantes soamente a supera a familia indoeuropea. A procedencia destas linguas (que a lingüística occidental apenas estudou) hai que buscala no Tíbet, Nepal, Birmania, China occidental e o estado indio de Assam.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 169.380 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid
O Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid, oficialmente coñecido por motivos de patrocinio como WiZink Center, é un pavillón polideportivo cuberto da Cidade de Madrid, España. Ten capacidade para 15.000 espectadores en partidos de baloncesto e de 14.000 para balonmán.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Jodaí-e Nadér az Simín (en persa: جدایی نادر از سیمین, "A separación de Nader de Simin") é un filme dramático iraniano do 2011 escrito e dirixido por Asghar Farhadi, e protagonizado por Leila Hatami, Peyman Moaadi, Shahab Hosseini, Sareh Bayat e Sarina Farhadi. Céntrase nunha parella iraniana de clase media que se separa, a desesperación da súa filla polas disputas e a separación dos seus proxenitores e os conflitos que xorden cando o marido contrata unha coidadora de clase baixa para ocuparse do seu pai, enfermo de alzhéimer. O filme gañou o premio Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 2012, converténdose no primeiro iraniano que consegue o galardón.
Linguas sino-tibetanas centrais
As linguas sino-tibetanas centrais ou tibeto-birmanas centrais forman un grupo ou área lingüística da familia lingüística sino-tibetana. Unha parte do grupo foi proposta por Scott DeLancey (2015).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Imogen Clare Holst CBE, nada o 12 de abril de 1907 en Richmond, Surrey (Reino Unido) e finada o 9 de marzo de 1984 en Aldeburgh, Suffolk (Reino Unido), foi unha compositora, arranxista, directora de orquestra, profesora e administradora de festivais británica. Única filla do compositor británico Gustav Holst, é especialmente coñecida polo seu traballo educativo no Dartington Hall na década de 1940, e polos seus 20 anos como directora artística adxunta do Festival de Aldeburgh. Amais de compoñer música, escribiu biografías de compositores, elaborou numeroso material didáctico, e varios libros sobre a vida e a obra de seu pai.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Éibar ou Eibar (en éuscaro e oficialmente: Eibar, [ˈejβaɾ] (AFI)), é un municipio de Guipúscoa, pertencente á comarca de Debabarrena no País Vasco. Ten unha extensión de 22 km² e, segundo o INE, o 1 de xaneiro de 2006 tiña 27.530 habitantes, cunha densidade poboacional de 1.121 hab/km². O seu escudo de armas é unha cruz de Santo André en goles sobre un campo de ouro.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
Venom é un filme estadounidense de 2018 baseado no personaxe homónimo de Marvel Comics, producido por Columbia Pictures en asociación con Marvel e Tencent Pictures. Distribuído por Sony Pictures Releasing, é o primeiro filme do Sony Pictures Universe of Marvel Characters. Dirixido por Ruben Fleischer a partir dun guión de Jeff Pinkner, Scott Rosenberg e Kelly Marcel, está protagonizado por Tom Hardy como Eddie Brock / Venom, xunto con Michelle Williams, Riz Ahmed, Scott Haze e Reid Scott.
A linguas kra-dai ou tai–kadai son unha familia lingüística de linguas tonais que se falan na China, nordeste da India e Indochina. Inclúe as linguas tailandesa e laosiana, as linguas nacionais de Tailandia e Laos respectivamente. Arredor de 93 millóns de persoas falan linguas tai-kadai, o 60% dos cales falan tailandés.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Verto é un grupo independente de música pop e trap galego que comezou en 2019. Está composto por Alberto Mira "Berto" e Fernando Peleteiro "Fer". O 17 de xaneiro de 2020, o grupo participou no Luar da TVG co seu tema "Oie Gayego", unha canción trap retranqueira que lles deu gran popularidade.O 14 de marzo de 2020 lanzaron o seu primeiro álbum "Puro Ocio", composto por sete temas.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
Urraca Fernández, coñecida como Urraca de Zamora, nada en León en 1033 e finada na mesma cidade en 1101, foi unha infanta de León. Filla primoxénita dos reis de Galicia, Fernando I de León e a súa esposa, a raíña Sancha, herdou a praza de Zamora tras o repartimento realizado por seu pai antes de falecer.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, guitarrista compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko,. Roko sabe tocar a guitarra e compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción' ) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Ilduara Eriz tamén coñecida como santa Ilduara e frecuentemente Aldara de Celanova foi unha das aristócratas galegas máis importantes de finais do século IX e X. Filla dos condes de Lugo, Ero Fernandes e a súa muller Adosinda. Casada con Gutier Menéndez, foi nai de Rosendo de Celanova. Os seus outros fillos foron Hermesinda, Froilán III (conde de Trastámara), Munio, Aloito e Adosinda.
Sudan, nado en 1973, e finado o 19 de marzo de 2018, foi un rinoceronte branco do norte (Ceratotherium simum cottoni) que viviu no zoo de Dvůr Králové na República Checa dende 1975 até 2009, e o resto da súa vida na reserva de Ol Pejeta en Laikipia, Kenya. No momento da súa morte, era un dos tres rinocerontes brancos do norte que quedaban no mundo, e o derradeiro macho coñecido da súa subespecie. Sudan morreu de eutanasia o 19 de marzo de 2018, despois de sufrir "complicacións relacionadas coa súa idade".
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O Trofeo Teresa Herrera é un torneo futbolístico de verán, de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 1946. O equipo anfitrión é o Deportivo da Coruña e o actual campión é o propio Deportivo, tras a final de 2019. É o terceiro torneo entre equipos profesionais máis antigo de España e está considerado como un dos torneos amigables máis prestixiosos do mundo debido á máxima categoría que teñen os equipos que participaron na súa historia.
O tesouro de Caldas de Reis é un conxunto de 36 pezas por un total de 14,9 kg de ouro de máis de 20 quilates pertencente á Idade de Bronce galaica e con concomitancias coas Illas Británicas, Irlanda, Bretaña e Centroeuropa. A súa datación oscilou dende o Bronce Final ata os que defenden que se inclúa no Bronce Inicial (cronoloxicamente cara ao 1900-1800 a.C.). O tesouro de Caldas fai pensar nunha certa comunidade cultural coas fisterras europeas e dunha sociedade estruturada de xeito xerárquico baixo elites que comezaban a monopolizar as relacións comerciais e a acumulación de riqueza.
Sancha I de Galicia, nada en 1013 e finada en León o 7 de novembro de 1067, foi unha nobre medieval galega, raíña de Galicia desde o ano 1037. Filla de Afonso V o Nobre e da súa esposa, a raíña Elvira Menéndez de Melanda, foi infanta e raíña de toda a Galicia altomedieval, converténdose o seu marido, o conde de Castela Fernando I, en rei consorte pero con poder efectivo á morte de Vermudo III, irmán da raíña Sancha, que perdeu a vida na batalla de Tamarón.
Un templo é un edificio destinado ao culto relixioso ou a actividades espirituais, tales como a oración, a realización de sacrificios, ou a celebración doutro tipo de rituais relixiosos. Algunhas tradicións relixiosas manteñen nomes específicos para os seus templos primarios, igrexa no caso do cristianismo, mesquita no islam, pagode no caso de certas tradicións do budismo, sinagoga no caso do xudaísmo, salón do Reino nas Testemuñas de Xehová. Os primeiros templos dos que se teñen noticia foron os de Mesopotamia.
Miguel Rafael Martos Sánchez, nado en Linares (Xaén) o 5 de maio de 1943, coñecido internacionalmente como Raphael, é un dos cantantes máis relevantes do tardofranquismo e dos comezos democráticos do Estado Español. Malia que cun ritmo menor, a día de hoxe segue en activo e ten grande aceptación nos países de fala hispana.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
San Xoán XXIII, en latín Ioannes PP. XXIII, nado como Angelo Giuseppe Roncalli en Sotto il Monte, Bérgamo, o 25 de novembro de 1881 e finado en Roma o 3 de xuño de 1963, foi o papa n.º 261 da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano da Cidade do Vaticano dende o 28 de outubro de 1958 ata a súa morte.
Nos seriais de ficción, o termo "reboot" (en galego: reinicio) fai referencia a un novo comezo para un universo ficticio, obra ou serie de ficción. Un reboot rexeita a continuidade, para recrear os personaxes, as tramas e o fondo dende o principio. Descríbese como unha forma de "reconsiderar" ou "volver a iniciar un universo ficticio xa establecido".Outra maneira de definir un reboot é consideralo coma un remake dunha serie cinematográfica ou calquera outra saga.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
The Queen's Gambit (miniserie)
The Queen's Gambit é unha miniserie estadounidense baseada na novela homónima escrita por Walter Tevis en 1983. Foi creada por Scott Frank e Allan Scott e está protagonizada por Anya Taylor-Joy. Estreouse en Netflix o 23 de outubro de 2020.
María Concepción Jesusa Petra Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, feminista, poeta, autora dramática e de zarzuela. É considerada unha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX dentro e fóra do país..
O Agrupación Estudiantil é un club de fútbol galego, fundado en 1982 na parroquia de Loimil, no concello da Estrada, e que dende 2020 ten a súa sede en Santiago de Compostela. Compite na Terceira división e dende o seu traslado a Santiago xoga os seus partidos como local no Campo Municipal de Santa Isabel (ata entón facíao no Campo dos Casares da Estrada).
José María Sanz Beltrán, coñecido artisticamente como Loquillo ou ás veces Loco, nado en Barcelona o 21 de decembro de 1960, é un cantante español de rock. Ata mediados de 2007, estivo acompañado polos denominados Trogloditas (Simón, o derradeiro troglodita orixinal, deixou a banda e quedou co nome de Trogloditas) e anteriormente por Los Intocables. Actualmente preséntase como Loquillo, se ben, acompañado dos seus colaboradores habituais, como Igor Paskual ou Jaime Stinus.