Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Jorge Lorenzo Guerrero, nado en Palma o 4 de maio de 1987, é un piloto de motociclismo español. É bicampeón do mundo de 250cc despois de conseguilo nas temporadas 2006 e 2007, foi campión do mundo de MotoGP en 2010, 2012 e 2015. Despois de acadar tres campionatos do mundo con Yamaha, no ano 2017 pasou a marca italiana Ducati.
O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
O Eurotúnel ou Túnel da Mancha, denominado Channel Tunnel en inglés, le tunnel sous la Manche en francés e aínda alcuñado polos ingleses como The Chunnel, é un túnel ferroviario que liga a Francia á Inglaterra por debaixo de auga. A súa construción foi bastante demorada e o inicio das obras sufriu algunhas falsas partidas até a súa inauguración en 1994. É o segundo máis longo túnel ferroviario do mundo, apenas superado polo Túnel Seikan no Xapón.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
O percebe da madeira, ou falso percebe, Lepas anatifera, Linnaeus 1758, é unha especie de crustáceo cirrípede da orde dos pedunculados e familia dos lepádidos, unha das catorce integrantes do xénero Lepas.Este percebe, non comestíbel, encóntrase, a miúdo en grandes cantidades, unido polo seu pedúnculo flexíbel a madeiras flotantes, cascos de barcos, peiraos, pilotes, algas e varios tipos de restos flotantes, como botellas.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2021, ano dedicado a Xela Arias 61 autores (5 mulleres e 56 homes) foron homenaxeados nas 59 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
O Principiño (en francés: Le Petit Prince) é unha novela, a obra máis famosa do aristócrata, escritor, poeta e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, publicada por primeira vez en abril de 1943. A novela foi votada como o mellor libro do século XX en Francia. Traducida a 300 linguas e dialectos, vendendo preto de dous millóns de copias anualmente, e con máis de 140 millóns de copias vendidas en todo o mundo, converteuse nun dos libros máis vendidos e máis traducidos xamais publicados.Co estoupido da segunda guerra mundial, Saint-Exupéry escapou a América do Norte.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Palacio da Regaleira é o edificio principal e o nome máis común do palacio da Quinta da Regaleira. Tamén se coñece como Palacio do Monteiro dos Milhões, denominación asociada ao alcume do seu primeiro propietario, António Augusto, que foi distinguido polo rei Carlos I de Portugal o 16 de agosto de 1904 como barón de Almeida. O palacio está situado na aba da serra de Sintra e a escasa distancia do centro histórico de Sintra, estando clasificado como Inmoble de Interese Público dende 2002.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 169.537 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A metafonía é un fenómeno fonético e fonolóxico que consiste na alteración do timbre dunha vogal tónica por influencia das vogais próximas. Este é un fenómeno propio do galego-portugués tamén presente noutras linguas romances como o Italiano e en zonas do astur-leonés. A metafonía propia do galego e do portugués é a apertura da vogal tónica media por causa de vogal final aberta ou o feche de vogal media por vogal final fechada ou semipechada.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Alvariza pode referirse a: Apiario, conxunto de colmeas de abellas; Abellariza, construción tradicional consistente nun muro, xeralmente circular, onde se garda un apiario para o protexer do clima e os animais. Alvariza, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia. Alvariza, grupo musical folk galego.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
Un contrasinal, clave de acceso ou simplemente clave (en inglés password), é unha forma de autenticación que utiliza información secreta para controlar o acceso cara a algún recurso. O contrasinal normalmente debe manterse en segredo ante aqueles a quen non se lles permite o acceso. Aqueles que desexan acceder á información solicítaselles unha clave; se coñecen ou non coñecen o contrasinal, concédese ou se nega o acceso á información segundo sexa o caso.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C. en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño de 323 a.C. en Babilonia, foi rei de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.
Un instrumento de medida é un aparello que se usa para comparar magnitudes físicas mediante un proceso de medición. Como unidades de medida utilízanse obxectos e sucesos previamente estabelecidos como estándares ou patróns, e da medición resulta un número que é a relación entre o obxecto de estudo e a unidade de referencia. Os instrumentos de medida son o medio polo que se fai esta lóxica conversión.
Pomacea maculata é unha especie de grandes caracois de auga doce con opérculo, uns moluscos gasterópodos da familia Ampullariidae orixinarios de América do Sur, os chamados comunmente como "caracois mazá". Xunto coa Pomacea canaliculata é unha das especies invasoras máis importantes da familia Ampullariidae. Está clasificada no posto 58 entre as especies invasoras máis daniña en Europa.
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles.
O cálculo infinitesimal (ou cálculo diferencial e integral) é unha rama da matemática que se desenvolveu a partir da xeometría analítica. As súas técnicas aplícanse de maneira xeneralizada tanto nas ciencias como na enxeñería, empregándose para resolver problemas extensos e complexos que non se poderían resolver soamente co emprego da álxebra. Comporta dúas ideas principais que se complementan: O cálculo diferencial, que é a teoría que estuda as taxas de variación e que fai intervir os métodos de diferenciación.
Donald John Trump (pronunciado en inglés: [ˈdɒnəld d͡ʒɒn trʌmp]), nado en Nova York o 14 de xuño de 1946, é un executivo, empresario, político e escritor, elixido presidente dos Estados Unidos de América no 2016. Desde o 20 de xaneiro de 2017 é o presidente dos Estados Unidos de América. É o fundador da empresa Trump Entertainment Resorts.
O ZMapp é un medicamento biofarmacéutico experimental que consta de tres anticorpos monoclonais quiméricos que se empezou a desenvolver como tratamento para a enfermidade do ébola. Dous dos seus tres compoñentes foron desenvolvidos orixinalmente polo Laboratorio de Microbioloxía Nacional da Axencia de Saúde Pública de Canadá, e o terceiro polo Instituto de Investigación Médica de Doenzas Infecciosas do Exército de EUA; o cóctel foi optimizado por Gary Kobinger, un investigador do Laboratorio de Microboioloxía Nacional canadense e posteriormente acabou de desenvolverse baixo licenza de Mapp Biopharmaceutical. O ZMapp utilizouse por primeira vez en humanos durante a epidemia de ébola de 2014 en África occidental, e previamente só fóra probado en animais e non fora sometido a un ensaio controlado aleatorizado.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas, nado en Rebordelos (Carballo) en 1895 e finado na mesma parroquia en 1963, foi un inventor galego.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
How the Grinch Stole Christmas (filme de 2000)
How the Grinch Stole Christmas (tamén coñecido como Dr. Seuss' How the Grinch Stole Christmas ou sinxelamente The Grinch) é un filme estadounidense de 2000 dirixido por Ron Howard e escrito por Jeffrey Price and Peter S. Seaman. Está baseado no libro homónimo de 1957 de Dr.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Para a rexión francesa actual véxase: Provenza-Alpes-Costa AzulA Provenza (Provença segundo a norma clásica do provenzal, variante da lingua occitana, Prouvènço seguindo a grafía moderna de Frédéric Mistral e Proença na grafía da Idade Media) é unha antiga provincia do sueste de Francia, que se estende desde o leste do Ródano até a cidade de Niza.
O paspallás (Coturnix coturnix), tamén coñecido na bibliografía internacional como paspallás común (coas modificacións popias de cada idioma) para diferencialo das outras especies do xénero, e dalgúns xéneros afíns, é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das integran hoxe en día o xénero Coturnix. É unha ave de pequeno tamaño, unha das poucas galiformes que son migratorias, que é moi apreciada gastronomicamente pola súa carne o os seus ovos.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
A historia de Portugal é a propia dunha nación europea cuxas orixes remontan á Baixa Idade Media, cando o condado portucalense se independizou do reino de León. Ampliou os seus territorios durante a Era dos Descubrimentos ata crear un vasto imperio e converténdose nunha potencia mundial entre os séculos XV e XVI. Portugal entrou en decadencia perdendo gran parte da súa riqueza e status, o que comezou pola perda da súa forza militar e naval no desastre Alcacer-Kibir, e da súa frota, que foi incorporada á Armada Española, o que non permitiu que o país defendese as súas posesións de ultramar. Volveu ser arruinado en 1755 coa destrución case total da súa capital por un terremoto, a comezos do século XIX coas guerras napoleónicas e en 1822 coa independencia da súa maior colonia, Brasil.
Lista de episodios de O detective Conan
Esta é unha lista dos episodios de O detective Conan emitidos ata o de agora na Televisión de Galicia. No Xapón xa se produciron máis de 900 episodios. A serie emitiuse na TVG durante os anos 2006 e 2008, que estreou novos episodios diarios con certos paróns de descanso e chegou ata os 300 dobrados.
O canal da Mancha (inglés: English Channel, francés: la Manche, alemán: Ärmelkanal, bretón: Mor Breizh, córnico: Mor Bretannek, neerlandés: Het Kanaal) é a parte do océano Atlántico que separa a illa principal da Gran Bretaña do norte da Francia e une o mar do Norte ao Atlántico e que se estende por unha superficie duns 75.000 km², comunicando o mar do Norte polo paso de Calais polo leste e o océano Atlántico polo oeste.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Babilonia foi a capital dun reino clave da antiga Mesopotamia dos séculos XVIII ao VI a.C.. No moderno Iraq, localízase a aproximadamente 110 quilómetros ao sur de Bagdad. A capital construíuse sobre o río Éufrates e dividíase en partes iguais ao longo das súas marxes esquerda e dereita, con terraplens empinados para conter as inundacións estacionais do río.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Cynocephalus volans (Linnaeus, 1758), que, aínda que non é un verdadeiro lémur, en moitos idiomas coñécese vulgarmente con termos que podemos traducir ao galego como lémure voador filipino, é a única especie actual do xénero Cynocephalus, un dos dous que forman a familia dos cinocefálidos, que é a única integrante da orde dos dermópteros.Esta especie é endémica de Filipinas, onde a súas poboacións se concentran nas illas de Mindanao, Bohol e outras menores.A pesar dos seus nomes comúns, non é un lémure; de feito, nin sequera é un primate. Porén, como os esquíos voadores, ou os morcegos cos que foi algunha vez clasificado, está equipado cunha membrana ou pataxio que lle permite facer voos planados. Estudos xenéticos recentes sitúano, porén, como próximo aos primates.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A cenoria (Daucus carota', L., subespecie sativus) , é unha planta pertencente á familia das umbelíferas, tamén denominadas apiáceas. É a hortaliza máis importante e de maior consumo das pertencentes a devandita familia. É a forma domesticada da cenoria silvestre Daucus carota, oriúnda de Europa e Asia sudoccidental.
O Lémure voador malaio, Galeopterus variegatus (Audebert, 1799), é unha das dúas especies actuais da familia dos cinocefálidos, da orde dos dermópteros, endémica do sueste asiático, encontrándose en Indochina (Vietnam, Laos e Camboxa), Tailandia, o leste de Myanmar, Malasia (península de Malaca, Sabah e Sarawak) e Indonesia (Sumatra, Borneo e o oeste da illa de Xava).A pesar do seu nome común, non é un lémure; de feito, nin sequera é un primate. Porén, como os esquíos voadores, ou os morcegos cos que foi algunua vez clasificado, está equipado cunha membrana ou pataxio que lle permite facer voos planados. Recentes estudos xenéticos sitúano, porén, como próximo aos primates.
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Heracles (en grego antigo Ἡρακλῆς, Hēraklḗs, do nome da deusa Hēra, e kleos: ‘gloria’ é dicir ‘gloria de Hera’, porque foi polo odio de Hera polo que realizou as súas múltiples fazañas) nado como Alceo (Ἀλκαῖος, Alkaios) ou Alcides , foi un heroe da mitoloxía grega, o fillo de Zeus e Alcmena, fillo adoptivo de Anfitrión . Era o bisneto e medio irmán (xa que os dous foron enxendrados polo deus Zeus) de Perseo. Ó morrer, foi divinizado por Zeus.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2019 tiña 66.065 habitantes, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".