Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O bikini (do inglés "bikini") é unha peza feminina de baño composta de dous triángulos de tea na parte superior similar a un apertador que cobre os seos e dous triángulos de tea na parte inferior, a frontal que cobre a pelve, pero que expón o embigo, e a parte de atrás que cobre as nádegas. O tamaño da parte superior e inferior pode variar desde a cobertura completa dos seos, pelve, e nádegas, ata os deseños máis atrevidos como o tanga que cobren só a aréola e o monte de Venus, pero expoñen as nádegas. O deseñador de moda Jacques Heim presentou en París un deseño de traxe de baño de dúas pezas en 1946 ao que chamou Atome.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Santa Baia de Laias é unha parroquia do concello de Cenlle situada á beira do río Miño, na aba do monte San Trocado e lindando coas parroquias de Razamonde, Eiras, A Barca de Barbantes, e, co río no medio, coas de Puga e Astariz, a uns 16 quilómetros de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 207 habitantes (114 mulleres e 93 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 242 habitantes. O curato é de termo e o padroado laical.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Anne Igartiburu Verdes, nada en Elorrio, Biscaia, o 16 de febreiro de 1969, é unha presentadora de televisión e actriz vasca. Comezou a súa andaina profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica do País Vasco) e de alí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Sally Cecilia Hawkins, nada en Londres o 27 de abril de 1976 é unha actriz británica, coñecida polas súas interpretacións de Poppy en Happy-Go-Lucky, Susan en Vera Drake (2004), Sue Trinder na serie da BBC, Fingersmith (2005), Anne Elliot en Persuasion (2007) e Rita O'Grady en Made in Dagenham (2010). Foi candidata ao Oscar polas súas actuacións en Blue Jasmine (2013) e The Shape of Water (2017), polo que recibiu varios premios e candidaturas.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Eva Poveda López, nada en Lugo o 22 de xullo de 1975, é unha experta no estudo das infeccións causadas polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH) e os virus da hepatite C, B e delta. En 2012 foi galardoada co Premio para mulleres científicas L'Oréal -UNESCO como recoñecemento á excelencia do traballo científico desenvolvido no Campo das Ciencias da Vida.
Carta do papa Vixilio ao bispo Profuturo II de Braga
A carta do papa Vixilio ao bispo Profuturo II de Braga (en latín Epistula Vigilii papae ad Profuturum episcopum) é un documento escrito o 29 de xuño de 538 por Vixilio en resposta a outra carta previa de Profuturo II de Braga, que non se conserva. Nesa carta Profuturo pedía ao papa consellos sobre unha serie de cuestións do goberno da diocese de Braga, que se poden deducir do contido da resposta.
O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo Compostelán, é unha celebración católica que ten lugar en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto acontece cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século haxa catorce Xacobeos.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
A tolerancia periférica é unha das dúas ramas da tolerancia inmunolóxica; a outra é a tolerancia central. Ten lugar na periferia inmune, unha vez que as células T e B abandonan os órganos linfoides primarios). O seu propósito principal é garantir que as células T e B autorreactivas que escaparon da tolerancia central non causan unha doenza autoinmune.Os mecanismos de tolerancia periférica inclúen a inactivación indirecta de células T efectoras por varios mecanismos posibles, como a deleción clonal, a conversión a célula T reguladora (Treg) ou a indución de anerxia.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O reino de Galicia na historiografía tradicional española
A primeira referencia historiográfica explícita sobre a existencia do reino de Galicia data do século V, cando o papa León I, nunha epístola sobre a herexía priscilianista denomina Galliciae Regno ao estado creado polo pobo xermánico dos suevos na provincia romana da Gallaecia. Este reino galego altomedieval perdurou, con dimensións e significados cambiantes, desde a época sueva até o século XIX, momento no que nunha reforma administrativa, a tradicional organización en reinos da monarquía hispana foi substituída por unha estrutura provincial centralizada. Malia a este dilatado lapso temporal, e á existencia de abondosas alusións documentais, os historiadores españois da idade contemporánea substituíron as referencias ao reino galego da alta e plena idade media polas denominacións de reino de Asturias e reino de León, sendo o territorio da Galicia actual presentado como un espazo subsidiario de escasa importancia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 169.771 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Homer Jay Simpson é un dos personaxes principais da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons e pai da familia epónima. Dan Castellaneta é o encargado de proporcionarlle a voz e apareceu por vez primeira na televisión, xunta o resto da súa familia, na curtametraxe de The Tracey Ullman Show titulado "Good Night" o 19 de abril de 1987.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
O Gran Sol (escrito ás veces como Grand Sol ou Gran Sole) é un caladoiro situado no Atlántico norte, entre os paralelos 48º e 60º, ao oeste das illas Británicas. Destaca pola súa riqueza pesqueira sendo as principais especies obxectivo das frotas comunitarias: pescada, rapante, peixe sapo, bacallau, foguerio, bacalada, solla de altura, linguado... A frota galega, por limitación e cotas, céntrase na pescada (destacando os portos de Burela e A Coruña), o rapante (Vigo), o peixe sapo e o lagostino (este último na Coruña, principalemente).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Mulleres e poder. Un manifesto (título orixinal en inglés: Women & Power: A Manifesto) é un ensaio de Mary Beard no que reflexiona sobre "o lugar das mulleres nas diferentes dimensións do poder e rastrexa as oríxes grecorromanas dos discursos que silencian as voces femininas na vida pública". Esta obra, xunto ao ensaio Os homes explícanme cousas de Rebecca Solnit inaugura a colección Púrpura publicada pola editorial Hércules de Ediciones no ano 2019.
Para o xénero de plantas chamadas normalmente toxos ver o artigo Toxo (xénero Ulex). O toxo arnal, tamén chamado simplemente toxo, é un arbusto espiñento da clase das dicotiledóneas (nome científico: Ulex europaeus) e da familia das leguminosas, de flores amarelas moi rechamantes que mide entre 0,5 ata 3 metros segundo a variedade. Os agromos son verdes e as follas son espiñas de entre 1 e 3 cm.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza ou de León dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038. Era fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Hermano é un supergrupo estadounidense formado en 1998 como un proxecto paralelo composta por membros procedentes de bandas de stoner rock. A formación orixinal consistía no vocalista John Garcia (Kyuss, Unida), o baixista Dandy Brown (Orquesta del Desierto), o batería Steve Earle (Afghan Whigs) e os guitarristas Mike Callahan (Earshot, Disengage) e David Angstrom (Banger, Supafuzz, Black Cat Bone, Devil May Care). A banda editou Only a Suggestion a través da Teepee Records en 2002.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Philips PM5544 é un xerador de sinais de televisión que frecuentemente se usa para dotar ás canles de televisión dunha mira de axuste coñecida como a mira Philips (Philips Pattern) que se incorporou a outros modelos posteriores da marca Philips e que utiilizan ou utilizaron moitas canles europeas e que contén informacións relevante para axustar os receptores de televisión e as propias emisións da canle.
A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, que é o primeiro erudito que o denomina Galliciense Regnum, a finais do século VI, e os seus reis como reis de Galicia.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
O artigo é un determinante actualizador con flexión de xénero e número que concorda co núcleo do sintagma nominal. A súa función é a de acompañar ao substantivo actualizándoo e precisándoo, transformándoo de descoñecido e abstracto ("libro") en coñecido e concreto ("o libro"), situándoo no mundo real. A gramática tradicional distinguía entre artigo determinado (o, a, os, as) e indeterminado (un, unha, uns, unhas), sendo en realidade este último un tipo de cuantificador.
Phoebe Sarah Hertha Ayrton, nada en Portsea (Hampshire) o 28 de abril de 1854 e finada en Bexhill-on-sea (Sussex) o 23 de agosto de 1923, foi unha enxeñeira, matemática, física, inventora e sufraxista inglesa. Foi galardoada coa Medalla Hughes pola Royal Society polo seu traballo cos arcos eléctricos e as ondulacións na area e na auga.
O prezo do poder (en inglés: Scarface) é un filme policial estadounidense de 1983 dirixido por Brian De Palma con guión de Oliver Stone, un remake do filme do filme Scarface de 1932. A película conta a historia do refuxiado cubano Tony Montana (Al Pacino), que chega en 1980 a Miami sen nada, e sobe ata converterse nun poderoso patrón da droga. No elenco tamén participaron Mary Elizabeth Mastrantonio, Steven Bauer e Michelle Pfeiffer.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
O mar de Wadden (Wattenmeer en alemán, Waddenzee en neerlandés, Waadsee en frisón, Wattensee en baixo alemán e Vadehavet en danés) é un mar situado entre as illas Frisias e o mar do Norte por unha banda e as costas neerlandesa, alemá e danesa por outra. Ten uns 450 km de longo e entre 5 e 30 de largo, cunha superficie duns 10.000 km². Está formado por unha chaira de marea, é moi pouco profundo, mesmo durante a marea baixa consiste en grarenosas interrompidas por canles de drenaxe que evacúan a auga (de feito, é posible atravesalo a pé, chegando do continente ás illas).
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Diamante de sangue (en inglés: Blood Diamond) é un filme dirixido e producido por Edward Zwick estreado no 2006. O título refírese ós diamantes de sangue, que son diamantes extraídos en países africanos en conflito, cos que os señores da guerra financian as súas actividades vendéndoos a grandes compañías de todo o mundo. Estreouse en galego na TVG o 21 de abril de 2010.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, guitarrista compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko,. Roko sabe tocar a guitarra e compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean.