Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
"In God We Trust" é o lema dos Estados Unidos de América, e foi adoptado oficialmente en 1956 para substituír o non oficial E pluribus unum, que fora adoptado cando se creou o Gran Selo dos Estados Unidos en 1782. "In God we trust" apareceu por vez primeira nunha moeda estadounidense en 1864 e nos billetes dende 1957. Algúns secularistas opóñense ó seu uso.É tamén o lema do estado de Florida.
Star Wars: The Rise of Skywalker
Star Wars: The Rise of Skywalker (tamén coñecido como Star Wars: Episode IX – The Rise of Skywalker) é un filme estadounidense de 2019 producido, coescrito e dirixido J. J. Abrams. É o terceiro filme da triloxía secuela da Guerra das galaxias, despois de The Force Awakens (2015) e The Last Jedi (2017), e o episodio final da "saga Skywalker". Foi producido por Lucasfilm e a compañía de Abrams, Bad Robot Productions, e foi distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures.
Nantes (Naoned en bretón e Naunnt ou Nàntt en galó), é unha cidade francesa, capital do departamento do Loira Atlántico dentro da rexión do País do Loira. É a sexta maior cidade de Francia, e está situada no sueste da Bretaña. É a capital da rexión administrativa de Pays-de-Loire, pero historicamente pertence á Bretaña, da que foi capital e residencia dos duques da Bretaña.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Escuadrón Suicida (en inglés, Suicide Squad) é un filme estadounidense de superheroes baseado no equipo de antiheroes de DC Comics Suicide Squad. É o terceiro filme do universo DC Extended Universe. O filme foi escrito e dirixido por David Ayer e está protagonizado por Will Smith, Jared Leto, Margot Robbie, Joel Kinnaman, Viola Davis, Jai Courtney, Jay Hernandez, Adewale Akinnuoye-Agbaje, Ike Barinholtz, Scott Eastwood e Cara Delevingne.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
Partido Galeguista (histórico)
Este artigo trata do Partido Galeguista fundado en decembro de 1931. Para outras organizacións políticas co mesmo nome, vexa Partido Galeguista. O Partido Galeguista foi un partido fundado en decembro de 1931 de carácter nacionalista galego e con relevancia na política da Segunda República.
Naruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom
Naruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom (大興奮!みかづき島のアニマル騒動だってばよ! Dai Kōfun! Mikazuki-jima no Animaru Panikku Dattebayo!) é un filme de animación xaponés dirixido por Toshiyuki Tsuru e escrito por Junki Takegami que foi estreado no 2006.
Os Premios Nobel (en sueco, Nobelpriset; en noruegués, Nobelprisen) son uns galardóns internacional que se outorgan cada ano para recoñecer persoas ou institucións que levaran a cabo investigacións, descubrimentos ou contribucións notables á humanidade no ano anterior ou no transcurso das súas actividades.Sorprendido ao ver a edición dun xornal que falaba da morte do seu irmán como sendo a súa, Alfred Nobel, un industrial sueco inventor da nitroglicerina, instituíu en 1895 os premios que levan o seu nome como última vontade e para ser lembrado. Comezaron a entregarse en 1901 nas categorías de Física, Química, Fisioloxía ou Medicina, Literatura e Paz.En 1968 estableceuse tamén o Premio de Ciencias Económicas en Memoria de Alfred Nobel, patrocinado polo Banco de Suecia e xestionado pola Real Academia das Ciencias de Suecia, e que é comunmente chamado Premio Nobel de Economía.. O primeiro Premio Nobel de Economía entregouse en 1969.Ante a inexistencia dun Premio Nobel de Matemáticas, Sophus Lie foi o primeiro en propor a creación do Premio Abel cando descubriu en 1897 que Alfred Nobel non tivera a intención de crear un premio de Matemáticas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 168.446 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Eucalipto é a denominación dada ás especies vexetais do xénero Eucalyptus (do grego eu (εὖ), ben, e kalyptos (καλυπτός), cuberto; en alusión ás súas flores: ben cubertas, ben protexidas polo opérculo). O xénero inclúe máis de 600 especies autóctonas de Australia que forman parte da flora característica do continente australiano, existindo apenas un pequeno número de especies propias dos territorios veciños da Nova Guinea e Indonesia. De feito, ningún continente está tan marcadamente caracterizado por un só xénero de árbore como acontece en Oceanía cos eucaliptos.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o pantasma, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Un escritor ou unha escritora é unha persoa que escribe textos en calquera tipo de documento, autor de obras escritas ou impresas que usa a escritura para difundir as súas ideas ou as alleas. Considérase que os primeiros escritores dos que se sabe o nome foron Ptahhotep (séculos XXV a XXIV antes da Nosa Era, que escribiu en exipcio) e Enheduanna (séc. XXIII antes da Nosa Era, escritora en sumerio), sendo esta última a primeira poeta da que existe rexistro do seu nome.Desde a alfabetización infantil, poderiamos considerar a calquera persoa escritora, pero o termo adoita restrinxirse ás persoas que desenvolven esta faceta como actividade profesional.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Rhapsody Bohemian", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
En xeoloxía chámase rocha ou roca a calquera agregado natural formado por un ou máis minerais. Un agregado é un sólido cohesionado. As rochas xeralmente están constituídas por varias especies mineralóxicas, pero tamén existen rochas constituídas por un só mineral (rochas monominerálicas), por exemplo algúns mármores (formados unicamente por calcita).
Un carro galego é un tipo de vehículo de tracción animal propio do pobo galego, xeralmente bois, vacas, cabalos ou machos, provisto de varas para enganchar o tiro máis un bastidor de táboas e listóns de madeira sobre un rodado, para levar a carga. Carro é unha palabra de orixe celta. Os primeiros carros están ligados ó invento da roda e apareceron hai máis de 5.000 anos.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O colonialismo (de colonia, e este do latín colonus, -i, "labrador") é a política dun país que procura estenderse ou reter a súa autoridade sobre outros pobos ou territorios, en xeral coa intención do dominio económico. No proceso de colonización, os colonizadores poden impoñer a súa relixión, lingua, economía e outras prácticas culturais aos pobos indíxenas. As administracións estranxeiras dirixen o territorio na procura dos seus intereses, buscando beneficios dos pobos e os recursos da rexión.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
O 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, máis coñecidos como os Mártires de Sobredo, foron asasinados a tiros por defender a un veciño contra o pago dos foros segundo acordo do Congreso Agrario.
Non confundir cos sinusoides dalgunhas funcións matemáticas ou de ondas Un sinusoide é un tipo de vaso sanguíneo capilar especial. Trátase de canais vasculares revestidos de endotelio de perfil transversal irregular, xeralmente de diámetro relativamente grande . Os sinusoides son similares a capilares fenestrados, pero non iguais, e clasifícanse como capilares descontinuos ou de poro aberto para distinguilos dos fenestrados.
Jumanji é un filme estadounidense dirixido por Joe Johnston que foi estreado en 1995. É unha comedia-fantasía sobre un xogo de mesa sobrenatural que fai que os animais da xungla e outras criaturas se materialicen cada vez que un xogador tira os dados. Está baseado no libro de ilustracións Jumanji de Chris Van Allsburg.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2020. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.
Hildegard von Bingen, nada por volta de 1098 e finada o 17 de setembro de 1179 no mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen, Alemaña, foi freira da orde beneditina e abadesa desde 1136. É coñecida como a primeira representante, malia ser atípica, do misticismo alemán da Idade Media. As súas obras abranguen os ámbitos da relixión, a medicina, a música, a ética e a cosmoloxía.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2020
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2020 será a 71ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Equipos e pilotos competirán polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores. O campionato debía comezar orixinalmente en marzo, pero o inicio pospúxose ata xullo en resposta á pandemia COVID-19.
Baltasar Garzón Real, nado en Torres (Xaén) o 26 de outubro de 1955, é un xuíz español. Foi xuíz dende 1981 e maxistrado do Xulgado Central de Instrución n.º 5 da Audiencia Nacional dende 1988 até 2012 (agás dende maio de 1993 até maio de 1994), tivo ó seu cargo a investigación dalgúns dos delitos de maior relevancia que se produciron en España durante aquela época: crimes contra a humanidade, terrorismo, terrorismo de Estado, narcotráfico, corrupción política e delincuencia económica. Presentouse como candidato independente a deputado nas listas do PSOE en 1993 e, ó constituírse o executivo, foi nomeado delegado do Goberno no Plan Nacional sobre Drogas, con rango de secretario de Estado.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, guitarrista compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko,. Roko sabe tocar a guitarra e compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.
Os titáns, masculino, e titánides, feminino, eran deidades da primeira xeración divina, na mitoloxía grega, nacidos da unión entre Gaia e Urano. Uniranse entre si para dar procrear á segunda xeración de deuses, chamados Olímpicos; outros dous titáns uníronse a hembras doutras estirpes (Iápeto con Clímene, unha oceánide, e Crio con Euribia), e dúas titánides, Temis e Mnemósine, foron compañeiras de Zeus. Reciben os nomes de Océano, Ceo, Hiperión, Crio, Iápeto e Cronos, os varóns; e Tetis, Rea, Temis, Mnemósine, Febe, Dione e Tía, as mulleres Zeus rebelouse contra o seu pai Cronos, que se fixera co poder no ceo tras castrar a Urano, nunha guerra coñecida como Titanomaquia, na que se enfrontaron Zeus e os seus irmáns contra os titáns (mentres que as titánides se mantiveron neutrais).
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, con idades de entre 3 e 9 anos, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
Media lengua ou chaupi-shimi (tamén chamado quichuañol) é unha lingua mixta entre o castelán e o kichwa. En termos de vocabulario, case tódolos lexemas (arredor do 89%), incluíndo o vocabulario principal, teñen orixe castelá adaptada á fonotáctica kiwcha. Media lengua é un dos poucos exemplos coñecidos dunha "lingua mixta bilingüe" pola súa división entre as raíces e os sufixos.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O metro, tamén coñecido como ferrocarril metropolitano, é un sistema de transporte urbano que opera nas grandes cidades. É un ferrocarril formado por trens de tracción eléctrica que circulan sobre raís exclusivos, cunha alta capacidade e frecuencia de paso, sendo normalmente subterráneos ou en viaduto. Estes sistemas operan sobre distintas liñas que compoñen unha rede, deténdose en estacións non moi distanciadas e localizadas a intervalos xeralmente regulares.
O castelán amazónico ou castelán da selva é unha variedade do castelán falado no Amazonas. Influenciado polas linguas amazónicas, está especialmente estendido nos departamentos da Amazonia peruana como Loreto e Ucayali. O castelán amazónico é falado tamén nalgunhas áreas do Brasil adxacente a Loreto e Ucayali, no departamento de Amazonas de Colombia, e nos estados Bolívar e Amazonas de Venezuela.
O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou.
Margot Elise Robbie, nada en Dalby, Queensland o 2 de xullo de 1990, é unha actriz australiana de cinema e televisión. Robbie comezou a súa carreira en filmes independentes australianos a finais da década do 2000. Posteriormente, formaría parte da serie de televisión Veciños (2008–2011), coa que gañou dous nomeamentos ós Premios Logie.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Moya Brennan, coñecida artisticamente ata 2002 como Máire Brennan e nada Máire Philomena Ní Bhraonáin en Dublín o 4 de agosto de 1952, é unha cantante, letrista e harpista irlandesa que principiou a súa carreira ao formar a súa familia a banda Clannad e está considerada unha das voces máis recoñecidas da música celta, coñecida como "primeira dama da música celta". A partir de 1992 comezou unha carreira en solitario con éxito, o seu primeiro álbum saíu en 1992 co título de Máire e foi candidata a dous Grammy. Gravou varias bandas sonoras, entre as que salientan Titanic, To End All Wars e King Arthur.
O castelán murciano é unha variedade do castelán falado na comunidade autónoma da Rexión de Murcia e nas comarcas adxacentes de Vega Baja del Segura e Alt Vinalopó na provincia de Alacant (Valencia) e o corredor de Almansa en Albacete (Castela-A Mancha). Nunha extensión máis grande, tamén pode incluír algunhas áreas que formaron parte do antigo Reino de Murcia, como o sueste de Albacete (agora parte de Castela A-Mancha) e partes de Xaén e Almería (agora parte de Andalucía). O murciano considérase un dos dialectos do castelán meridional.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
A Asemblea de Melide foi unha xuntanza de prelados, rexedores urbanos e nobres galegos, a máis importante das celebradas durante o reinado de Carlos V. Tivo lugar o 4 de decembro de 1520 na vila de Melide, centro xeográfico do reino de Galiza no século XVI. Foi organizada polo arcebispo compostelán Alonso III de Fonseca para tratar, entre outras cousas, de reclamar a Carlos V o voto do reino de Galiza nas cortes da Coroa de Castela e que unha e outra vez fora negado.
Un piano é un instrumento musical composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo sons claros e vibrantes. Atendendo á súa forma e dimensión denomínanse verticais, de cola e media cola, ou de mesa.
Robin McLaurin Williams, nado en Chicago, Illinois o 21 de xullo de 1951 e finado en Paradise Cay, California o 11 de agosto de 2014, foi un comediante e actor estadounidense. Acadou a fama co papel do alieníxena Mork na Mork & Mindy (1978–1982), e labrou unha exitosa carreira como cómico e actor de cine. A súa carreira cinematográfica inclúe filmes como The World According to Garp (1982), Good Morning, Vietnam (1987), Dead Poets Society (1989), Espertares (1990), The Fisher King (1991) e Good Will Hunting (1997), así como éxitos de recadación como Popeye (1980), Hook, o capitán Garfo (1991), Aladdin (1992), Mrs.
San Nicolao, coñecido como San Nicolao de Mira (en Oriente, polo seu lugar de falecemento) ou San Nicolao de Bari (en Occidente, polo lugar onde foron trasladados os seus restos) foi un bispo que viviu no século IV. Máis de dous mil templos están dedicados a el en todo o mundo. En Oriente chámano Nicolao de Mira, pola cidade da que foi bispo, pero en Occidente é chamado Nicolao de Bari, porque cando os musulmáns conquistaron Anatolia, un grupo de cristiáns sacou de alí en segredo as reliquias do santo e levounas á cidade de Bari, en Italia. Nesa cidade adxudicáronlle tan admirables milagres ao rezarlle a este gran santo, que o seu culto chegou a ser sumamente popular en toda Europa.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Jesé Rodríguez Ruiz nado nas Palmas de Gran Canaria (España), o 26 de febreiro de 1993. É un xogador profesional de fútbol que xoga cedido no Real Betis Balompié da Liga Santander de España. Os seus inicios como xogador iniciáronse na canteira do Real Madrid dende a categoría infantil até o seu equipo filial.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Castros da provincia da Coruña
Esta é unha listaxe dos 973 castros existentes na provincia da Coruña por comarcas, concellos e parroquias:
A Unión Europea ( pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 27 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo.
Afonso X, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.Á morte de seu pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir. Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.