Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Galicia ou Galitzia (en alemán: Galizien, en polaco: Galicja, en ucraíno: Галичина Halychyna, en checo e eslovaco: Halič; en húngaro: Galícia / Kaliz / Gácsország / Halics; en romanés: Galiția / Halici; en ruso: Галиция / Галичина, Galitsiya / Galichina; en ruteno: Галичина, Halychyna; en yiddish: גאליציע Galitsie) é unha rexión histórica do leste de Europa, que antigamente foi un pequeno principado e cuxo territorio na actualidade se divide entre Polonia e Ucraína. Hai unha considerable superposición entre Galicia e o suroeste de Rutenia, especialmente referida a unha rexión transfronteiriza centrada no óblast de Zakarpattia, a rexión transcarpática da Ucraína actual, que está habitada por diversas nacionalidades, incluíndo a minoría rusina. Neste sentido moderno, Rutenia esténdese á Ucraína occidental, sueste de Polonia e Eslovaquia Galicia foi, durante moitos séculos, unha rexión tapón, unha zona de paso e un cruzamento de culturas, entre o imperio dos Habsburgo e o Imperio ruso, entre a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 170.349 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
En química, unha mestura é unha combinación de dúas ou máis substancias de maneira que non ocorre unha reacción química e cada substancia mantén a súa identidade e propiedades. Unha mestura pode ser separada por medios físicos dando os seus compoñentes orixinais: destilación, disolución, separación magnética, flotación, filtración, extracción, decantación ou centrifugación. Se despois de mesturar algunhas substancias, non podemos recuperalas por medios físicos, é indicativo de que ocorreu unha reacción química e as substancias perderon a súa identidade: formaron substancias novas.
María Antonina Sanjurjo Aranaz
María Antonina Sanjurjo Aranaz, nada en Santiago de Compostela o 6 de xullo de 1910 e finada en Vigo o 31 de outubro de 1939, foi unha pioneira do deporte galego, xogadora de hóckey sobre herba, fundadora en 1932 do Atlántida Hockey Club de Vigo e considerada “nai” do hóckey sobre herba en Galicia.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en extranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Pontificia Universidade da Santa Cruz
A Pontificia Universidade da Santa Cruz é unha institución universitaria situada en Roma, inaugurada o 15 de outubro de 1984. Está a cargo da Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei. O 9 de xaneiro de 1990, foi creado o Ateneo Romano da Santa Cruz, autorizado para impartir os estudos en teoloxía e filosofía.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Paulus Edward Pieris Deraniyagala
Paulus ou Paul Edward Pieris Deraniyagala, nado en 1900 en Colombo e finado en 1976, foi un paleontólogo, zoólogo e artista esrilanqués.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Iñaki Gabilondo Pujol, nado en Donostia o 19 de decembro de 1942, é un xornalista vasco. Xornalista de gran prestixio, a súa carreira estivo estreitamente ligada á radio, concretamente á Cadena SER, onde conduciu con grande éxito durante case vinte anos (entre 1986 e 2005) o espazo matinal Hoy por hoy. Tamén ten traballado en televisión, un medio que retomou en 2005, tras anos afastado dela, para presentar os informativos de Cuatro ata comezos de 2010 cando pasou a CNN+.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
A febre hemorráxica do Ébola ou enfermidade polo virus Ébola (ICD-10, CIE-10) e informalmente "o ébola" (ás veces escrito Ebola) é unha enfermidade viral humana contaxiosa e de alta mortalidade que pode ser producida pola infección de catro das cinco especies de Ebolavirus, que son: Zaire, Sudán, Bundibugyo, e Bosque Taï (ou Costa do Marfil). Os ebolavirus tamén afectan a algúns animais, e a quinta especie, Reston, afectou só a primates non humanos e porcos. A especie prototípica é o Ebolavirus Zaire, tamén chamado simplemente virus Ébola.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola. Recibiu o premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Vila Pequena, Saavedra, Begonte
A Vila Pequena é un lugar da parroquia de Saavedra no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2011 tiña 81 habitantes (42 homes e 39 mulleres).
David Lariño Nieto, nado en Esteiro (Muros) o 22 de maio de 1989, é un gran mestre de xadrez galego. Na lista Elo da FIDE para novembro de 2020, tiña un Elo de 2461 puntos, o que o converteu no 44 xogador (activo) de España. O seu máximo Elo foi de 2.521 puntos, na lista de maio de 2013 (posición 700 no ranking mundial).
Lupin é unha serie de televisión francesa creada por George Kay e François Uzan estreada en Netflix o 8 de xaneiro de 2021. A serie consiste en 10 capítulos, estreados en dúas quendas. Está protagonizada por Omar Sy no papel de Assane Diop, un home inspirado polas aventuras de Arsène Lupin, personaxe creado por Maurice Leblanc.
Na mitoloxía grega, Iolao era o fillo de Ificles e Automedusa, sobriño de Heracles e un dos compañeiros deste, a quen aparece conducindo o carro. Para Plutarco e Eurípides puido ser un amante de Heracles. A lenda conta que a esposa de Zeus, Hera (que perseguía ás amantes e fillos de Zeus), mandou a Heracles un ramo de loucura, e nese estado este matou ós seus fillos, e mais dous dos fillos de Ificles.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Un avogado (do latín advocatus) é aquela persoa, licenciada en dereito que exerce profesionalmente a defensa das partes en xuízo e toda clase de procesos xudiciais e administrativos e, en xeral, o asesoramento e consello en materias xurídicas. Na maioría dos ordenamentos, para exercer esta profesión, requírese estar inscrito nun colexio de avogados.
Liechtenstein ( [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] ) (en alemán: Liechtenstein, [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] (AFI), escoitar), oficialmente Pincipado de Liechtenstein ( [ˈlɪktənstaɪn] ) (en alemán: Fürstentum Liechtenstein, [ˈfʏʁstn̩tuːm ˈlɪçtn̩ʃtaɪn] (AFI)) é un minúsculo principado do centro da Europa, encravado nos Alpes, entre a Austria, ao leste, e a Suíza ao oeste. Non ten saída o mar e é coñecido por ser un paraíso fiscal. Aínda que non pertence á Unión Europea, desde decembro de 2011 forma parte do espazo de libre circulación Schengen.
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Ali Ahmad Said Esber (transliteración do seu nome árabe علي أحمد سعيد إسبر), nado en Al-Qassabin (Latakia, Siria) o 1 de xaneiro de 1930, coñecido polo pseudónimo Adonis o Adunis, é un poeta, político e profesor francés de orixe siria. Desenvolveu un amplo labor poético ó longo da súa traxectorio, tendo publicados máis de vinte poemarios en lingua árabe. Viviu en Siria, o Líbano e Francia segundo as circunstancias forzábano a fuxir.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Un sorriso de Glasgow (en inglés: Glasgow smile), tamén coñecido como sorriso de Chelsea, é unha ferida causada por facer un corte nas esquinas da boca da vítima até a altura das orellas, deixando unha cicatriz con forma de sorriso.O acto adoita realizarse cunha navalla ou unha peza de vidro roto, deixando unha cicatriz que fai que a vítima semelle estar sorrindo amplamente. Crese que a práctica se orixinou en Glasgow, Escocia nas décadas de 1920 e 1930, pero fíxose moi popular entre as bandas criminias inglesas (especialmente entre os Chelsea Headhunters, unha banda hoolingan de Londres que popularizou os nomes "Chelsea grin" ou "Chelsea smile").
Aishwarya Rai, nada o 1 de novembro de 1973, é unha modelo, actriz e produtora cinematográfica india. Gañadora de Miss World en 1994, seguiu logo unha carreira de actriz converténdose nunha das actrices máis afamadas do Bollywood actuando en filmes tan coñecidos na India como Mohabbatein (2000), Devdas (2002), The Last Legion (2007), Jodhaa Akbar (2008) e The Pink Panther 2 (2010).
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Unha máquina de escribir é un equipamento mecánico, electromecánico ou electrónico equipado con teclas que, cando accionadas, moven tipos, que imprimen letras, números e símbolos no papel, facilitando e dando maior axilidade ao proceso de escrita. As primeiras máquinas de escribir producidas, manuais con accionamento mecánico das teclas introducíronse en 1874, aínda que non se fixeron de uso común nos despachos ata mediados da década de 1880. Posteriormente, xurdiron as electromecánicas, con base de funcionamento mecánico, auxiliado por un motor eléctrico para diminuír o esforzo e dar maior axilidade na escrita.
El desorden que dejas (serie de televisión)
El desorden que dejas é unha serie de televisión española orixinal de Netflix que se estreou o 11 de decembro de 2020. É unha adaptación da novela homónima de Carlos Montero publicada en 2016 e está protagonizada por Inma Cuesta e Bárbara Lennie, xunto con Tamar Novas, Arón Piper e Roberto Enríquez.A comezos de 2019, a plataforma de streaming anunciou a adaptación da novela e que a súa estrea sería ao longo do ano 2020. A rodaxe comezou o 21 de outubro do mesmo ano en Galicia.
O falcón peregrino (Falco peregrinus) é un falcón de talle medio, máis ou menos o dun corvo grande. É, se cadra, a ave do mundo cunha área de distribución máis ampla, que abrangue tódolos continentes agás a Antártida. Están especializados na caza de aves, que capturan no ar e que constitúen case as súas únicas presas.
A mostraxe polarizada, ás veces tamén chamada nesgo de mostraxe ou erro de mostraxe, é unha distorsión que se introduce debido á forma de seleccionar a mostra. Refírese á distorsión dunha análise estatística, debido ao método de recollida de mostras. Se non se ten en conta o nesgo da mostraxe, é posíbel que algunhas conclusións propostas sexan erróneas.
Marilyn Monroe, de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962, foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960, chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950).
Sexualmente, por agorafilia, un tipo de parafilia, enténdese o desexo "doentio" (impulso incontrolábel) pola práctica do sexo en lugares públicos ou abertos. Está intimamente ligado co concepto de exhibicionismo. Etimoloxicamente a palabra deriva do grego: agorá= nome que na Grecia Antiga designaba as prazas onde as feiras e asembleas eran realizadas.
O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
Luís Filipe Madeira Caeiro Figo, nado o 4 de novembro de 1972 en Lisboa, é un exfutbolista portugués considerado coma un dos mellores da historia do fútbol portugués e mundial. Xoga coma centrocampista. Foi nomeado "Xogador Europeo do Ano" no 2000, "Xogador Mundial FIFA do ano" no 2001 e atópase nos FIFA 100.
O lavado broncoalveolar (LBA), en inglés bronchoalveolar lavage ou BAL, é unha proba diagnóstica empregada en medicina para obter mostras de células e outros compoñentes dos pulmóns, especificamente dos alvéolos e os bronquios. Consiste na instilación mediante broncoscopia de entre 100 e 200 ml de soro fisiolóxico no segmento pulmonar que se pretende estudar, para posteriormente aspirar o contido. O líquido recuperado é mandado a analizar para determinar mediante probas de microbioloxía, análises clínicos e anatomía patolóxica se existe algunha condición ou doenza pulmonar.
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.