Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo Compostelán, é unha celebración católica que ten lugar en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto acontece cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século haxa catorce Xacobeos.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en extranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Casal, O Val de Xestoso, Monfero
O Casal é un lugar da parroquia do Val de Xestoso, no concello coruñés de Monfero, na comarca de Eume. Non aparece na páxina do Instituto Galego de Estatística.
A Policia de la Generalitat de Catalunya - Mossos d'Esquadra, coñecida simplemente como Mossos d'Esquadra, é a forza de policía da Generalitat de Cataluña, refundada, como corpo de policía propio mediante a Lei 19/1983, de 14 de xullo de 1983, aprobada polo Parlament de Catalunya. Fundada en 1719, é a forza de policía civil máis antiga de Europa. Como policía integral ocúpase das funcións de seguridade cidadá, policía administrativa, policía xudicial, intervención e policía de proximidade, todas elas competencias da Generalitat.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Mesoplodon ginkgodens, coñecido na bibliografía internacional, entre outios, cos nomes de zifio de Ginkgo e zifio xaponés, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos, unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.Antigamente identificada como outras especies do xénero, distribúese en auguas tropicalis e temperadas dos océanos Índico e Pacífico.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Jesús Moncada Estruga (Mequinenza; 1 de decembro de 1941 - Barcelona; 13 de xuño de 2005) foi un escritor español en lingua catalá. Considerado un dos autores en catalán máis importantes da súa época, recibiu varios premios pola súa obra, entre outros o Premio Cidade de Barcelona ou o Premio Nacional da Crítica en 1989 por Camí de sirga (Camiño de sirga) ou a Creu de Sant Jordi, outorgada pola Xeneralidade de Cataluña no ano 2001. No 2004 recibiu o Premio das Letras Aragonesas que recolleu uns meses antes da súa morte.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
María del Patrocinio Armesto Alonso
María Patrocinio Armesto Alonso, nada en Alcañices (Zamora) en 1906 foi unha química vinculada a Galicia e pertencente ao Instituto Nacional de Física y Química (INFQ).
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2021. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.
O Tanakh (do acrónimo hebreo תַּנַךְ tanax), tamén coñecido como Mikrá, é o conxunto dos vinte e catro libros sacros canónicos no xudaísmo. Divídese en tres grandes partes: a Torá (Lei), os Nevi'im (Profetas) e os Ketuvim (Escritos). Os textos están escritos maioritariamente en hebreo antigo, aínda que tamén hai pasaxes en arameo antigo (Libro de Daniel, Libro de Esdras, e outros).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 170.140 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Bon Jovi é unha banda estadounidense de Hard Rock, formada en Nova Jersey en 1983. Acadou sona mundial a mediados dos anos 80 con temas como "Livin' on a Prayer", "You Give Love a Bad Name", "Bad Medicine", "Wanted Dead Or Alive" ou "I'll Be There For You". Foi formada por Jon Bon Jovi (nome artístico de John Francis Bongiovi), con Richie Sambora na guitarra, David Bryan nos teclados, Tico Torres (Héctor Torres) á batería e Alec John Such como baixista (substituído non oficialmente en 1995 por Hugh McDonald).
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Juan Carlos Copa Quiroga, nado na Coruña en 1970, é un ex xogador e adestrador de hóckey a patíns galego. É considerado un dos mellores xogadores que deu a canteira coruñesa, debutando aos 15 anos na División de Honra (actual OK Liga) e converténdose con 17 no primeiro capitán non catalán dunha selección española. Dende 2017 adestra o Deportivo Liceo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Sexualmente, por agorafilia, un tipo de parafilia, enténdese o desexo "doentio" (impulso incontrolábel) pola práctica do sexo en lugares públicos ou abertos. Está intimamente ligado co concepto de exhibicionismo. Etimoloxicamente a palabra deriva do grego: agorá= nome que na Grecia Antiga designaba as prazas onde as feiras e asembleas eran realizadas.
Alexander Boris de Pfeffel Johnson, nado en Nova York o 19 de xuño de 1964 é un político, historiador e xornalista británico que é o actual primeiro ministro do Reino Unido dende 2019.Anteriormente foi alcalde de Londres de 2008 a 2016. Tamén é Membro do Parlamento (MP) por Uxbridge e South Ruislip dende 2015. É o líder do Partido Conservador e considérase a si mesmo conservador One-Nation e foi descrito como libertario por mor da súa asociación co liberalismo económico e co liberalismo social.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Soul é un filme estadounidense de animación de 2020, producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Foi dirixido por Pete Docter e codirixido por Kemp Powers, e está protagonizado polas voces de Jamie Foxx, Tina Fey, Graham Norton, Rachel House, Alice Braga, Richard Ayoade, Phylicia Rashad, Donnell Rawlings, Questlove e Angela Bassett. O filme conta a historia dun mestre de música chamado Joe Gardner, que tenta reunir de novo a súa alma e o seu corpo logo de separarse accidentalmente xusto despois de conseguir unha gran oportunidade para estrearse como músico de jazz.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Xaneiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xaneiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
Un metamielocito é unha célula que está sufrindo a granulopoese, derivada dun mielocito, e que dará lugar a unha célula en banda (cun núcleo delgado, recto ou curvado, designado como forma de banda). Os metamielocitos divídense en tres liñas celulares (neutrófila, eosinófila e basófila), que darán lugar aos tres tipos de leucocitos granulocitos: neutrófilo, eosinófilo e basófilo.O metamielocito caracterízase pola aparición dun núcleo escotado (cun entrante), gránulos citoplasmáticos específicos, con contido encimático e a ausencia de nucléolos visibles. Se o núcleo non está escotado é probable que estea aínda na etapa de mielocito.
Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato reino de Portugal
A Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato reino de Portugal é un texto do ilustrado coruñés José Cornide Saavedra, redactado en 1764.
Boulogne-sur-Mer (en picardo Boulonne) é un concello francés, subprefectura do departamento do Paso de Calais na rexión dos Altos de Francia. Con 40 874 habitantes intramuros en 2017 constitúe a segunda localidade por poboación do departamento logo de Calais e a primeira pola súa densidade de poboación. Ademais é o centro dunha aglomeración de 132 000 habitantes que é a 61º área urbana de Francia.
Homer Jay Simpson é un dos personaxes principais da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons e pai da familia epónima. Dan Castellaneta é o encargado de proporcionarlle a voz e apareceu por vez primeira na televisión, xunta o resto da súa familia, na curtametraxe de The Tracey Ullman Show titulado "Good Night" o 19 de abril de 1987.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Foi elixida mellor atleta española júnior dos anos 2011, 2012, e 2013, pola Real Federación Española de Atletismo. No campionato do mundo de atletismo júnior de 2012, celebrado no Estadio Olímpico de Barcelona, conseguiu o récord nacional na súa modalidade.
Jennifer Lynn Lopez, nada en Nova York o 24 de xullo de 1969, é unha bailarina, cantante e actriz estadounidense de orixe portorriqueña. En 1986 realizou un pequeno papel na película My Little Girl, traballou a continuación como bailarina en diversos vídeos musicais de rap e cos New Kids on the Block e Janet Jackson. Como actriz o seu primeiro papel relevante foi na serie South Central en 1994 e na gran pantalla en My Family en 1995.
O Lebor Gabála Érenn (en irlandés medio, Leabhar Gabhála na hÉireann en irlandés moderno - Libro das conquistas de Irlanda, sería a tradución ó galego) é un conxunto de manuscritos que relatan a construción nacional irlandesa como o sumatorio das distintas invasións dende a súa creación ata o século XI, data na que está escrito.
O Dada ou Dadaísmo foi un movemento artístico xurdido en Europa (Suíza) e en Norteamérica en 1915, que se caracterizou por acenos e manifestacións provocadoras en que os artistas pretendían destruír tódalas convencións con respecto á arte, creando unha antiarte. As intencións do grupo eran basicamente a internacionalización da arte e a propagación da arte abstracta. Archipenko era considerado unha guía irrefutable en cuestións plásticas.
Stephen Edwin King, nado en Portland (Maine) o 21 de setembro de 1947, é un escritor estadounidense coñecido polas súas novelas de terror, suspense, ciencia ficción e fantasía. Os seus libros levan vendido máis de 350 millóns de copias, moitos dos cales foron adaptados a filmes, miniseries, series de televisión e banda deseñada. King publicou 54 novelas, incluíndo sete baixo o alcume Richard Bachman, e seis libros de non ficción.