Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O voo 629 de United Airlines foi un Douglas DC-6B, con rexistro N37559 e bautizado como Mainliner Denver, que foi voado cunha bomba de dinamita situada na equipaxe facturada o día 1 de novembro de 1955. O estoupido ocorreu sobre Longmont, Colorado ao redor das 7:03 p.m. hora local, mentres o aparello estaba en ruta dende Denver, Colorado, cara Portland, Oregon, e Seattle, Washington.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O software libre (en inglés free software) é o software que se distribúe con condicións nas súas licenzas que garanten que calquera usuario, e para calquera fin, poida empregar, estudar, modificar e publicar o software con novas modificacións. A liberdade que as licenzas lle dan o usuario son tanto a de poder obter o software de xeito gratuíto como a de cobrando o custo da súa distribución, mais sempre se garanta o acceso ao código fonte sen ningún tipo de restrición.Exemplos de software libre son: Darktable, Libreoffice e Gimp. Malia que o termo en inglés free software xa se tiña empregado sen unha definición en particular antes, dáselle o crédito a Richard Stallman de introducilo co lanzamento do movemento do software libre, cando comezou o proxecto GNU en 1983.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Os linfocitos T reguladores ou células T reguladoras (células Tregs ou Treg), anteriormente coñecidas como linfocitos T supresores ou células T supresoras, son unha subpoboación de células T que modulan o funcionamento do sistema inmunitario, manteñen a tolerancia aos autoantíxenos e impiden as doenzas autoinmunes. As Tregs teñen funcións inmunosupresoras e xeralmete suprimen e regulan á baixa a indución e proliferación das células T efectoras. As Tregs expresan os biomarcadores CD4, FOXP3 e CD25 e pénsase que derivan da mesma liñaxe celular que as células CD4 virxes.
O pazo de Meirás é un pazo situado na parroquia de San Martiño de Meirás (concello de Sada), no cal viviu a escritora galega Emilia Pardo Bazán e que, na actualidade, hai unha disputa sobre a súa titularidade entre varias administracións públicas e os descendentes de Francisco Franco. En decembro de 2008 a Xunta de Galicia declarouno Ben de Interese Cultural (BIC). O 2 de setembro de 2020, unha xuíza sentenciou que o pazo era propiedade do Estado, declarando nula e sen efecto a "doazón persoal" a Franco e a súa familia.
Fernando Simón Soria, nado en Zaragoza o 29 de xullo de 1963, é un médico epidemiólogo español, director desde 2012 do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade de España, coñecido pola súa actuación como portavoz do comité especial sobre a doenza do virus do ébola en España en 2014 e como portavoz do Ministerio de Sanidade durante a pandemia Pandemia por coronavirus de 2020 en España.
Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde
Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde é unha longametraxe galega para televisión, producida en 2011 con dirección de Zaza Ceballos. É unha biografía sobre Emilia Pardo Bazán, e foi estreada o 28 de setembro de 2011 no Teatro Rosalía da Coruña.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Pilar de Madariaga Rojo, nada en Madrid o 21 de abril de 1903 e finada o 6 de abril de 1995, foi unha das pioneiras españolas no campo da química durante a Idade de Prata do primeiro terzo do século XX en España, cuxa carreira investigadora e docente truncouse despois da Guerra Civil Española. Exiliada nos Estados Unidos onde traballou como profesora de lingua española, chegando a obter o dodoutoramento en 1949 e a dirixir o Departamento de Estudios Hispánicos de Vassar College.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 170.188 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Foille dedicado o Día das Letras Galegas de 1989.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar
Esta é unha lista dos filmes propostos na 93ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Neil Alden Armstrong, nado en Wapakoneta, Ohio o 5 de agosto de 1930 e finado o 25 de agosto de 2012 foi un astronauta e o primeiro home en pisar a Lúa, o 20 de xullo de 1969. Foi tamén enxeñeiro aeroespacial, aviador naval, piloto de probas e profesor universitario. Antes de converterse en astronauta, Armstrong foi oficial na U.S. Navy e serviu na Guerra de Corea.
A astronomía, que significa etimoloxicamente "as regras das estrelas" ou astro-nomos, é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra. Unha materia relacionada pero distinta é a cosmoloxía, que se encarga de estudar o universo como conxunto. Despois de comprender que os elementos que forman os "obxectos celestes" son os mesmos que conforman a Terra, e que as leis da física aplícanse do mesmo xeito, naceu a astrofísica como unha aplicación da física ós fenómenos observados pola astronomía.
As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en extranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Xoán Carlos I de España, nado en Roma o 5 de xaneiro de 1938, foi Rei de España entre 1975 e 2014, mantendo tras a súa abdicación o título de rei só con carácter honorífico. Foi proclamado o 22 de novembro de 1975, trala morte de Francisco Franco, de acordo coa Lei de Sucesión na Xefatura do Estado de 1947. A Constitución española, ratificada por referendo popular o 6 de decembro de 1978 e promulgada o 27 de decembro do mesmo ano, recoñéceo expresamente como rei de España e lexítimo herdeiro da dinastía histórica de Borbón, outorgándolle a xefatura do Estado.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio tiña unha poboación de 20.207 habitantes (2020) e divídese entre o núcleo urbano, onde viven algo máis de 10 000 persoas, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada.
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
The Greatest Showman é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Michael Gracey, no seu debut como director, e escrito por Jenny Bicks e Bill Condon. Está protagonizado por Hugh Jackman, Zac Efron, Michelle Williams, Rebecca Ferguson e Zendaya. É un filme dramático e musical que conta con nove cancións orixinais de Benj Pasek e Justin Paul, e está inspirado na historia real de P. T. Barnum e o seu Barnum's American Museum.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Sir Thomas Sean Connery, nado en Edimburgo o 25 de agosto de 1930 e finado en Nassau o 31 de outubro de 2020, foi un actor e produtor de cinema escocés. Foi especialmente coñecido como o primeiro actor en interpretar o personaxe de James Bond nos filmes, protagonizando sete títulos da serie (dende 007 contra o doutor No a Só se vive dúas veces, así como Diamantes para a eternidade e 007: Nunca digas endexamais) entre 1962 e 1983.Connery apareceu en pequenas producións de teatro e televisión antes dos seus filmes como Bond, cuxo éxito o convertería nun actor de sona internacional. Outros filmes nos que apareceu inclúen Marnie (1964), Asasinato no Orient Express (1974), O home que puido reinar (1975), A Bridge Too Far (1977), Highlander (1986), O nome da rosa (1986), Os intocables de Eliot Ness (1988), Indiana Jones e a última cruzada (1989), The Hunt for Red October (1990), Dragonheart (1996), The Rock (1996) e Finding Forrester (2000).
O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo Compostelán, é unha celebración católica que ten lugar en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto acontece cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século haxa catorce Xacobeos.
Joseph Robinette "Joe" Biden, Jr, nado o 20 de novembro de 1942, é un avogado e político estadounidense, e presidente electo dos Estados Unidos de América. Logo de gañar ao actual presidente Donald Trump nas eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2020, será investido como 46º presidente do país o 20 de xaneiro de 2021. Membro do Partido Demócrata, Biden foi vicepresidente dende 2009 a 2017 e senador por Delaware dende 1973 a 2009.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Onward é un filme estadounidense de 2020 producido por Pixar Animation Studios e liberado por Walt Disney Pictures. Foi dirixido por Dan Scanlon, producido por Kori Rae e escrito por Scanlon, Jason Headley e Keith Bunin. Conta coas voces de Tom Holland, Chris Pratt, Julia Louis-Dreyfus e Octavia Spencer.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Wasp Network é un filme de 2019 escrito e dirixido po Olivier Assayas, que está baseado no libro The Last Soldiers of the Cold War de Fernando Morais. Está protagonizado por Penélope Cruz, Édgar Ramírez, Gael García Bernal, Ana de Armas e Wagner Moura. Conta a historia real dos espías cubanos en territorio estadounidense durante a década de 1990.O filme estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Venecia o 1 de setembro de 2019.
O reino de Galicia na historiografía tradicional española
A primeira referencia historiográfica explícita sobre a existencia do reino de Galicia data do século V, cando o papa León I, nunha epístola sobre a herexía priscilianista, denomina Galliciae Regno ao estado creado polo pobo xermánico dos suevos na provincia romana da Gallaecia. Este reino galego altomedieval perdurou, con dimensións e significados cambiantes, desde a época sueva até o século XIX, momento no que nunha reforma administrativa, a tradicional organización en reinos da monarquía hispana foi substituída por unha estrutura provincial centralizada. Malia este dilatado lapso temporal, e a existencia de abondosas alusións documentais, os historiadores españois da idade contemporánea substituíron as referencias ao reino galego da alta e plena idade media polas denominacións de reino de Asturias e reino de León, sendo o territorio da Galicia actual presentado como un espazo subsidiario de escasa importancia.
A gravidade da Terra, denotada por g, é a aceleración neta que se imparte aos obxectos debido ao efecto combinado da gravitación (da distribución da masa dentro da Terra) e a forza centrífuga (da rotación da Terra).En unidades SI, esta aceleración mídese en metros por segundo ao cadrado (en símbolos, m/s2 ou m·s−2) ou de maneira equivalente en newtons por quilogramo (N/kg ou N · kg−1). Preto da superficie da Terra, a aceleración gravitacional é de aproximadamente 9.81 m/s2, o que significa que, ignorando os efectos da resistencia do aire, a velocidade dun obxecto que cae libremente aumentará en aproximadamente 9.81 metros por segundo cada segundo. Esta cantidade ás veces coñécese informalmente como g pequena (en contraste, a constante gravitacional G denomínase gran G ).
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Children of Bodom é unha banda finlandesa da cidade de Espoo, o seu estilo é o death metal melódico. A banda fundárona o guitarrista Alexi "Wildchild" Laiho e o batería Jaska Raatikainen co nome de IneartheD. No seu día sorprenderon polo seu primeiro disco Something Wild (1997) polo seu estilo anovador, o seu virtuosismo e os seus temas, a pesar de ter os compoñentes só 18 anos.
As linguas maias forman unha familia lingüística falada en Mesoamérica e norte de Centroamérica. As linguas maias son faladas por preto de 6 millóns de indíxenas maias, principalmente en Guatemala, México, Belize e Honduras. En 1996, Guatemala recoñeceu formalmente 21 linguas maias polo seu nome, e México recoñeceu oito máis dentro do seu territorio.A familia maia é unha das mellor documentadas e máis estudadas das linguas americanas.
Gangs of New York é un filme do 2002 feita polo estudio Miramax, situada na metade do Século XIX no distrito de Five Points de Nova York. Foi dirixida por Martin Scorsese e escrita por Jay Cocks, Steven Zaillian e Kenneth Lonergan. Foi nomeada a dez premios Oscar da Academia incluíndo mellor película e mellor director, aínda que non gañou ningún.
Eagle Woman That All Look At (en lakota: Waŋblí Ayútepiwiŋ, tamén coñecida como Matilda Picotte Galpin) nada no ano 1820 e finada o 18 de decembro de 1888, foi unha activista, líder, diplomática, comerciante e intérprete lakota, principalmente coñecida polos seus esforzos de mediación nos conflitos entre os colonos brancos, o goberno dos Estados Unidos de América e os síux. Foi recoñecida tamén como a única muller xefa entre os síux.A intervención diplomática de Eagle Woman tiña como obxectivo acadar a paz. Porén, tralas recolocacións en reservas tratou de convencer os síux para adaptarse á nova era.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
A cenoria (Daucus carota', L., subespecie sativus) , é unha planta pertencente á familia das umbelíferas, tamén denominadas apiáceas. É a hortaliza máis importante e de maior consumo das pertencentes a devandita familia. É a forma domesticada da cenoria silvestre Daucus carota, oriúnda de Europa e Asia sudoccidental.
Xaneiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xaneiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou filosofía e letras en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial.
WikiLeaks (WikiFiltracións ou WikiFugas en inglés) é unha organización mediática internacional sen ánimo de lucro que publica a través do seu sitio web informes anónimos e documentos filtrados con contido sensíbel en materia de interese público, preservando o anonimato das súas fontes. O lanzamento da páxina web realizouse en decembro de 2006, e a súa actividade comezou en xullo de 2007 e desde esta data a súa base de datos creceu constantemente até acumular 1,2 millóns de documentos. Está xestionado por The Sunshine Press.