Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Capitolio é o edificio que serve como sede do poder lexislativo dos Estados Unidos de América, a Cámara de Representantes (House of representatives, en inglés) e o Senado. A construción do edificio comezou en 1793 e completouse en 1811. Está localizado en Washington, D.C., a capital do país, e é unha das súas principais atraccións.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Doc - Nelle tue mani é unha serie de televisión italiana emitiada por Rai 1 dende o 26 de marzo de 2020, dirixida por Jan Maria Michelini e Ciro Visco. A serie baséase na historia real do xefe de servizo hospitalario Pierdante Piccioni quen, ao espertar dun coma producido por un accidente de tránsito ocorrido o 31 de maio de 2013 que lle causou feridas cerebrais, perdeu 12 anos de memoria . Rodáronse 8 episodios dos 16 previstos, debido á difusión da enfermidade do coronavirus 2019 que interrompeu temporalmente a rodaxe , e a final vaise emitir polo que se prevé en outono.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Archers of Loaf é unha banda estadounidense de indie rock formada en Chapel Hill, Carolina do Norte no ano 1991. O grupo xirou extensamente e publicou catro álbums de estudio, un recompilatorio, varios sinxelos e EPs, e un álbum ao vivo que foi lanzado despois de que a banda se separase en 1998. No ano 2011 a banda comezou unha xira de reunión que coincidiu coa reedición dos seus álbums a través do selo Merge Records.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 170.259 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
A gravidade (do latín gravitas), tamén denominada interacción gravitatoria o gravitación, é un fenómeno natural polo cal os obxectos con masa ou enerxía son atraídos entre sí, efecto maiormente observable na interacción entre os planetas, estrelas, galaxias e demais obxectos do universo, incluída a luz. É unha das catro interaccións fundamentais que orixina a aceleración que experimenta un corpo físico nas proximidades dun obxecto astronómico. A gravidade é a responsable de moitas das estruturas a gran escala do universo, como a formación de estrelas a partir da atracción gravitatoria de masas gasosas, ou a agrupación destas en galaxias e cúmulos.
Claudia Roden (Claudia Douek de solteira), nada en 1936 no Cairo, é unha escritora de libros de cociña e e antropóloga cultural británica.É coñecida como autora de libros de cociña do Oriente Medio, entre eles A Book of Middle Eastern Food, The New Book of Middle Eastern Food e Arabesque—Sumptuous Food from Morocco, Turkey and Lebanon.
O roscón ou pan de ovo é un bolo de pan doce en forma de rosca (aínda que tamén pode ser en forma de barra ou trenza) feito con ovos, leite, fariña, manteiga e azucre, típico dos xantares de domingo e das festas de Galicia, especialmente por Pascua e Reis (tradicionalmente tamén pola matanza e as vodas). Tamén é típico nalgunhas zonas de España (e por influencia Hispanoamérica), Portugal, Francia e Bélxica, especialmente o día de Reis. O roscón orixinal tería sido un simple biscoito (tipo bica) en forma de rosca.
O RMS Carpathia (Royal Mail Steamship Carpathia) foi un transatlántico británico da compañía navieira Cunard Line que foi construído nos estaleiros de Swan Hunter & Wigham Richardson. A súa construción foi iniciada en setembro de 1901, foi botado ao mar en agosto de 1902 e realizou a súa viaxe inaugural en maio de 1903. O Carpathia foi deseñado para transportar inmigrantes do leste europeo e persoas de clase media, ofrecendo un confort maior que o doutros buques da época.
Marcus Aurelius Commodus Antoninus, máis vulgarmente chamado Cómodo (31 de agosto, 161, Lanuvio - 31 de decembro, 192, Roma) foi un Emperador Romano que gobernou de 180 a 192. Era fillo de Marco Aurelio e de Faustina a Nova e foi o primeiro emperador, nunha serie de cinco, en ascender ao poder por lazos de sangue e non por adopción. A Cómodo sorprendeuno a morte do seu pai mentres completaba a submisión dos cuados.
Bartholomew JoJo "Bart" Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. Bart é un neno de 10 anos, o primoxénito da familia caracterizado por ter un mal comportamento e un baixo rendemento escolar, sendo totalmente oposto á súa irmá Lisa. Idolatra o televisivo pallaso Krusty, ten por amigo fiel a Milhouse e por mascota un can chamado "Santa's Little Helper".
Escola de Arte de Saint Martin
A Escola de Arte de Saint Martin (en inglés Saint Martin's School of Art) foi unha escola de arte de Londres (Reino Unido). Fundada en 1854, nun principio dependente da igrexa de St Martin-in-the-Fields. En 1986 formou parte da Universidade das Artes de Londres.En 1989 fusionouse coa Escola Central de Arte e Diseño para formar o Central Saint Martins College of Arte and Design.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Shin Chan: A bomba das cachas ritmombantes
Shin Chan: A bomba das cachas ritmombantes (クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ 歌うケツだけ爆弾!, Kureyon Shinchan: Arashi o Yobu: Utau Ketsudake Bakudan!) é un filme xaponés de 2007 dirixido por Yūji Mutō.
Adestradores do Deportivo da Coruña
O Deportivo da Coruña tivo 73 adestradores na súa historia desde que foi creada a liga española. O actual adestrador é Fernando Vázquez.
O permiso, licenza ou carné de conducir é un documento que acredita unha autorización administrativa que permite ó seu posuidor o manexo de vehículos pola vía pública. Calquera condutor deberá estar en posesión do permiso e levalo consigo cando conduza, aínda que tamén é válido levar unha fotocopia do orixinal debidamente compulsada, estando obrigado a exhibilo ante a autoridade ou os seus axentes cando así o soliciten. Circular sen esta autorización, dará lugar á inmobilización do vehículo manexado e a unha denuncia por parte do Axente.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Homer Jay Simpson é un dos personaxes principais da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons e pai da familia epónima. Dan Castellaneta é o encargado de proporcionarlle a voz e apareceu por vez primeira na televisión, xunta o resto da súa familia, na curtametraxe de The Tracey Ullman Show titulado "Good Night" o 19 de abril de 1987.
The Peanuts Movie (tamén coñecido nalgúns países como Snoopy and Charlie Brown: A Peanuts Movie) é un filme estadounidense de animación de 2015 dirixido por Steve Martino. Está baseado na historieta de banda deseñada Peanuts, creada por Charles M. Schulz. Foi producido por Blue Sky Studios e distribuído por 20th Century Fox.
Donald John Trump (pronunciado en inglés: [ˈdɒnəld d͡ʒɒn trʌmp]), nado en Nova York o 14 de xuño de 1946, é un executivo, empresario, político e escritor, elixido presidente dos Estados Unidos de América no 2016. Desde o 20 de xaneiro de 2017 é o presidente dos Estados Unidos de América. É o fundador da empresa Trump Entertainment Resorts.
Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador español, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o remate do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973. Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista.
Boulogne-sur-Mer (en picardo Boulonne) é un concello francés, subprefectura do departamento do Paso de Calais na rexión dos Altos de Francia. Con 40 874 habitantes intramuros en 2017 constitúe a segunda localidade por poboación do departamento logo de Calais e a primeira pola súa densidade de poboación. Ademais é o centro dunha aglomeración de 132 000 habitantes que é a 61º área urbana de Francia.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Concurso de Miss Vaca Galicia (Luar)
Miss Vaca Galicia é un certame organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006.
Fernando Gabriel Cáceres, chamado o Negro, ou o Negro Cáceres, nado en San Isidro (Buenos Aires) o 7 de febreiro de 1969, é un ex-futbolista arxentino, que xogou no Celta de Vigo. A súa posición era de defensa. Pasou por varios equipos na Primeira división arxentina e na Liga española na súa carreira, e tamén formou parte da selección do seu país.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Francisco Jiménez de Cisneros ou Ximénez de Cisneros, cuxo nome de pila era Gonzalo, máis coñecido como o cardeal Cisneros, nado en Torrelaguna no 1436 e finado en Roa o 8 de novembro de 1517, foi cardeal, arcebispo de Toledo, primado de España e terceiro inquisidor xeneral de Castela, pertencente á Orde Franciscana (O.F.M. Obs.). Tamén gobernou a coroa de Castela en dúas ocasións por incapacidade da raíña Xoana. Entre 1506 e 1507 presidiu o Consello de Rexencia que asumiu o goberno castelán trala morte do rei Filipe o Fermoso en espera da chegada de Fernando o Católico.
Este artigo trata sobre o barrio do Cairo. Para o equipo de fútbol, véxase Zamalek Sporting Club. Zamalek (en árabe exipcio, الزمالك, AFI: [ez.zæˈmæːlek]), termo que procede orixinariamente do turco üzümlük, que significa "viñedo)" é un acomodado barrio do oeste do Cairo, Exipto, que ocupa a parte norte da illa Gezira no río Nilo.
Eduardo Barreiros, o Henry Ford español
Eduardo Barreiros, o Henry Ford español é un telefilme (película para a televisión ou TV Movie na xerga do cine) producida por Continental Producciones e Salero Films, coa participación de TVG, Canal Sur, Telemadrid, Canal 9 e Euskal Telebista. Rodada en Galicia, dirixida por Simón Casal e protagonizada por Manu Regueiro, Julio Pereira e María Tasende, contou co asesoramento e a cesión de imaxes da Fundación Eduardo Barreiros. Céntrase na figura do que chegou a ser un dos seis empresarios máis importantes de Europa nos anos 1960 construíndo o imperio industrial de Barreiros, que comezou coa xenial idea de converter os motores de gasolina de camións e autobuses en motores diésel (de gasóleo).
Denomínase parafuso a un elemento ou operador mecánico cilíndrico dotado de cabeza, xeralmente metálico, aínda que pode ser de madeira ou plástico, utilizado na fixación dunhas pezas con outras, que está dotado dunha cana roscada con rosca triangular que, por medio dunha forza de torsión exercida na súa cabeza cunha chave axeitada ou cun desaparafusador, pódese introducir nun burato roscado á súa medida ou atravesar as pezas e acoplarse a unha porca.O parafuso deriva directamente da máquina simple coñecida coma plano inclinado e sempre traballa asociado a un orificio roscado. Os parafusos permiten que as pezas suxeitas cos mesmos poidan ser desmontadas cando a ocasión o requira.
Franz Peter Schubert, nado en Viena o 31 de xaneiro de 1797 e finado na mesma cidade o 19 de novembro de 1828, foi un compositor austríaco, un dos continuadores do romanticismo musical iniciado por Beethoven. Gran compositor tanto de lieder (breves composicións para voz e piano) como de música de cámara e mesmo orquestal. Foi un dos principais músicos austríacos de comezos do século XIX. Foi o único nado na que era capital musical de Europa nos séculos XVIII e XIX: Viena.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Peanuts é unha historieta de banda deseñada diaria e dominical estadounidense escrita e ilustrada por Charles M. Schulz que se publicou dende o 2 de outubro de 1950 até o 13 de febreiro de 2000. Peanuts é unha das historietas de banda deseñada máis populares e influentes da historia, con 17 897 tiras publicadas en total, o que o converte na "historia máis longa xamais contada por un único ser humano". No momento da morte de Schulz no ano 2000, Peanuts imprimíase en 2 600 xornais, con arredor de 355 millóns de lectores en 75 países, e foi traducido a 21 linguas.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.
O dólar de Trinidad e Tobago (código ISO 4217 TTD) é a unidade monetaria oficial do Estado caribeño de Trinidad e Tobago, subdividida en 100 cents. O seu símbolo monetario é $ e, asemade, TT$, para o distinguir doutras moedas de denominación semellante. O actual dólar de Trinidad e Tobago instituíuse en 1964, dous anos despois da independencia do país, e ten os seus antecedentes nos extintos dólar de Trinidad e dólar de Tobago.
Un sequeiro é polo xeral calquera lugar onde se pon a secar leña, castañas, pezas de cerámica etc. Na arquitectura popular, son construcións primitivas propias das serras das provincias galegas de Lugo e Ourense, co fin de almacenar e secar a castaña. Constan de dous andares, a planta terrea, onde adoita ir o lume, e o sobrado, onde fican as castañas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Gladiator é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que foi estreado no ano 2000. Pertence ó xénero cinematográfico peplum, ou filmes de romanos. Está protagonizado por Russell Crowe, Joaquin Phoenix, Connie Nielsen, Ralf Möller, Oliver Reed, Djimon Hounsou, Derek Jacobi, John Shrapnel e Richard Harris.
O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo Compostelán, é unha celebración católica que ten lugar en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto acontece cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século haxa catorce Xacobeos.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Hidden Figures é un filme biográfico estadounidense de 2016 dirixido por Theodore Melfi e escrito por Melfi e Allison Schroeder. Está baseado no libro de non ficción do mesmo nome de Margot Le Shetterly. Taraji P. Henson no papel de Katherine Johnson é unha matemática afroamericana que calculou as traxectorias de voo do proxecto Mercury e o voo á Lúa do Apolo 11 (1969).
Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e falecido o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da R. S. S. F. de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924. Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887.
Joseph Robinette "Joe" Biden, Jr, nado o 20 de novembro de 1942, é un avogado e político estadounidense, e presidente electo dos Estados Unidos de América. Logo de gañar ao actual presidente Donald Trump nas eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2020, será investido como 46º presidente do país o 20 de xaneiro de 2021. Membro do Partido Demócrata, Biden foi vicepresidente dende 2009 a 2017 e senador por Delaware dende 1973 a 2009.
A Operación Barbarossa (alemán: Unternehmen Barbarossa) foi o nome en código da invasión da Unión Soviética por parte das potencias do Eixe, que comezou o domingo 22 de xuño de 1941 durante a segunda guerra mundial. A operación puxo en acción o obxectivo ideolóxico da Alemaña nazi de conquistar o oeste da Unión Soviética e repoboalo con alemáns. O Generalplan Ost alemán tiña como obxectivo o uso de man de obra esclava para o esforzo de guerra do Eixe mentres adquía as reservas de petróleo do Caucaso e os recursos agrícolas de varios territorios da Unión Soviética.
O transporte axoplásmico, tamén chamado transporte axonal, é un proceso de transporte celular responsable de mover mitocondrias, lípidos, vesículas sinápticas, proteínas, e outros compoñentes celulares desde ou ata o corpo celular das neuronas a través da porción de citoplasma contida no seu axón (denominada axoplasma). Os axóns das neuronas poden ter 1.000 ou 10.000 veces a lonxitude do corpo celular e inicialmente o que se cría era que non contiñan ribosomas, polo que non podían producir as proteínas que precisaban, e dependían do transporte axoplásmico para recibir todas as proteínas necesarias procedentes do corpo celular. Non obstante, máis recentemente demostrouse que nos axóns tamén hai un certo grao de tradución de ARNm, polo que alí poderían producirse proteínas.