Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Colin Luther Powell, nado en Harlem (Nova York) o 5 de abril de 1937, e finado en Bethseda (Maryland) o 18 de outubro de 2021, foi un político, diplomático e xeneral estadounidense que foi o 65º secretario de Estado dos Estados Unidos de América, equivalente ao ministerio de exteriores daquel país, entre 2001 e 2005. Powell foi o primeiro secretario de Estado afroamericano. Antes da elección de Barack Obama como presidente en 2008, Powell e a súa sucesora, Condoleezza Rice, eran os afroamericanos que chegaran a un escalafón maior na historia do poder executivo a nivel federal, xa que o secretario de Estado é o cuarto na liña de sucesión presidencial nos Estados Unidos.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Referendo de autonomía de Galicia de 1936
O referendo de autonomía de Galicia de 1936 celebrouse o 28 de xuño, no que votou o 74,56% do censo electoral (1 343 135 electores inscritos), cunha alta participación para a época. Dos 1 000 963 votos emitidos, 993 351 foron a prol (o 99,24%), 6 161 en contra e 1 451 en branco.
Sully (tamén coñecido como Sully: Miracle on the Hudson) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Clint Eastwood e escrito por Todd Komarnicki, baseado na autobiografía Highest Duty de Chesley "Sully" Sullenberger e Jeffrey Zaslow. Tom Hanks interpreta a Sullenberger, xunto con Aaron Eckhart, Laura Linney, Anna Gunn, Autumn Reeser, Holt McCallany, Jamey Sheridan e Jerry Ferrara nos papeis secundarios. O filme conta a historia real da aterraxe de emerxencia que realizou Sullenberger en xaneiro de 2009 sobre o río Hudson, na cal os 155 pasaxeiros e os membros da tripulación sobreviviron só con feridas leves.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
Outubro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de outubro, ou outono, na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Outros nomes populares do mes de outubro son os de San Lucas e o de mes do rosario .
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 176.968 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Squid Game (en coreano: 오징어게임; Ojingeo Geim) é unha serie de televisión surcoreana de 2021 escrita e dirixida por Hwang Dong-hyuk. A serie, composta de nove episodios, está protagonizada por Lee Jung-jae, Park Hae-soo e Wi Ha-joon, e conta a historia dun grupo de persoas que arriscan as súas vidas nun misterioso xogo de supervivencia cun premio de 45,6 billóns de wons. Estreouse internacionalmente o 17 de setembro de 2021 a través de Netflix.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Campionato de Galicia de fútbol
O Campionato de Galicia foi a máxima competición regular de fútbol do país durante as primeiras décadas do século XX. O seu precursor foi o Campionato de Galicia non oficial organizado polo Vigo Foot-ball Club entre 1905 e 1912. A partir de 1913, a Federación Galega de Fútbol comezou a organizar o campionato galego de xeito oficial. Dende a segunda edición oficial, o torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España, de manera semellante aos outros campionatos territoriais do resto do estado.
Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental. Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración. Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira.
Flavius Petrus Sabbatius Iustinianus ou Xustiniano I, nado o 11 de maio de 483 e finado o 13/14 de novembro de 565, foi emperador de Oriente desde o 1 de agosto de 527 ata a súa morte. Un dos principais gobernantes do Imperio Bizantino, destaca especialmente pola súa reforma e compilación de leis e pola expansión militar do territorio imperial que tivo lugar baixo o seu reinado, sobre todo grazas ás campañas de Belisario. Tamén é coñecido como "O último emperador romano".
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Constitución dos Estados Unidos de América
A Constitución dos Estados Unidos é a lei suprema dos Estados Unidos de América. Foi adoptada na súa forma orixinal o 17 de setembro de 1787 pola Convención Constitucional de Filadelfia, Pensilvania e logo ratificada polo pobo en convencións en cada estado no nome de "Nós o Pobo" (We the People) A Constitución ten un lugar central no Dereito e a cultura política estadounidense. É a segunda constitución máis antiga do mundo que se atopa en vixencia (logo da de San Marino).
Estatuto de autonomía de Galicia de 1936
O Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 foi un estatuto de autonomía, apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño, pero que non chegou a ser aprobado en Cortes, e tan só foi admitido a trámite, por mor da guerra civil española e tamén debido a que Galicia foi territorio en poder dos sublevados dende o inicio da contenda. O proceso autonómico galego foi protagonizado nun primeiro momento polos republicanos da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), entre eles os nacionalistas Villar Ponte e Lois Peña Novo . A ORGA foi sempre maioritaria nas comisións redactoras, nas Asembleas etc.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
En bioloxía, o sexo é un proceso de combinación e mestura de trazos xenéticos a miúdo dando por resultado a especialización de organismos en variedades feminina e masculina (coñecidas como sexos). A reprodución sexual implica a combinación de células especializadas chamadas gametos para formar fillos que herdan o material xenético, e polo tanto os trazos e natureza de ambos pais. Os gametos poden ser idénticos en forma e función (isogametos), pero nalgúns casos evolucionaron cara a unha asimetría de tal xeito que hai dous tipos de gametos específicos por sexo (heterogametos): os gametos masculinos son pequenos, móbiles, e optimizados para o transporte da súa información xenética a certa distancia; mentres que os gametos femininos son grandes, non móbiles e conteñen os nutrientes precisos para o desenvolvemento do novo organismo.
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
Concepción López Piquer, máis coñecida como Concha Piquer, nada en Valencia o 8 de decembro de 1906 e falecida en Madrid o 12 de decembro de 1990, foi unha cantante e actriz española, unha das figuras máis sobranceiras da copla. Interpretou diversas composicións clave da canción española, case todas elas obra de Quintero, León e Quiroga, como Ojos verdes, Tatuaje, Y sin embargo te quiero ou Suspiros de España, entre outras.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
2021 (MMXXI) é o ano actual do calendario gregoriano comezado en venres. En 2021 espérase que se celebren eventos orixinariamente previstos para 2020 incluídos o Festival de Eurovisión, a Eurocopa de Fútbol, os Xogos Olímpicos e a Expo 2020, que foron pospostos ou cancelados debido á pandemia da COVID-19.As Nacións Unidas declararon o 2021 como Ano Internacional da Paz e da Confianza, Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sustentable, Ano Internacional das Froitas e as Verduras, e Ano Internacional para a Eliminación do Traballo Infantil.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal. Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Os camiños da vida é unha novela de Ramón Otero Pedrayo publicada en 1928 pola Editorial Nós en tres volumes independentes. A editorial Galaxia editouna xa nun único tomo no ano 1978 como terceiro volume da súa Obra Selecta e en 1990 na colección Narrativa, cun estudo introdutorio de Ramón Mariño Paz, que vai pola 15ª edición.
Arnaldo Otegi Mondragon, nado en Elgoibar o 6 de xullo de 1958, é un político vasco de ideoloxía marxista e independentista vasca. Foi voceiro de Batasuna e parlamentario vasco de Herri Batasuna e Euskal Herritarrok, as tres declaradas ilegais en España en 2003 por ser consideradas baixo tutela de Euskadi Ta Askatasuna. Foi tamén militante da desaparecida organización armada ETA político-militar.Foi condenado a seis anos e medio de cárcere por pertenza a organización terrorista no chamado «caso Bateragune».
Alfredo Pérez Rubalcaba, nado o 28 de xullo de 1951 en Solares e finado en Majadahonda o 10 de maio de 2019, foi un político cántabro pertencente ó Partido Socialista Obrero Español. É Doutor en Ciencias Químicas e foi profesor universitario na Universidade Complutense. Foi Ministro de Educación e Ciencia (1992 - 1993) e Ministro da Presidencia (1993 - 1996).
La Palma, cuxo nome histórico é San Miguel de La Palma, é unha illa española que forma parte do arquipélago de Canarias, situado no océano Atlántico fronte ás costas africanas. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife e a capital da illa é Santa Cruz de la Palma. Desde 2002, La Palma é Reserva da Biosfera.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Alex Frank Stivrins (en letón: Alekss Frenks Stivriņš), nado o 29 de novembro de 1962 en Lincoln, Nebrasca, é un exxogador profesional de baloncesto estadounidense de orixe letoa. Formado nas Universidades de Creighton e Colorado, cunha altura de 2,04 metros xogaba nas posicións de ala-pivote e pivote.
Carmen Mola é o pseudónimo co que os escritores Jorge Díaz Cortés, Agustín Martínez e Antonio Santos Mercero publicaron varias novelas. Segundo a biografía ficticia que atribuían a Mola, era a dunha escritora española de novela negra e profesora universitaria . A prensa chámaa «a Elena Ferrante española».A identidade verdadeira dos autores coñeceuse en outubro de 2021, durante a entrega dos Premios Planeta.Nunha entrevista a suposta Mola daba as súas razóns de por que se ocultaba detrás dun pseudónimo: Citaba a Pierre Lemaitre, Fred Vargas, Benjamin Black, Alicia Giménez Bartlett ou Víctor del Árbol como influencias e defendía ao seu protagonista, un personaxe con poder cheo de todo tipo de tópicos.
Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a segunda cidade máis grande de España. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A cosmética é unha área da ciencia farmacéutica e das ciencias químicas e bioquímicas dedicada á pescuda, desenvolvemento, elaboración, produción, comercialización e aplicación de produtos cosméticos. Estuda os recursos de tratamento e embelecemento natural baseado no uso de produtos e sustancias denominados xenericamente como cosméticos de aplicación externa e superficial.
Samia Yusuf Omar ou Samiyo Omar (en somalí: Saamiya Yuusuf Cumar; en árabe: سامية يوسف عمر), nada en Mogadixo o 25 de marzo de 1991 e finada no mar Mediterráneo o 2 de abril de 2012, foi unha atleta somalí especialista en probas de velocidade. Foi un dos dous atletas somalís que competiron polo seu país nos Xogos Olímpicos de 2008 en Pequín, na China. Omar medrou en Mogadixo, e adestrou alí durante a Guerra Civil Somalí malia recibir o acoso de grupos da milicia local.
As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Son "seres obrigados por oculta forza sobrenatural a vivir en certo estado de sitio como limitados ou adormecidos, en canto determinada circunstancia non lles rompa o encantamento". Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.
O termo vehículo deportivo utilitario (en inglés SUV, de sport utility vehicle) designa a aqueles vehículos semellantes aos vehículos familiares pero cun chasis máis lixeiro e normalmente equipado con tracción ás catro rodas coa pretensión de ser utilizado nalgunha medida como vehículo todo terreo, a súa orixe está nos vehículos militares tales como os jeeps e os Land Rover. Foi un vehículo popular na década de 1990 e 2000 nos Estados Unidos, Canadá e Australia e en menor medida en Europa. Desde aquela declinou polo aumento do prezo do combustible e a crise económica substituído polo crossover que conta ademais cunha mellor eficiencia no consumo de combustible.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Denomínase legume (do latín legumen) a un tipo de froito seco, tamén chamado comunmente vaíña, vaxa ou bagullo. Así mesmo reciben tal nome as sementes comestibles que crecen e maduran dentro deste froito e as plantas que as producen. Os legumes constitúen un grupo de alimentos moi homoxéneo, formado polos froitos secos das leguminosas, sendo dehiscentes, desenvolvidos a partir do xineceo, dun só carpelo e que se abre tanto pola sutura ventral como polo nervio dorsal, en dúas valvas e coas sementes nunha fileira ventral.
Donetsk é unha cidade de Ucraína, no extremo sueste do país, cabeceira da rexión minero-metelúrxica e industrial de Donbass, unha das maiores de Europa, aínda que coma case todas deste tipo, en forte recesión. A poboación da cidade segundo ó censo do 2001 era de 1 016 194. A orixe de Donetsk ten sido xustamente unha planta metalúrxica establecida no lugar polo británico John Hughes en 1869.
Aquí no hay quien viva é unha serie de televisión española de ficción baseada no humor, emitida en Antena 3 desde o 7 de setembro de 2003 ata o 6 de xullo de 2006. Narra a vida dunha peculiar comunidade de veciños de «Desengaño 21»: tres pisos, dúas casas por piso, unha portería e un local contiguo. A serie foi creada por Alberto e Laura, sobriños de José Luis Rodríguez Moreno, produtor da serie.
Para o buque oceanográfico homónimo, véxase B/O Lura. A lura (Loligo vulgaris), tamén chamada lula nalgunhas partes de Galicia, e tamén lura común, é, para moitos autores, un molusco cefalópodo coleoideo da superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos e familia dos lolixínidos. Porén, outros autores sitúana na orde dos miópsidos.
Erupción volcánica de La Palma de 2021
A erupción volcánica de La Palma de 2021 iniciouse ás 14:12 (UTC) do 19 de setembro de 2021 na zona de Las Manchas, na illa de La Palma en Canarias (España). Trátase da última erupción da illa logo da erupción de Teneguía de 1971 e a última producida no arquipélago canario dende a erupción submarina de El Hierro de 2011.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Os biosbardos son unha figura mitolóxica existente en Galicia coa que se adoita gastar bromas aos non iniciados na caza. Adoita falarse deles coma paxaros ou mozos de gran beleza que ninguén sabe describir e que quen consegue cazalos ten despois moita sorte na vida, a condición de que non llos ensine a ninguén.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".