Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Squid Game (en coreano: 오징어게임; Ojingeo Geim) é unha serie de televisión surcoreana de 2021 escrita e dirixida por Hwang Dong-hyuk. A serie, composta de nove episodios, está protagonizada por Lee Jung-jae, Park Hae-soo e Wi Ha-joon, e conta a historia dun grupo de persoas que arriscan as súas vidas nun misterioso xogo de supervivencia cun premio de 45,6 billóns de wons. Estreouse internacionalmente o 17 de setembro de 2021 a través de Netflix.
Samantha Karen Fox, nada en Londres o 15 de abril de 1966 é unha cantante, compositora, actriz e antiga modelo de glamour británica. En 1983, aos dezaseis anos, comezou a aparecer como modelo en topless na páxina 3 do xornal británico The Sun e continuou como moza da páxina ata 1986. Durante este tempo, Fox converteuse na rapaza máis popular da súa época, así como nunha das mulleres británicas máis fotografadas dos anos oitenta.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 176.798 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
22D foi o nome dun prototipo de mísil terra-aire supersónico desenvolto pola Unión Soviética, construído por Lyulev e probado en 1963. Tivo como precedente ó 17D e 18D, pero a diferenza destes a propulsión principal non estaba baseada en propelente sólido, senón que usaba motores ramjet de propelente líquido e usaba tres etapas en lugar de dúas. O mísil era acelerado en primeiro lugar por dous foguetes propulsores adicionais de propelente sólido (un a cada lado do corpo principal) para alcanzar a velocidade necesaria para facer funcionar os motores ramjet, despois do cal eran exectados.
Dinís de Portugal, nado o 9 de outubro de 1261 en Lisboa e finado o 7 de xaneiro de 1325 en Santarém, foi rei de Portugal, fillo de Afonso III e da súa segunda esposa, Beatriz de Castela, sendo, por tanto, neto de Afonso X o Sabio. Sucedeu o seu pai no trono de Portugal en 1279. Intitulábase nos diplomas que outorgou durante o seu reinado como Dom Denis, pella graça de Deus, Rei de Purtugal e do Algarue, e así consta no foro (carta de poboamento) concedido a Rebordãos o 18 de maio de 1285, así como noutros documentos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
WordPress é un sistema de xestión de contido orientado inicialmente á creación de bitácoras, ou blogues/blogs, (sitios web actualizados periodicamente e con orde cronolóxica descendente). Está estruturado en PHP, usa como xestor de base de datos MySQL, baixo licenza GPL, e foi fundado por Matt Mullenweg.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
César Carballo Cardona, nado en Madrid, é un médico e emerxenciólogo español, axudante do servizo de emerxencias do Hospital Universitario Ramón y Cajal e vicepresidente da Sociedade Española de Medicina de Emerxencias e Emerxencias (SEMES) de Madrid. Colaborador prolífico en programas de televisión desde o inicio da pandemia de COVID-19 en España, foi chamado polo Huffington Post e 20minutos un dos especialistas médicos con máis repercusión nos medios da crise.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Ortiga, estruga ou herba do cego (Urtica sp.) é o nome común de varias plantas herbáceas da familia das urticáceas, de talo ergueito e flores verdosas en espiga. Caracterízase polos pelos que cobren as súas follas e que liberan unha substancia que produce proído e inflamación en contacto coa pel. Considérase herba ruín, con todo, é unha das plantas que máis aplicacións medicinais posúen.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Mera é unha vila costeira do norte do concello de Oleiros que se estende polos límites entre as parroquias de Serantes e Maianca. A súa situación na ría da Coruña convértea nun destino turístico moi frecuentado no verán. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 506 habitantes (245 homes e 261 mulleres).
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Afonso X, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.Á morte de seu pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir. Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.
Un idioma (do latín idiōma, e do grego ἰδίωμα, 'peculiaridade, idiosincrasia, propiedade') é un sistema de comunicación verbal ou xestual propio dunha comunidade humana. Na práctica, os idiomas son un conxunto de sistemas moi similares entre si, chamados dialectos ou máis propiamente variedades lingüísticas, mutuamente intelixibles. A determinación de se dúas desas variedades son parte ou non do mesmo idioma é máis unha cuestión socio-política que lingüística.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal. Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín
Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín, nado en Castroverde e finado na Veiga (Asturias) en abril de 1924, foi un médico galego.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
La Palma, cuxo nome histórico é San Miguel de La Palma, é unha illa española que forma parte do arquipélago de Canarias, situado no océano Atlántico fronte ás costas africanas. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife e a capital da illa é Santa Cruz de la Palma. Desde 2002, La Palma é Reserva da Biosfera.
As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Son "seres obrigados por oculta forza sobrenatural a vivir en certo estado de sitio como limitados ou adormecidos, en canto determinada circunstancia non lles rompa o encantamento". Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.
Alexander Boris de Pfeffel Johnson, nado en Nova York o 19 de xuño de 1964 é un político, historiador e xornalista británico que é o actual primeiro ministro do Reino Unido dende 2019.Anteriormente foi alcalde de Londres de 2008 a 2016. Tamén é Membro do Parlamento (MP) por Uxbridge e South Ruislip dende 2015. É o líder do Partido Conservador e considérase a si mesmo conservador One-Nation e foi descrito como libertario por mor da súa asociación co liberalismo económico e co liberalismo social.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
María Teresa Fernández de la Vega
María Teresa Fernández de la Vega Sanz, nada en Valencia o 15 de xuño de 1949, é unha política española, membro do Consello de Estado.
María Belén Rueda García-Porrero, máis coñecida como Belén Rueda, nada en Madrid o 16 de marzo de 1965, é unha actriz e presentadora de televisión española. Logo dunha extensa carreira televisiva en series e programas durante máis de dez anos, Belén Rueda debutou no cine en 2004 con Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar, protagonizou El orfanato en 2007 e Los ojos de Julia en 2010. Nela compartiu repartición con actores como Javier Bardem ou Lola Dueñas e gañou ademais o premio como mellor actriz revelación na XIX edición dos Premios Goya.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Manuel López Mosquera (O Pino)
Manuel López Mosquera, nado en Arca (O Pino) cara a 1881 e finado en Guadalaxara (México) o 11 de novembro de 1966, foi un avogado e político galego.
A cova de Altamira é unha gruta de España, famosa polas súas pinturas rupestres da época do Paleolítico superior, nas que aparecen representados mamíferos salvaxes, mans humanas e signos abstractos. A cova está situada preto de Santillana del Mar, en Cantabria, a 30 km ao oeste da cidade de Santander. A caverna foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO no ano 1985.
As Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. Está formada por oito illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote e La Graciosa, que forman a provincia das Palmas. Tamén forman parte das Canarias os illotes deshabitados de Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, que forman xunto coa illa de La Graciosa o Arquipélago Chinijo, e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.