Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Garbiñe Muguruza Blanco, nada en Guatire (Venezuela) o 8 de outubro de 1993, é unha tenista profesional hispanovenezolana que ten a dobre nacionalidade. Por decisión persoal decidiu representar a España nos torneos da WTA e na Copa Federación de Tenis da ITF. É a actual número 1 da clasificación mundial da WTA dende o 11 de setembro de 2017 nesta data por primeira vez na historia os números un do tenis mundial son españois, ó coincidir o reinado de Garbiñe co do balear Rafa Nadal. O 4 de xuño de 2016 proclamouse campioa de Roland Garros, primeiro Grand Slam da súa carreira, logo de vencer na final a Serena Williams, número un do mundo, situándose na segunda posición da clasificación da WTA. A súa mellor clasificación ata o momento era o posto número 3, acadado en outubro de 2015 cando chegou á final do Campionato de Wimbledon, final que perdeu precisamente contra Serena Williams, no ano 2017 acada o título británico ó derrotar a Venus Williams por 7-6 e 6-0 na final, facéndose con seu segundo Grand Slam.
Nicole Denise Cucco, nada en Rosario (Santa Fe) o 25 de agosto de 2000, é unha cantante e compositora arxentina máis coñecida como Nicki Nicole. En 2019, saltou á fama co sinxelo «Wapo traketero», logrando obter millóns de reproducións en YouTube nun curto período de tempo despois de ser publicado. A canción converteuse nun fenómeno viral, conseguindo ingresar á listaxe Argentina Hot 100 de Billboard.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 177.653 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947, é un xornalista galego.Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe. Foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez, etapa na que escribiu a maioría dos discursos deste.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Alan Mathison Turing, nado en Maida Vale (Londres) o 23 de xuño de 1912 e finado en Wilmslow o 7 de xuño de 1954, foi un matemático inglés, que traballou en campos como a informática teórica, a criptoanálise ou a intelixencia artificial. Proporcionou unha formalización dos conceptos de algoritmo e computación coa chamada máquina de Turing que pode considerarse un modelo de computadora de propósito xeral. É considerado o pai da informática teórica e da intelixencia artificial.
Os canóns do río Sil están situados preto da unión entre o río Sil e o río Miño na zona da Ribeira Sacra. Este espazo natural abrangue unha área de superficie de 5.914 hectáreas nos concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil e está declarado como zona especial de conservación (ZEC).Este tramo fluvial conta con varios encoros e ten un aproveitamento turístico con aloxamentos ou paseos en catamarán nas augas. Nas ladeiras e arredores, nas que poden haber pendentes de ata 50º, atópase os cultivos das vides da D.O. Ribeira Sacra.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Santa Baia de Laias é unha parroquia do concello de Cenlle situada á beira do río Miño, na aba do monte San Trocado e lindando coas parroquias de Razamonde, Eiras, A Barca de Barbantes, e, co río no medio, coas de Puga e Astariz, a uns 16 quilómetros de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 207 habitantes (114 mulleres e 93 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 242 habitantes. O curato é de termo e o padroado laical.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Carlo Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 31 de maio de 1996, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no FC Porto, do Campionato Portugués. É irmán maior dos xemelgos bivitelinos Bruno e Roberto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
María Tarsy Carballas Fernández, nada en Taboada o 2 de xuño de 1934, é unha científica galega, pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada–húmida de España. Vencellada ao CSIC desde 1965, foi Vocal da Comisión da Área de Ciencias Agrarias e da Xunta de Goberno. Desenvolve actividades académicas no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, en Santiago de Compostela.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Roberto Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 8 de maio de 1997, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no Deportivo Liceo, da OK Liga. É irmán xemelgo bivitelino de Bruno di Benedetto e irmán menor de Carlo di Benedetto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
Afonso X, tamén coñecido como Afonso IX, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.Á morte do pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir. Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Asociación de Bibliotecarios da Igrexa en España
A Asociación de Bibliotecarios da Igrexa en España (ABIE) é unha asociación canónica pública de ámbito español, sen ánimo de lucro, creada o 1993 pola Conferencia Episcopal Española, para a defensa, conservación e difusión do patrimonio bibliográfico da Igrexa.
A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.
Bruno Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 8 de maio de 1997, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de defensa no Lleida Llista Blava, da OK Liga. É irmán xemelgo bivitelino de Roberto Di Benedetto e irmán menor de Carlo Di Benedetto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
A Idade Moderna comezou en Galicia a fins do século XV coa súa inclusión definitiva dentro do proceso de construción do estado absolutista español. A partir do que a historiografía ten chamado "doma e castración do reino", o reino de Galicia perdeu iniciativa política e autonomía económica e a súa historia debe ser considerada a partir de entón dentro do marco da española. Nomeouse un Gobernador ou Capitán Xeral, constituíuse a Real Audiencia e designáronse tamén Corrixidores para as principais cidades que, con outras figuras, fixeron posíbel a consolidación dun poder monárquico centralizado.
A primeira cruzada iniciou o complexo fenómeno histórico de campañas militares, peregrinacións armadas e expansión colonial en Oriente Próximo, que convulsionou esta rexión entre os séculos XI e XIII e que é denominado pola historiografía como as cruzadas. Aproveitando a chamada de auxilio do emperador bizantino Aleixo I Comneno, enfrontado cos turcos selxúcidas, o papa Urbano II predicou en 1095 nos diferentes países cristiáns da Europa Occidental a conquista da chamada Terra Santa. Ao intento errado de Pedro o Ermitán, seguiu a mobilización dun exército organizado, inspirado polo ideal da guerra santa e liderado por nobres principalmente provenientes do reino de Francia e do Sacro Imperio Romano Xermánico, que foi nutríndose no seu avance de cabaleiros, soldados e numerosa poboación, até transformarse nun fenómeno de migración masiva.
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola. Recibiu o premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
Fuxan os ventos, chamado ás veces simplemente Fuxan, é un grupo musical galego formado en 1972 en Lugo no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Dinís de Portugal, nado o 9 de outubro de 1261 en Lisboa e finado o 7 de xaneiro de 1325 en Santarém, foi rei de Portugal, fillo de Afonso III e da súa segunda esposa, Beatriz de Castela, sendo, por tanto, neto de Afonso X o Sabio. Sucedeu o seu pai no trono de Portugal en 1279. Intitulábase nos diplomas que outorgou durante o seu reinado como Dom Denis, pella graça de Deus, Rei de Purtugal e do Algarue, e así consta no foro (carta de poboamento) concedido a Rebordãos o 18 de maio de 1285, así como noutros documentos.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
Unha árbore froiteira é calquera árbore produtora de froitas; as estruturas formadas polo óvulo maduro dunha flor que contén unha ou máis sementes. Porén, xa que todas as plantas con flores producen froitos, o termo empregado na horticultura designa ás árbores que fornecen froitas coma alimento do ser humano. Esta designación inclúe tamén as árbores que producen núculas (noces), os chamados froitos secos.
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Mujik ou mujique (en ruso Мужик, que significa home) era o nome que se lles daba ós campesiños rusos, en xeral antes de 1917 (ano da revolución soviética), durante a Rusia dos tsares. O termo connota un certo grao de pobreza, posto que ata 1861 os mujiks eran servos. Tralas reformas agrícolas desta data, déronselles parcelas de seu para traballaren, converténdose así en campesiños libres.
O nacionalismo xeorxiano (en xeorxiano: ქართული ნაციონალიზმი) é un movemento político que afirma que os xeorxianos son unha nación e que promove a súa unidade cultural. Ten a súa orixe a mediados do século XIX, cando Xeorxia formaba parte do Imperio Ruso. Durante os períodos de dominio imperial ruso e soviétivo, o nacionalismo xeorxiano estivo máis centrado no eido cultural, mais posteriormente pasou por varias fases, evolucionando cara a un etnocentrismo radical a finais dos anos 80 e comezos da era da independencia postsoviética, e despois a unha forma máis inclusiva e orientada ao nacionalismo cívico a mediados dos anos 2000.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Rocío Wanninkhof Hornos, nada o 9 de novembro de 1979, e finada o 9 de outubro de 1999, foi unha moza adolescente española que foi asasinada na súa vila natal, en Mijas, Málaga, localizada no Costa do Sol. En 2001, en medio da presión popular e o circo dos medios de comunicación (definido en ocasións como un "linchamento público" do acusado), un xuízo con xurado condenou a María Dolores "Loli" Vázquez, de 52 anos, polo asasinato, aínda que non existían probas que a relacionasen co crime. Vázquez era a amante separada da nai de Wanninkhof, Alicia Hornos.
Joanne «Jo» Rowling, nada o 31 de xullo de 1965 en Yate, South Gloucestershire, Reino Unido, máis coñecida polos pseudónimos J. K. Rowling e Robert Galbraith, é a autora da serie de libros de fantasía Harry Potter e a serie de detectives de Cormoran Strike. Os seus libros fixéronse famosos en todo o mundo, gañaron múltiples premios e venderon máis de 400 millóns de copias. As novelas foron a base dunha popular saga de filmes, a cuxos guións Rowling daba a súa aprobación, ademais de manter un control creativo e ser produtora dos filmes.Rowling artellou a idea da serie nunha viaxe en tren de Manchester a Londres en 1990.
Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.
Os Séculos Escuros son un período de decadencia da lingua e literatura galega que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. Caracterízase pola ausencia case total de literatura galega e polo estado de prostración e marxinación social da lingua galega a raíz da imposición do castelán. A lingua propia de Galicia entra nun período de decadencia e perde o seu uso nos rexistros oficiais, e dunha maneira paralela prodúcese unha enorme perda do poder político do Reino de Galicia.
Amor dos quince anos, Marilyn é un libro de cinco relatos de Agustín Fernández Paz, publicado en 1995 na Colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia. A partir da 5.ª edición (2001), cambia para a colección «Fóra de xogo» (a partir de 14 anos), sen ilustracións, coa conseguinte ampliación da franxa etaria do lectorado.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Famelga, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
Famelga é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 60 habitantes (25 homes e 35 mulleres), 6 máis ca en 2007. Neste lugar atópase a capela de San Bartolomeu e Santa Lucía, preto dun cruceiro de 1991.