Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Garbiñe Muguruza Blanco, nada en Guatire (Venezuela) o 8 de outubro de 1993, é unha tenista profesional hispanovenezolana que ten a dobre nacionalidade. Por decisión persoal decidiu representar a España nos torneos da WTA e na Copa Federación de Tenis da ITF. É a actual número 1 da clasificación mundial da WTA dende o 11 de setembro de 2017 nesta data por primeira vez na historia os números un do tenis mundial son españois, ó coincidir o reinado de Garbiñe co do balear Rafa Nadal. O 4 de xuño de 2016 proclamouse campioa de Roland Garros, primeiro Grand Slam da súa carreira, logo de vencer na final a Serena Williams, número un do mundo, situándose na segunda posición da clasificación da WTA. A súa mellor clasificación ata o momento era o posto número 3, acadado en outubro de 2015 cando chegou á final do Campionato de Wimbledon, final que perdeu precisamente contra Serena Williams, no ano 2017 acada o título británico ó derrotar a Venus Williams por 7-6 e 6-0 na final, facéndose con seu segundo Grand Slam.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
António Caetano de Abreu Freire Egas Moniz, nado o 29 de novembro de 1874 na freguesía de Avanca, concello de Estarreja, distrito de Aveiro e finado o 13 de decembro de 1955 na freguesía de São Sebastião da Pedreira, Lisboa, foi un médico psiquiatra e neurocirurxián, ademais de investigador, profesor, político e escritor portugués. Responsábel do desenvolvemento da anxiografía cerebral en 1927, un descubrimento que revolucionou a medicina e a neurocirurxía, permitindo o diagnóstico de tumores cerebrais e o diagnóstico e tratamento do aneurisma cerebral e a malformación arteriovenosa. Foi proposto tres veces para o Premio Nobel por este descubrimento (1928, 1929, 1930).
Rocío Wanninkhof Hornos, nada o 9 de novembro de 1979, e finada o 9 de outubro de 1999, foi unha moza adolescente española que foi asasinada na súa vila natal, en Mijas, Málaga, localizada no Costa do Sol. En 2001, en medio da presión popular e o circo dos medios de comunicación (definido en ocasións como un "linchamento público" do acusado), un xuízo con xurado condenou a María Dolores "Loli" Vázquez, de 52 anos, polo asasinato, aínda que non existían probas que a relacionasen co crime. Vázquez era a amante separada da nai de Wanninkhof, Alicia Hornos.
A ovulación é a saída dun óvulo dun folículo ovárico durante o ciclo menstrual dunha muller ou durante o ciclo estral doutras femias de mamíferos. O óvulo pasa do ovario ás trompas de Falopio, onde poderá ser fecundado. O período de tempo arredor do momento da ovulación chámase fase ovulatoria ou período periovulatorio.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 177.701 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O independentismo assamés é un movemento político cuxo obxectivo é a independencia do estado de Assam do resto da India. Este movemento engloba unha serie de grupos de insurxencia que operan no estado de Assam, rico en petróleo, así como un conflito armado entre a Fronte Unida de Liberación de Assam e o estado indio. O conflito comezou na década de 1970 logo dun aumento da tensión entre o pobo assamés e o goberno indio por suposto abandono, problemas políticos, sociais, culturais, económicos e o aumento dos niveis de inmigración ilegal de Bangladesh.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
O independentismo asirio é un movemento político que busca a independencia do pobo asirio e conseguir o autogoberno nun estado asirio. A convulsa historia do territorio tradicional asirio e das rexións circundantes, así como a creación de estados nacións modernos a partir do anterior Imperio Otomán, levaron á aparición do nacionalismo asirio.A este respecto, o movemento de independencia asirio é un termo que abrangue os esforzos colectivos dos defensores do nacionalismo asirio no contexto do estado-nación moderno. Debido ao xenocidio e á guerra, son unha poboación minoritaria nas súas terras tradicionais, polo que a autonomía política foi inalcanzable debido aos riscos de seguridade, e explica por que existe un movemento pola independencia asiria na actualidade.As áreas que forman a patria asiria son partes do actual norte de Iraq, o sueste de Turquía, o noroeste de Irán e, máis recentemente, o nordeste de Siria.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Un ditongo é un fenómeno fonolóxico que ten lugar cando dúas vogais contiguas forman parte dunha mesma sílaba. En galego hai dous tipos de ditongos, aqueles que están formados por dúas vogais fracas ("i" e "u") e os que están formados por unha vogal forte e unha fraca, sen importar a orde. O ditongo é o fenómeno contrario ao hiato.
Na mecánica clásica, a forza centrífuga é unha forza ficticia que aparece cando se describe o movemento dun corpo nun sistema de referencia en rotación ou, equivalentemente, a forza aparente que percibe un observador non inercial que se encontra nun sistema de referencia xiratorio. O cualificativo de "centrífuga" significa que "foxe do centro". En efecto, un observador non inercial situado sobre unha plataforma xiratoria sente que existe unha "forza" que actúa sobre el, que lle impide permanecer en repouso sobre a plataforma a menos que el mesmo realice outra forza dirixida cara ao eixe de rotación.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Robert Capa foi o pseudónimo de Endre Ernő Friedmann (en húngaro: Friedmann Endre Ernő, nado en Budapest, Hungría o 22 de outubro de 1913 e finado en Thai Binh, Vietnam o 25 de maio de 1954), e de Gerda Taro (pseudónimo a súa vez de Gerta Pohorylle, nada en Stuttgart, Alemaña o 1 de agosto de 1910 e finada en O Escorial, España o 26 de xullo de 1937). Os dous foron parella sentimental e traballaron como correspondentes gráficos de guerra e fotoperiodistas durante o século XX. En 1947, Endre Ernő Friedmann fundou en París, xunto con David "Chim" Seymour, Henri Cartier-Bresson, George Rodger e William Vandivert, a organización Magnum Photos, a primeira axencia de cooperación para fotógrafos independentes de todo o mundo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego
Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego é un telefilme producido por Continental Producciones e Salero Films, coa participación de TVG, Canal Sur, Telemadrid, Canal 9 e Euskal Telebista. Rodado en Galicia, dirixido por Simón Casal e protagonizado por Manu Regueiro, Julio Pereira e María Tasende, contou co asesoramento e a cesión de imaxes da Fundación Eduardo Barreiros. Céntrase na figura do que chegou a ser un dos seis empresarios máis importantes de Europa nos anos 1960 construíndo o imperio industrial de Barreiros, que comezou coa xenial idea de converter os motores de gasolina de camións e autobuses en motores diésel (de gasóleo).
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Russell George Tovey, nado o 14 de novembro de 1981 en Billericay (Essex), é un actor inglés. É coñecido por interpretar o lobishome George Sands na serie de televisión da BBC Being Human, Rudge en The History Boys (tanto na versión teatral como no cinema), Steve en Him & Her, Kevin Matheson na serie de HBO Looking e no telefilme Looking: The Movie e como Henry Knight na serie de Sherlock. Tamén foi protagonista na serie Quantico e na serie Years and Years.
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura do pobo galego. Poden chegar a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados e tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
Cayetana Álvarez de Toledo y Peralta-Ramos XIII marquesa de Casa Fuerte, nada en Madrid o 15 de outubro de 1974, é unha xornalista, historiadora e política española. Tamén posúe as nacionalidades arxentina e francesa. Militante do Partido Popular, foi deputada no Congreso por Madrid entre 2008 e 2015 e dende 2019 é deputada por Barcelona.
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e falecida en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Os birlos celtas son un xogo tradicional desenvolvido en Galicia. O mestre e escritor galego Miguel Anxo Mouriño, ten publicado que o nome patrimonial é birlos celtas, "pero a interferencia do castelán substituíu a palabra autóctona, seguramente para sempre, pola foránea de Bolos, quedando a pegada da orixinal só no nome dunha das xogadas deste deporte". Actualmente existen dúas grandes modalidades de xogos de birlos: de derribo e pasabolos.
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
Roberto Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 8 de maio de 1997, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no Deportivo Liceo, da OK Liga. É irmán xemelgo bivitelino de Bruno di Benedetto e irmán menor de Carlo di Benedetto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
Santiago Rey Fernández-Latorre
Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña en 1938, é un empresario galego, propietario do xornal La Voz de Galicia.
Gustave-Léon Schlumberger, nado en Guebwiller, Alsacia, o 17 de outubro de 1844 e finado en París o 9 de maio de 1929, foi un médico, arqueólogo, historiador e numismático francés especializado na época das Cruzadas e do Imperio Bizantino.A súa obra Numismatique de l’Orient latin (1878-1882) segue a ser considerada como o traballo de referencia acerca das moedas das Cruzadas.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
O movemento autonomista alsaciano (en francés: Mouvement autonomiste alsacien; en alsaciano: D'Elsässischa Salbschtstandikaitbewegùng; en alemán: Elsässische autonome Bewegung) é un movemento cultural, ideolóxico e político rexionalista que procura unha maior autonomía ou a independencia para Alsacia. Os propósitos inclúen xeralmente a oposición ás pretensións territoriales, políticas e xurídicas centralistas de Francia ("políticas xacobinas"), incluída a nova rexión francesa Gran Leste que se formalizou o 1 de xaneiro de 2016, e o panxermanismo de Alemaña. En troques, favorece en xeral a descentralización rexional, incluíndo a autonomía política e fiscal de Alsacia, promovendo a defensa da súa cultura, historia, tradicións e bilingüismo da lingua alsaciana.
Os Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe) son o sistema de montañas máis altas e estensas situadas totalmente en Europa. Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia e Mónaco no sur así mesmo tamén atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein.
Para consultar o xénero Quercus, ver o artigo carballo. O Quercus robur L. (ás veces considerado Quercus pedunculata) coñécese normalmente como carballo común, carballo veriño, carballo bravo ou simplemente carballo. O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos. Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia.
O independentismo feroés ou movemento nacional feroés (en feroés: Føroyska Tjóðskaparrørslan ou Føroyska Sjálvstýrisrørslan) é un movemento político que busca o establecemento das Illas Feroe como estado soberano fóra de Dinamarca. Entre as razóns para a total autonomía inclúense a división lingüística e cultural entre Dinamarca e as Illas Feroe, así como a súa falta de proximidade entre si; as Illas Feroe están a uns 990 km das costas dinamarquesas.