Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Almudena Grandes Hernández, nada en Madrid o 7 de maio de 1960 e finada o 27 de novembro de 2021, foi unha escritora española de lingua castelá. Varias das súas obras foron levadas ao cinema. Nos derradeiros anos da súa vida estivo emparellada sentimentalmente co poeta granadino Luís García Montero.
José Pablo del Bado Rivas nado o 26 de maio de 1958 é directivo de empresas sendo director de Pull and Bear. Reside en Oleiros.Comezou a traballar con Amancio Ortega e Rodríguez Cebrián a mediados dos anos 70 á busca de clientes. Del Bado era coñecido en Arteixo como “o fillo que a Amancio Ortega lle gustaría ter”.
Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936, é un empresario galego da moda, creador de Zara. Como presidente de Inditex, é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares. En 2017, calculouse a súa fortuna en 72 700 millóns de dólares, e levaba varios anos entre os cinco homes máis ricos do mundo.
Nomes da folla do piñeiro en Galicia
Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 177.977 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Nantes (Naoned en bretón e Naunnt ou Nàntt en galó), é unha cidade francesa, capital do departamento do Loira Atlántico dentro da rexión do País do Loira. É a sexta maior cidade de Francia, e está situada no sueste da Bretaña. É a capital da rexión administrativa de Pays-de-Loire, pero historicamente pertence á Bretaña, da que foi capital e residencia dos duques da Bretaña.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Unha muller (do latín mulĭer, -ēris) ( pronunciación ), é un ser humano de xénero feminino. O termo muller adoita estar reservado para unha persoa adulta, sendo o termo meniña o termo habitual para unha nena ou adolescente. Muller tamén remite a distincións de xénero de carácter cultural e social que se lle atribúen así como ás diferenzas sexuais e biolóxicas da femia na especie humana fronte ao macho.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
O osíxeno ou oxíxeno (pronunciado /oks/), é un elemento químico de número atómico 8 e símbolo O. Forma parte do grupo dos calcóxenos e é un non metal reactivo e forte axente oxidante que forma compostos facilmente coa maioría doutros elementos, principalmente en forma de óxidos. Ten a segunda electronegatividade máis alta de todos os elementos químicos, só superado polo flúor. Medido pola súa masa, o osíxeno é o terceiro elemento máis abundante do universo, tras o hidróxeno e o helio, e o máis abundante na codia terrestre como parte de compostos óxidos, formando practicamente a metade da súa masa.
Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes, no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Día Mundial da Loita contra a SIDA
O Día Mundial da Loita contra a SIDA que se celebra o 1 de decembro de cada ano, dedícase a dar a coñecer a epidemia de SIDA global causada pola extensión da infección do VIH. Elixiuse o día 1 de decembro debido a que o primeiro caso de SIDA foi diagnosticado neste día en 1981. Desde entón, a SIDA matou máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, e é unha das epidemias máis destrutivas da historia. A pesar de que se mellorou o tratamento antiretroviral e de que existe un maior acceso a el no mundo desenvolvido, a epidemia de SIDA levou entre 2,8 e 3,6 millóns de vidas en 2005[Cómpre referencia], das que máis de medio millón (570.000) eran nenos.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega, autor da letra do Himno de Galicia. Foi un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. En 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O World Wide Web Consortium (W3C, "Consorcio da Rede Mundial") é unha organización creada por Tim Berners-Lee que agrupa a organizacións, actualmente unhas 500, interesadas en dar soporte e definición aos estándares na Internet. O consorcio adminístrano conxuntamente o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) o European Research Consortium for Informatics and Mathematics, con sede en Francia, e a Universidade de Keio en Xapón. O consorcio é a principal organización en relación cos padróns para a World Wide Web.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de municipios portugueses
Esta é unha lista de municipios portugueses ordenados alfabeticamente. Actualmente (2006), Portugal ten 308 concellos.
O Club Deportivo Ourense foi un club de fútbol galego da cidade de Ourense. Foi fundado no 1952, logo da desaparición da Unión Deportiva Orensana. Logo de descender de Segunda división B a Terceira División por mor de falta de pagamentos, en xullo de 2014 renunciou a participar en calquera competición de cara á campaña 2014/15.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex) é unha multinacional da industria téxtil de orixe galega. É o primeiro grupo europeo de confección de roupa por diante da sueca H&M, a xaponesa Uniqlo e a estadounidense Gap, sendo a terceira empresa do sector a nivel mundial tras Nike (34.350 millóns de dólares) e LVMH (42.636 millóns de euros; Louis Vuitton, Moët Hennessy). Ten a súa sede central no Polígono de Sabón en Arteixo, provincia da Coruña.
O Balón de Ouro (en francés: Ballon d'Or) é un premio futbolístico creado no ano 1956 pola revista France Football e entregado anualmente ao mellor futbolista do mundo. En 2010 a FIFA e o grupo editorial Amaury, propietario do diario deportivo France Football, chegaron a un acordo mediante o cal os trofeos FIFA World Player e Balón de Ouro pasaban a formar un só galardón, que levou o nome de FIFA Balón de Ouro. Dita unión durou ata 2016, cando volveron separarse.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Luís García Montero, nado en Granada o 4 de decembro de 1958, é un poeta e crítico literario español, ensaísta, catedrático de Literatura Española na Universidade de Granada. Pertence á xeración dos oitenta ou postnovísimos dentro da corrente denominada poesía da experiencia. Director do Instituto Cervantes desde 2018.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Un transistor é un dispositivo semicondutor usado para amplificar, conmutar, oscilar, rectificar ou modular os sinais electrónicos. O transistor é o compoñente principal de toda a electrónica moderna e permitiu o desenvolvemento da informática. Nos circuítos analóxicos os transistores úsanse como amplificadores, exemplos son os amplificadores de son, as fontes de alimentación estabilizadas e os amplificadores de frecuencia.
Na mecánica clásica, a forza centrífuga é unha forza ficticia que aparece cando se describe o movemento dun corpo nun sistema de referencia en rotación ou, equivalentemente, a forza aparente que percibe un observador non inercial que se encontra nun sistema de referencia xiratorio. O cualificativo de "centrífuga" significa que "foxe do centro". En efecto, un observador non inercial situado sobre unha plataforma xiratoria sente que existe unha "forza" que actúa sobre el, que lle impide permanecer en repouso sobre a plataforma a menos que el mesmo realice outra forza dirixida cara ao eixe de rotación.
O 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, máis coñecidos como os Mártires de Sobredo, foron asasinados a tiros por defender a un veciño contra o pago dos foros segundo acordo do Congreso Agrario.
A Copa do Rei de fútbol 2021-22 é a 118ª edición da competición. Participarán un total de 116 equipos: os 20 equipos que xogaron a Primeira División a tempada anterior, os 22 equipos que xogaron a Segunda División a tempada anterior, 28 equipos que participaron en Segunda B, 32 equipos que participaron en Terceira División, os 4 equipos semifinalistas da Copa Federación e os 10 equipos, entre os 20 procedentes das primeiras divisións autonómicas, vencedores da eliminatoria previa.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
A bandeira de Galicia actual foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e consolidada pola Xeración Nós como insignia nacional, a actual bandeira civil. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
A basílica de Saint-Denis (San Dinís, san Denís ou san Dionisio, en galego) é unha igrexa de estilo gótico situada en Saint-Denis, preto de París. Ten o estatuto de catedral (da diocese de Saint-Denis) dende 1966, mais segue sendo unha abadía. Destaca por ser o primeiro exemplo de arquitectura gótica.
Fortaleza de Castro de Amarante
A Fortaleza de Castro de Amarante ou Pazo de Amarante é unha fortaleza medieval situada no lugar de Amarante (Santo Estevo do Castro de Amarante, Antas de Ulla). Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949, ratificado en normativa posterior..
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 e finado en Romeán (Lugo) o 17 de novembro de 2021, foi un multipremiado escritor galego. Cultivou varios xéneros (poesía, novela, conto e ensaio) e escribiu tanto para adultos como para nenos. Foi ademais un prestixioso tradutor ao galego de grandes clásicos da literatura italiana de Dante e Petrarca.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
O estilbeno é un hidrocarburo aromático de fórmula C14H12, do que existen dúas formas isómeras: o trans-1,2-difeniletileno (E-estilbeno) e o cis-1,2-difeniletileno (Z-estilbeno). Co mesmo termo de "estilbenos" desígnanse tamén os derivados hidroxi e alcolxi do estilbeno simple, así como ás súas formas heterósido (glicósido) e polímeros. A esta familia pertenen os polifenois naturais presentes en moitas familias de plantas superiores (por exemplo, o resveratrol da uva).
Alfredo Stéfano Di Stéfano Laulhé, nado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1926 e finado en Madrid o 7 de xullo de 2014, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino de orixe italiana. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coas seleccións de Arxentina, Colombia e España. Coñecido coma La saeta rubia, é xunto con Maradona o mellor futbolista arxentino da historia, e ademais un dos catro grandes de tódolos tempos, xunto con Pelé, Cruyff e o propio Maradona.[Cómpre referencia].
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Guadalupe (en francés Guadeloupe) (palabra derivada do árabe Wad al luben que significa "río escondido") é un pequeno arquipélago das Antillas, no mar Caribe, e que actualmente é un departamento de ultramar de Francia. Atópase a 600 km ao norte das costas de América do Sur e ao sueste da República Dominicana. Antigamente chamábase Karukera, que significaba "a illa das belas augas".
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".