Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Unha primavera para Aldara é unha obra de teatro de Teresa Moure. A peza é un drama histórico ambientada nun mosteiro galego na segunda metade do século XV, no marco da Gran Guerra Irmandiña. Acadou o Premio Rafael Dieste e o Premio da AELG en 2008, e o Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2009.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
O chop suey (en chinés: 雜碎; literalmente “mestura de anaquiños”) é un prato chinés feito de proteínas (moitas veces carne de polo, carne bovina, tofu, gambas ou carne porcina), cocido rapidamente con verduras coma xermolos de soia, repolo e apio ás que se engade un espeso mollo de amidón. Adoita servirse con arroz, aínda que tamén pode tomar a forma dun chow mein con fideos fritos.
Xavier Hernández Creus, coñecido como Xavi Hernández ou simplemente Xavi, nado en Terrassa (Barcelona) o 25 de xaneiro de 1980, é un exfutbolista español. Xogou na posición de centrocampista. Desenvolveu toda a súa carreira deportiva no FC Barcelona, club ao que chegou en xuño de 1991, cando tiña 11 anos, ingresando na Masía.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
O conflito mapuche é un enfrontamento entre as comunidades indíxenas mapuches, que habitan na rexión histórica da Araucanía, e os estados de Chile e a Arxentina. A miúdo, refírese como un conflito entre as comunidades mapuches e o goberno ou o estado chileno. As grandes empresas forestais e os seus contratistas, a policía chilena e algúns propietarios non indíxenas enfrontáronse ás comunidades mapuche locais no contexto do conflito.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Os locutores de claves choctaw foron un grupo de indios choctaw de Oklahoma, pioneiros no uso de linguas nativas americanas como código militar para as Forzas Armadas dos Estados Unidos de América durante os últimos días da primeira guerra mundial. O goberno da Nación Choctaw declarou que eses homes foron os primeiros locutores nativos americanos en servir nas Forzas Armadas dos Estados Unidos. Otorgóuselles a Medalla ao Valor de Texas no 2007.
Greta Tintin Eleonora Ernman Thunberg, nada en Estocolmo o 3 de xaneiro de 2003, é unha activista sueca que traballa contra o cambio climático e o quecemento global. Tornouse unha figura prominente por comezar a primeira folga escolar polo clima en agosto de 2018 ás portas do Parlamento sueco. En novembro dese mesmo ano falou na conferencia TEDx Estocolmo e un mes máis tarde dirixiuse á Conferencia da ONU sobre o cambio climático.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia.
A Orde Cisterciense da Estrita Observancia (en latín: Ordo Cisterciensis Strictioris Observantiae, abreviado como OCSO), tamén coñecida como Orde da Trapa, é unha orde relixiosa católica contemplativa nada a partir dunha reforma Orde do Císter. Seguen a Regra de San Bieito e teñen comunidades de ambos os dous xéneros cuxos membros son chamados trapistas. O nome deriva da abadía francesa de La Trappe en Soligny-la-Trappe (Normandía) onde se fundou este movemento.
O chow mein (炒面, chǎo miàn) é un prato da gastronomía tradicional da rexión chinesa de Cantón, na parte meridional do país, que consiste en fideos feitos con fariña de trigo, verduras, carne e/ou mariscos, normalmente acompañado dun mollo de soia. Tradicionalmente chinés, este prato foi levado á América do Norte polos primeiros inmigrantes procedentes da China nos séculos XIX e comezos do XX. Hoxe é unha especialidade moi común nos Estados Unidos e Canadá, coma tamén algures onde haxa unha grande diáspora chinesa coma o sueste asiático e a India, así coma na Illa da Reunión, Mauricio e tamén Francia.
Armand Jean Le Bouthillier de Rancé
Armand Jean Le Bouthillier de Rancé, da orde do Císter, nado o 9 de xaneiro de 1626 en París e falecido o 27 de outubro de 1700 na Abadía de La Trappe (Soligny-la-Trappe, Francia), é un dos precursores da Orde Cisterciense da Estrita Observancia (chamados trapistas, fundada en 1892). É unha figura destacada na espiritualidade do Grand Siècle francés. Chateaubriand dedicaralle o seu último traballo, La Vie de Rancé .
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola. Recibiu o premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 177.510 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Afonso X, tamén coñecido como Afonso IX, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.Á morte do pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir. Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
A Ferida é unha escultura situada no concello coruñés de Muxía fronte ao océano Atlántico, nun outeiro ao carón do santuario da Virxe da Barca. O seu autor é o artista burgalés Alberto Bañuelos-Fournier. A obra foi doada por Seguros Aegon ao concello muxián como homenaxe aos voluntarios que acudiron a axudar ao pobo galego cando se produciu o desastre do Prestige o 13 de novembro de 2002.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos. Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia.
A vexetación de Galicia, ou flora de Galicia, caracterízase pola súa heteroxeneidade, con especies arbóreas entre a que se atopan carballos, abeleiras, bidueiros, sobreiras, aciñeiras, piñeiros, acacias, salgueiros, loureiros, pradairos, freixos, eucaliptos, ou érbedos, por mor de que esta vexetación se atopa en lugares de confluencia dos dous tipos de clima de Galicia, o oceánico ou atlántico e o mediterráneo. O bosque orixinal ou primario galego é a fraga, e a árbore por excelencia o carballo, que forma carballeiras. Os bosques de ribeira vense dominados polo ameneiro, acompañado de salgueiros, freixos e bidueiros.
Na lírica medieval galego-portuguesa unha cantiga de amigo é unha composición breve e sinxela posta en boca dunha muller namorada. Deben o seu nome a que na maior parte delas aparece a palabra amigo no primeiro verso e, sobre todo, a que a voz narrativa é sempre a dunha muller nova —a amiga—, quen fala nelas do seu amigo-amado, habitualmente ausente nese momento. Constitúen o xénero máis destacado desta literatura pola súa orixinalidade, e o corpus lírico galego-portugués conta con arredor de 500 cantigas deste tipo.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2020 tiña 65.560 habitantes (34.675 mulleres e 30.885 homes), sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
Audrey Hepburn, nada como Audrey Kathleen Ruston o 4 de maio de 1929 en Ixelles, e finada o 20 de xaneiro de 1993 en Tolochenaz, Vaud, foi unha actriz británico-belga que realizou a meirande parte da súa carreira artística nos Estados Unidos. Tamén foi moi activa como embaixadora de UNICEF. É considerada pola American Film Institute como a terceira mellor estrela feminina de tódolos tempos. Nada en Ixelles, un distrito de Bruxelas, Hepburn pasou a súa infancia entre Bélxica, Inglaterra e os Países Baixos, incluíndo a Arnhem que estivo ocupada polos alemáns durante a segunda guerra mundial.
Tuvalu (/tuˈvɑːluː/ ou /ˈtuːvəˌluː/, antigamente Illas Ellice, é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no Océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia. Os países máis próximos a Tuvalu son Kiribati, Samoa e Fidxi. Consta de 4 arrecifes de coral e 5 atois, cun área total de 25 quilómetros cadrados.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Calendario republicano francés
O calendario republicano francés (en francés: Calendrier républicain) é un calendario proposto durante a Revolución francesa e adoptado pola Convención Nacional, que o empregou entre 1792 e 1806. O deseño intentaba adaptar o calendario ao sistema decimal e eliminar as referencias relixiosas; o ano comezaba o 22 de setembro, coincidindo co equinoccio de outono no Hemisferio Norte.O calendario republicano foi deseñado polo matemático Charles-Gilbert Romme, membro da Convención, coa axuda dos astrónomos Joseph Jerôme de Lalande, Jean-Baptiste Joseph Delambre e Pierre-Simon Laplace, aínda que se lle adoita atribuír notable participación ao actor e dramaturgo Fabre d'Églantine, quen lles deu os nomes aos meses e aos días.Naceu así por decreto da Convención Nacional Francesa do 5 de outubro de 1793, e o calendario foi adoptado pola Convención Nacional controlada polos xacobinos o 24 de outubro de 1793. Fixouse o seu inicio o 22 de setembro de 1792, coincidindo coa proclamación da República no Jeu de Paume.
Joan Creus Molist, máis coñecido como Chichi Creus nado o 24 de novembro de 1956 en Ripollet, Barcelona, é un exxogador, adestrador e directivo profesional de baloncesto español. Xogaba na pocisión de base cunha altura de 1,75 m. É o xogador que máis partidos ten disputado na máxima competición española cun total de 778 (193 na antigua Primeira División e 585 na Liga ACB).
Valerian and the City of a Thousand Planets
Valerian and the City of a Thousand Planets (en francés: Valérian et la Cité des mille planètes) é un filme francés en lingua inglesa de 2017, escrito e dirixido por Luc Besson e coproducido por Besson e a súa muller, Virginie Besson-Silla. Está baseado na serie de banda deseñada francesa Valérian et Laureline, escrita por Pierre Christin e ilustrada por Jean-Claude Mézières. Está protagonizado por Dane DeHaan no papel de Valerian e Cara Delevingne como Laureline, xunto con Clive Owen, Rihanna, Ethan Hawke, Herbie Hancock, Kris Wu e Rutger Hauer nos papeis secundarios.
Accidentes ferroviarios en Galicia
Desde a chegada do ferrocarril a Galicia foron diversos os accidentes sucedidos, xa fosen por circunstancias meteorolóxicas, por erros humanos, por neglixencias, ou mesmo por suicidio.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Francis-Marie Martínez de Picabia, nado en París o 22 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1953, foi un pintor francés. Amais de practicar a pintura e o debuxo, exerceu como escritor e poeta. Aínda que foi coñecido como militante do dadaísmo, parte da súa obra pode ser incluída noutros movementos artísticos.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
A sedición é un termo para referirse a condutas que poidan ser estimadas pola autoridade legal como motivo de insurrección en contra da orde constitucional establecida, xa sexa a exposición de discursos, o desenvolvemento de organizacións, a escritura e distribución de textos ou outras accións. A sedición con frecuencia inclúe a subversión da Constitución e a incitación ao descontento ou resistencia á autoridade legal. A sedición comprende calquera conmoción e xeralmente se presentase asistida por violencia directa en contra da lei.
La trinchera infinita é un filme franco-español de 2019 dirixido por Jon Garaño, Aitor Arregi e Jose Mari Goenaga. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Donostia, onde gañou a Cuncha de Prata ó mellor director e o Premio de Xurado ó mellor guión. Foi escollido como candidato de España para o mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar, mais finalmente non foi nomeado.Durante a guerra civil española en 1936, os acabados de casar Higinio e Rosa están asustados polos asasinatos de represalia, xa que Higinio é un republicano.
Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga.
O nacionalismo montenegrino é un movemento nacionalista que defende que os montenegrinos son unha nación e promove a súa unidade cultural e política. Dende comezos do século XVIII, a poboación de Montenegro estaba dividida entre as variantes do nacionalismo montenegrino e do serbio. Ao contrario do nacionalismo serbio, que enfatiza o carácter étnico serbio dos montenegrinos, o nacionalismo montenegrino enfatiza o dereito dos montenegrinos a definirse como unha nación única, e non simplemente como unha rama dos serbios.O nacionalismo montenegrino converteuse nun tema político importante na primeira guerra mundial, cando xurdiu un cisma entre as tribos de Montenegro polos plans de fusionar Montenegro co Reino de Serbia, xurdindo disputas entre as tribos verdes independentistas, nas que se incluían ao Rei de Montenegro, fronte ás tribos brancas favorables á unificación.
Cristovo Colón, nado na República de Xénova en 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do Océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana. As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci. Malia que posibelmente non foi o primeiro explorador europeo de América, Colón foi quen descubriu un novo continente para Europa e a historia, ao ser o primeiro navegante capaz de trazar unha ruta de ida e retorno aproveitando as correntes mariñas do Atlántico que hoxe aínda se utilizan, abrindo deste modo un Novo Mundo para explorar, e explotar, nos vellos reinos europeos.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Nen@s da Revolta (habitualmente pronunciado Nenas da Revolta), foron un grupo galego formado a comezos da década dos noventa na cidade de Vigo no contorno do Centro Social Ocupado Ruela. Nos seus comezos, con tres membros, o grupo seguiu un estilo vencellado ao hardcore, porén tras un parón de tres anos e coa incorporación de novos membros experimentaron unha evolución cara á música de mestizaxe, abríndose a múltiples influencias dende os sons latinos e caribeños á música popular galega ou o hip hop. En 1998 publicaron o seu primeiro álbum Raggaliza dissidente + A Revolta d@s Nen@s.
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Guillermo Rodríguez Godínez, nado o 23 de marzo de 1994 en Alacant, máis coñecido como Arkano, é un rapeiro español, recoñecido por ser un dos mellores rapeiros de España na categoría de freestyle, e por ser a persoa con menor idade que gañou unha final nacional da batalla dos galos en 2009, con só 15 anos. Desde outubro de 2018 é, ademais, presentador do programa Ritmos urbanos na 2. É considerado un dos maiores expoñentes en freestyle de fala hispana da historia, xunto con Aczino e Chuty.
A faia (Fagus sylvatica) é unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talle, que alcanza os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose desde abaixo e variando moito a copa. Conserva a cortiza practicamente lisa durante toda a súa vida, dun gris cincento ou esbrancuxado.
Un vehículo aéreo non tripulado ou UAV (siglas do inglés Unmanned Aerial Vehicle) é un tipo de aeronave sen persoas a bordo, deseñado para cumprir tarefas de carácter civil ou militar, controlado por un humano a distancia ou cun certo grao de autonomía. Hainos de moitos tipos e formas, e teñen un grande abano de aplicacións, pero xeralmente son empregados en traballos repetitivos, de transporte ou de traballo en lugares perigosos, onde os humanos non poderían facer o traballo con seguridade.Os UAV son a versión aérea dos vehículos terrestres non tripulados ou UGV (Unmanned Ground Vehicle) e dos vehículos mariños ou submarinos non tripulados, USV (Unmanned Surface Vehicle) e UUV (Unmanned Underwater Vehicle), respectivamente. Popularmente chámanse drons, pero tecnicamente non son o mesmo, xa que o dron é un tipo concreto de vehículo aéreo non tripulado, autónomo ou semiautónomo.
Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2019 tiña 29.218 habitantes, dos cales 14.208 eran varóns e 15.010 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,81 hab./km².