Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Doutor Zhivago (en inglés: Doctor Zhivago; en ruso: Доктор Живаго) é un filme dirixido por David Lean que foi estreado no ano 1965. Trátase dun drama épico, baseado na novela homónima que publicou o ruso Boris Pasternak en 1957 e que lle valeu o Premio Nobel de Literatura un ano máis tarde. O filme está protagonizado por Omar Sharif, obtivo cinco premios Óscar e foi nomeada a outros cinco.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
A Noiteboa é a celebración cristiá do nacemento de Xesús. Celébrase a noite do día 24 de decembro, a véspera do día de Nadal (o día 25 de decembro) onde se mesturan antigas tradicións pagás indoeuropeas do solsticio de inverno. Os costumes varían duns países a outros, pero é bastante común reunirse para cear toda a familia, e facer agasallos sobre todo, nos países protestantes.
Secuenciación do xenoma completo
A secuenciación do xenoma completo ou do/de xenoma total ou enteiro é o proceso de determinar a secuencia completa ou case completa do ADN do xenoma dun organismo nun só experimento. Isto supón secuenciar todo o ADN dos cromosomas dun organismo e tamén o ADN mitocondrial e, nas plantas e algas, o ADN do cloroplasto. A secuenciación do xenoma completo utilizouse maiormente como ferramenta de investigación, pero tamén se introduciu nas clínicas médicas en 2014.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.569 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Un plano é, nas artes audiovisuais, o espazo escénico (personaxes, obxectos, paisaxes) que capta a lente da cámara desde o inicio da rodaxe até que se detén. A mesma terminoloxía emprégase nas artes gráficas, especialmente na banda deseñada. Para poder diferenciar os planos clasifícanse segundo diferentes parámetros como o encadramento ou o ángulo que forma o obxectivo co obxecto ou persoa fotografados.
A orde do Císter (en latín: Ordo cisterciensis, o.Cist.) é unha orde relixiosa fundada en Citeaux por Roberto de Molesmes no ano 1098. Foron coñecidos na idade media como os monxes brancos, pola cor do seu hábito, en oposición aos monxes negros, que eran os beneditinos. En 2020, sumaba 1.601 monxes, mentres que a rama femina da orde, en 2015, contaba con 825 relixiosas.
María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao, Boimorto o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock. Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Riós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 248 habitantes (115 homes e 133 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación. Ata 1951 formou parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polos 3 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Vilardevós.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Xela Martínez Domínguez, nada en Lugo o 25 de xaneiro de 2006, é unha atleta galega que pertence ao club Atlética Lucense. No ano 2021, conseguiu o récord de España sub-16 e sub-18 nos 3.000 metros, cun tempo de 9:28.34, sendo ademais récord de España nos 1.000 metros en pista cuberta, cunha marca de 2:49.31. Na temporada de veran logrou a medalla de ouro nos 1.500 metros obstaculos, cun tempo de 4:42:82 o que lle permitiu acadar o récord de España sub-16 na citada proba.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Timothée Hal Chalamet, nado o 27 de decembro de 1995, é un actor franco-estadounidense. É coñecido polas súas actuacións como Finn Walden na serie de Showtime Homeland (2012), Danny Vance no filme dramático Men, Women & Children (2014), Tom Cooper no filme de ciencia ficción Interstellar (2014), Elio Perlman no filme de drama romántico Call Me by Your Name (2017) e Kyle Scheible no filme Lady Bird (2017).
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
Extrechinato y tú foi un proxecto musical de rock español. Estaba formado por Robe Iniesta, cantante e guitarrista de Extremoduro, Iñaki "Uoho" Antón, guitarrista de Extremoduro e Platero y Tú, e Adolfo "Fito" Cabrales, cantante e guitarrista de Platero y Tú e Fito & Fitipaldis. O proxecto foi ideado para musicar as letras do poeta Manolo Chinato, a xeito de homenaxe, no disco Poesía básica.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2020 tiña 65.560 habitantes (34.675 mulleres e 30.885 homes), sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais do máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak.
Un arcebispo (do grego αρχεπίσκοπος, archepiskopos: arche > primeiro, e epi-skopos > supervisor) é un membro pertencente á orde episcopal cristiá, pero goza dun status superior ao dos "simples" bispos; xeralmente están ao fronte dunha diocese particularmente importante, xa sexa polo seu tamaño, a súa relevancia histórica ou por ámbalas dúas, chamada arquidiocese. Cando un bispo se converte en arcebispo non está sendo, de ningún modo, ordenado nin está recibindo ningún sacramento; en contraste (na maioría das igrexas de goberno episcopal) alguén que é ordenado bispo está sendo consagrado. Un arcebispo non ten, por forza, maior poder que un bispo; porén, están a cargo de dioceses máis prestixiosas.
Karolos Papoulias (en grego: Κάρολος Παπούλιας), nado en Ioánina o 4 de xuño de 1929 e finado en Atenas o 26 de decembro de 2021, foi un político grego presidente do seu país dende o 12 de marzo de 2005 ata 2015. Estudou dereito na Universidade de Múnic, e doutorouse en dereito privado internacional na Universidade de Colonia.
Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
Na mecánica clásica, a forza centrífuga é unha forza ficticia que aparece cando se describe o movemento dun corpo nun sistema de referencia en rotación ou, equivalentemente, a forza aparente que percibe un observador non inercial que se encontra nun sistema de referencia xiratorio. O cualificativo de "centrífuga" significa que "foxe do centro". En efecto, un observador non inercial situado sobre unha plataforma xiratoria sente que existe unha "forza" que actúa sobre el, que lle impide permanecer en repouso sobre a plataforma a menos que el mesmo realice outra forza dirixida cara ao eixe de rotación.
Un carro galego é un tipo de vehículo de tracción animal propio do pobo galego, xeralmente bois, vacas, cabalos ou machos, provisto de varas para enganchar o tiro máis un bastidor de táboas e listóns de madeira sobre un rodado, para levar a carga. Carro é unha palabra de orixe celta. Os primeiros carros están ligados ó invento da roda e apareceron hai máis de 5.000 anos.
A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Limita ao norte co mar do Norte, Dinamarca e o mar Báltico, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e Suíza, e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un clima temperado estacional.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Ready Player One é un filme estadounidense de 2018 producido e dirixido por Steven Spielberg, e escrito por Zak Penn e Ernest Cline, baseado na novela homónima de Cline. Está protagonizado por Tye Sheridan, Olivia Cooke, Ben Mendelsohn, Lena Waithe, T.J. Miller, Simon Pegg e Mark Rylance. A historia está situada no ano 2045, cando a maioría da humanidade emprega o software de realidade virtual OASIS para fuxir da desolación do mundo real.
Lily Jane Collins, nada o 18 de marzo de 1989 en Guildford, Surrey, Inglaterra, é unha actriz, modelo e escritra británica-estadounidense. É a filla do músico inglés Phil Collins e da estadounidense Jill Tavelman. O seu primeiro papel na pantalla foi na serie da BBC Growing Pains cando tiña dous anos.
The Jam foi unha banda inglesa de punk rock/mod revival formada en Woking, Surrey e activa durante finais dos anos 70 e principios dos anos 80. Se ben comparte o su punto de vista de "mozos irados" e tempos rápidos dos seus contemporáneos do punk rock, The Jam vestían traxes deseñados coidadosamente en vez de roupa estragada, e incorporaron un feixe de influencias do rock mainstream dos 60 en vez de rexeitalas, colocando á banda na vangarda do moemento mod revival. A banda tivo 18 sinxelos top 40 consecutivos no Reino Unido, dende a súa estrea en 1977 ata a súa desaparición en decembro de 1982, incluídos catro números 1.
Antonio Fernández Resines é un actor español nado o 7 de agosto de 1954 en Torrelavega, Cantabria (España). Resines é un dos actores españois máis coñecidos e de extensísima filmografía, na que figuran moitas películas de éxito do cine español, ademais de varias series de televisión. Recibiu multitude de premios durante a súa traxectoria.
Carmen Jedet Izquierdo Sánchez, máis coñecida simplemente como Jedet, nada o 7 de xullo de 1992 en Polícar (Granada), é unha actriz, cantante, celebridade de internet e activista do colectivo LGTB española. Pola súa interpretación de Cristina Ortiz "La Veneno" na serie de televisión Veneno recibiu o Premio Ondas 2020 na categoría de mellor intérprete feminina en ficción nacional.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
Almudena Grandes Hernández, nada en Madrid o 7 de maio de 1960 e finada o 27 de novembro de 2021, foi unha escritora española de lingua castelá. Varias das súas obras foron levadas ao cinema. Nos derradeiros anos da súa vida estivo emparellada sentimentalmente co poeta granadino Luís García Montero.