Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de thriller policiaco que se estreou na TVG o 3 de outubro de 2018. Está dirixida por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 29 de marzo de 2019, sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 172.591 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
O Gran Torino é un filme estadounidense de 2008 producido e dirixido por Clint Eastwood, quen tamén actúa no filme, o seu primeiro papel protagonista despois de catro anos dende Million Dollar Baby. No filme actúa o fillo máis novo de Eastwood, Scott Eastwood, e o máis vello, Kyle Eastwood, realizou a música. A estrea foi o 12 de decembro de 2008 nalgunhas salas dos Estados Unidos e o 9 de xaneiro de 2009 no resto do país.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
19ª edición dos Premios Mestre Mateo
A 19ª edición dos Premios Mestre Mateo galardoou as producións audiovisuais de Galicia de 2020 e celebrouse o 10 de abril de 2021. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 25 categorías. A cerimonia celebrouse no Teatro Colón da Coruña e estivo presentada por Lucía Veiga.Ons, dirixido por Alfonso Zarauza, contou con 13 nomeamentos, seguida por A illa das mentiras, de Paula Cons con doce.
As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
María del Rocío Trinidad Mohedano Jurado, nada en Chipiona o 18 de setembro de 1946 e finada en Alcobendas o 1 de xuño de 2006, foi unha cantante de copla e canción español coñecida en España e Latinoamérica, máis coñecida como Rocío Jurado. Especializouse en xéneros musicais xenuinamente españois así como na balada romántica, faceta coa que alcanzou relevancia internacional. Nos seus últimos anos experimentou con ritmos hispanos e gospel.
Eleccións municipais en Agolada
Corporacións democráticas en Agolada desde a aprobación da Constitución de 1978. 1979 Alcalde: Manuel Costa Casares — UCD.Modelo:Agolada 1979 1983 Alcalde: Manuel Costa Casares — CIG. 1987 Alcalde: Manuel Costa Casares — PPdeG.Modelo:Agolada 1987 1991 Alcalde: Manuel Costa Casares — PPdeG. 1995 Alcalde: Manuel Costa Casares — PPdeG. 1999 Alcalde: Manuel Costa Casares — PPdeG. 2003 Alcalde: Manuel Costa Casares — PPdeG. 2007 Alcalde: Ramiro Varela Peón — PPdeG. 2011 Alcalde: Ramiro Varela Peón — PPdeG. 2015 Alcalde: Ramiro Varela Peón — PPdeG.Candidaturas: Ramiro Varela Peón (PP) e José Gregorio Daparte de Oliveira (Veciños por Agolada). 2019 Alcalde: : Luís Calvo Miguélez — PAYJ.Candidaturas: Ramiro Varela Peón (PP), Jesús Sánchez Mosteiro (CxG) e Luís Calvo Miguélez (PAYJ).
A Segunda República Española foi o réxime político polo que se rexeu España no período que vai dende o 14 de abril de 1931, data de proclamación da mesma, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o dos alzados contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ós leais a ela, que eran coñecidos como republicanos).
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.
O príncipe Filipe, duque de Edimburgo, nado co nome de Filipe de Grecia e Dinamarca en Mon Repos (Corfú, Grecia) o 10 de xuño de 1921 e finado o 9 de abril de 2021 en Windsor, foi un nobre británico de orixe grega, esposo da raíña Isabel II do Reino Unido. Ostenta ademais os títulos de conde de Merioneth, barón Greenwich, cabaleiro da Orde da Xarreteira, cabaleiro da Orde do Cardo, chanceler da Orde do Imperio Británico e membro da Gran Loxa Unida de Inglaterra.
O utilitarismo é a teoría ética que defende que a mellor acción é aquela que ten a maior utilidade. A "utilidade" defínese de varias maneiras, baseándose por regra xeral en termos de benestar de entidades con capacidade de sentir. A primeira persoa en plantear esta teoría foi o inglés, Jeremy Bentham.
Charles Philip Arthur George Windsor máis coñecido como Carlos de Inglaterra, nado en Londres o 14 de novembro de 1948, é un aristócrata inglés, herdeiro ao trono do Reino Unido e da Commonwealth. É o fillo máis vello da raíña Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. Recibe o título oficial de Príncipe de Gales, ademais dos títulos históricos de duque de Cornualles, duque de Rothesay (Escocia), conde de Carrick, barón de Rebfrew e Señor das Illas, así coma conde de Chester.
Eduard Pons Prades, nado en Barcelona o 19 de decembro de 1920 e falecido o 28 de maio do 2007, tamén coñecido polo pseudónimo de Floreado Barsino, foi un escritor especializado na Historia Contemporánea española do século XX, guionista documental, activo partícipe do Partido Sindicalista de Ángel Pestaña, militante da Confederación Nacional do Traballo e conferenciante.
Sherlock (serie de televisión)
Sherlock é unha serie de televisión británica, que trata sobre unha actualización contemporánea das aventuras do detective Sherlock Holmes, creado por Arthur Conan Doyle. Está protagonizada por Benedict Cumberbatch como Holmes e Martin Freeman como o Dr. Watson.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales, é un souto de castiñeiros que se atopa na parroquia de San Martiño de Manzaneda (Manzaneda). Neste souto destaca o castiñeiro de Pumbariños, declarado árbore senlleira, que é a súa árbore máis singular xa que ten un perímetro basal de 13 metros e unha base de 1,90 metros. Este souto adevesado e en xeral enxertado empregouse para obter madeira e castañas e pode ter preto de 1.000 anos.Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro e incluído no catálogo de árbores senlleiras en 2007.
Lila de Lilith é unha libraría feminista creada no ano 2011 en Santiago de Compostela por Patricia Porto Paderne. Como libraría especializada, reúne bibliografía de mulleres autoras e ensaio en temáticas cruzadas coa perspectiva de xénero. Ademais conta cun espazo polivalente de intercambio e creación de propostas culturais, sociais, educativas e artísticas feministas.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A escultura helenística representa unha das máis importantes expresións da cultura helenística, e a etapa final da evolución da tradición grega de escultura na Antigüidade. A definición de súa vixencia cronolóxica, ben como de súas características e significado, teñen sido obxecto de moita discusión entre os historiadores da arte, e parece que o consenso está lonxe de se alcanzar. Usualmente, considérase o período helenístico comprendendo o intervalo entre a morte de Alexandre o Grande, en 323 a.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
Este artigo trata sobre o froito, para o artigo sobre a planta que dá amorodos véxase Amorodeira. Este artigo trata sobre o froito, para o artigo sobre o rapeiro véxase Rubén David Morodo Ruíz. O amorodo, morodo, morogo ou morote é o receptáculo da flor da amorodeira, considerada popularmente o seu froito.
O río Susquehanna (en inglés Susquehanna River) é un río da vertente Atlántica dos Estados Unidos que nace no estado de Nova York, atravesa o de Pensilvania e desemboca na baía Chesapeake, en Maryland. É un dos ríos máis longos do leste da nación, con preto de 715 km de lonxitude. Drena unha conca de 71 225 km².
Como parte da exploración humana da Lúa, emprendéronse numerosas misións espaciais para estudar o satélite da Terra. Canto ás aluaxes, Luna 2 da Unión Soviética foi a primeira nave espacial en alcanzar con éxito a súa superficie, impactando intencionadamente na Lúa o 13 de setembro de 1959. En 1966, Luna 9 foi a primeira nave espacial en aluar de xeito controlado, mentres que Luna 10 foi a primeira misión en entrar en órbita arredor da Lúa.
Para o xénero de plantas chamadas normalmente toxos ver o artigo Toxo (xénero Ulex). O toxo arnal, tamén chamado simplemente toxo, é un arbusto espiñento da clase das dicotiledóneas (nome científico: Ulex europaeus) e da familia das leguminosas, de flores amarelas moi rechamantes que mide entre 0,5 ata 3 metros segundo a variedade. Os agromos son verdes e as follas son espiñas de entre 1 e 3 cm.
JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizada principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e a linguaxe C. Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente, xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dun desenvolvemento do DOM. O seu uso máis estendido atópase en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Nevenka Fernández, nada en 1975, é unha economista española. Foi concelleira de Facenda de Ponferrada entre 1999 e 2000. É coñecida por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político, Ismael Álvarez, alcalde de Ponferrada, por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal español de 1999.
A sobreira (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro e corticeira.
Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista. A xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta marela, xesta moura ou xesta negra, (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia. Baixo este nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta especie é a máis frecuente.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
El País (autodefinido como «Diario independiente da mañá») é un xornal español de ámbito nacional, redactado integramente en castelán (agás algunhas páxinas illadas nas edicións autonómicas) e de pago. Cunha media de 457.675 exemplares diarios, é o periódico non deportivo de maior difusión de España, segundo a Oficina de Xustificación da Difusión. Ten sede social e redacción central en Madrid, aínda que conta con delegacións nas principais capitais de España (Barcelona, Sevilla, Valencia, Bilbao...) desde as que edita diferentes edicións territoriais.
Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio tiña unha poboación de 20.207 habitantes (2020) e divídese entre o núcleo urbano, onde viven algo máis de 10 000 persoas, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada.
Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín
O Grupo de Estudios Sobre a Condición da Muller Alecrín foi unha asociación sen ánimo de lucro feminista viguesa, constituída en 1985 co fin de promover a total incorporación das mulleres nos ámbitos social, económico, político e cultural e de eliminar obstáculos que impedisen ou limitasen a súa plena integración. Xestionou varios centros e servizos de atención ás mulleres en Vigo e Santiago de Compostela e anualmente entregaba os Premios Alecrín-Alacrán. Disolveuse en abril de 2009.