Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Meixón é o nome que recibe a angula ou cría da anguía. Amais, o topónimo galego Meixón pode referirse a: O Meixón, lugar da parroquia de Donas, no concello de Gondomar; O Meixón, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Ortigueira; Meixón Frío, lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros; A Cruz do Meixón, lugar da parroquia de Sismundi, no concello de Cariño.
O soro fisiolóxico é unha solución acuosa de electrólitos e, ás veces, outras substancias como, por exemplo, glicosa. O cualificativo de fisiolóxico débese a que está formado por substancias compatíbeis cos organismos vivos, e ás súas características de osmoticidade, pH e forza iónica. É unha fonte de carbono e enerxía para o organismo, e para a síntese dalgúns polisacáridos.
A forma física é un estado xeral de saúde, e de xeito máis específico, a capacidade de practicar certa actividade física, ocupacións e actividades cotiás. Unha boa forma física polo xeral adquírese como resultado dunha nutrición axeitada e a práctica de exercicio físico de moderado a vigoroso, e un descanso apropiado.Con anterioridade á revolución industrial, definíase forma física como a capacidade de realizar as actividades cotiás sen experimentar fatiga. Porén, coa automatización e os cambios no estilo de vida no presente, considérase que a forma física é unha medida da capacidade do corpo de funcionar de forma eficiente e efectiva durante o traballo e actividades de esparexemento, estar en condición saudable, ser capaz de resistir doenzass hipocinéticas, e poder enfrontar situacións de emerxencia.Ponse énfase en que a saúde física é o resultado da actividade física regular, dunha dieta e nutrición axeitados, ademais dun descanso apropiado para a recuperación física dentro dos parámetros individuais.
A pina ou aro é unha parte da roda da maioría de vehículos terrestres, unha peza metálica cuxa forma varía en relación ao tipo e tamaño do vehículo, e a súa función é soster o pneumático para que conserve a forma ao rodar. Pódense atopar pinas en vehículos tales como automóbiles, motocicletas, camións, avións, bicicletas etc. Moitos modelos de coches veñen equipados con pinas feitas de aliaxe (aluminio, magnesio...).
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 172.591 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
O escáncer común ou liscanzo (Anguis fragilis) é un réptil da familia Anguidae pero que perdeu as patas, semellando máis unha pequena cobra. Resulta habitual en toda Galicia e é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Dumbría é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra, na Costa da Morte. Segundo o IGE a súa poboación no 2019 era de 2.983 habitantes (3137 no 2014, 3705 no 2010, 3970 no 2006, 4067 no 2005, 4166 no 2004, 4307 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é dumbriés.
A instauración do Día do Científico Galego foi unha iniciativa do presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), Profesor Ernesto Viéitez, para que servira de homenaxe de recoñecemento a aqueles científicos que, ben nacidos en Galicia, ben nacidos en calquera outra parte, pero realizaran a súa carreira científica en Galicia, houberan contribuído ao desenvolvemento do coñecemento e da innovación de maneira notábel e significativa.
Susan Solomon, nada en Chicago (Estados Unidos) o 19 de xaneiro de 1956, é unha química atmosférica que traballou na Administración Nacional Oceánica e Atmosférica(NOAA) durante gran parte da súa carreira profesional, onde fixo grandes descubrimentos sobre a composición da atmosfera. Dende o 2011 ata a actualidade (2021) traballou como profesora no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Foi unha das primeiras persoas en sinalar que o burato da capa de ozono do antártico se orixinou debido aos clorofluorocarbonos e ao seu mecanismo de reacción radical libre.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de thriller policiaco que se estreou na TVG o 3 de outubro de 2018. Está dirixida por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 29 de marzo de 2019, sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma.
María I, de nome María Estuardo (inglés: Mary Stuart, Mary Stewart ou Marie Steuart); nada o 8 de decembro de 1542 e finada o 8 de febreiro de 1587), foi raíña de Escocia do 14 de decembro de 1542 ao 24 de xullo de 1567. Única filla lexítima de Xacobe V, con seis días de idade sucedeu ao seu pai no trono escocés. Pasou a maior parte da súa infancia en Francia, mentres Escocia era gobernada por rexentes.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Ngozi Okonjo-Iweala, nada en Ogwashi-Uku o 13 de xuño de 1954, é unha economista e experta en desenvolvemento internacional nixeriana. O 15 de febreiro de 2021 foi nomeada Directora Xeral da Organización Mundial do Comercio asumindo as funcións o 1 de marzo de 2021, sendo a primeira muller que asume o posto. É membro das xuntas directivas de Standard Chartered Bank, Twitter, a Alianza Global para Vacinas e Inmunización (GAVI) e African Risk Capacity (ARC).
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A herba de namorar, ou empreñadeira, (Armeria maritima) é unha planta herbácea de folla perenne pertencente á familia Plumbaginaceae. Atópase comunmente nos rochedos da beiramar galega. En Galiza, ademais da Armeria maritima, típica das dunas, atopamos dúas especies máis de Armeria: a Armeria pubigera dos cantís e a Armeria trasmontana, nos montes.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e falecida en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.
O Día do Libro (tamén denominado Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor, Día Internacional do Libro e Día Mundial do Libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Michael Joseph Jackson, nado en Gary, Indiana o 29 de agosto de 1958 e finado nos Ánxeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido simplemente como Michael Jackson, foi un cantautor, actor, músico, bailarín e home de negocios estadounidense. Chamado o Rei do Pop, a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
Verto é un grupo independente de música pop, disco e trap galego que comezou en 2019. Está composto por Alberto Mira "Berto" e Fernando Peleteiro "Fer". O 17 de xaneiro de 2020, o grupo participou no Luar da TVG co seu tema "Oie Gayego", unha canción trap retranqueira que lles deu gran popularidade.O 14 de marzo de 2020 lanzaron o seu primeiro álbum Puro Ocio, composto por sete temas.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A tarxeta perforada ou simplemente tarxeta é unha lámina feita de cartolina que contén información en forma de perforacións segundo un código binario. Estes foron os primeiros medios utilizados para ingresar información e instrucións a unha computadora nos anos 1960 e 1970. As tarxetas perforadas foron usadas con anterioridade por Joseph Marie Jacquard nos teares da súa invención, de onde pasou ás primeiras computadoras electrónicas.
O Sacaúntos é un personaxe "asustanenos", igual có home do saco, un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama o papón, en alusión a que pode papar a alguén, especialmente os nenos. O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos.
O ferrado (tamén coñecida como tega nalgúns lugares) é unha medida galega, moi variábel dun lugar a outro. Dada a variedade existente, almanaques agrícolas como o ZZ, O Mintireiro Verdadeiro ou O Gaiteiro de Lugo adoitaban incluír unha equivalencia co sistema métrico decimal segundo as zonas xeográficas.
Ion Iliescu (nado o 3 de marzo de 1930 en Oltenita) foi presidente de Romanía dende o ano 2000 ata o 2004, sucedéndoo no cargo Traian Basescu. Iiescu previamente fora presidente de Romanía en dous períodos: 1990-1992 e 1992-1996. A Constitución Romanesa específica que os presidentes só poden ser elixidos por un máximo de dúas lexislaturas.
O merlo, melro ou merliño (do latín merulu) é a designación común da especie Turdus merula de aves paseriformes pertencentes á familia Turdidae. Os merlos presentan forte dimorfismo sexual, sendo o macho negro, con peteiro brillante amarelo-alaranxado e un círculo arredor dos ollos. A femia e os poliños teñen dorso negro, ventre pardo-escuro con manchas pardo-claras, e a garganta e a parte superior do peito pardas con manchas abrancazadas.
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles.
A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League), tamén coñecida como Champions League e antigamente como Copa de Europa, é o torneo europeo de fútbol máis importante a nivel de clubs organizado pola UEFA. Foi creada en 1992 como unha renovación da tradicional Copa de Campións de Europa, polo que a efectos estatísticos considéranse coma a mesma competición. É un dos trofeos de clubs deportivos máis prestixiosos do mundo. Nun principio o campionato consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Margarita Carmen Cansino, máis coñecida como Rita Hayworth, nada en Nova York o 17 de outubro de 1918 e finada na mesma cidade o 14 de maio de 1987, foi unha actriz estadounidense. Trátase dunha das actrices de referencia da época dourada do cinema estadounidense. Ademais, foi un símbolo sexual da década de 1940.
A Commonwealth ou Commonwealth of Nations é o nome en inglés dunha asociación de territorios autónomos, mais dependentes do Reino Unido, creada en 1931 e formada actualmente por 54 estados, a maioría dos cales independentes pero incluíndo algúns que aínda manteñen lazos políticos coa antiga potencia colonial. Coa progresiva perda de poder da Gran Bretaña sobre as súas colonias a partir de mediados do século XIX, a poboación branca conseguiu a autonomía, primeiro coa concesión do estatuto de Dominio británico (Canadá, Australia, Nova Zelandia, Suráfrica e Terranova). O termo Commonwealth foi utilizado por vez primeira en 1917 como sinónimo de Imperio Británico para designar a asociación existente entre a Gran Bretaña e estes Dominios.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela é un pórtico, de transición entre o románico e o gótico, realizado polo Mestre Mateo e o seu obradoiro por encargo do rei de Galiza e León Fernando II, entre 1168 e 1188. A primeira data consta no documento asinado por Fernando II o 23 de febreiro de 1168, no que se lle concede a Mateo un soldo vitalicio de dous marcos de prata anuais polo seu traballo nas obras da basílica de Santiago (documento que se conserva no Museo Catedralicio). A segunda data consta inscrita no lintel como indicación do seu remate.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un parque natural galego que ampara ao sistema dunar, as marismas e as lagoas do vértice occidental da costa da península do Barbanza, en Ribeira, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia. O complexo de Corrubedo é tamén un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) (Complexo húmido de Corrubedo), unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) (Complexo litoral de Corrubedo), un zona húmida protexida galega (Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo) e un zona húmida de importancia internacional Ramsar (Complexo de Corrubedo). O arquipélago de Sálvora, e o seu mar, así como parte do litoral de Porto do Son atópanse dentro do ZEC do Complexo húmido de Corrubedo, co que se amplía a súa área a 9.264,64 ha.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
A sobreira (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro e corticeira.
British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
Elizabeth Jones, nada en Montclair, Nova Jersey, o 31 de maio de 1935, é unha gravadora, medallista e deseñadora de moeda estadounidense, a undécima en ocupar a xefatura do Departamento de Gravado da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1981-1991).A súa marca de gravadora, que estampa nas moedas e medallas da súa creación, é EJ.
O Chad (en francés Tchad, en árabe تشاد, Tshad), oficialmente República do Chad (en francés République du Tchad; en árabe جمهورية تشاد, Jumhūriyyat Tshād) é un país africano. Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste con Camerún, Nixeria e mais Níxer. A súa capital é Xamena.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Juventus FC da Serie A italiana. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2021, ano dedicado a Xela Arias, 61 autores (5 mulleres e 56 homes) foron homenaxeados nas 59 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
A EuroLeague, tamén comunmente coñecida como Euroliga, é a actual máxima competición de clubs de baloncesto de Europa e está organizada pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) dende o seu nacemento na tempada 2000-2001, substituíndo á extinta Copa de Europa de Baloncesto. Naquel entón, as asociacións de clubs españois, italianos e gregos impulsaron unha ruptura coa Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), organizadora da histórica Copa de Europa, para crear unha nova competición no marco da ULEB (que a xestiona mediante a empresa Euroleague S.L.) e, así, tentar obter maiores ingresos económicos. En novembro de 2004 comezou unha nova etapa para a Euroliga pois a ULEB e a FIBA resolveron as súas disputas.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
A multidisciplinariedade é unha mestura de varias disciplinas, que poden ser moi distantes, na que cada unha conserva os seus métodos e suposicións sen cambio ou desenvolvemento e sen integración dunhas nas outras. Os profesionais implicados en tarefas multidisciplinares adoptan relacións de colaboración con obxectivos comúns.Foi incluída por Jean Piaget na súa clasificación das relacións entre disciplinas. A multidisciplinariedade diferénciase claramente da interdisciplinariedade debido á relación que comparten as disciplinas.