Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A expresión O2 pode referirse a: O2, que é a fórmula do elemento químico Osíxeno molecular; Telefónica O2, un operador de telecomunicacións; o O-2 Skymaster, un modelo de avión; O2: un álbum do grupo de pop O-Town; O2: un álbum dos rockeros FireHouse; a SGI O2, unha estación de traballo de Silicon Graphics; O2, unha das formas de Dark Matter, inimigo dos xogos de Kirby. o O2, un domo en Londres. A Base de Datos orientada a obxectos OOBD chamada O2.
O Día do Libro (tamén denominado Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor, Día Internacional do Libro e Día Mundial do Libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
O Día da Terra (en inglés Earth Day) é o nome dunha celebración festiva que se corresponde con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o 20 ou 21 de marzo e o Día da Terra do 22 de abril iniciado nos Estados Unidos en 1970, e que continúa celebrándose aínda hoxe nese día. A festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos sometendo. A través da celebración preténdese aumentar a consciencia con relación ó medio e os problemas ambientais.
Tetris (en ruso: Тетрис) é un videoxogo de crebacabezas orixinalmente creado e programado por Alexey Pajitnov o 6 de xuño de 1984,, mentres estaba a traballar para o Centro de Computación de Dorodnicyn da Academia das Ciencias da URSS en Moscova. Collía o seu nome do prefixo numérico grego tetra (todas as pezas do xogo, denominadas tetrominós, posúen catro segmentos) combinado co do tenis, o deporte favorito de Pajitnov.O xogo (ou unha das súas moitas variantes) está dispoñíbel para case todas as consolas de videoxogos e sistemas operativos de computadoras, así coma outros dispositivos coma calculadoras, teléfonos móbiles, reprodutores portátiles de son ou PDAs. A pesar de que foron amplamente distribuídas diferentes versións do xogo para diversas plataformas de computadoras, foi a versión para Game Boy, lanzada en 1989, a que consolidou ao xogo coma un dos máis populares.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Sacramento é a capital do Estado de California, nos Estados Unidos, e do condado do seu nome. Situada no interior, ao norte da baía de San Francisco, é de menor tamaño e importancia económica que Os Ánxeles, San Francisco, San Diego e San Jose, as outras catro principais cidades californianas. Segundo o censo de 2000 tiña unha poboación de 407 018, en 2005 tiña 456 441 e en 2007 de 467 343.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 172.591 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Avengers: Age of Ultron é un filme estadounidense de 2015 baseado nos superheroes de Marvel Comics Os Vingadores, producido por Marvel Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. É a secuela do filme de 2012's The Avengers e o décimo primeiro filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU). O filme foi escrito e dirixido por Joss Whedon e conta cun elenco composto por Robert Downey Jr., Chris Hemsworth, Mark Ruffalo, Chris Evans, Scarlett Johansson, Jeremy Renner, Don Cheadle, Aaron Taylor-Johnson, Elizabeth Olsen, Paul Bettany, Cobie Smulders, Anthony Mackie, Hayley Atwell, Idris Elba, Stellan Skarsgård, James Spader e Samuel L. Jackson.
O Imperio Inca foi o berce da civilización inca, a derradeira das tres grandes civilizacións precolombianas que conservou o seu Estado. A civilización inca xurdiu nas terras altas do Perú nalgún momento a principios do século XIII. As orixes do imperio remóntanse á vitoria dos quechuas sobre os chancas en 1438 e desapareceu no século XVI coa súa anexión ao Imperio Español en 1533, aínda que en 1537 houbo un intento de restaurar o imperio que foi sufocado polos españois en 1572. Unificou diversas culturas preincas da América do Sur e con elas constituíu o imperio máis extenso do continente americano.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A apóutega, mel de raposo, tetos, venturiño, ameleira, mel do cuco, chuchamelos, tamén coñecida como póutiga ou apóutiga , de nome científico Cytinus hypocistis, é unha especie de planta parasita que é polinizada polas formigas, pertencente á familia Cytinaceae. Parasita nas raíces de plantas dos xéneros Cistus e Halimium. Atópase principalmente na zona mediterránea, é a especie tipo para o xénero Cytinus.
Ángel Gabilondo Pujol, nado o 1 de marzo de 1949 en Donostia, País Vasco, é un filósofo e político español. Actualmente é catedrático no Departamento de Filosofía da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Autónoma de Madrid, da que é reitor dende 2007. É tamén presidente do Consejo de Rectores de Universidades de España.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Sark (francés: Sercq; Sercquiais: Sèr ou Cerq), é unha pequena illa das Illas da Canle no suroeste do Canle da Manga, na costa de Normandía, Francia. É un feudo real, que forma parte da Bailía de Guernsey, co seu propio conxunto de leis baseadas na lei normanda e o seu propio parlamento. Ten unha poboación de preto de 600 habitantes.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2021, ano dedicado a Xela Arias, 61 autores (5 mulleres e 56 homes) foron homenaxeados nas 59 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Fernando Simón Soria, nado en Zaragoza o 29 de xullo de 1963, é un médico epidemiólogo español, director desde 2012 do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade de España, coñecido pola súa actuación como portavoz do comité especial sobre a doenza do virus do ébola en España en 2014 e como portavoz do Ministerio de Sanidade durante a pandemia Pandemia por coronavirus de 2020 en España.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O megaletoscopio é un mecanismo óptico xurdido a partir da evolución do aletoscopio (patentado en 1861), deseñados ambos aparellos polo fotógrafo suízo Carlo Ponti. Este aparello foi deseñado en 1870. En máis dunha ocasión confundiuse o megaletoscopio co estereoscopio, pero o deseño e o efecto deste segundo aparello son completamente distintos. Porén, o megaletoscopio garda certas similitudes co aletoscopio, pois ambos son capaces de ofrecer unha certa ilusión de relevo utilizando a cromoestereopsis.
A forma física é un estado xeral de saúde, e de xeito máis específico, a capacidade de practicar certa actividade física, ocupacións e actividades cotiás. Unha boa forma física polo xeral adquírese como resultado dunha nutrición axeitada e a práctica de exercicio físico de moderado a vigoroso, e un descanso apropiado.Con anterioridade á revolución industrial, definíase forma física como a capacidade de realizar as actividades cotiás sen experimentar fatiga. Porén, coa automatización e os cambios no estilo de vida no presente, considérase que a forma física é unha medida da capacidade do corpo de funcionar de forma eficiente e efectiva durante o traballo e actividades de esparexemento, estar en condición saudable, ser capaz de resistir doenzass hipocinéticas, e poder enfrontar situacións de emerxencia.Ponse énfase en que a saúde física é o resultado da actividade física regular, dunha dieta e nutrición axeitados, ademais dun descanso apropiado para a recuperación física dentro dos parámetros individuais.
Misión Imposible: Protocolo Pantasma
Misión imposible: Protocolo Pantasma (en inglés: Mission: Impossible – Ghost Protocol, tamén coñecido como Mission: Impossible IV – Ghost Protocol ou simplemente como Mission: Impossible IV) é un filme estadounidense de acción e espías, dirixido por Brad Bird e estreado no 2011. É o cuarto filme da serie Mission: Impossible. Está protagonizado por Tom Cruise, no seu papel do axente Ethan Hunt.
O twist é unha danza baseado no rock and roll moi popular a comezos da década de 1960, chamada así a partir dunha canción que o orixinou: "The Twist". Foi o primeiro estilo internacional de danza baseado no rock and roll, onde as parellas non se tocaban mentres danzaban. Esta danza popularizouna Chubby Checker en 1960 coa súa versión do tema de "The Twist" composto por Hank Ballard en 1959.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Lëtzebuerg, en francés: Luxembourg, en alemán: Luxemburg), oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Groussherzogtum Lëtzebuerg, en francés: Grand-Duché de Luxembourg, en alemán: Großherzogtum Luxemburg), é un país de Europa Occidental e forma parte da Unión Europea e da eurozona. Limita ao leste con Alemaña, ao sur con Francia e a oeste e norte con Bélxica. Non ten saída ó mar.
A liberdade, do latín "libertas, -ātis" e do grego "ή ελευθερία", é a capacidade que ten o ser humano de obrar ou non segundo a súa intelixencia e sen unha obriga externa á propia persoa. Tamén se representa a liberdade como aquel estado no que o home non está sendo escravizado nin preso por outro, facendo alusión a aqueles aspectos relacionados coa independencia. Mais a liberdade do home vese fundamentada polo feito da súa carencia de instintos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de thriller policiaco que se estreou na TVG o 3 de outubro de 2018. Está dirixida por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 29 de marzo de 2019, sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma.
O escáncer común ou liscanzo (Anguis fragilis) é un réptil da familia Anguidae pero que perdeu as patas, semellando máis unha pequena cobra. Resulta habitual en toda Galicia e é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
Prismos é un lugar da parroquia de Maniños no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 11 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 7 homes e 4 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 13 habitantes. Na zona está o Castro de Prismos.
María "Maruxa" Fandiño Ricart, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1898 e finada na mesma cidade o 13 de maio de 1980, e Coralia Fandiño Ricart, nada en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1914 e finada na Coruña o 30 de xaneiro de 1983, foron unha parella de irmás coñecidas na súa cidade como As Marías, As dúas Marías ou, en menor medida, As dúas en punto, representadas dende 1994 nunha célebre escultura situada no parque da Alameda.As dúas irmás eran uns populares personaxes da cidade polo feito de levar a cabo os seus paseos cotiás pola Zona Vella, durante as décadas dos cincuenta e sesenta, vestidas e maquilladas dun xeito estrafalario. Estes paseos, que tiñan lugar ás dúas en punto do medio día (de aí un dos seus alcumes), eran todo un acontecemento polo contraste que supuñan co gris ambiente que reinaba durante o franquismo.
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
A lingua cocama (ou kokáma) é unha lingua indíxena da familia tupí-guaraní falada en Colombia, Venezuela, o Perú e o Brasil. Os falantes de cocama teñen unha taxa de alfabetización do 3% na súa propia lingua, comparado co 50% de alfabetización en lingua castelá. As regras gramaticais foron desenvolvidas usando o alfabeto latino.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Cristina Ramos Pérez, nada nas Palmas de Gran Canaria, Illas Canarias, o 19 de febreiro de 1979, é unha cantante española de rock e ópera. É coñecida por ser gañadora de Talent Shows de televisión como a sétima tempada de La voz (México) e a primeira edición de Got Talent España. É unha das 5 artistas do Top 5 de America's Got Talent the Champions que se emitiu na NBC e que reuniu aos mellores artistas dos 15 anos de historia do programa nos seus máis de 50 versións no mundo.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Natalie Maria Cole, nada nos Ánxeles o 6 de febreiro de 1950 e finada na mesma cidade o 31 de decembro de 2015, foi unha cantante, letrista e actriz estadounidense. Cole era filla do cantante e pianista de jazz Nat King Cole e alcanzou o éxito a mediados da década de 1970 como cantante de rhythm and blues con cancións como "This Will Be", "Inseparable" (1975) e "Our Love" (1977). Volveu como cantante pop co álbum de 1977 Everlasting e a súa versión da canción de Bruce Springsteen "Pink Cadillac".
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Susan Solomon, nada en Chicago (Estados Unidos) o 19 de xaneiro de 1956, é unha química atmosférica que traballou na Administración Nacional Oceánica e Atmosférica(NOAA) durante gran parte da súa carreira profesional, onde fixo grandes descubrimentos sobre a composición da atmosfera. Dende o 2011 ata a actualidade (2021) traballou como profesora no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Foi unha das primeiras persoas en sinalar que o burato da capa de ozono do antártico se orixinou debido aos clorofluorocarbonos e ao seu mecanismo de reacción radical libre.
A lingua cofán (tamén chamada kofan ou kofane; autónimo: a'ingae) é unha lingua indíxena falada polo pobo cofán na provincia de Sucumbíos no nordeste de Ecuador e no sur de Colombia (Nariño e Putumayo).Malia que o cofán é unha lingua ameazada, está clasificada como lingua en desenvolvemento con arredor de 1400 a 2400 falantes. Existen dúas variedades de cofán: o aguarico (falado en Ecuador) e o San Miguel (falado principalmente en Colombia). Arredor do 60% dos falantes de cofán en Ecuador están alfabetizados na súa propia lingua.O uso do cofán en Ecuador está conectado co uso da lingua en documentos de dereitos de propiedade da terra e ao ensino bilingüe nas escolas.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.