Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2021, ano dedicado a Xela Arias, 61 autores (5 mulleres e 56 homes) foron homenaxeados nas 59 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
Un diorama (do grego di-, "a través de", e orama, "o que é visto") é un tipo de maqueta que mostra figuras humanas, vehículos, animais ou seres imaxinarios na composición, presentados nun espazo co propósito de representar unha escena.Ás veces sitúase diante dun fondo pintado ou impreso de maneira que simule unha contorna real, completado normalmente con efectos de iluminación. Poden representar escenas da natureza, urbanas, eventos históricos, batallas etc. ben con fins didácticos ou de entretemento.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Jealsa Rianxeira é unha sociedade anónima con domicilio social na rúa Bodion, de Boiro, A Coruña, co seguinte obxecto social: Artigo 2. Obxecto. Constitúe o obxecto social da Sociedade: 1º A fabricación, compravenda, importación, exportación e subministración de toda clase de conservas de peixe e mariscos; o seu envasado e comercio en xeral de tal industria.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 173.544 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Los hombres de Paco foi unha serie de televisión española producida por Globomedia e emitida pola canle de televisión Antena 3 entre o 9 de outubro de 2005 e o 19 de maio de 2010. A súa liña argumental xira ao redor das vivencias de tres policías nacionais (Paco, Lucas e Mariano) algo torpes pero honrados, e as súas relacións persoais, profesionais e familiares. A serie, ademais de ser a primeira serie de comedia baseada no corpo nacional de policía, é unha das primeiras producións españolas en abordar en certo xeito o coñecido como humor negro.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
O Imperio Inca foi o berce da civilización inca, a derradeira das tres grandes civilizacións precolombianas que conservou o seu Estado. A civilización inca xurdiu nas terras altas do Perú nalgún momento a principios do século XIII. As orixes do imperio remóntanse á vitoria dos quechuas sobre os chancas en 1438 e desapareceu no século XVI coa súa anexión ao Imperio Español en 1533, aínda que en 1537 houbo un intento de restaurar o imperio que foi sufocado polos españois en 1572. Unificou diversas culturas preincas da América do Sur e con elas constituíu o imperio máis extenso do continente americano.
The Mitchells vs. the Machines
The Mitchells vs. the Machines é un filme estadounidense de animación de 2021 dirixido por Mike Rianda e producido por Sony Pictures Animation. O filme foi escrito por Rianda e Rowe, xunto con Phil Lord, Christopher Miller e Kurt Albrecht como os produtores.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
Carolina Iglesias, tamén coñecida como Percebes y Grelos, nada en Oleiros o 8 de agosto de 1993, é unha humorista, guionista e youtubeira feminista galega. En 2021, foi recoñecida co Premio Marcela e Elisa polo seu traballo en prol dos dereitos LGTBI+, sendo a persoa máis nova en recibir este galardón.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).
Sully (tamén coñecido como Sully: Miracle on the Hudson) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Clint Eastwood e escrito por Todd Komarnicki, baseado na autobiografía Highest Duty de Chesley "Sully" Sullenberger e Jeffrey Zaslow. Tom Hanks interpreta a Sullenberger, xunto con Aaron Eckhart, Laura Linney, Anna Gunn, Autumn Reeser, Holt McCallany, Jamey Sheridan e Jerry Ferrara nos papeis secundarios. O filme conta a historia real da aterraxe de emerxencia que realizou Sullenberger en xaneiro de 2009 sobre o río Hudson, na cal os 155 pasaxeiros e os membros da tripulación sobreviviron só con feridas leves.
A apóutega, mel de raposo, tetos, venturiño, ameleira, mel do cuco, chuchamelos, tamén coñecida como póutiga ou apóutiga , de nome científico Cytinus hypocistis, é unha especie de planta parasita que é polinizada polas formigas, pertencente á familia Cytinaceae. Parasita nas raíces de plantas dos xéneros Cistus e Halimium. Atópase principalmente na zona mediterránea, é a especie tipo para o xénero Cytinus.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A meiga chuchona é unha figura mítica do imaxinario popular galego que dá orixe a unha lenda tradicional que se coñece co mesmo nome. De acordo coa lenda, a meiga chuchona entra ao empardecer o día nas casas onde hai cativos para lles chuchar o sangue, motivo que os fai enmagrecer até quedar co corpo mirrado. Existe unha versión cinematográfica de 2006 a cargo de Pablo Millán.
A xustaposición é, xunto coa coordinación e a subordinación, un dos tres procedementos para combinar sentenzas ou frases e pór de relevo unha relación sintáctica entre elas. Así mesmo, a xuxtaposición é unha das formas de creacións de palabras xunto coa sinapsia, a disxunción, a contraposición e a derivación. Algúns exemplos son menosprezar, malfeitor ou pasatempo.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Para consultar o xénero Quercus, ver o artigo carballo. O Quercus robur L. (ás veces considerado Quercus pedunculata) coñécese normalmente como carballo común, carballo veriño, carballo bravo ou simplemente carballo. O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura.
A historia da Terra abarca os acontecementos sucedidos desde a súa formación, a partir da nebulosa solar xunto co Sol e os outros planetas do sistema solar, hai uns 4.500 millóns de anos, até a actualidade. A Lúa formouse máis tarde, posibelmente como resultado do impacto dun obxecto do tamaño de Marte. A primeira molécula autorreplicante apareceu hai 4.000 millóns de anos aproximadamente.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou filosofía e letras en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial.
Elon Reeve Musk, nado en Pretoria o 28 de xuño de 1971, é un empresario, enxeñeiro e inventor surafricano de nacionalidade estadounidense-canadense. É o CEO e o CTO de SpaceX. É un dos primeiros investidores e CEO de Tesla, Inc.; fundador de The Boring Company; cofundador de Neuralink e cofundador e xefe inicial de OpenAI. Musk é unha das persoas máis adiñeiradas do mundo.
Roy Harold Fitzgerald, Jr., coñecido como Rock Hudson, nado en Winnetka (Illinois) o 17 de novembro de 1925 e finado en Beverly Hills (California) o 2 de outubro de 1985, foi un actor de cinema estadounidense famoso polos seus papeis de galán do cinema clásico moderno estadounidense. Hudson tivo a sona na súa última etapa de ser un dos primeiros casos publicitados de SIDA nos Estados Unidos, nos inicios da pandemia, a principios da década dos 80.
Gangster Squad, brigada de elite
Gangster Squad, brigada de elite é un filme estadounidense de 2013 dirixido por Ruben Fleischer, escrito por Will Beall e protagonizado por Josh Brolin, Ryan Gosling, Nick Nolte, Emma Stone, Anthony Mackie, Giovanni Ribisi, Robert Patrick, Michael Peña e Sean Penn. Ambienado en 1949, o argumento presenta unha versión ficticia dos oficiais e detectives da policía dos Ánxeles, chamados Gangster Squad, que tentan manter a salvo a cidade dos Ánxeles de Mickey Cohen e a súa banda. Logo de que o guión pasase varios anos sen proxecto, a produción do filme comezou en setembro de 2011, rematando en decembro dese ano.
Santiago Rey Fernández-Latorre
Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña en 1938, é un empresario galego, propietario do xornal La Voz de Galicia.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O ferrado (tamén coñecida como tega nalgúns lugares) é unha medida galega, moi variábel dun lugar a outro. Dada a variedade existente, almanaques agrícolas como o ZZ, O Mintireiro Verdadeiro ou O Gaiteiro de Lugo adoitaban incluír unha equivalencia co sistema métrico decimal segundo as zonas xeográficas.
Festa da Palabra Silenciada é unha revista anual de carácter político-cultural producida dende maio de 1983 en Vigo por Feministas Independentes Galegas (FIGA) e dirixida por María Xosé Queizán. Aínda que os seus contidos se foron ampliando dende o comezo, os máis significativos son o reflexo do pensamento feminista en moi diversos aspectos da realidade e a crítica, centrada na autoría feminina, de textos literarios galegos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación.
Ludwig van Beethoven, nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. O seu legado musical abarca, cronoloxicamente, desde o período clásico ata inicios do romanticismo musical. É un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na música posterior.
A milla verde (en inglés: The Green Mile) é un filme estadounidense dirixido por Frank Darabont que foi estreado en 1999. Está baseada na novela The Green Mile de Stephen King escrita en 1996. O filme está contado en modo de flashback e está protagonizado por Tom Hanks, que interpreta a Paul Edgecomb, e por Michael Clarke Duncan como John Coffey.
British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
Greifswald, oficialmente denominada Universitäts- und Hansestadt Greifswald (Universidade e hanseática Greifswald), é unha cidade de alemá situada na rexión de Pomerania Occidental, administrativamente no Land de Mecklemburgo-Antepomerania, e distrito (Landkreis) de Pomerania Occidental-Greifswald, ás beiras da baía de Greifswald (Greifswalder Bodden), no mar Báltico, baía pechada polas maiores illas alemás, a Rügen e Usedom.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
Os Seattle Seahawks (do inglés: Aguias Peixeiras de Seattle) son un equipo profesional de fútbol americano con sede en Seattle, Washington. Actualmente participan na División Oeste da National Football Conference (NFC) na National Football League (NFL). Xunto cos Tampa Bay Buccaneers, uniuse en 1976 á NFL, ámbolos como equipos de expansión.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.