Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Os crocodilianos ou crocodilios son os réptiles da orde Crocodilia (ou Crocodylia), da que existen 24 especies vivas e numerosas fósiles. Son réptiles maioritariamente grandes, predadores e semiacuáticos. Pertencen a esta orde os crocodilos (familia Crocodylidae), os aligátores e caimáns (ambos da familia Alligatoridae) e os gaviais (familia Gavialidae).
O termo neurose foi proposto polo médico escocés William Cullen en 1769 en referencia aos trastornos sensoriais e motores causados por enfermidades do sistema nervioso. En psicoloxía clínica, o termo úsase para referirse a trastornos mentais que distorsionan o pensamento racional e o funcionamento social, familiar e laboral adecuado das persoas. Existe unha confusión xeneralizada sobre o termo neurose.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2021, ano dedicado a Xela Arias, 61 autores (5 mulleres e 56 homes) foron homenaxeados nas 59 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
MQTT (Message Queuing Telemetry Transport) é un protocolo de menxasería baseado en publicación-subscrición recollido na norma ISO (ISO/IEC PRF 20922) . Funciona sobre o protocolo TCP/IP. Está deseñado para conexións con localizacións remotas onde se require unha "pegada de código pequeno" ou o ancho de banda da rede é limitado. O padrón de mensaxería publicación-subscrición require un intermediario de mensaxes.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Capharnaüm (en árabe: کفرناحوم) é un filme libanés de 2018 dirixido por Nadine Labaki e producido por Khlaed Mouzanar. O guión foi escrito por Labaki, Jihad Hojaily e Michelle Keserwany a partir dunha historia de Labaki, Hojaily, Keserwany, Georges Khabbaz e Khaled Mouzanar. Está protagonizado polo refuxiado sirio e actor infantil Zain Al Rafeea, no papel de Zain El Hajj, un neno de doce ano que vive nos suburbios de Beirut.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
Lista dos estados dos EUA por área
Esta é unha lista dos estados dos Estados Unidos e os seus principais territorios ordenados por superficie total, superficie terrestre e superficie acuática. As cifras de superficies acuáticas inclúen augas interiores e costeiras, os Grandes Lagos e augas territoriais. Os glaciares e as zonas acuáticas intermitentes cóntanse coma superficie terrestre.Tódolos datos proporciónaos a Oficina do Censo dos Estados Unidos, correspondentes ao ano 2000.Os rexistros cun (*) na columna posición e co nome en cursiva indican un estado legal distinto ao dos máis estados.
O American Song Contest é unha vindeira adaptación americana do Festival da Canción de Eurovision na que cincuenta estados, cinco territorios e mais o distrito federal Washington, D.C competirán polo título de Mellor Canción Orixinal. Christer Björkman, Anders Lenhoff, Ola Melzig e Peter Settman serán os produtores xunto con Ben Silverman como produtor executivo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a faixa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
The Lost City of Z é un filme estadounidense de 2016 escrito e dirixido por James Gray. Está baseado no libro homónimo de 2009 escrito por David Grann. Conta os eventos reais arredor da figura real do explorador británico Percy Fawcett, que foi enviado ó Brasil e fixo varios intentos de atopar unha suposta cidade perdida na Amazonia.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 173.622 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na faixa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Premios Follas Novas do Libro Galego
Os Premios Follas Novas do Libro Galego, coñecido nas cinco primeiras edicións (2016-2020, ambas incluídas) como Premios da Gala do Libro Galego, son uns galardón que se entregan como parte dun evento cultural de carácter anual que ten por finalidade distiguir as mellores obra e iniciativas literarias de cada ano (sempre a ano vencido). Os convocadores son a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A abella carpinteira (Xylocopa violacea) é un abellón, facilmente recoñecible pola súa cor negra e o seu voo rápido. Aparece cando o sol comeza a quentar, ás veces en febreiro, e aliméntase dunha ampla variedade de flores para se fornecer de néctar antes de entrar en hibernación a fins do verán. A femia fai o seu niño nas árbores mortas.
O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de thriller policiaco que se estreou na TVG o 3 de outubro de 2018. Está dirixida por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 29 de marzo de 2019, sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma.
Palestina (Árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (Árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira sudoriental do mar Mediterráneo. Tamén é considerado un protoestado. Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral.
Este é un artigo sobre un territorio de Palestina, de procurar outro artigo de igual nome vexa Gaza. A Faixa de Gaza (قطاع غزة , Qita' Ghazzah en árabe; רצועת עזה , Retzu'at 'Azza en hebreo) é un territorio baixo a xurisdición da Autoridade Nacional Palestina, aínda que de iure non forma parte de ningún Estado soberano. Os palestinos afirman que está baixo ocupación militar de Israel, quen nega esa afirmación, sobre todo tras o seu Plan de retirada de 2005.
Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a meirande cidade dos Países Cataláns. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Unha galleta dixestiva é unha galleta semidoce, cuxo nome procede da crenza de que tiña propiedades antiácidas debido ao uso de bicarbonato sódico nas receitas orixinais. Son coñecidas dende polo menos o ano 1876, cando apareceron en anuncios publicitarios de Huntley & Palmers, aparecendo unha receita no New Universal Cookery Book de Cassell (1894).
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León.
O escáncer común ou liscanzo (Anguis fragilis) é un réptil da familia Anguidae pero que perdeu as patas, semellando máis unha pequena cobra. Resulta habitual en toda Galicia e é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 1 do mundo na clasificación ATP. Gañador en 20 ocasións dun torneo de Grand Slam, igualando o récord establecido por Roger Federer. Campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Canuto José Berea Rodríguez, nado na Coruña o 28 de xuño de 1836 e finado na mesma cidade o 24 de febreiro de 1891, foi un empresario, músico (director de orquestra, violinista, pianista, profesor e compositor) e político galego. O seu enorme prestixio cidadán foi un apoio fundamental para o establecemento de novas agrupacións musicais. Considérse como un dos pioneiros do orfeonismo galego, xunto a Xosé Castro "Chané" e Pascual Veiga.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega, autor da letra do Himno de Galicia. Foi un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. En 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Liv Strömquist, nada en Lund o 3 de febreiro de 1978, é unha autora de banda deseñada sueca, ademais de locutora e activista política.Strömquist é a autora dos álbums Hundra procent fett ("Cen por cento de graxa", 2006), Drift (2007), Einsteins Fru ("A muller de Einstein", 2008), Prins Charles känsla ("o sentimento do príncipe Charles ”, 2010), Ja till Liv (“ si á Vida ”, 2011) e A froita do coñecemento (2014). Este último é un ensaio ilustrado sobre a historia cultural da vulva.Strömquist tamén participou como colaboradora habitual en programas de radio e televisión como Tankesmedjan, Hej domstol, Pang Prego, En varg söker sin pod ou Lilla drevet e copresentou dúas tempadas da serie Liv och Horace e Europa xunto con Horace Engdahl, en centros culturais europeos.En 2017, a antoloxía de debuxos The Night Garden (o xardín nocturno), exhibida en diferentes estacións do Metro de Estocolmo, causou controversia ao representar abertamente a menstruación.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
José Castro González, máis coñecido polo alcume de Chané, nado en Santiago de Compostela o 16 ou 18 de xaneiro de 1856 e finado na Habana o 27 de xaneiro de 1917, foi un músico galego. Como instrumentista era virtuoso da guitarra e da cítara. Tamén foi compositor, e director do Orfeón Coruñés e máis tarde do Coral Polifónica El Eco, co que obtivo galardóns en Pontevedra (1880), Madrid (1887), Barcelona (1888), Santander e París (festival do Teatro Trocadero de 1889).
A Cerámica azul e branca (en chinés : 青花; pinyin : qīng-huā; lit. "Flores / patróns azuis") abrangue unha grande variedade de cerámica e porcelana brancas, decoradas baixo o esmalte cun pigmento azul, normalmente óxido de cobalto. A decoración adoitaba ser aplicada á man, orixinalmente pintanda con pincel, máis modernamente mediante esténcil, impresión por transferencia e outros métodos.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
The Purge: Election Year é un filme estadounidense de 2016 escrito e dirixido por James DeMonaco e protagonizado por Frank Grillo, Elizabeth Mitchell e Mykelti Williamson. É a secuela do filme de 2014 The Purge: Anarchy e é o terceiro título da franquía The Purge. Jason Blum e Michael Bay son algúns dos produtores.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Libro de familia é unha serie de televisión emitida pola TVG entre 2005 e 2013 producida por El Correo Gallego. A serie transcorre en Santalla, unha típica vila do interior galego durante os anos 1960, e está protagonizada por tres familias de diferente extracción social. Nas tempadas 2005-06 e 2006-07 foi o espazo máis visto da TVG, seguido dalgúns clásicos galegos como O show dos Tonechos ou o veterano Luar.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Ruth Lorenzo Pascual, nada en Las Torres de Cotillas (Murcia) o 10 de novembro de 1982, máis coñecida como Ruth Lorenzo, é unha cantante e compositora española. É coñecida pola súa participación no concurso británico The X Factor en 2008 e por compoñer varios temas de Auryn ou Dannii Minogue. En 2014 foi escollida para representar a España no Festival de Eurovisión 2014 coa canción "Dancing in the rain".
O Castro de Cumeiro, Cumeiro, Vila de Cruces
O Castro de Cumeiro é un lugar da parroquia de Cumeiro, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, na comarca do Deza. Segundo o INE, en 2008 tiña 64 habitantes (31 homes e 33 mulleres), o que supón unha diminución de 11 habitantes con respecto ao ano 2000.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
A tartaruga de coiro ou tartaruga mariña de coiro, Dermochelys coriacea, é unha especie de tartaruga mariña, a única do xénero Dermochelys, que á súa vez é o único xénero actual da familia dos dermoquélidos. Son as únicas tartarugas mariñas que non pertencen á familia queloníidos.É a maior de todas as tartarugas, xa que alcanzan unha lonxitude de 2,3 m, e o cuarto réptil máis pesado, cun peso de máis de 600 kg, só superado por tres crocodilos. Un individuo macho chegou a pesar 916 kg, aínda que as tartarugas deste tamaño son raras.