Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense. Tras unha exitosa carreira no cine británico en películas mudas e nas primeiras sonoras, o que o levou a ser considerado o mellor director de Inglaterra, Hitchcock trasladouse a Hollywood en 1939.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2021, ano dedicado a Xela Arias, 61 autores (5 mulleres e 56 homes) foron homenaxeados nas 59 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
Francesco "Franco" Battiato, nado en Jonia (hoxe Riposto, en Sicilia) o 23 de marzo de 1945, e finado en Milu, Catania, o 18 de maio de 2021, foi un cantautor, compositor e cineasta italiano e, co pseudónimo de Süphan Barzani, tamén pintor. As cancións de Battiato conteñen elementos esotéricos, filosóficos e relixiosos e moveuse por xéneros como o pop experimental, a música electrónica, o rock progresivo, a new wave, a ópera lírica ou a música étnica. Colaborou con persoeiros como o violinista Giusto Pio ou o filósofo Manlio Sgalambro.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A Marcha Verde foi a avance masivo que a través do deserto realizaron, en novembro de 1975, 350.000 civís e 25.000 militares marroquís, logo da chamada do rei Hassán II, coa pretensión de forzar a entrega por España do Sáhara Español a Marrocos tras o ditame do Tribunal Internacional de Xustiza que recoñecía o dereito do pobo saharauí á autodeterminación.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
No sistema circulatorio, unha vea (do latín vēna, -ae) é un vaso sanguíneo que leva sangue en dirección ao corazón. Os vasos que cargan sangue para fóra do corazón denomínase arterias. O estudo das veas e as doenzas das veas coñécese co nome de fleboloxía (dos elementos flebo-, do grego φλέψ, φλεβός phléps, phlebós, "vea", "vaso sanguíneo", e -loxía, do grego λόγοσ lógos, "palabra", "tratado") e é unha disciplina que ven sendo desenvolvida a través dunha variedade de científicos de diferentes áreas.
O Apollo 13 foi a sétima misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América. Non puido cumprir o seu obxectivo, que era realizar unha aluaxe na rexión de Fra Mauro, debido ás enormes complicacións causadas pola explosión dun tanque de osíxeno cando a nave espacial viaxaba cara á Lúa. Esta aventura espacial foi levada ao cine en 1995 coa película Apollo 13.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Polisario ou a Fronte Polisario (en árabe, جبهة البوليزاريو), forma abreviada de Fronte Popular de Liberación de Saguía el Hamra e Río de Oro (Wādī ad-Dahab) é un movemento político e militar do Sáhara Occidental. O Polisario é o sucesor da Organización Avanzada para a Liberación de Saguia el Hamra e Río de Oro dos anos 1960, dirixido por Mohamed Bassir, asasinado polo exército español durante a ditadura de Francisco Franco. Un grupo de estudantes, liderados por El-Uali Mustafa Sayyid, conforma o Polisario o 10 de maio de 1973 co propósito de atinxir a independencia do territorio mediante a loita armada, primeiro do dominio español e despois do marroquí e mauritano.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Melilla (مليلة en árabe; Mritch ou Mrič en bérber) é unha cidade autónoma española, situada na rexión do Rif, no norte de África, a beiras do mar Mediterráneo, fronte á costa meridional da Península Ibérica, limítrofe con Marrocos e próxima a Alxeria. A cidade e os seus territorios esténdense sobre 12,5 km² de superficie na parte oriental do cabo de Tres Forcas. Alberga unha poboación de máis de 78.000 habitantes e presenta diversas particularidades froito da súa posición xeográfica e historia, tanto na composición da súa poboación e as súas actividades económicas, como na súa cultura (froito da exemplar convivencia de cristiáns, musulmáns, xudeus e hindús).
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Unha silueta, do apelido Silhouette (Pronunciación francesa: [silwɛt] ), é a imaxe dunha persoa, animal, obxecto ou escena representada como unha forma sólida dunha soa cor, normalmente negra, cos seus bordos coincidentes co contorno do suxeito. O interior dunha silueta non ten trazos e a silueta adoita presentarse sobre un fondo claro, normalmente branco, ou ningún. A silueta difiere dun contorno, que representa o bordo dun obxecto de forma lineal, mentres que unha silueta aparece como unha forma sólida.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 173.622 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O río Eume é un río galego. Nace na xunta dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ó pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral, a 759 m. O nacemento está localizado na parroquia de Montouto, no concello lugués de Abadín, aínda que as cabeceiras nacen na parroquia da Balsa, no concello veciño de Muras a 880 m.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Marrocos (en bérber: lmeɣrib, en árabe: المغرب Al-Magrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Radio Galega (RG) é o nome da radio pública de Galicia, integrada na Corporación de Radio-Televisión de Galicia, que inclúe tamén á Televisión de Galicia (TVG). Comezou a emitir, en fase de probas, o 24 de febreiro de 1985 e iniciou a súa programación regular o 29 de marzo dese ano. Desde mediados de 2009 a súa directora é a xornalista Rosa Martínez, en substitución do tamén xornalista Virxilio Costas.
Elon Reeve Musk, nado en Pretoria o 28 de xuño de 1971, é un empresario, enxeñeiro e inventor surafricano de nacionalidade estadounidense-canadense. É o CEO e o CTO de SpaceX. É un dos primeiros investidores e CEO de Tesla, Inc.; fundador de The Boring Company; cofundador de Neuralink e cofundador e xefe inicial de OpenAI. Musk é unha das persoas máis adiñeiradas do mundo.
Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theophilus Mozart máis coñecido co nome de Wolfgang Amadeus Mozart (ˈvɔlfgaŋ amaˈdeus ˈmoːtsart), nado en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e finado en Viena o 5 de decembro de 1791, está considerado como un dos máis grandes compositores de música clásica europea. A obra mozartiana abarca todos os xéneros musicais da súa época e alcanza máis de seiscentas creacións, na súa maioría recoñecidas como obras mestras da música sinfónica, concertante, de cámara, para piano, operística e coral, logrando unha popularidade e difusión universal. Na súa nenez máis temperá en Salzburgo, Mozart mostrou unha capacidade prodixiosa no dominio de instrumentos de teclado e do violín.
O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.
A seguinte é unha lista alfabética dos anfibios atopados en Galicia (a alfabetización faise polos nomes dos xéneros). Está baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española , a información obtida na Lista Vermella da IUCN e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada, Pedro Galán e Gustavo Fernández. Esta clase contén arredor de 6.433 especies vivas das cales unhas 17 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.
A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Está nun cabo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega, autor da letra do Himno de Galicia. Foi un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. En 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
O lagarto arnal, ou lagarto ferreño, Timon lepidus (antes Lacerta lepida), é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das que na actualidade integran o xénero Timon.É un lagarto endémico da Europa suroccidental. Vive tamén en Galicia, onde é un dos lagartos de maior tamaño, xunto co lagarto das silvas. Pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total incluíndo a cola.
Paula Medín López, "Alevín", nada en Cambre o 17 de xuño de 1984, é unha fisioterapeuta e xogadora de rugby galega, olímpica no Río 2016.Dianteira pertencente ao CRAT da Coruña e internacional coa Selección feminina de España de Rugby a 15 e Rugby a 7, foi campioa de Europa en 2010 en Estrasburgo, e participou nos Xogos Olímpicos do Río de Xaneiro do ano 2016.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
O Sáhara Occidental é un territorio do norte de África situado no extremo occidental do deserto do Sáhara, as beiras do océano Atlántico. É un dos 17 territorios non autónomos baixo supervisión do Comité Especial de Descolonización da Organización das Nacións Unidas, coa fin de eliminar o colonialismo. Foi introducido na lista dos territorios non autónomos en 1960 a través da resolución 1542 (XV) da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, de 15 de decembro dese ano, cando era unha provincia española.O seu proceso de descolonización foi interrompido en 1976, cando a súa potencia administradora, España, abandonou o Sáhara Occidental en mans de Marrocos e Mauritania —trala marcha verde e conforme ao disposto nos Acordos de Madrid (1975), non válidos segundo o Dereito internacional—.
A Torre Costa Rica, ou Torre Hercón, é un rañaceos situado na Coruña. Cos seus 119 metros, é o edificio máis alto de Galiza. Deseñada polo arquitecto coruñés José Antonio Franco Taboada, foi construída entre 1973 e 1975, arrebatándolle o posto de edificio máis alto de Galiza á coruñesa Torre Galicia.
Os freixos son árbores pertencentes ao xénero Fraxinus da familia das oleáceas. Contén unhas 45-65 especies de árbores de porte mediano a grande, de folla caediza polo xeral, aínda que unhas poucas especies subtropicais teñen follas persistentes. Adoitan ocupar lugares frescos, lameiros, brañas, ribeiras.
O materialismo é unha doutrina metafísica consistente en afirmar que só existe a materia ou que esta é a realidade básica da que depende todo o que existe. Por materia enténdese calquera substancia que ocupa un espazo e que pode verse e tocarse. En consecuencia, o materialismo nega a existencia de substancias absolutamente independentes da materia, como poden ser as almas, espíritos, deuses etc.
Unha cookie é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.