Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
España no Festival de Eurovisión
España participa, ininterrompidamente, no Festival da Canción de Eurovisión desde 1961. Nesa primeira participación quedou en novena posición coa canción "Estando contigo" de Conchita Bautista. Desde 1999, España forma parte do "Big Four" xunto a Alemaña, Francia e Reino Unido, ampliado con Italia en 2011 e denominado "Big Five".
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
O Club Atlético de Madrid S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Madrid. Foi fundado o 26 de abril de 1903 e actualmente xoga na Primeira división da Liga española de fútbol. O club exerce de local, dende a tempada 2017-18, no Wanda Metropolitano, despois de máis de medio século xogando no Estadio Vicente Calderón.
San Marino, oficialmente Serenísima República de San Marino, (en italiano: Serenissima Repubblica di San Marino) é unha república situada nos Apeninos, encravada no interior de Italia, e sen saída ao mar. Cun tamaño de tan só 61,4 km² é un dos países máis pequenos do mundo, só superando en Europa á Cidade do Vaticano e a Mónaco. Ademais con preto de 30.000 habitantes é o estado menos poboado dos membros de Consello de Europa.
México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec). Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e mais Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.
O Festival de Eurovisión (en inglés Eurovision Song Contest; en francés Concours Eurovision de la Chanson) é un festival da canción televisado, creado en 1956 de carácter anual e con participantes de numerosos países europeos, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión. A representación dos diversos países escóllena as canles de televisión pública. O Festival retransmítese por televisión e radio en toda Europa.
O papel (do latín papyrus) é un material constituído por unha delgada lámina elaborada a partir de polpa de celulosa, elaborada cunha pasta de fibras vexetais moídas suspendidas en auga, xeralmente branqueada, e posteriormente secada e endurecida, á que normalmente se lle engaden substancias como polipropileno ou polietileno co fin de proporcionarlle características especiais. As fibras que o compoñen están aglutinadas mediante ligazóns por ponte de hidróxeno. As fibras para a súa fabricación requiren algunhas propiedades especiais, como alto contido de celulosa, baixo custo e fácil obtención: razóns polas cales as máis comunmente usadas son as vexetais.
Queen é unha banda británica de rock creada en Londres 1970, trala ruptura do grupo Smile. Orixinalmente estivo formada por Freddie Mercury (voces, piano), Brian May (guitarra, voces), John Deacon (baixo) e Roger Taylor (batería, voces). Os seus primeiros traballos estaban influenciados polo rock progresivo, o hard rock e o heavy metal, pero gradualmente aventurouse cara unha música máis convencional, incorporando diversos estilos ao seu son.
San Sebastián de Covelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Lama na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2011 tiña 271 habitantes (150 mulleres e 121 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 282 habitantes.
Primeira división española de fútbol
O Campionato Nacional de Liga de Primeira División, máis coñecido como Primeira División e debido a motivos de patrocinio como LaLiga Santander, é a máxima categoría masculina da liga española de fútbol e a principal competición a nivel de clubs de España. É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Margaretha Geertruida "Margreet" Zelle MacLeod, máis coñecida como Mata Hari, nada en Leeuwarden o 7 de agosto de 1876 e finada en Vincennes, París, o 15 de outubro de 1917, foi unha famosa bailarina e actriz neerlandesa, condenada a morte por espionaxe e executada por fusilamento durante a I Guerra Mundial (1914-1918). A palabra matahari significa sol en malaio, e literalmente "ollo do día".
O LXV Festival de Eurovisión ía ser a 65ª edición do festival, e celebraríase nos Países Baixos en maio de 2020, despois de que Duncan Laurence gañase a edición de 2019 coa súa canción «Arcade». Esta será a quinta vez que Países Baixos organizará o certame, tras a edición de 1980. Tamén sería o primeiro evento oficial de Eurovisión que celebrado en chan neerlandés desde o Festival de Eurovisión Júnior 2012.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan), oficialmente República de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan Respublikası), é un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio, que limita con Rusia polo norte, Xeorxia e Armenia polo oeste e Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Acerbaixán) limita con Armenia ao norte e ao leste, Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste. Cultural, histórica e politicamente, Acerbaixán considérase oficiosamente como parte de Europa.
Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.
Amorebieta-Etxano, chamado habitualmente Amorebieta (en éuscaro: Zornotza, en referencia ao antigo Meiriñado de Zornotza) é un municipio da provincia de Biscaia, Euskadi. Atópase na comarca de Durangaldea. Foi constituído como municipio o 26 de xaneiro de 1951 coa unión dos elizates de Amorebieta e Etxano.
O LXIV Festival de Eurovisión foi a 64ª edición do festival e celebrarase en Tel Aviv, Israel, os días 14, 16 e 18 de maio de 2019, trala vitoria de Netta Barzilai e a súa canción «Toy» no certame de 2018. Foi a terceira ocasión na que Israel acolleu o festival, tras organizar as edicións de 1979 e 1999. O lema desta edición foi Dare to dream («Atrevede a soñar»).
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
No sistema circulatorio, unha vea (do latín vēna, -ae) é un vaso sanguíneo que leva sangue en dirección ao corazón. Os vasos que cargan sangue para fóra do corazón denomínase arterias. O estudo das veas e as doenzas das veas coñécese co nome de fleboloxía (dos elementos flebo-, do grego φλέψ, φλεβός phléps, phlebós, "vea", "vaso sanguíneo", e -loxía, do grego λόγοσ lógos, "palabra", "tratado") e é unha disciplina que ven sendo desenvolvida a través dunha variedade de científicos de diferentes áreas.
Andrea San Xurxo Martínez, máis coñecida polo seu pseudónimo Andy da Fonte, nada na Pobra do Caramiñal o 4 de febreiro de 2003, é unha artista e poeta galega. A súa escrita conta cunha notábel riqueza léxica e temáticas de corte intimista. San Xurxo manifesta un carácter solidario e altruista, cun compromiso e interese xornalístico coa loita de clases, pola liberdade das mulleres, da comunidade LGBT+, e polos dereitos dos animais.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 173.732 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Call of Duty é unha serie de videoxogos pertencente ao xénero FPS polas súas iniciais en inglés (First Person Shooter). Orixinalmente foi unha serie propia do PC, pero despois apareceu en diversas videoconsolas de quinta e sexta xeración. Ademais destas entregas principais, desde 2003, foron postas á venda diversas entregas para consolas portátiles e móbiles.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. A flor das dedaleiras e as súas follas conteñen unha substancia alcaloide, a dixitalina, que afecta ao funcionamento cardíaco e o extracto do seu principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas dende finais do século XVIII. Na medicina a dixitalina viuse obsoleta e no seu lugar é usada a dixitoxina, molécula sintética derivada daquela.
Francesco "Franco" Battiato, nado en Jonia (hoxe Riposto, en Sicilia) o 23 de marzo de 1945, e finado en Milu, Catania, o 18 de maio de 2021, foi un cantautor, compositor e cineasta italiano e, co pseudónimo de Süphan Barzani, tamén pintor. As cancións de Battiato conteñen elementos esotéricos, filosóficos e relixiosos e moveuse por xéneros como o pop experimental, a música electrónica, o rock progresivo, a new wave, a ópera lírica ou a música étnica. Colaborou con persoeiros como o violinista Giusto Pio ou o filósofo Manlio Sgalambro.
Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é unha república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004. Segundo a lei internacional, a illa no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes.
Robert Francis "Bobby" Kennedy, nado en Brookline (Massachusetts) o 20 de novembro de 1925 e asasinado nos Ánxeles (California) o 6 de xuño de 1968, foi unha personalidade do Dereito estadounidense, e o irmán máis novo do Presidente John F. Kennedy. Foi designado polo seu irmán coma Fiscal Xeral para a súa administración.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic) ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva. Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo.
Big Five (Festival de Eurovisión)
Big Five, Big 5 ou anteriormente Big Four (en galego: Os cinco grandes) é un termo inglés cos que se coñece aos cinco países que máis achegan economicamente á Unión Europea de Radiodifusión (UER). Os países son: Alemaña (2000-) España (2000-) Francia (2000-) Italia (2011-) Reino Unido (2000-)No Festival da Canción de Eurovisión teñen acceso directo á final. Previamente, era denominado Big Four ata que Italia retornou ao festival no Festival de Eurovisión 2011.
Non confundir co Río Moldova, romanés, afluente do Río Siret. Non confundir co Río Moldava ou Vltava, checo, afluente do Río Elba. A República Moldova, ou máis común e simplemente Moldova ou Moldavia, (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste.
Brian Harold May, nado en Hampton, Londres, Inglaterra, o 19 de xullo de 1947, é un músico e astrofísico británico, coñecido mundialmente por ser guitarrista, compositor, vocalista e, ocasionalmente, teclista da exitosa banda británica Queen. Compuxo moitos dos grandes éxitos de Queen e utiliza unha guitarra eléctrica feita por el mesmo, chamada Red Special. É considerado un dos guitarristas máis grandes e orixinais da historia.
Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma usual de se referir a todo o país, en holandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.
Nicholas Patrick Hayden, coñecido como Nicky Hayden, alcumado O Neno de Kentucky, nado o 30 de xullo de 1981 en Owensboro, Kentucky, e finado o 22 de maio de 2017 na localidade italiana de Cesena, foi un piloto norteamericano que participou no campionato do mundo de superbikes (SBK) e anteriormente no de MotoGP, onde foi o campión en 2006. Levaba sembre o dorsal número 69.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
As probas de fluxo lateral (LFT), tamén coñecidas como ensaios inmunocromatográficos de fluxo lateral ou probas rápidas, son dispositivos sinxelos destinados a detectar a presenza dunha substancia diana nunha mostra líquida sen necesidade de equipos especializados e custosos. Estas probas úsanse amplamente en diagnósticos médicos para probas no fogar, probas de punto de atención ou uso en laboratorio. Por exemplo, a proba de embarazo na casa é unha LFT que detecta unha determinada hormona.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Proba rápida de antíxeno COVID-19
As probas rápidas de antíxeno COVID-19, tamén chamadas probas de fluxo lateral COVID-19, son probas rápidas de antíxenos empregadas para detectar a infección por SARS-COV-2 (COVID-19). Son rápidos de implementar cun adestramento mínimo, ofrecen importantes vantaxes de custo, custando unha fracción doutras formas de probas COVID-19 e dan aos usuarios un resultado dentro de 5-30 minutos. Non obstante, teñen unha alta taxa de falsos negativos.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Virio Nicómaco Flaviano (en latín: Virius Nichomachus Flavianus) nado no 334 e finado no 394, foi un aristócrata, político, historiador e gramático romano do século IV. Pagán e amigo íntimo de Quinto Aurelio Símaco, foi Prefecto do pretorio de Italia do 390 ao 392, baixo Valentiniano II, e colaborou activamente co usurpador Uxío (392-394) -tamén gramático coma el- sendo nomeado novamente prefecto de Italia entre o 393 e o 394, e cónsul no 394. Trala morte de Uxío na batalla do Frígidus, gañada contra todo prognóstico por Teodosio o Grande, Flaviano suicidouse.Tamén é coñecido coma "o Vello", para distinguilo do seu fillo, Nicómaco Flaviano, o Mozo. Flaviano aparece como personaxe nas Saturnalia de Macrobio.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2021, ano dedicado a Xela Arias, 61 autores (5 mulleres e 56 homes) foron homenaxeados nas 59 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O infinitivo conxugado, infinitivo persoal ou infinitivo flexionado, é unha das características máis orixinais do galego-portugués (aínda que existen formas similares no napolitano do século XV e vestixios no leonés antigo, o que, xunto coa influencia do portugués, pode explicar a súa presenza no mirandés).O infinitivo conxugado fórmase engadindo ao infinitivo impersoal as desinencias, -es, -mos, -des, -en (as cales coinciden coas do futuro de subxuntivo, agás nos verbos irregulares): cantar - cantares cantar - cantarmos cantardes cantarenÚsase nos seguintes casos: Cando o infinitivo ten un suxeito distinto ao do verbo principal: (ti) Dille que o limpe antes de volver(mos) ; Ai, morte, canto xa tardas en me levares contigo!Cando o suxeito do infinitivo vai expreso, pero a distancia do verbo principal: O rapaz saudou aos turistas ao pasaren xunto del ; Ao estaren tan contentos, eu marchei caladiño para a cama.Cando o infinitivo vai introducido por preposición: Para falares con el, tes que pedir cita.Non se emprega nos seguintes casos: Cando o infinitivo é o verbo auxiliado dunha perífrase verbal: *Débesllo dicir agora mesmo.Cando se constrúe con verbos do tipo: querer, poder, saber, deixar... porque neste caso o suxeito éo de todo o complexo verbal: *Queremos mercar un coche deportivo.Non se debe confundir co futuro de subxuntivo, co que coincide nos verbos regulares e difire nos irregulares: Inf. Conx.
Salvador Vilar Braamcamp Sobral, nado o 28 de decembro de 1989 en Lisboa, é un cantante portugués. Representou ao seu país no Festival de Eurovisión 2017 e gañou con 785 puntos, converténdose no primeiro gañador de Portugal no festival dende que comezou a participar no ano 1964. Presentouse coa canción "Amar pelos dois" ("Amar polos dous"), escrita pola súa irmá Luísa.
Roger Meddows Taylor (nado o 26 de xullo de 1949), coñecido como Roger Taylor, é un cantautor e multiinstrumentista inglés. É máis coñecido por ser o batería, corista e cantante ocasional da banda de rock inglesa Queen. Como batería é coñecido polo seu "gran" son único e considérase un dos baterías de rock máis influentes da década dos setenta e dos oitenta.
O XIV Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 29 de marzo de 1969 no Teatro Real de Madrid, (España). A presentadora foi Laurita Valenzuela, que se viu en apertos ao observar o empate entre catro países ao final do festival: Salomé con "Vivo cantando" por España, a británica Lulu co tema "Boom Bang-a-Bang", a holandesa Lenny Kuhr con "De troubadour" e, finalmente, Frida Boccara por Francia con "Un jour, un enfant". Foi a primeira vez que tiña lugar un empate polo primeiro posto, e non existía ningún tipo de regulamento para o desempate, xa que as regras argumentaban que gañaban "a televisión ou televisións con máis votos".
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Eleccións xerais de España de 2015
O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España. Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España. Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto, 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro, decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Rotterdam (en neerlandés: Rotterdam, [ɾɔtər'dɑm] (AFI), escoitar) é unha cidade do oeste dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Meridional, preto da Haia e a uns 30 km do mar. É a segunda cidade máis poboada do país despois de Ámsterdam, cunha poboación de 635 389 habitantes. Forma xunto a cidade de A Haia unha área metropolitana que acada os 2,3 millóns de habitantes.O seu porto, situado á beira do río Mosa, é o maior porto marítimo do mundo.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Radio Galega (RG) é o nome da radio pública de Galicia, integrada na Corporación de Radio-Televisión de Galicia, que inclúe tamén á Televisión de Galicia (TVG). Comezou a emitir, en fase de probas, o 24 de febreiro de 1985 e iniciou a súa programación regular o 29 de marzo dese ano. Desde mediados de 2009 a súa directora é a xornalista Rosa Martínez, en substitución do tamén xornalista Virxilio Costas.
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.