Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Síndrome respiratoria aguda grave
A síndrome respiratoria aguda grave (SARS, siglas en inglés) ou pneumonía asiática é unha enfermidade relacionada coa pneumonía, da que se coñecen dous episodios.
O Chelsea Football Club é un equipo profesional de fútbol de Inglaterra, con sede na zona oeste de Londres. Fundado en 1905, xoga na Premier League e ten pasado a meirande parte da súa historia na elite do fútbol inglés. O Chelsea posúe catro títulos da liga inglesa, ademais de sete FA Cups, catro League Cups, catro Community Shields, unha Liga de Campións, unha Europa League, dúas Recopas de Europa e unha Supercopa de Europa.O primeiro grande éxito do club foi na tempada 1954-55, cando gañaron o seu primeiro campionato de liga, gañando outras varias competicións entre os anos 1960 e 1970, mais dende aquela non volveron gañar ningún título até 1997.
O Festival da Canción de Eurovisión 2021 foi a 65ª edición do festival. Celebrouse en Róterdam, Países Baixos, grazas á vitoria do mesmo país en 2019 coa canción "Arcade" de Duncan Laurence. Estaba previsto que o Festival de Eurovisión 2020 fose celebrado nos Países Baixos, antes de cancelarse dada a pandemia europea de COVID-19.
A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League), tamén coñecida como Champions League e antigamente como Copa de Europa, é o torneo europeo de fútbol máis importante a nivel de clubs organizado pola UEFA. Foi creada en 1992 como unha renovación da tradicional Copa de Campións de Europa, polo que a efectos estatísticos considéranse coma a mesma competición. É un dos trofeos de clubs deportivos máis prestixiosos do mundo. Nun principio o campionato consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países.
Wonder é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Stephen Chbosky e protagonizado por Julia Roberts, Owen Wilson, Jacob Tremblay, Izabela Vidovic, Mandy Patinkin e Daveed Diggs. Escrito por Jack Thorne, Steven Conrad e Chbosky, está baseado na novela homónima de R. J. Palacio. O filme, que conta a historia dun neno con Treacher Collins syndrome, foi estreado nos Estados Unidos o 17 de novembro de 2017 por Lionsgate.
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
The Square é un filme satírico sueco de 2017 dirixido por Ruben Östlund e protagonizado por Claes Bang, Elisabeth Moss, Dominic West e Terry Notary. O filme trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte e foi inspirada en parte por unha instalación que Östlund e o produtor Kalle Boman realizaran.The Square participou no Festival de Cannes de 2017, onde recibiu en xeral críticas positivas e gañou a Palma de Ouro. Gañou tamén cinco premios do Cinema Europeo, incluíndo mellor filme e mellor comedia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Roberto Baggio, nado o 18 de febreiro de 1967 en Caldogno (Véneto), é un ex futbolista italiano, considerado un dos mellores e máis populares da década dos 1990. Coa selección italiana xogou en tres Mundiais de Fútbol e é o único futbolista do seu país que anotou en tres copas de mundo 1990, 1994 e 1998. En 1994 foi un dos mellores do torneo levando á escuadra italiana á final na que perdeu co Brasil a penaltis.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
María del Rocío Trinidad Mohedano Jurado, nada en Chipiona o 18 de setembro de 1946 e finada en Alcobendas o 1 de xuño de 2006, foi unha cantante de copla e canción español coñecida en España e Latinoamérica, máis coñecida como Rocío Jurado. Especializouse en xéneros musicais xenuinamente españois así como na balada romántica, faceta coa que alcanzou relevancia internacional. Nos seus últimos anos experimentou con ritmos hispanos e gospel.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Arsenio Iglesias Pardo, tamén coñecido como o Bruxo de Arteixo ou o Raposo de Arteixo, nado na Baiuca, Arteixo, o 24 de decembro de 1930, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol galego que estivo unido durante boa parte da súa carreira ao Deportivo da Coruña, onde acadou importantes éxitos deportivos. Arsenio Iglesias é hoxe unha das figuras máis destacadas do deportivismo. Xogaba de dianteiro.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 173.732 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O hidróxeno (en grego, 'creador de auga') é un elemento químico de número atómico 1, representado polo símbolo H. Cunha masa atómica do 1,00794 (7) u, é o máis lixeiro dos elementos da táboa periódica. Polo xeral, preséntase na súa forma molecular, formando o gas diatómico (H2) en condicións normais. Este gas é inflamable, incoloro, inodoro, non metálico e insoluble en auga.O elemento hidróxeno, por posuír distintas propiedades, non se encadra claramente en ningún grupo da táboa periódica, sendo moitas veces colocado no grupo 1 (ou familia 1A) por posuír só un electrón na capa de valencia (ou capa superior).
Co nome de Ferreiriño desígnanse popularmente diferentes paxaros da orde Passeriformes, familia Paridae, aínda que tamén se aplica para denominar outros paseriformes doutras familias próximas. Outros nomes comúns a estes paxaros son os de ferreiro ou ferreirolo e, máis locais, ferreira (Dumbría), ferrete (Ares) e filosiña (Cangas) . Pedreira López e Penas Patiño suxiren que o nome común lles vén do canto metálico destas aves, que lembra o golpear dun ferreiro sobre o incre .
Fotobioloxía é o estudo científico das interaccións beneficiosas e nocivas da luz (tecnicamente, radiación non-ionizante) en organismos viventes. O campo inclúe o estudo de fotofísica ou fotobiofísica, fotoquímica ou fotobioquímica, fotosíntese, fotomorfoxénese, procesamento visual, ritmos circadianos, fotomovemento, bioluminescencia, e efectos de radiación ultravioleta.A división entre radiación ionizante e radiación non ionizante normalmente considérase unha enerxía de fotón superior a 10 eV, que corresponde aproximadamente á primeira enerxía de ionización do osíxeno e á enerxía de ionización do hidróxeno, a uns 14 eV. Cando os fotóns entran en contacto con moléculas, estas poden absorber a enerxía dos fotóns e excitarse. Despois poden reaccionar con moléculas ao seu redor e estimular cambios "fotoquímicos " e "fotofísicos" das estruturas moleculares.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación.
Unha radiobaliza indicadora de posición de emerxencia (EPIRB) é un tipo de balizador localizador de emerxencia, un transmisor de radio portátil alimentado por batería que se usa en situacións de emerxencia para localizar avións, buques e persoas en situación de angustia e que precisan rescate inmediato. En caso de emerxencia, como o afundimento do barco ou un accidente de avión, o transmisor está activado e comeza a transmitir un sinal de radio continuo que os equipos de busca e rescate usan para localizar rapidamente a emerxencia e prestar axuda. O sinal é detectado por satélites operados por un consorcio internacional de servizos de rescate, COSPAS-SARSAT, que pode detectar balizas de emerxencia en calquera lugar da Terra que transmiten a frecuencia de socorro COSPAS de 406 MHz.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. A flor das dedaleiras e as súas follas conteñen unha substancia alcaloide, a dixitalina, que afecta ao funcionamento cardíaco e o extracto do seu principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas dende finais do século XVIII. Na medicina a dixitalina viuse obsoleta e no seu lugar é usada a dixitoxina, molécula sintética derivada daquela.
O Border Collie é unha raza de can desenvolvida na rexión fronteiriza angloescocesa, criada orixinalmente para pastorear o gando, especialmente as ovellas.Considerado altamente intelixente, extremadamente enerxético, acrobático e atlético, compiten de maneira habitual en probas de pastoreo e deportes caninos. A miúdo son considerados como a raza de can doméstico máis intelixente. Os Border Collies continúan a ser empregados no seu traballo tradicional de pastorear gando e tamén son mantidos como mascotas.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A Comunidade de Madrid (en español: Comunidad de Madrid) é unha comunidade autónoma de España uniprovincial situada no centro da Península Ibérica, no centro da Meseta Central. Limita coas provincias de Guadalaxara, Cuenca, Toledo, Ávila e Segovia. A súa capital, Madrid, é tamén a capital de España.
Xunta de Galicia é o nome de varias estruturas nas que se organizou o poder político en Galicia ao longo da súa historia: Xunta do Reino de Galicia, institución creada en 1528, que foi a representación do Reino de Galicia cando este formaba parte da Coroa de Castela, e que perdurou, con algunhas interrupcións, até a reforma liberal do Estado, en 1833. Era un organismo colectivo formado polos deputados das 7 cidades ou provincias (Santiago, Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui) que se reunían para trataren asuntos relacionados co conxunto do Reino. A súa orixe non está clara, e hoxe en día acéptase que hai unha relación directa entre a Xunta e as reunións da Santa Irmandade, das que partiría o costume de manter reunións periódicas entre os representantes das principais cidades para resolver as cuestións relativas ao repartimento de tributos e ás levas militares.
Eleccións municipais no Porriño
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello do Porriño dende 1979.
O lagarto arnal, ou lagarto ferreño, Timon lepidus (antes Lacerta lepida), é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das que na actualidade integran o xénero Timon.É un lagarto endémico da Europa suroccidental. Vive tamén en Galicia, onde é un dos lagartos de maior tamaño, xunto co lagarto das silvas. Pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total incluíndo a cola.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2021, ano dedicado a Xela Arias, 61 autores (5 mulleres e 56 homes) foron homenaxeados nas 59 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O termo vehículo deportivo utilitario (en inglés SUV, de sport utility vehicle) designa a aqueles vehículos semellantes aos vehículos familiares pero cun chasis máis lixeiro e normalmente equipado con tracción ás catro rodas coa pretensión de ser utilizado nalgunha medida como vehículo todo terreo, a súa orixe está nos vehículos militares tales como os jeeps e os Land Rover. Foi un vehículo popular na década de 1990 e 2000 nos Estados Unidos, Canadá e Australia e en menor medida en Europa. Desde aquela declinou polo aumento do prezo do combustible e a crise económica substituído polo crossover que conta ademais cunha mellor eficiencia no consumo de combustible.
Tokyo Ghoul (東京喰種, Tōkyō Gūru) é unha serie manga xaponesa de fantasía negra e terror escrita e ilustrada por Sui Ishida. Foi serializada na revista seinen de Shueisha Weekly Young Jump entre setembro de 2011 e setembro de 2014, e foi recollido en catorce volumes tankōbon en agosto de 2014. Unha secuela, titulada Tokyo Ghoul:re, foi serializada na mesma revista entre outubro de 2014 e xullo de 2018, e foi recollido en dezaseis volumes tankōbon.
Jennifer Joanna Aniston, nada no barrio de Sherman Oaks, nos Ánxeles (California) o 11 de febreiro do 1969, é unha actriz estadounidense de cinema e mais de televisión. Comezou a súa carreira na década dos 90 acadando sona internacional pola interpretación do personaxe Rachel Green da popular sitcom Friends; grazas ó devandito papel gañou un Premio Emmy, un Globo de Ouro e mais un Premio do Sindicato de Actores. É protagonista de varios filmes de Hollywood, e a pesar de que a maioría dos seus papeis veñen sendo comedias -Bruce Almighty, Office Space, Corre o rumor...- e comedias románticas -Along Came Polly, The Break-Up-, tamén actuou en filmes doutros xéneros, como a comedia de terror Leprechaun, o thriller de crime Derailed e o drama musical Rock Star.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega, autor da letra do Himno de Galicia. Foi un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. En 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Oceanía ( pronunciación ) é un continente da Terra, situado no océano Pacífico, constituído por Australia, as grandes illas de Papúa Nova Guinea e Nova Zelandia, así como por unha cantidade enorme de illas máis pequenas, normalmente coralinas e volcánicas, distribuídas polo océano Pacífico. Limita ó oeste con Asia (Xapón, Filipinas, Indonesia) e ó leste con América. Ó norte co océano Glaciar Ártico e ó sur coa Antártida.
O terrorismo é unha sucesión de actos de violencia que se caracteriza por inducir terror na poboación civil de forma premeditada. Dentro dos comportamentos forzados pola ameaza do terrorismo en devandita poboación civil inclúense a aceptación de condicións de moi diversa índole: políticas, económicas, lingüísticas, de soberanía, relixiosas etc. Cando este tipo de estratexias é utilizado por gobernos oficialmente constituídos, denomínase terrorismo de Estado.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés é un parque natural galego, unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) nas serras da raia ourensá e da Baixa Limia. Destaca por ser o parque galego máis amplo, o máis agreste e de maior altitude, pois abrangue ás serras de Laboreiro, do Xurés e da Pena; e por ser o único espazo galego con algunha flora e fauna xa máis característica de climas mediterráneos. Este parque foi declarado en 1993 e forma un continuo xeográfico co parque portugués de Peneda-Gerês.
Sociedade Deportiva Compostela
A Sociedade Deportiva Compostela é un equipo de fútbol galego da cidade de Santiago de Compostela. Foi fundado o 1 de xullo de 1928 por Ramón Castromil Casal e na tempada 2020-21 compite na Segunda División B. É considerado un dos equipos históricos de Galicia por historia e tradición, sendo o cuarto equipo do país en debutar na Primeira División, máxima categoría da Liga, tras o Celta, o Deportivo e o Pontevedra, e situándose como o terceiro mellor equipo galego na Clasificación histórica de Primeira, na que ocupa o posto 39º, tras vigueses e coruñeses, pese a disputala tan só catro tempadas, desde a 1994/95 até a 1997/98.
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas, Muros e A Coruña; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais ZEC e ZEPA dentro da Rede Natura 2000 por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.
Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador español, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o remate do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973. Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista.
Os Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe) son o sistema de montañas máis altas e estensas situadas totalmente en Europa. Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia e Mónaco no sur así mesmo tamén atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein.
A brucelose, tamén chamada febre de Malta, febre mediterránea, febre ondulante, ou enfermidade de Bang, é unha enfermidade infecciosa de distribución mundial, producida por bacterias do xénero Brucella, que ataca a varias especies de mamíferos, entre eles o ser humano, así como a varias especies de gando doméstico importantes economicamente, como vacas, cabalos, ovellas, cabras ou porcos, nos cales produce un cadro febril inespecífico. Non hai que confundila coa febre mediterránea familiar, unha enfermidade xenética das chamadas "raras" e que constitúe a máis frecuente das síndromes autoinflamatorias. A brucelose afecta principalmente a persoas que traballan con animais ou produtos infectados.
As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados.
Terminoloxía, en sentido amplo, refírese simplemente ao uso e estudo de termos, ou sexa, especificar as palabras simples e compostas dunha lingua que se usan xeralmente en contextos específicos. Terminoloxía tamén se refire a unha disciplina máis formal que estuda sistematicamente a rotulación e a designación de conceptos particulares a un ou varios asuntos ou campos de actividade humana, por medio de investigación e análise dos termos en contexto, coa finalidade de documentar e promover o seu uso correcto. Este estudo pode ser limitado a unha lingua ou pode cubrir máis dunha lingua ao mesmo tempo (terminoloxía multilingüe, bilingüe, trilingüe etc).
Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en dez ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, catro delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.