Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O estranxeiro (en francés, L'Étranger) é unha novela publicada en 1942, a primeira do escritor Albert Camus. O estranxeiro adoita asociarse á filosofía do absurdo e ao existencialismo, aínda que Camus sempre se distanciou desta última etiqueta. O protagonista, Meursault, é un francés alxerino indiferente á realidade por resultarlle absurda e inabordable.
Jasmine van den Bogaerde, nada o 15 de maio de 1996, tamén coñecida polo seu nome artístico Birdy, é unha artista inglesa. É coñecida por gañar a competión musical Open Mic UK en 2008, con 12 anos. A súa versión da canción "Skinny Love" de Bon Iver realizouse en xaneiro de 2011, a que facilitou estar no top vinte da lista de singles británicos (UK Singles Chart) e nos dalgúns países europeos.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista. A xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta marela, xesta moura ou xesta negra, (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia. Baixo este nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta especie é a máis frecuente.
Henrique I (en inglés moderno, Henry I), nado arredor de 1068 e finado o 1 de decembro de 1135, chamado Henrique Beauclerc ("Bo Sabio" en francés) polos seus intereses culturais, foi rei de Inglaterra desde 1100 ata a súa morte. Fillo de Guillerme I o Conquistador, recibiu educación por parte da Igrexa. Trala morte do seu pai en 1087, os seus irmáns maiores, Roberto Curthose e Guillerme Rufo, herdaron Normandía e Inglaterra, respectivamente, pero Henrique quedou sen posesións.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
José María Dolls Abellán, coñecido como Jose Mari Manzanares, nado en Alacant o 14 de abril de 1953 e finado en 2014, foi un toureiro español, fillo do bandarilleiro Pepe Dolls, Pepe Manzanares. Tomou a alternativa en Alacant o 24 de xuño de 1971 e no mesmo ano confirmouna en Barcelona. Retirouse no ano 2006.
Os Trintas de Trives foron un cuarteto de gaita, clarinete en mi bemol (requinto), redobrante (caixa) e bombo, creado por iniciativa do compositor Ricardo Courtier a finais do século XIX na localidade ourensá da Pobra de Trives. O grupo estaba formado por tres irmáns, Félix, Fermín e Roxelio e polo bombeiro Luís Álvarez.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2021, ano dedicado a Xela Arias, 61 autores (5 mulleres e 56 homes) foron homenaxeados nas 59 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
María Tudor é o nome tanto de María I de Inglaterra como da irmá do pai desta, María Tudor, raiña consorte de Francia.María I, nada o 18 de febreiro de 1516 e finada o 17 de novembro de 1558, foi raíña de Inglaterra e Irlanda desde o 6 o 19 de xullo de 1553 ata a súa morte. É coñecida polo seu intento de abrogar a Reforma anglicana, que comezara durante o reinado do seu pai, Henrique VIII. As execucións que marcaron a restauración do catolicismo en Inglaterra e Irlanda suscitaron que os seus opositores protestantes a alcumaran «María a Sanguinaria» (Bloody Mary en inglés).Foi a única filla de Henrique VIII coa súa primeira esposa -Catarina de Aragón- en sobrevivir ata a idade adulta. O seu medio irmán Eduardo VI -fillo de Henrique VIII e Xoana Seymour- sucedeu ao seu pai en 1547 á idade de nove anos.
Os glicosomas son orgánulos celulares do grupo dos microcorpos relacionados cos peroxisomas , que se encontran nos protozoos cinetoplástidos como os tripanosomas produtores da enfermidade do sono ou en Leishmania. Os glicosomas están rodeados de membrana e encerran unha matriz proteica densa, que contén encimas da glicólise. Os Trypanosoma brucei que se encontran no sangue humano dependen exclusivamente da glicólise para a produción de ATP, xa que neles esta vía metabólica non funciona correctamente no citosol, e os seus encimas deben estar compartimentalizados no glicosoma.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en dez ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, catro delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 173.245 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Este artigo trata sobre a planta, para o doce de masa de follado, véxase o artigo Milfollas (doce). O milfollas ou herba dos carpinteiros (Achilleae millefollium), é unha planta herbácea perenne nativa do hemisferio norte e que tradicionalmente se empregaba para curar feridas. Consómese como parte de caldos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Million Dollar Baby é un filme estadounidense dirixido por Clint Eastwood que foi estreado no 2004. Está protagonizada por Hilary Swank, Clint Eastwood e Morgan Freeman e narra a historia dun veterano adestrador de boxeo ó final da súa carreira e os seus esforzos por axudar a unha boxeadora a chegar ata o máis alto. Estreouse en galego na TVG o 2 de xaneiro de 2008.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
O Imperio Inca foi o berce da civilización inca, a derradeira das tres grandes civilizacións precolombianas que conservou o seu Estado. A civilización inca xurdiu nas terras altas do Perú nalgún momento a principios do século XIII. As orixes do imperio remóntanse á vitoria dos quechuas sobre os chancas en 1438 e desapareceu no século XVI coa súa anexión ao Imperio Español en 1533, aínda que en 1537 houbo un intento de restaurar o imperio que foi sufocado polos españois en 1572. Unificou diversas culturas preincas da América do Sur e con elas constituíu o imperio máis extenso do continente americano.
Oceanía ( pronunciación ) é un continente da Terra, situado no océano Pacífico, constituído por Australia, as grandes illas de Papúa Nova Guinea e Nova Zelandia, así como por unha cantidade enorme de illas máis pequenas, normalmente coralinas e volcánicas, distribuídas polo océano Pacífico. Limita ó oeste con Asia (Xapón, Filipinas, Indonesia) e ó leste con América. Ó norte co océano Glaciar Ártico e ó sur coa Antártida.
Wine (acrónimo recursivo en inglés para Wine Is Not an Emulator, que significa «Wine non é un emulador») é unha reimplementación da interface de programación de aplicacións de Win16 e Win32 para sistemas operativos baseados en Unix. Permite a execución de programas deseñados pra MS-DOS, e as versións de Microsoft Windows 3.11, 95, 98, Me, NT, 2000, XP, Vista, 7 e MacOS. O nome Wine inicialmente foi un acrónimo para WINdows Emulator. Este significado foi cambiado posteriormente ao acrónimo recursivo actual.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Na escala de tempo xeolóxico, o Xurásico é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 199 millóns e 600 mil e 145 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Xurásico sucede o período Triásico e precede o período Cretáceo, ambos da súa era. Divídese en Xurásico Inferior, Xurásico Medio e Xurásico Superior, da máis antiga para a máis recente.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Follente, Bemil, Caldas de Reis
Follente é un lugar da parroquia de Bemil, no concello pontevedrés de Caldas de Reis, na comarca de Caldas. Segundo o IGE, en 2020 tiña 210 habitantes (96 homes e 114 mulleres), o que supón unha diminución respecto ao ano 1999, cando contaba con 264 habitantes (137 homes e 127 mulleres).
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Ames é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en 2012 29.331 habitantes, 27.900 no 2010, 24.553 no 2007, 23.219 no 2006, 22.228 no 2005, 20.840 no 2004).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amesán».
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Ángel Gabilondo Pujol, nado o 1 de marzo de 1949 en Donostia, País Vasco, é un filósofo e político español. Actualmente é catedrático no Departamento de Filosofía da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Autónoma de Madrid, da que é reitor dende 2007. É tamén presidente do Consejo de Rectores de Universidades de España.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada.Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz, membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), o poeta español máis lido de tódolos tempos. Morreu fusilado polas autoridades franquistas un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé ao inicio da Guerra civil española.
A xeración das Festas Minervais está composta por unha serie de autores de poesía da Literatura galega do século XX. Son persoas que non viviron directamente a Guerra civil española, asistiron á universidade e participaron nas Festas Minervais (concurso literario organizado pola USC que premiaba obras poéticas e narrativas en galego) e senten grande interese pola cultura europea do momento e toman conciencia crítica coa realidade española da época. Boa parte deles fundaron o grupo Brais Pinto durante a súa estancia en Madrid, e crearon unha colección literaria co mesmo nome.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Esta é unha lista alfabética de países do mundo. Os países sen recoñecemento xeral sinálanse en cursiva, e se son independentes de feito, indícase cun asterisco (*) na súa situación e ofrécense máis detalles na columna de notas. A adhesión ao sistema das Nacións Unidas divide os 206 estados listados en tres categorías: 193 estados membros, 2 estados observadores, e outros 11 estados.
Asghar Leghari vs. Federación de Paquistán
Asghar Leghari vs. Federación de Paquistán foi un caso de 2015 do Tribunal Superior de Lahore que ditaminou que o goberno estaba a violar a Política Nacional de Cambio Climático de 2012 e o Marco para a Aplicación da Política de Cambio Climático (2014-2030) ao non cumprir cos obxectivos establecidos polas políticas. En resposta, requiriuse a formación dunha Comisión de Cambio Climático para axudar a Paquistán a cumprir os seus obxectivos climáticos.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2020–21 compite no subgrupo A do grupo I da segunda división B, logo de descender na tempada anterior.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de thriller policiaco que se estreou na TVG o 3 de outubro de 2018. Está dirixida por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 29 de marzo de 2019, sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma.
Susan Solomon, nada en Chicago (Estados Unidos) o 19 de xaneiro de 1956, é unha química atmosférica que traballou na Administración Nacional Oceánica e Atmosférica(NOAA) durante gran parte da súa carreira profesional, onde fixo grandes descubrimentos sobre a composición da atmosfera. Dende o 2011 ata a actualidade (2021) traballou como profesora no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Dito instituto era coñecido porque exercera Ellen Swallow Richards como profesora de ciencias de clima e química atmosférica.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou filosofía e letras en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial.
O Camiño de Santiago (en latín: Peregrinatio Compostellana) é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.
O escáncer común ou liscanzo (Anguis fragilis) é un réptil da familia Anguidae pero que perdeu as patas, semellando máis unha pequena cobra. Resulta habitual en toda Galicia e é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e falecida en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
Maio na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de maio na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Inclúese algún refrán relativo á Ascensión, festividade que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección. Pode caer no mes de maio ou a principios de xuño.