Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 1 do mundo na clasificación ATP. Gañador en 20 ocasións dun torneo de Grand Slam, igualando o récord establecido por Roger Federer. Campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005 e coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetógnatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo.
Eurocopa de Fútbol Europa 2020
A Eurocopa da UEFA de 2020 será a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo será celebrada por mor do sesenta aniversario da UEFA en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputarase do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Novak Đoković (en alfabeto cirílico Новак Ђоковић, ás veces escrito como Novak Djokovic), nado en Belgrado o 22 de maio de 1987, é un tenista profesional serbio. Actualmente (decembro de 2015) é o número 1 do mundo no ránking da ATP. Campión do Aberto de Australia en 7 ocasións (2008, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016 e 2019), gañador do Torneo de Wimbledon en 5 ocasións en 2011, 2014, 2015 2018 e 2019 (finalista en 2013), campión de Roland Garros en 2016, do Aberto dos Estados Unidos en 2011, 2015 e 2018 (finalista en 2007, 2010, 2012, 2013 e 2016), e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Forma parte do Equipo de Copa Davis de Serbia desde 2003, co cal obtivo o triunfo en 2010.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O Ángeles Alvariño é un buque oceanográfico construído nos Estaleiros Armón Vigo e operado polo Instituto Español de Oceanografía, que foi botado en Vigo o 21 de febreiro de 2011, e que entrou en servizo en setembro de 2012. É o segundo dos dous buques da súa clase; o seu xemelgo, o Ramón Margalef, entrou en servizo en xullo de 2012. Conta con tecnoloxía avanzada para realizar campañas de investigación de xeoloxía mariña, oceanografía física e química, bioloxía mariña, pescarías e control medioambiental, e é es case idéntico ao Ramón Margalef, tamén do IEO. Ambos os buques son idóneos para navegaren no ámbito nacional e mares adxacentes.Recibe o seu nome en honor da oceanógrafa galega María de los Ángeles Alvariño.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Tournoi de Roland-Garros (en galego: "Torneo de Roland Garros") é un evento de tenis que se leva a cabo desde finais de maio ata comezos de xuño en París, Francia e é segundo dos torneos mundiais de Grand Slam. Comezou como un torneo nacional en 1891. En 1925 o "Campionato Francés" abriuse a competidores internacionais, desenvolvéndose nunha superficie de céspede alternativamente entre o Racing Club de France e o Stade Français.
O Premio Sakharov para a Liberdade de Pensamento, máis coñecido sinxelamente como Premio Sakharov, honra a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e a liberdade de pensamento. Nomeado en homenaxe do científico e disidente soviético Andrei Sakharov, foi estabelecido en 1988 polo Parlamento Europeo. Cada ano, a Comisión de Asuntos Exteriores e a Comisión de Desenvolvemento do Parlamento Europeo elaboran unha lista de candidatos.
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
Pablo Echenique Robba, nado en Rosario (Arxentina) o 28 de agosto de 1978, é un científico e político español, de orixe arxentina, que ostenta a dobre nacionalidade española e arxentina. En 2015, foi elixido secretario xeral de Podemos en Aragón e, en 2016, secretario de Organización de Podemos en España. Nas eleccións europeas de 2014 foi elixido eurodeputado pola formación política Podemos.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.087 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Horta Coslada (Horta Coslada Construcciones Metálicas, S.L.) é unha empresa metalúrxica adicada ao deseño, fabricación e montaxe de estruturas metálicas con sedes en Madrid e Arteixo (A Coruña). A empresa xurdiu da fusión de dúas empresas do sector metalúrxico: Horta Construcciones Metálicas, S.L., fundada no ano 1.977 en San Salvador de Orro (Culleredo, A Coruña). Talleres Coslada, S.A., fundada no ano 1.963 en Coslada (Madrid).
Maior Dundee (en inglés: Major Dundee) é un filme estadounidense de 1965 dirixido por Sam Peckinpah e protagonizado por Charlton Heston, Richard Harris, Jim Hutton e James Coburn. Escrito por Harry Julian Fink, conta a historia dun oficial de cabalaría da Unión que liderada un grupo de regulares do exército, prisioneiros confederados e exploradores indíxenas nunha expedición en México durante a guerra civil estadounidense para destruír unha banda de apaches que estiveron asaltando bases e asentamientos dos Estados Unidos no territorio de Novo México. Maior Dundee foi rodado en varias localizacións de México.
Enrique Miguel Iglesias Preysler, máis coñecido como Enrique Iglesias, nado en Madrid o 8 de maio de 1975, é un cantautor e produtor español. Coñecido como "O Rei do Pop Latino", vendeu máis de 60 millóns de discos ao redor do mundo, sendo así un dos máximos expoñentes da música, actualmente. É fillo do cantante español Julio Iglesias e da condutora de televisión e xornalista filipina Isabel Preysler.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
O Camiño dos Faros (Camino de los Faros (en castelán), The Lighthouse Way (en inglés), Caminho dos Farois (en portugués)) é unha ruta de sendeirismo do noroeste galego na provincia da Coruña. O Camiño dos Faros une Malpica de Bergantiños (lugar de saída) con Fisterra (lugar de chegada) o longo de 200 km dirección suroeste pola beira do mar, que é o seu verdadeiro protagonista, unindo o seu paso faros (faros que dan lugar o seu nome) e lugares de interese da Costa da Morte: praias, bosques, dunas, acantilados ríos ou regos, peiraos pesqueiros, estuarios, fontes de auga, arquitectura etc. Esta ruta adoita dividirse en oito (8) etapas dunhas 9 horas de camiñata a ritmo de paseo cunha media de 26 km por etapa, sendo a máis curta a de Laxe a Arou (Camariñas) (mide 18 km) e a máis longa a que vai desde Camariñas ata Muxia (mide 32,6 km).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Camiño de Santiago (en latín: Peregrinatio Compostellana) é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.
Ghashiram Kotwal (en marathi: घासीराम कोतवाल) é un filme indio de 1976 en lingua marathi dirixido por K. Hariharan, Mani Kaul, Saeed Akhtar Mirza e Kamal Swaroop. É unha adaptación da obra homónima de Vijay Tendulkar, quen tamén escribiu o guión. Creado no apoxeo do movemento cinema paralelo na India, o filme foi un experimento na realización de filmes colectivas..
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
A destrucción do hábitat é o proceso polo cal un hábitat natural é transformado nun hábitat incapaz de manter as especies orixinarias do mesmo. As plantas e animais que o utilizaban son destruídas ou forzadas a emigrar, e como consecuencia hai unha redución na biodiversidade. A agricultura é a causa principal da destrución de hábitats.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Modelo:Chembox MetabolismModelo:Chembox HalfLifeModelo:Chembox ProteinBoundModelo:Chembox ExcretionIvermectina é un fármaco usado no tratamento de vário tipos de infestações por parasitos. Entre elas están a infestación por piolhos, sarna, oncocercose, estrongiloidíase, tricuríase, ascaridíase e filaríase linfática. En infestações externas, pode ser administrada por via oral ou aplicada na pel.
Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano. Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Cangas, ou Cangas do Morrazo, é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2020 tiña 26.582 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
Rosario del Carmen González Flores, coñecida artisticamente como Rosario Flores, nada en Madrid o 4 de novembro de 1963, é unha cantante e actriz española de orixe xitana. Foi a gañadora, entre outros premios, do Grammy Latino ao mellor álbum vocal pop feminino, nas edicións de 2002 e 2004 polos seus traballos Muchas flores e De mil colores, respectivamente. É a filla menor de Antonio González El Pescaílla e da mítica artista Lola Flores La Faraona, irmá da actriz-cantante Lolita Flores e o cantautor Antonio Flores, así como tía da actriz Elena Furiase.
Os espaguetes (en italiano, spaghetti; singular spaghetto, diminutivo de spago, 'cordón') son un tipo de pasta con forma de cordóns longos e delgados, de sección circular. Pódense distinguir doutros similares polo seu diámetro. De menor a maior encóntranse os spaghettini (nº 3), os spaghetti (nº 5) e os spaghettoni (nº 8).
Os carbohidratos, tamén denominados glícidos, sacáridos ou, antes, hidratos de carbono, son compostos químicos orgánicos que conteñen xeralmente osíxeno, hidróxeno e carbono. A súa función é nutritiva e fundamentalmente enerxética, pero tamén estrutural. A súa fórmula química é Cn(H2O)n ou derivadas dela, variando o valor de n desde 3 ata miles de átomos de carbono.
Expertos en crise (en inglés: Our Brand Is Crisis) é un filme estadounidense de 2015 dirixido por David Gordon Green e escrito por Peter Straughan. Está baseado no documental homónimo de 2005 de Rachel Boynton, e é unha versión ficcionalizada da involucración dos estrategas de campaña electorais estadounidenses de Greenberg Carville Shrum (GCS) nas eleccións presidencias de Bolivia de 2002. Está protagonizado por Sandra Bullock, Scoot McNairy, Billy Bob Thornton, Anthony Mackie, Ann Dowd e Joaquim de Almeida.
Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e falecido o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da R. S. S. F. de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924. Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887.
Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516). Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. A flor das dedaleiras e as súas follas conteñen unha substancia alcaloide, a dixitalina, que afecta ao funcionamento cardíaco e o extracto do seu principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas dende finais do século XVIII. Na medicina a dixitalina viuse obsoleta e no seu lugar é usada a dixitoxina, molécula sintética derivada daquela.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.
Giorgio Chiellini, nado en Pisa o 14 de agosto de 1984, é un xogador de fútbol italiano que xoga actualmente no club da Serie A Juventus e na selección nacional de Italia. Comezou a súa carreira profesional como defensa, pero é famoso por ser un consitente defensa central con gran habilidade nas xogadas a balón parado. É o vice capitán, por detrás de Gianluigi Buffon.
Partido Mahut - Isner en Wimbledon 2010
Durante o Campionato de tenis de Wimbledon de 2010, entre os día 22 e 24 de xuño, o estadounidense John Isner e o francés Nicolas Mahut protagonizaron o partido máis longo da historia do torneo e do tenis, en termos de tempo e xogos disputados. John Isner precisou de 183 xogos e de 11 horas e 5 minutos para bater ao seu contrincante, Nicolas Mahut. Os xogadores marcaron e romperon moitos outros récords de Wimbledon e do tenis, que inclúen a marca de 78 saques directos do xogador croata Ivo Karlović nun só partido, marca que superaron ámbolos dous xogadores: Isner fixo 112 e Mahut, 103.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Xoán Manuel Pintos Villar, nado no Burgo (Pontevedra) o 16 de decembro de 1811 e finado en Vigo o 29 de xuño de 1876, foi un escritor galego. Está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario, e dentro deles, pertencente á primeira xeración provincialista. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita Gallega (1853) a única obra súa publicada en vida.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A abella carpinteira (Xylocopa violacea) é un abellón, facilmente recoñecible pola súa cor negra e o seu voo rápido. Aparece cando o sol comeza a quentar, ás veces en febreiro, e aliméntase dunha ampla variedade de flores para se fornecer de néctar antes de entrar en hibernación a fins do verán. A femia fai o seu niño nas árbores mortas.
Violencia de xénero é un tipo de violencia física ou psicolóxica exercida contra unha persoa sobre a base do seu sexo ou xénero, que ten como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual, ou psicolóxico, así como o ameaza, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, que impacta de maneira negativa a súa identidade e benestar social. Outras formas desta violencia inclúen a violencia a través da linguaxe verbal e non verbal, o acoso laboral, o acoso sexual, a homofobia e a violencia cara ás mulleres no ámbito da saúde.Entre os actos e accións que se consideran violencia contra as mulleres ou os homes e que teñen como resultado dano ou sufrimento para a muller ou o home considéranse o abuso, o abuso sexual, a agresión sexual, o acoso sexual, a cousificación, a cultura da violación, a violencia obstétrica, o abuso de poder, a violencia doméstica, (tamén denominada familiar), a mutilación xenital feminina ou masculina, o tráfico de mulleres e a prostitución forzada, a violencia derivada dos conflitos armados, as prácticas tradicionais prexudiciais para a saúde de nenas e mulleres, ou nenos e homes, a violación e o feminicidio. A maioría destas prácticas están tipificadas penalmente, e moitas delas constitúen delitos contra a liberdade sexual, o que permite que calquera muller ou nena que se atope nesta situación poida demandar amparo xudicial, así como soporte social.