Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic) ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva. Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Hannes Meyer, nado o 18 de novembro de 1889 en Basilea e finado o 19 de xullo de 1954 en Lugano, foi un arquitecto e urbanista suízo. Dirixiu a Bauhaus de Dessau (a segunda etapa da escola) de 1928 a 1930, e hoxe é considerado un dos seus membros máis influentes. Comezou a súa carreira en Basilea e Berlín, antes de que o fundador da Bauhaus, Walter Gropius, o chamase para facerse cargo da dirección da institución.
A Epopea de Gilgamesh, tamén coñecida como o Poema de Gilgamesh, é unha narración de orixe sumeria, na Mesopotamia, considerada como a narración escrita máis antiga da historia. Elaborouse mediante a escrita cuneiforme en táboas de arxila, o que favoreceu a súa conservación. A versión máis completa que se conserva consta de doce táboas, das cales once foron escritas cara a primeira metade do II milenio a.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
José Oswald de Sousa de Andrade, nome completo de Oswald de Andrade, nado en São Paulo o 11 de xaneiro de 1890 e finado no mesmo lugar o 22 de outubro de 1954, foi un poeta, escritor, ensaísta e dramaturgo brasileiro.Era fillo único de José Oswald Nogueira de Andrade e de Inês Henriqueta Inglés de Sousa de Andrade (irmá do escritor Inglês de Sousa). Estudou Dereito no Largo San Francisco en 1919. Foi un dos promotores da Semana de Arte Moderna que ocorreu 1922 en São Paulo, tornándose un dos grandes nomes do modernismo literario brasileiro.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
O Parrochiale suevum, Parochiale suevorum (Parroquial suevo) ou Divisio Theodemiri é un importante manuscrito da segunda metade do século VI, onde se reflicte a organización administrativa e (maiormente) eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses: as nove tradicionais reflectidas no Concilio de Lugo, así como as catro dioceses formadas ó sur do Douro, que son as de Coimbra, Idanha, Lamego e Viseu. Ademais menciónase a diocese, non territorial senón étnica, de Britoniarum (Bretoña, norte da actual provincia de Lugo), que tamén aparece mencionada canda ó seu bispo Mailoc no Segundo Concilio de Braga). O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos.
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
A Eurocopa da UEFA de 2020 será a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo será celebrada por mor do sesenta aniversario da UEFA en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputarase do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2021 será a 72ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Equipos e pilotos competirán polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores. Pilotos e equipos competirán polos títulos de Campión do Mundo de Pilotos e Campión do Mundo de Construtores respectivamente.
A abeloura, milfurada, hipérico, ou herba de san Xoán(Hypericum perforatum), (en inglés, St. John's wort), é unha herbácea europea, a especie máis abundante da familia das gutíferas (Guttiferae) ou hipericáceas (Hypericaceae). Cómpre non confundila coa dedaleira, que tamén recibe o nome de abeloura.
Hotel Diablo é o cuarto álbum de estudio do rapeiro americano Machine Gun Kelly. Foi lanzado o 5 de xullo do 2019 vía Bad Boy Records e Interscope Records.[1][2] O álbum foi apoiado por catro singles: "Hollywood Whore", "El Diablo", "I Think I'm Okay" con Yungblud e Travis Barker, e "Glass House" con Naomi Wild, e co single promocional "Floor 13". O disco é un álbum de rap rock e saíu menos de 10 meses despois do EP de 2018, Binge.[3] A produción do álbum incluía tamén ao líder da banda musical Foster The People, Mark Foster.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. A flor das dedaleiras e as súas follas conteñen unha substancia alcaloide, a dixitalina, que afecta ao funcionamento cardíaco e o extracto do seu principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas dende finais do século XVIII. Na medicina a dixitalina viuse obsoleta e no seu lugar é usada a dixitoxina, molécula sintética derivada daquela.
Utilízase a expresión galego exterior para referirse ás falas galegas de zonas do Estado español que non fan parte da comunidade autónoma de Galiza. Estas áreas de lingua e cultura galegas non foron incluídas nas catro provincias galegas na reforma de Javier de Burgos en 1833, aínda que algunhas xa levaban tempo separadas do reino de Galiza e non están incluídas no territorio da comunidade autónoma. As falas destes lugares pertencen na súa maioría ao grupo do galego oriental, malia que a Fala de Estremadura é, segundo algúns estudos,[quen?] unha póla separada do tronco galego-portugués.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Leite Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores, tras ascender en 2021 desde a Liga LEB. Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño.
O Consello de Europa é a organización internacional da "Grande Europa" (47 Estados membros (en comparación cos 28 da Unión Europea), con 800 millóns de habitantes), co obxectivo de promover a democracia, os Dereitos Humanos, a identidade cultural europea e a procura de solucións aos problemas das sociedades de Europa. A súa sede é en Estrasburgo, fundándose en 5 de maio de 1949 polo Estatuto de Londres. O Consello de Europa engloba tamén as áreas asiáticas dalgúns dos seus membros: Acerbaixán, Armenia, Chipre, Xeorxia, Rusia e Turquía.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.244 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O verán (normalmente pronunciado v'ran ou v'rao) ou estío é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co solsticio de verán (arredor do 21 de decembro no hemisferio sur e o 21 de xuño no hemisferio norte), e remata co equinoccio de outono (arredor do 21 de marzo no hemisferio sur e o 21 de setembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur e xuño, xullo e agosto no hemisferio norte.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
O clan Cameron (en escocés: Clann Chamshron) é un clan escocés das Terras Altas occidentais, cuxa póla principal son os Cameron de Lochiel, mais que conta con numerosas divisións. As terras do clan Cameron atópanse en Lochaber e dentro das súas terras atópase Ben Nevis, que é a montaña máis alta das illas Británicas. O xefe do clan é habitualmente chamado sinxelamente como "Lochiel".
Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e falecido o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da R. S. S. F. de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924. Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887.
Follas novas é un poemario en lingua galega de Rosalía de Castro, publicado por vez primeira en 1880, editado por La Propaganda Literaria de Alejandro Chao na Habana, Cuba, e impreso en Madrid.Rosalía concibiu nun comezo este poemario como unha continuación de Cantares gallegos: O 50% dos poemas de Follas novas teñen afinidade co texto publicado en 1863,[Cómpre referencia] mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser: En todo estás e ti es todo pra min e en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Élite (estilizado como ÉLITƎ) é unha serie web española de thriller adolescente creada e escrita por Carlos Montero e Darío Madrona e dirixida por Ramón Salazar e Dani de la Orden para Netflix. A serie conta cun grande elenco composto por Miguel Herrán, Aron Piper, Mina El Hammani, Omar Ayuso, María Pedraza, Itzan Escamilla, entre outros, que interpretan os estudantes dun instituto de elite e os seus amigos. A primeira tempada foi estreada en Netflix o 5 de outubro de 2018.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Dragon Ball Z: Ultimate Battle 22
Dragon Ball Z: Ultimate Battle 22 (en xaponés: ドラゴンボールZ: アルティメイトバトル22; Doragon Bōru Zetto: Arutimeito Batoru Towintetzū) é un videoxogo xaponés de loita de 1995, desenvolvido por Tose e publicado por Bandai e Infogrames para a consola PlayStation. Baseado na franquía de Akira Toriyama Dragon Ball, o seu modo de xogo é semellante ó da subserie Super Butōden, consistente en pelexas un contra un cunha configuración de seis botóns. Contén movementos especiais, así como cinco modos de xogo diferentes.
O kumquat, laranxeira anana ou laranxeira chinesa (Fortunella spp.) é un xénero de árbores froiteiras e arbustos da familia das rutáceas, estreitamente emparentado cos cítricos (Citrus spp.). De feito moitas veces inclúese neste xénero coma Citrus japonica, e son quen de hibridar en el. É orixinario da China.
Elixio Rivas Quintas, nado en Fondo de Vila (A Abeleda, Xunqueira de Ambía) o 31 de agosto de 1925, é un irmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo galego, cun labor salientábel especialmente nos campos da lexicoloxía, a onomástica e a toponimia. É tamén un recoñecido difusor dos valores do Camiño de Santiago.
Romelu Menama Lukaku, nado en Antuerpen o 13 de maio de 1993, é un futbolista internacional belga que xoga como dianteiro para o Inter de Milán da Serie A italiana e para a selección de Bélxica. Comezou a súa carreira no equipo local, o Rupel Bom, sendo tempo despois recrutado e contratado polo Lierse. Debido ao seu xogo foi observado e atraído por numerosos clubs, asinando finalmenete polas categorías inferiores do Anderlecht, histórico club da Jupiler Pro League.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
Proverbio (procedente do latín proverbium) ou refrán é un enunciado sentencioso curto tirado da sabedoría popular, normalmente dotados de rima e con sentido figurado. Sinónimos de proverbio son refrán e paremia e, con matices propios, adaxio, máxima, sentenza, aforismo e apotegma. O estudo dos proverbios, ou paremias, denomínase paremioloxía, e as coleccións de refráns, refraneiros.
Filipe VI de España, de nome completo Felipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia, nado en Madrid o 30 de xaneiro de 1968, é o rei de España, título polo que ostenta a xefatura do Estado e o mando supremo das Forzas Armadas. É o fillo menor de Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia. Logo da abdicación do seu pai o 2 de xuño de 2014, ascendeu ao trono o 19 do mesmo mes e ano co nome de Filipe VI, ao ser proclamado perante as Cortes Xerais.Está casado con Letizia Ortiz, raíña consorte de España, coa que ten dúas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía.
A dos insectos (nome científico Insecta Linnaeus, 1758) son unha clase de animais invertebrados, e o grupo máis grande dentro do filo dos artrópodos, caracterizados por presentar un par de antenas, tres pares de patas e dous pares de ás (que, con todo, poden reducirse ou faltar). A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía. O seu nome provén do latín insectum, calco do grego ἔντομα, 'cortado no medio'.Os insectos comprenden o grupo de animais máis diversos da Terra con aproximadamente un millón de especies descritas, máis que todos os demais grupos de animais xuntos, e con estimacións de ata trinta millóns de especies non descritas, co que, potencialmente, representarían máis do 90 % das formas de vida do planeta.
O fiúncho (do latín serodio fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca'), funcho, fiollo ou fieiteiro (Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña. Tamén medra en estado silvestre na costa do Atlántico, nomeadamente en Galiza, onde tradicionalmente son usadas as sementes para culinaria e medicina popular e os talos para alimento dos animais.
A herba luísa (Aloysia citriodora) é unha especie da familia Verbenaceae, que se caracteriza por un aroma que recorda o do limón. É orixinaria de Suramérica, onde crece de forma silvestre. Cultívase con profusión en xardíns de todo o mundo, mais o desenvolvemento da mesma require un clima soleado e húmido.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Manuel I de Portugal, nado en Alcochete o 31 de maio de 1469 e finado en Lisboa o 13 de decembro de 1521, foi Rei de Portugal. Alcumado de "O Venturoso", "O Benaventurado" ou "O Afortunado", polos acontecementos felices que o levaron ao trono e que ocorreron no seu reinado, concretamente o descubrimento do camiño marítimo para a India e Brasil. Foi o primeiro rei a asumir o título de pela Graça de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquém e d'Além-Mar em África, e Senhor da Guiné, e do Comércio, Conquista e Navegação da Arábia, Pérsia e Índia...
Premio Princesa de Asturias das Artes
O Premio Princesa de Asturias das Artes é concedido á persoa, institución, grupo de persoas ou institucións cuxo labor na arquitectura, cinematografía, danza, escultura, música, pintura e demais expresións artísticas, constitúa unha achega relevante ó patrimonio cultural da humanidade. Até o 19 de xuño de 2014, denominábase Premio Príncipe de Asturias das Artes. O cambio de denominación produciuse por mor da proclamación do anterior Príncipe de Asturias, como rei, polo que a súa herdeira, a infanta Leonor, pasou a ser Princesa de Asturias e herdeira da Coroa de España e Presidenta de Honor da Fundación Princesa de Asturias.
Happy Death Day é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Christopher Landon e escrito por Scott Lobdell. Está protagonizado por Jessica Rothe e Israel Broussard. Foi producido por Jason Blum a través da produtora Blumhouse Productions, en asociación con Digital Riot Media e Vesuvius Productions.
Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano. Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.
O moucho común (Athene noctua) é unha ave rapaz nocturna da familia das Estrixiformes, de pequeno tamaño, propia de zonas de clima temperado de Eurasia e o norte de África. Forma parte da familia dos "mouchos típicos" (Strigidae), diferenciada da familia Tytonidae, da que forman parte aves coma a curuxa común.
Fuga de cerebros é un filme español de 2009 dirixido por Fernando González Molina e protagonizado por Mario Casas e Amaia Salamanca. Producido por Antena 3 Films xunto con Cangrejo Films e estreado o 24 de abril, o filme rodouse entre Madrid e Xixón. Foi o filme máis visto de España durante ese ano, o cal motivou unha secuela, Fuga de cerebros 2 (2011).
Mimar Koca Sinan ibn Abd al-Mannan, Sinaneddin Yusuf ou Abdulmennan oğlu Sinan, coñecido como Koca Mi'mâr Sinân Âğâ (قوجه معمار سنان آغا [Ḳoca Miʿmār Sinān Āġā], lit., «Sinan Aga o Gran Arquitecto») ou Mimar Sinan (معمار سينان, lit. en turco moderno, «Sinan o Arquitecto»); Ağırnas, Eyalet de Karaman (actual Turquía), c. 1488/1490-Constantinopla, 17 de xullo de 1588, foi un arquitecto otomán do século XVI, contemporáneo de Vignola, Palladio, Michelangelo ou Juan de Herrera.
Clarice Lispector, nada en Chechelnyk, República Popular de Ucraína, o 10 de decembro de 1920 e finada en Río de Xaneiro o 9 de decembro de 1977, foi unha escritora e xornalista brasileira autora de novelas, contos e ensaios, sendo considerada unha das escritoras brasileiras máis importantes do século XX e a maior escritora xudía desde Franz Kafka. A súa obra está repleta de escenas cotiás simples e tramas psicolóxicas, sendo considerada unha das súas principais características a epifanía de personaxes comúns en momentos do cotiá. É unha das figuras máis influentes da literatura brasileira e do modernismo sendo considerada unha das principais influencias da nova xeración de escritores brasileiros.
Seis poemas galegos é un poemario do poeta e dramaturgo español Federico García Lorca (1898–1936), unha escolma de seis poemas en galego, unha homenaxe á paisaxe e a lingua de Galicia. Escritos entre 1932 e 1934, foron publicados en 1935 en Santiago de Compostela pola Editorial Nós (fundada en 1927 por Ánxel Casal), edición príncipe prologada en castelán por Eduardo Blanco Amor. Admirador de Rosalía de Castro, de Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez, así como dos poetas medievais galegos Martín Codax e Mendinho, e dos portugueses Luís de Camões ou Gil Vicente, os poemas xorden por mor das viaxes realizadas por Lorca a Galicia dende 1931.
Buffy the Vampire Slayer (filme)
Buffy the Vampire Slayer é un filme estadounidense de 1992 dirixido por Fran Rubel Kuzui e protagonizado por Kristy Swanson, Donald Sutherland, Paul Reubens, Rutger Hauer, Luke Perry e Hilary Swank. Conta a historia dunha animadora chamada Buffy que descobre que o seu destino é ser unha cazadora de vampiros. Tivo un éxito moderado de recadación mais tivo unha acollida dispar por parte da crítica.
Xuño na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xuño na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. As celebracións populares máis importantes deste mes coinciden coa festividade do Corpus e coa noite de San Xoán, noite máxica por excelencia. No primeiro caso, cómpre destaca-las alfombras de flores que se constrúen en diversas localidades galegas, especialmente Ponteareas.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
Gisaengchung (en coreano: 기생충), distribuído en Galicia co título en castelán Parásitos, é un filme surcoreano de thriller e comedia negra de 2019 dirixido por Bong Joon-ho, quen tamén elaborou a historia orixinal e coescribiu o guión con Han Jin-won. Está protagonizado por Song Kang-ho, Lee Sun-kyun, Cho Yeo-jeong, Choi Woo-shik e Park So-dam, e conta a historia dos membros dunha familia pobre que artella un plan para converterse en empregados da casa dunha familia rica pretendendo ser profesionais altamente cualificados sen relación entre eles. Gisaengchung tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 21 de maio de 2019, onde se converteu no primeiro filme coreano en gañar a Palma de Ouro e o primeiro filme en conseguilo con voto unánime dende La Vie d'Adèle do Festival de 2013.
O río Mississippi (en inglés Mississippi River) é despois do Missouri (afluente deste) o segundo río máis longo dos Estados Unidos de América. Considerados xuntos, forman a maior conca hidrográfica da América do Norte. Discorre entre o norte de Minnesota e o golfo de México e o seu curso ten unha orientación meridiana.
A Liga española de fútbol é a principal competición entre equipos de fútbol federados de España. Celébrase anualmente desde o 10 de febreiro de 1929, e actualmente ten lugar entre os meses de agosto e xuño. O torneo consta de ligas (divisións) interconectadas entre si, sendo a máxima categoría a Primeira División.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Colonia (en alemán: Köln, en kölsch: Kölle) é a cuarta cidade máis grande de Alemaña despois de Berlín, Hamburgo e Múnic, e é a maior cidade no Estado Federal de Renania do Norte-Westfalia, con 1.087.863 habitantes no ano 2019. É unha das máis antigas cidades de Alemaña, sendo fundada polos romanos no ano 30 AC. Colonia recibiu o status de "cidade" romana no ano 50 DC. Colonia está bañada polo Rhin. Na súa coñecida catedral, de estilo neogótico, (Kölner Dom) ten a súa sede o Arcebispado de Colonia.