Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A praia dos afogados é un filme galego de drama e suspense dirixido por Gerardo Herrero, adaptación da obra A praia dos afogados de Domingo Villar. Foi estreado o 10 de outubro de 2015 en 110 salas de España, 20 delas en Galicia, nunha versión dobre, en galego e en castelán. Está protagonizado por Carmelo Gómez, que interpreta o detective Leo Caldas, Pedro Alonso no papel de Valverde, e Luis Zahera como Arias.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
Lista de provincias e territorios do Canadá por área
Esta é unha listaxe de Provincias e territorios do Canadá ordenadas por superficie. A superficie preséntase en quilómetros cadrados.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Día Internacional do Orgullo LGTB
O Día Internacional do Orgullo LGTB, refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas da comunidade LGTB+, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas. A festa ten lugar o 28 de xuño, polo que a maioría das celebracións fanse ao redor desa data ou no sábado inmediatamente posterior. A noción básica do «orgullo LGTB+» consiste en que ningunha persoa debe sentir vergoña do que é, sexa cal for o seu sexo ou orientación sexual.
Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo. Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Viena (en alemán: Wien ( [viːn] ; en bávaro: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros ramais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 1,9 millóns habitantes (2,8 millóns coa área metropolitana), a maior cidade e centro político e cultural do país. Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914.
Os nanocables bacterianos (tamén chamados nanocables microbianos) son apéndices que conducen electricidade presentes en varias especies bacterianas, entre as que salientan as dos xéneros Geobacter e Shewanella. A existencia de nanocables condutores foi confirmada na cianobacteria oxixénica Synechocystis PCC6803 e nun cocultivo metanoxénico termófilo, constituído por Pelotomaculum thermopropionicum e Methanothermobacter thermoautotrophicus. Desde as perspectivas fisiolóxica e funcional, os nanocables bacterianos son bastante diversos.O papel preciso que desempeñan os nanocables bacterianos nos seus sistemas biolóxicos non se comprende de todo, pero propuxéronse para eles varias funcións.
Ana Torroja Fungairiño, nada en Madrid o 28 de decembro de 1959, é unha cantante española, unha das voces máis coñecidas da música pop do país. Foi a vocalista do grupo Mecano, xunto aos irmáns José María e Nacho Cano, cos que conseguiu un éxito espectacular en España e outros países. Con Mecano vendeu máis de 25 000 000 de discos.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (A península de Anatolia atopase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.O seu territorio foi o fogar de varias grandes civilizacións: hititas, urartu, cimerios, asirios, persas, grecos, romanos, bizantinos, selxúcidas, otománs e lugar de moitas batallas entre esas civilizacións ao longo da historia.
A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas composteláns como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.
As guerras iugoslavas foron unha serie de conflitos no territorio da antiga Iugoslavia, que se sucederon entre 1991 e 2001. Comprenderon dous grupos de guerras sucesivas que afectaron ás seis antigas repúblicas iugoslavas. Termos alternativos en uso inclúen a guerra dos Balcáns, a guerra na antiga Iugoslavia, guerras iugoslavas de secesión ou raramente a terceira guerra balcánica (un termo acuñado polo xornalista británico Misha Glenny, aludindo ás guerras dos Balcáns entre 1912 e 1913).
Ramón de Carranza y Fernández de la Reguera, nado en Ferrol o 16 de abril de 1863 e finado en Cádiz o 13 de setembro de 1937, foi un político, militar e empresario galego. Desenvolveu boa parte da súa carreira en Cádiz, cidade da que foi alcalde entre 1927 e 1931, e novamente entre 1936 e 1937. Foi deputado en Cortes en varias ocasións.
Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano. Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.
A β2 microglobulina, tamén coñecida como B2M, é unha proteína compoñente das moléculas MHC de clase I. As moléculas MHC de clase I constan das proteínas α1, α2 e α3, que están presentes en todas as células nucleadas (isto exclúe os glóbulos vermellos do sangue). Nos humanos, a β2 microglobulina está codificada no xene B2M situado no cromosoma 15.
Summum bonum ('sumo ben' ou 'ben maior, en latín) é unha expresión latina, introducida por Cicerón, usada na filosofía — particularmente, en Aristóteles, na filosofía medieval e na filosofía de Immanuel Kant — para describir o ben maior que o ser humano debe buscar.De modo xeral, summum bonum é interpretado como sendo o obxectivo final, contendo todos os outros bens. Na filosofía cristiá, o ben maior é comumente definido como a vida dos xustos, vivida en comuñón con Deus e de acordo cos preceptos divinos. O concepto, ben como as consecuencias filosóficas e teolóxicas, pode ter orixe nas formas clásicas do monoteísmo.[Cómpre referencia] Foi presentado ao mundo Occidental a través de filósofos neoplatónicos, e descrito como característica dun Deus cristián por Agostiño de Hipona na súa obra De natura boni (en galego, A Natureza do Ben), escrita polo 339.
Aitana Ocaña Morales, nada en Sant Climent de Llobregat o 27 de xuño de 1999, coñecida simplemente como Aitana, é unha cantante española. Deuse a coñecer no ano 2017, cando formou parte da novena tempada de Operación Triunfo. Obtivo o segundo posto no concurso musical, sendo unha dos seis candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2018, con «Arde» en solitario e «Lo malo» en dueto coa tamén concursante Ana Guerra.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A bandeira LGTB ou bandeira do arco da vella —ás veces denominada bandeira da liberdade— é unha bandeira multicor que foi utilizada como símbolo do orgullo gai e lésbico dende fins dos anos 1970. As diferentes cores simbolizan a diversidade na comunidade LGTB e as súas cores son utilizados a miúdo en marchas por reclamos. Aínda que naceu en California, actualmente é utilizada en todo o mundo.
O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo do noroeste galego na provincia da Coruña que une Malpica de Bergantiños (lugar de saída) con Fisterra (lugar de chegada) o longo de 200 km dirección suroeste pola beira do mar. A presenza de faros ao longo do percorrido é o que lle dá nome; tamén decorre por outros lugares de interese da Costa da Morte: praias, bosques, dunas, acantilados, ríos ou regos, peiraos pesqueiros, estuarios, fontes de auga, arquitectura etc. Esta ruta adoita dividirse en oito etapas dunhas 9 horas de camiñada a ritmo de paseo cunha media de 26 km por etapa, sendo a máis curta a de Laxe a Arou (Camariñas) (mide 18 km) e a máis longa a que vai desde Camariñas ata Muxia (mide 32,6 km).
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. A flor das dedaleiras e as súas follas conteñen unha substancia alcaloide, a dixitalina, que afecta ao funcionamento cardíaco e o extracto do seu principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas dende finais do século XVIII. Na medicina a dixitalina viuse obsoleta e no seu lugar é usada a dixitoxina, molécula sintética derivada daquela.
Deontoloxía (do Grego δέον, translit. deon, "deber, obriga" + λόγος, logos, "ciencia"), en filosofía moral contemporánea, é unha das teorías normativas, segundo a cal as escollas son moralmente necesarias, prohibidas ou permitidas. Polo tanto, inclúense entre a teorías morais que orientan as nosas escollas sobre o que debe ser feito.
Michelangelo Merisi da Caravaggio, nado en Milán o 28 de setembro de 1571 e finado o 18 de xullo de 1610, foi un pintor italiano activo en Roma, Nápoles, Malta e Sicilia entre 1593 e 1610, foi o primeiro gran representante da escola barroca. É coñecido como Caravaggio, que é o nome do pobo lombardo onde naceu.
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A expresión morte asistida pode referirse a: Eutanasia, práctica de terminar cunha vida de xeito intencionado para acabar coa dor ou co sufrimento; Suicidio asistido, axuda a unha persoa a suicidarse; Sedación terminal, administración de medicamentos con efecto calmante ou sedante a unha persoa que está a piques de morrer.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005 e coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetógnatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo.
Infección de transmisión sexual
As infeccións de transmisión sexual (ITS), enfermidades de transmisión sexual (ETS) ou máis coñecidas por enfermidades venéreas, son o conxunto de entidades clínicas infectocontaxiosas agrupadas que se transmiten dun a outro individuo soamente por medio de contacto íntimo que se produce, case de maneira exclusiva, durante as relacións sexuais, incluíndo o sexo vaxinal, o sexo anal e mais o sexo oral. Os axentes produtores das infeccións de transmisión sexual inclúen bacterias, virus, fungos e protozoos. Con todo, poden transmitirse tamén polo uso de xiringas contaminadas ou ben por contacto co sangue, e algunhas delas poden transmitirse durante o embarazo ou o parto, desde a nai ao fillo.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.273 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Lista de episodios de Doraemon
Esta é unha lista de episodios de Doraemon, un exitoso anime xaponés que se vén emitindo pola TVG desde os anos 90 ata a actualidade. No Xapón, existen tres series de Doraemon: unha do 1973, outra de 1979 e unha derradeira do 2005. A primeira constou de 26 episodios pero, co paso do tempo, estes perdéronse.
Robert Gabriel Mugabe, nado o 21 de febreiro de 1924 nunha localidade a carón de Harare chamada Kutama e finado en Singapur o 6 de setembro de 2019, foi un político e militar de Cimbabue que ocupou o cargo de Primeiro Ministro do país entre o 18 de abril de 1980 e o 31 de decembro de 1987, e o de Presidente da República de Cimbabue dende o 31 de decembro de 1987 ata o 21 de novembro de 2017.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O DMC DeLorean é un automóbil deportivo fabricado por DeLorean Motor Company (DMC) dende 1981 ata 1982. É coñecido simplemente como o DeLorean, xa que este foi o único modelo que fabricou dita compañía. O DeLorean caracterízase pola súa carrozaría con portas de á de gaivota, paneis e capó de aceiro inoxidábel sen pintura.
Élite (estilizado como ÉLITƎ) é unha serie web española de thriller adolescente creada e escrita por Carlos Montero e Darío Madrona e dirixida por Ramón Salazar e Dani de la Orden para Netflix. A serie conta cun grande elenco composto por Miguel Herrán, Aron Piper, Mina El Hammani, Omar Ayuso, María Pedraza, Itzan Escamilla, entre outros, que interpretan os estudantes dun instituto de elite e os seus amigos. A primeira tempada foi estreada en Netflix o 5 de outubro de 2018.
O País de Gales (Galés: Cymru; IPA pronunciado: /ˈkəmrɨ/, “Camri aproximadamente”) é unha das catro nacións constitutivas do Reino Unido, situada nunha península ao suroeste da illa de Gran Bretaña e limitada polos condados ingleses de Cheshire, Shropshire, Herefordshire e de Gloucestershire ao leste, a canle de Bristol (Môr Hafren) ao sur, o canal de San Xurxo (Sianel San Siôr) ao suroeste, e o mar irlandés (Môr Iwerddon) ao oeste e ao norte, e tamén polo esteiro do río Dee (Afon Dyfrdwy) no nordeste. En total cobre unha área de 20 720 km de norte a sur e duns 96 km de leste a oeste. Na actualidade (2005) conta cunha poboación de case tres millóns de habitantes e as cidades máis poboadas son Cardiff, capital de Gales con 300 000 habitantes, e Swansea con 190 000.
Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma usual de se referir a todo o país, en holandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.
Ames é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en 2012 29.331 habitantes, 27.900 no 2010, 24.553 no 2007, 23.219 no 2006, 22.228 no 2005, 20.840 no 2004).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amesán».
A pataca ( pronunciación ), baloca, castaña ou castaña da terra é o tubérculo da planta da pataca ou pataqueira (Solanum tuberosum), unha planta da familia das solanáceas, orixinaria de América do Sur e cultivada en case todo o mundo polo seu tubérculo comestíbel. Con frecuencia adóitase citar como endémica dos Andes nunha área que coincide aproximadamente co sur do Perú, onde foi cultivada e consumida polo menos dende o VIII milenio a.C. , porén dende hai séculos a planta é cultivada noutras latitudes dando lugar a diversas variedades de patacas. En Galicia a maior zona de produción do tubérculo é a comarca da Limia, de cuxo comercio procede a principal fonte de ingresos da comarca.
O Wiener Werkstätte (en alemán, Wiener = vienés, Werkstätte = laboratorios, obradoiros) foi unha innovadora comunidade vienesa de produción, vinculada ao mundo do deseño, fundada en 1903 polo arquitecto Josef Hoffmann (1870-1956), o banqueiro Fritz Wärndorfer e o pintor Koloman Moser (1868-1918). Recolle os resultados da Secesión vienesa, o movemento "Arts and Crafts", a Liberty inglesa, Art Nouveau e Jugendstil.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Os glicoesfingolípidos son un subtipo de glicolípidos formados na maior parte dos casos por unha ceramida (esfingosina + ácido graxo) unida a un glícido (monosacárido ou oligosacárido) . Son esfingolípidos, xa que conteñen o aminoalcohol esfingosina. A maioría non conteñen fosfato, polo que non son fosfolípidos, pero hai algúns grupos que si.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.