Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Concurso de Miss Vaca Galicia (Luar)
Miss Vaca Galicia é un certame organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Miquel Iceta i Llorens, nado en Barcelona o 17 de agosto de 1960, é un político catalán, primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) dende o ano 2014 e dende o 27 de xaneiro de 2021, Ministro de Política Territorial do Goberno de España. Foi nomeado en substitución de Carolina Darias, que foi nomenada Ministra de Sanidade, en substitución de Salvador Illa, que deixou o cargo para concorrer como candidato do PSC nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.Iceta foi secretario primeiro do Parlamento de Cataluña dende 2012 até 2014 e candidato a Presidente da Generalitat de Cataluña polo PSC nas eleccións de 2015 e de 2017.
María del Carmen Calvo Poyato, máis coñecida como Carmen Calvo, nada en Cabra (Córdoba) o 7 de xuño de 1957, é unha xurista constitucionalista, política e docente española. Dende xuño de 2018 é a vicepresidenta e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade do Goberno de España presidido por Pedro Sánchez. Doutora en dereito constitucional, foi conselleira de Cultura da Junta de Andalucía (1996-2004) e ministra de Cultura (2004-2007) no Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Nadia María Calviño Santamaría, nada na Coruña o 3 de outubro de 1968, é unha economista galega que desempeñou varios cargos na administración pública de España e da Unión Europea e, desde o 7 de xuño de 2018, foi a Ministra de Economía e Empresa de España. En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. É filla do ex-director de TVE José María Calviño.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Segunda Guerra Civil de Costa do Marfil
A Segunda Guerra Civil en Costa do Marfil iniciouse o 25 de febreiro de 2011 cando empezaron os combates entre as forzas leais ao presidente electo e o de facto no oeste do país.O conflito armado debeuse á escalada de violencia que vivía o país pola crise política producida polo descoñecemento da vitoria do líder opositor Alassane Ouattara por unha estreita marxe de votos na segunda volta das eleccións presidenciais do 28 de novembro de 2010 que derrotara o presidente Laurent Gbagbo, quen contaba coa lealdade das forzas armadas para perpetuarse no poder pero cun gran rexeitamento por parte do pobo e a comunidade internacional. Tras teren quedado claras as posturas de ambos bandos, a comunidade internacional ao completo (cabe destacar a Unión Europea, Estados Unidos, a Organización das Nacións Unidas, a Unión Africana ou a Comunidade Económica de Estados de África Occidental) posicionouse a favor dos resultados proclamados pola comisión electoral que daban a Outtara como vencedor nas eleccións.Despois de meses de negociacións infrutuosas e a violencia esporádica entre os partidarios dos dous lados, protestas reprimidas polo exército e a policía e ataques a opositores políticos entre os distintos bandos, a crise converteuse nunha guerra civil cando as milicias de Ouattara tomaron o control do norte do país durante o marzal de 2011, atrincheirándose Gbagbo na ex-capital e cidade máis grande do país, Abidjan. As organizacións internacionais informaron de numerosos casos de violacións de dereitos humanos por ambas partes, en particular, na cidade de Duékoué, onde o 29 de marzo polo menos 800 persoas foron masacradas por milicianos de ambos bandos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Michael John ("Mick") Collins (en irlandés Mícheál Seán Ó Coileáin), nado en Sam's Cross (Condado de Cork) o 12 ou o 16 de outubro de 1890 e finado o 22 de agosto de 1922, foi un líder revolucionario irlandés, Ministro de Finanzas na República de Irlanda, Director de Intelixencia do IRA, e membro da delegación irlandesa durante as negociacións do Tratado Anglo-Irlandés, tanto como Presidente do Goberno Provisional e como Comandante en Xefe do Exército Irlandés. Foi asasinado en agosto de 1922, durante a Guerra Civil Irlandesa. A pesar de que a maioría dos partidos políticos irlandeses recoñece a súa contribución á fundación do estado moderno irlandés, os membros e os simpatizantes do Fine Gael gardan a súa memoria con particular estima, téndoo como pai fundador do seu movemento.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Un paradoxo é unha declaración en aparencia verdadeira que inclúe unha auto-contradición lóxica ou unha situación que contradí o sentido común. En palabras simples, un paradoxo é 'o oposto ó que un considera certo'. A identificación de paradoxos baseados en conceptos en aparencia razoables e simples impulsou importantes avances na ciencia, filosofía e matemáticas.
Ashleigh Barty, nada en Ipswich, Queensland, o 24 de abril de 1996, é unha xogador de tenis e antiga xogadora de crícket australiana. Chegou ao número un do mundo individual da Women's Tennis Association (WTA), sendo a segunda australiana que o logrou tras Evonne Goolagong Cawley. Tamén chegou a estar entre as cinco mellores do mundo en dobres.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Os vagalumes son unha familia de coleópteros polífagos chamados lampíridos (Lampyridae), caracterizados pola súa capacidade de emanar luz (bioluminescencia). Coñécense máis de 2.000 especies por todo o mundo. Moitas pódense atopar en brañas, lameiros, lamazais, illós ou gándaras, polo xeral nas áreas húmidas e vizosas, onde a súas larvas teñen unha fonte de alimento abondosa.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Para outros artigos con títulos relacionados, véxase Peso (moeda) e Peso monetario En física, o peso dun corpo é unha magnitude vectorial, o cal defínese como a forza coa cal un corpo actúa sobre un punto de apoio, por mor da atracción deste corpo pola forza da gravidade. A situación máis corrente, é a do peso dos corpos nas proximidades da superficie dun planeta como a Terra, ou dun satélite. O peso dun corpo depende da intensidade do campo gravitatorio e da masa do corpo.
A princesa prometida (en inglés: The Princess Bride) é un filme estadounidense dirixido por Rob Reiner que foi estreado en 1987. Está baseada na novela homónima de 1973, da autoría de William Goldman, que combina comedia, aventura, amor e fantasía. O filme foi dirixido por Rob Reiner sobre un guión do propio Goldman.
Diana Morant Ripoll nada en Gandía, Valencia, o 25 de xuño de 1980 é unha política española. Iniciou a súa carreira política no Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) o 11 de xuño de 2011 e, en 2014, converteuse en Secretaria Xeral do PSPV en Gandía. Foi alcaldesa de Gandía (Valencia) desde o 13 de xuño de 2015 até que o 10 de xullo de 2021 foi nomeada Ministra de Ciencia do Goberno de España trala remodelación do Goberno de España.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.588 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
O algodón ou cotón é unha fibra branca ou esbrancuxada que se obtén dos froitos dos algodoeiros (algunhas especies do xénero Gossypium, familia Malvaceae). Hai moitas especies nativas das áreas tropicais de África, Asia e América, e desde o final da última Era glacial xa se confeccionaban tecidos con algodón. Actualmente, soamente se aproveitan 4 especies a grande escala para a confección de tecidos e instrumentos médicos.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, iniciada no ano 2002, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.
Michael Jerome Oher, nado como Michael Jerome Williams, Jr., o 28 de maio de 1986 en Memphis, Tennessee, é un xogador de fútbol americano actaulmente axente libre. O seu último equipo foron os Carolina Panthers da National Football League (NFL). Foi recrutado polos Baltimore Ravens na primeira rolda da Draft 2009 da NFL tras xogar ao fútbol universitario na Universidade de Mississippi, onde gañou de xeito unánime as honras do All-American en Mississippi.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga
Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga é un filme estadounidense de 2020 dirixido por David Dobkin e escrito por Will Ferrell e Andrew Steele. Está protagonizado por Ferrell e Rachel McAdams, e conta a historia de dous cantantes islandeses, Lars Erickssong e Sigrit Ericksdóttir, cuxo maior desexo é representar o seu país no Festival de Eurovisión. Pierce Brosnan, Dan Stevens e Demi Lovato aparecen nos papeis secundarios.
A lenda de Bill Doolin (en inglés: Cattle Annie and Little Britches) é un filme estadounidense de 1981 dirixido por Lamont Johnson. Está protagonizado por Burt Lancaster, John Savage, Rod Steiger, Diane Lane e Amanda Plummer, e baséase na vida de dúas adolescentes de finais do século XIX no territorio de Oklahoma. O guión é obra de David Eyre e Robert Ward a partir do libro de Ward.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
Ronaldo Luís Nazário de Lima, coñecido como Ronaldo, nado o 22 de setembro de 1976 no Río de Xaneiro, é un ex futbolista brasileiro tamén con nacionalidade española. Xogaba de dianteiro e está considerado como un dos xogadores de fútbol máis coñecidos a nivel mundial e xogou nalgúns dos equipos europeos máis prestixiosos.
Puertollano é un municipio da provincia de Cidade Real, comunidade autónoma de Castela-A Mancha, en España, con 50.838 habitantes (INE 2007). Conta cunha mina de carbón e unha refinería de petróleo. A súa produción eléctrica vai dende as dúas centrais térmicas de carbón (Viesgo-Enel e Elcogas), ata as últimas instalacións de paneis solares.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Twitch é unha plataforma que permite realizar transmisións en directo a través da Internet. Actualmente, é propiedade de Amazon, Inc., sendo unha das súas principais funcións a retransmisión de videoxogos en directo, sendo rival directo de YouTube. Tamén inclúe transmisións de eSports e outros eventos relacionados cos videoxogos.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Un planeta interestelar (tamén denominado nómade, orfo , vagabundo, errante 'ou' planeta sen sol) é un obxecto de masa planetaria que non orbita ó redor dunha estrela. Tales obxectos foron expulsados do sistema planetario no que se formaron ou nunca estiveron ligados gravitacionalmente a ningunha estrela ou anana marrón. A Vía Láctea por si soa podería ter miles de millóns a billóns de planetas interestelares, un rango que o próximo Telescopio espacial Nancy Grace Roman probablemente sexa capaz de estreitar.Algúns obxectos de masa planetaria poden formarse dun xeito similar ás estrelas, e a Unión Astronómica Internacional propuxo que tales obxectos se chamen sub-ananas marrónss.
A Liga Noroeste de Traiñeiras ou Liga Galega de Traiñeiras é unha competición de traiñeiras que se disputa dende 2003 nas provincias de Pontevedra e A Coruña, en Galiza. Esta competición está composta dunha serie de bandeiras ou regatas en diferentes localidades ao longo da tempada estival. A Liga Galega de Traiñeiras está formada actualmente por dúas categorías na competición masculina, A e B (con 10 e 6 embarcacións respectivamente), e unha categoría feminina con 6 equipos.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
A Copa América de fútbol é o campionato de seleccións masculinas nacionais dese deporte máis importante do continente americano, organizado pola Confederación Suramericana de Fútbol (Conmebol). A Copa América é un do tres eventos futbolísticos máis importantes a nivel de seleccións, xunto á Copa Mundial de Fútbol e a Eurocopa. Para a Copa América 2007 estimouse unha audiencia de 530 millóns de persoas en América Latina e a nivel mundial unha audiencia acumulada de 4.000 millóns de persoas pertencentes aos 185 países en que o evento foi retransmitido.
A llama (Lama glama) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Camelidae. Foi domesticado xa antes do imperio Inca aínda que tal imperio levou a súa domesticación ao máximo xa que a parte de ser un animal para sacrificios, daba carne, la e era o único animal de tiro (se se exceptúan os cans das zorras innuit ou "esquimós") de toda América antes da chegada dos europeos a finais do século XV, os nativos pobos andinos lograron a actual llama por selección artificial, partindo de exemplares salvaxes de guanaco (Lama guanicoe), do cal, polo tanto, a llama deriva. Segundo recentes estudos de ADN, isto ocorreu, en principio de xeito independente en tempo e espazo, en sectores do sur do Perú, norte de Chile, noroeste da Arxentina ao igual tamén no oeste de Bolivia.
Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947, é un xornalista galego.Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe. Foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez, etapa na que escribiu a maioría dos discursos deste.
Botón de ancla (filme de 1948)
Botón de ancla é un filme galego de 1948, dirixido por Ramón Torrado. Baseado nunha novela homónima de José Luis de Azcárraga Bustamante sobre as aventuras de tres gardamariñas da Escola Naval de Marín, o enorme éxito do filme levou a Ramón Torrado a dirixir outras películas coa mesma fórmula, mais variando lixeiramente as situacións. Tamén contou con tres remakes, un deles dirixido polo propio Torrado.
Helicobacter pylori é unha especie bacteriana que infecta o epitelio gástrico humano. Moitas úlceras e algúns tipos de gastrite débense a infeccións por H. pylori. Calcúlase que un 50% da poboación humana ten H. pylori no seu estómago, pero a gran maioría dos suxeitos infectados (un 80%) nunca chega a desenvolver ningún tipo de síntoma.
A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e está situada no noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. Toma o nome da súa capital, a cidade da Coruña.
O tren lixeiro é un sistema de transporte que utiliza o mesmo material rodante có tranvía, mais inclúe segmentos parcial ou totalmente segregados do tráfico, con carrís reservados, vías apartadas e nalgúns casos túneles no centro da cidade de características semellantes ás dun ferrocarril convencional. Ten unha capacidade media de transporte a escala rexional e metropolitana, polo xeral menor có tren ou metro e maior có tranvía. O tren lixeiro permite a conexión entre zonas peonís en núcleos urbanos e zonas rurais, creando ademais novos potenciais de desenvolvemento urbano.
Enrique Morente Cotelo, coñecido artisticamente como Enrique Morente, nado na cidade española de Granada o 25 de decembro de 1942 e falecido en Madrid o 13 de decembro de 2010, foi un cantaor controvertido no flamenco. Despois duns comezos ortodoxos derivou cara ao experimentalismo, renovando as melodías do cante e colaborando con músicos de diversos estilos sen renunciar ás súas raíces nin ó cante flamenco más tradicional. Malia as críticas do sector máis purista do público e da crítica, foi un dos cantaores flamencos máis influentes de finais do século XX e comezos do XXI, que non só innovou, senón que tamén creou tradición: as súas interpretacións foron recreadas por xente como Camarón de la Isla, Mayte Martín, Carmen Linares, Miguel Poveda, Segundo Falcón ou Arcángel.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Matosinhos é unha cidade portuguesa do Distrito do Porto, na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto. Ten unha poboación de 175.478 habitantes (2011) e unha superficie de 62,30 km². O concello limita ao norte co municipio de Vila do Conde, ao nordés con Maia, ao sur co do Porto e ao oeste ten costa co océano Atlántico.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.