Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A Eurocopa da UEFA de 2020 é a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada, por mor do sesenta aniversario da UEFA, en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputouse do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
Giorgio Chiellini, nado en Pisa o 14 de agosto de 1984, é un xogador de fútbol italiano que xoga actualmente no club da Serie A Juventus e na selección nacional de Italia. Comezou a súa carreira profesional como defensa, pero é famoso por ser un consitente defensa central con gran habilidade nas xogadas a balón parado. É o vice capitán, por detrás de Gianluigi Buffon.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
María I, de nome María Estuardo (inglés: Mary Stuart, Mary Stewart ou Marie Steuart); nada o 8 de decembro de 1542 e finada o 8 de febreiro de 1587), foi raíña de Escocia do 14 de decembro de 1542 ao 24 de xullo de 1567. Única filla lexítima de Xacobe V, con seis días de idade sucedeu ao seu pai no trono escocés. Pasou a maior parte da súa infancia en Francia, mentres Escocia era gobernada por rexentes.
O utilitarismo é a teoría ética que defende que a mellor acción é aquela que ten a maior utilidade. A "utilidade" defínese de varias maneiras, baseándose por regra xeral en termos de benestar de entidades con capacidade de sentir. A primeira persoa en plantear esta teoría foi o inglés, Jeremy Bentham.
Semente, Escolas de Ensino Galego
Semente, Escolas de Ensino Galego é unha rede de escolas de Galiza que teñen o galego como lingua vehicular.En 2021 ten escolas infantís na Coruña, Lugo e Vigo, e de educación infantil e primaria en Santiago de Compostela e Trasancos.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Eurocopa de Fútbol Europa 2020 - Final
A Final da UEFA Euro 2020 será o partido de fútbol que determine os gañadores da Eurocopa 2020. O partido será a 16ª final do Campionato Europeo da UEFA, un torneo cuadrienal disputado polos equipos nacionais masculinos das asociacións membros da UEFA para decidir os Campións de Europa. O partido disputarase no Wembley Stadium en Londres, Inglaterra, o 11 de xullo de 2021 e será disputado por Inglaterra e Italia, vencedores das súas respectivas semifinais.Italia conseguiu gañar a final por 3–2 en penaltis tras un empate a 1 despois da prórroga.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
A pantalla de cristal líquido (LCD, do inglés liquid-crystal display) é unha tecnoloxía que usa as propiedades do cristal líquido, empregada nas pantallas de calculadoras, reloxos dixitais e nas pantallas de ordenadores e TV. A tecnoloxía baséase en diminutos cristais en estado líquido que segundo como se polaricen poden ser transparentes ou opacos. Unha fonte luminosa situada detrás dos cristais ilumina os cristais, os opacos non deixan pasar a luz mais os transparentes si.
Pequeno Hotel é unha comedia de televisión producida por CTV e que emitiu a Televisión de Galicia no ano 2001. A acción céntrase nas vivencias dos traballadores e clientes dun hotel localizado a carón da muralla de Lugo. A trama céntrase nas relacións entre os personaxes, donos e empregados do hotel, e os hóspedes que nel se aloxan.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Miquel Iceta i Llorens, nado en Barcelona o 17 de agosto de 1960, é un político catalán, primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) dende o ano 2014 e dende o 27 de xaneiro de 2021, Ministro de Política Territorial do Goberno de España. Foi nomeado en substitución de Carolina Darias, que foi nomenada Ministra de Sanidade, en substitución de Salvador Illa, que deixou o cargo para concorrer como candidato do PSC nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.Iceta foi secretario primeiro do Parlamento de Cataluña dende 2012 até 2014 e candidato a Presidente da Generalitat de Cataluña polo PSC nas eleccións de 2015 e de 2017.
María del Carmen Calvo Poyato, máis coñecida como Carmen Calvo, nada en Cabra (Córdoba) o 7 de xuño de 1957, é unha xurista constitucionalista, política e docente española. Dende xuño de 2018 é a vicepresidenta e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade do Goberno de España presidido por Pedro Sánchez. Doutora en dereito constitucional, foi conselleira de Cultura da Junta de Andalucía (1996-2004) e ministra de Cultura (2004-2007) no Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Winchester '73 é un filme estadounidense de 1950 dirixido por Anthony Mann e protagonizado por James Stewart, Shelley Winters, Dan Duryea e Stephen McNally. Escrito por Borden Chase e Robert L. Richards, o filme trata sobre o cambio de propietario dun prezado rifle e a busca dun asasino fuxido. Rock Hudson interpreta un nativo americano e Tony Curtis interpreta un soldado de cabalería sitiado, ambos en pequenos papeis ao comezo das súas carreiras.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Manuel Antonio Pérez Sánchez, coñecido como Manuel Antonio, nado en Rianxo o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego en lingua galega, o máximo representante do movemento vangardista de entreguerras en Galicia. Asistiu á II Asemblea Nacionalista (Santiago 1919), á III (Vigo 1921) e á IV (Monforte 1922). En 1922 publicou, xunto a Álvaro Cebreiro, o manifesto Máis alá!.
Audrey Hepburn, nada como Audrey Kathleen Ruston o 4 de maio de 1929 en Ixelles, e finada o 20 de xaneiro de 1993 en Tolochenaz, Vaud, foi unha actriz británico-belga que realizou a meirande parte da súa carreira artística nos Estados Unidos. Tamén foi moi activa como embaixadora de UNICEF. É considerada pola American Film Institute como a terceira mellor estrela feminina de tódolos tempos. Nada en Ixelles, un distrito de Bruxelas, Hepburn pasou a súa infancia entre Bélxica, Inglaterra e os Países Baixos, incluíndo a Arnhem que estivo ocupada polos alemáns durante a segunda guerra mundial.
O rocho é un cuarto da casa, polo xeral pequeno e pouco vistoso, que se destina a gardar os utensilios de menor uso. Non sempre os cuartos destinados a facer de rocho están dentro da casa; é habitual que moitos apartamentos teñan o rocho nun andar distinto do edificio, polo xeral no baixo ou no faiado, aínda que tampouco non é raro que as casas de campo teñan o rocho nun caseto adxacente ou mesmo afastado da vivenda. As linguas doutras culturas onde é habitual ubicalos no soto utilizan unha mesma palabra para os dous significados: sous-sol en francés ou basement en inglés (aínda que tamén existe pantry ou larder con significados similares de almacenamento doutras cousas).
O clan dos irlandeses (en inglés: State of Grace) é un filme estadounidense de 1990 dirixido por Phil Joanou e protagonizado por Sean Penn, Ed Harris e Gary Oldman, xunto con Robin Wright, John Turturro e John C. Reilly. Escrito polo dramaturgo Dennis McIntyre, o filme foi producido por Ned Dowd, Randy Ostrow e Ron Rotholz, cunha banda sonora de Ennio Morricone.
A selección de fútbol de Italia é o equipo representativo de Italia nas competicións internacionais de fútbol. Está controlada pola Federación Italiana de Fútbol (en italiano: Federazione Italiana Giuoco Calcio), pertencente á UEFA. Gañadora de catro Copas do Mundo (1934, 1938, 1982, 2006) e dúas Eurocopas (1968 e 2020), é unha das seleccións máis prestixiosas do mundo deste deporte.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
José Pablo del Bado Rivas nado o 26 de maio de 1958 é directivo de empresas sendo director de Pull and Bear. Reside en Oleiros.Comezou a traballar con Amancio Ortega e Rodríguez Cebrián a mediados dos anos 70 á busca de clientes. Del Bado era coñecido en Arteixo como “o fillo que a Amancio Ortega lle gustaría ter”.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.588 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Segundo a visión tradicional da historiografía española, cuxos conceptos básicos foron introducidos no século XIX por por historiadores como Lafuente ou Simonet, o reino medieval de León tivo a súa orixe na transferencia da capital do reino de Asturias de Oviedo para a cidade de León en tempos do rei Afonso III. Segundo o relato dos historiadores decimonónicos, após da morte de Afonso o reino foi dividido entre os seus tres fillos: Froila II gobernou nas Asturias, Ordoño II en Galicia, e García I en León; polas súas mortes sucesivas, todos virían a reinar sobre o reino de León, a entidade hexemónica. Durante algúns períodos de tempo o reino de León foi dividido (Castela, Galicia e Portugal), para despois se volver a se unificar (excepto Portugal, que non mais volveu á súa órbita); extinguíndose definitivamente en 1230, cando foi absorbido por Castela. Porén, este punto de vista, que xa fora posto en cuestión na súa orixe polos historiadores galegos, e hoxe discutido por unha parte da historiografía moderna que considera que as denominacións reino de Asturias e reino de León suplantan á de reino de Galicia, verdadeiro nome do reino, como amplamente demostran as fontes documentaisA revisión da documentación acredita a inexistencia dun reino chamado de Asturias e a errónea suplantación de Galicia por léon.
Os cabaleiros casan coas morenas
Os cabaleiros casan coas morenas (en inglés: Gentlemen Marry Brunettes) é un filme estadounidense de 1955 dirixido por Richard Sale. Foi producido por Russ-Field Productions, e está protagonizado por Jane Russell e Jeanne Crain, sendo distribuído por United Artists. O guión foi creado por Mary Loos e Sale, e está baseado na novela de 1927 But Gentlemen Marry Brunettes de Anita Loos, tía de Mary Loos.
O limoeiro (Citrus limon) é unha pequena árbore perenne, da familia das rutáceas, que pode alcanzar os 6 m de altura; posúe cortiza lisa e madeira dura e amarelenta moi apreciada para traballos de ebanistaría. Forma unha copa aberta con gran profusión de pólas, as súas follas son elípticas, coriáceas de cor verde mate (de 5 a 10 cm), acabadas en punta e con bordos ondulados ou finamente dentados. As aromáticas flores presentan grosos pétalos brancos tinxidos de rosa ou violeta na parte externa, con numerosos estames (20-40).
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Mensaxe nunha botella (en inglés: Message in a Bottle) é un filme estadounidense de 1999 dirixido por Luis Mandoki e baseado na novela homónima de Nicholas Sparks. Está protagonizado por Kevin Costner, Robin Wright e Paul Newman, e foi rodado en Maine, Chicago e Wilmington, Carolina do Norte. Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 12 de febreiro de 1999 a través de Warner Bros.
Diana Morant Ripoll nada en Gandía, Valencia, o 25 de xuño de 1980 é unha política española. Iniciou a súa carreira política no Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) o 11 de xuño de 2011 e, en 2014, converteuse en Secretaria Xeral do PSPV en Gandía. Foi alcaldesa de Gandía (Valencia) desde o 13 de xuño de 2015 até que o 10 de xullo de 2021 foi nomeada Ministra de Ciencia do Goberno de España trala remodelación do Goberno de España.
Isabel I (en inglés Elizabeth I), nada no Palacio de Placentia o 7 de setembro de 1533 e finada no Palacio de Richmond o 24 de marzo de 1603, foi raíña de Inglaterra e de Irlanda desde 1558 ata a súa morte. Tamén foi coñecida polos nomes de A Raíña Virxe, Gloriana e Boa Raíña Bess. Isabel foi filla de Henrique VIII e a súa segunda muller, Ana Bolena, quen foi executada cando Isabel tiña dous anos e medio.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
O asasinato de Samuel Luiz é un caso de asasinato por malleira en grupo e abandono de Samuel Luiz Muñoz, un mozo español, de orixe brasileira, de 24 anos, ocorrido na Coruña, en Galicia, na madrugada do 2 de xullo de 2021, nun contexto de presumíbel homofobia. O crime, ocorrido en plena semana do Orgullo LGBT, motivou a reacción de moitas figuras públicas e líderes de movementos LGBT+, sendo organizadas manifestacións en decenas de cidades de España, levando á rúa milleiros de persoas en protesta contra o asasinato de Samuel e outros recentes ataques a persoas LGBT con motivación homofóbica. A 8 de xullo, foran detidos tres sospeitosos relacionados con este crime.
As bacterias ou bacterios son organismos unicelulares procariontes, que se poden atopar illados ou en colonias. Pertencen ao reino Monera e constitúen un dos dominios dos seres vivos. Este microorganismo está constituído soamente por unha célula, non ten un verdadeiro núcleo celular, e xeralmente carece de orgánulos membranosos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O círculo cromático ou roda de cores é unha representación ordenada e circular das cores segundo o seu matiz ou ton, onde se representan as cores primarias e os seus derivados. O seu uso é compatible tanto con modelos de cores subtractivos (artísticos, pictóricos, de pigmento) como modelos aditivos (lumínicos). Os círculos cromáticos poden representarse graduados (escalonados) ou en degradé (como na imaxe).
O detective cantante (en inglés: The Singing Detective) é un filme estadounidense de 2003 dirixido por Keith Gordon e vagamente baseado na serie homónima da BBC, do escritor británico Dennis Potter. Está protagonizado por Robert Downey Jr., xunto con Katie Holmes, Adrien Brody, Robin Wright Penn, Mel Gibson e Carla Gugino.
Depuración franquista do maxisterio
A depuración do maxisterio durante o franquismo foi un proceso de sanción a profesionais da docencia, por razóns ideolóxicas, que tivo lugar en España tras o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Trata das sancións levadas a termo polo bando sublevado, dirixido polo xeneral Franco. O proceso de depuración iniciouse practicamente o 18 de xullo, ao comezo da Guerra Civil, mais non foi legalmente estabelecido até a publicación do Decreto do 8 de novembro de 1936.
José Calvo Sotelo, nado en Tui o 6 de maio de 1893 e finado en Madrid o 13 de xullo de 1936, foi un político e xurisconsulto dereitista galego, ministro de Facenda do Goberno do Estado entre 1925 e 1930, durante a Ditadura de Primo de Rivera. Estivo exiliado durante os primeiros anos da Segunda República, non obstante foi elixido deputado en todas as lexislaturas, incorporándose ao seu escano logo dunha amnistía durante o bienio radical-cedista en 1934. Destacou como líder monárquico a través do partido Renovación Española, aínda que non mantivo boa relación coas outras forzas da dereita: a maioritaria, partidaria de contemporizar coa República (CEDA) e as minoritarias, entre as que estaba Falange Española.
Carlos Cuevas Sisó, nado en Montcada i Reixac o 27 de decembro de 1995, é un actor catalán de televisión, cinema e teatro coñecido principalmente polo seu papel como Biel Delmàs no Serie de televisión Ventdelplà e por interpretar a Pol Rubio na serie de televisión Merlí e logo en Merlí: Sapere aude.
Miguel Mario Díaz-Canel Bermúdez, nado en Placetas, Cuba, o 20 de abril de 1960, é un político, enxeñeiro e profesor universitario cubano. É o presidente do Consello de Estado de Cuba e presidente do Consello de Ministros desde o 19 de abril de 2018. É o primeiro dirixente cubano nado despois da Revolución cubana que alcanzou devanditos postos.
Humphrey DeForest Bogart, nado en Nova York o 25 de decembro de 1899 e finado o 14 de xaneiro de 1957, é seguramente un dos actores cinematográficos máis coñecidos. De feito pasou xa a ser unha icona da cultura do século XX, elixido polo American Filme Institute como a máis grande estrela masculina do cine americano de todos os tempos. A súa fotografía de tres cuartos, con sombreiro ou sen el, con ou sen gabardina, forma parte das lembranzas da época dourada do cinema.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Raúl Modesto Castro Ruz, nado en Birán (Holguín) o 3 de xuño de 1931, é un militar e político cubano, irmán menor e colaborador de Fidel Castro. Foi presidente do Consello de Estado de Cuba e presidente do Consello de Ministros, polo tanto, presidente de Cuba dende o 24 de febreiro de 2008 até o 18 de abril de 2018, aínda que desempeñaba o cargo de maneira interina desde o 31 de xullo de 2006. Dende abril de 2011 é o primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba, substituíndo tamén ao seu irmán Fidel no cargo.Raúl é, xunto ao seu falecido irmán Fidel, un dos líderes da Revolución cubana.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O ollo ( pronunciación ), (do latín ocŭlus), ou globo ocular é o órgano que detecta a luz, sendo a base do sentido da vista. Componse dun sistema sensible aos cambios de luz, capaz de transformar estes en impulsos eléctricos. Os ollos máis sinxelos non fan máis que detectar se os arredores están iluminados ou escuros.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2020–21 compite no subgrupo A do grupo I da segunda división B, logo de descender na tempada anterior.