Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
James Cleveland "Jesse" Owens, nado en Oakville (Alabama) o 12 de setembro de 1913 e finado en Tucson (Arizona) o 31 de marzo de 1980, foi un atleta estadounidense de orixe afroamericana. Participou nos Xogos Olímpicos de 1936, onde conseguiu fama internacional ao conseguir catro medallas de ouro: 100 metros lisos, 200 metros lisos, salto de lonxitude e como participante do equipo gañador na carreira de remudas 4x100 metros.
Os Xogos Olímpicos de 2020 (en xaponés: 2020年夏季オリンピック; Nisen Nijū-nen Kaki Orinpikku), chamados oficialmente Xogos da XXXII Olimpíada (en xaponés: 第三十二回オリンピック競技大会; Dai Sanjūni-kai Orinpikku Kyōgi Taikai), son un evento deportivo internacional celebrado dende o 23 de xullo de 2021 até o 8 de agosto de 2021 en Toquio, no Xapón, se ben algúns eventos preliminares tiveron lugar antes da cerimonia de apertura, os días 21 e 22 de xullo. Toquio foi escollida como cidade sede dos Xogos durante a 125ª sesión do COI celebrada en Buenos Aires, na Arxentina, o 7 de setembro de 2013. Orixinalmente previstos para se celebrar entre o 24 de xullo e o 9 de agosto de 2020, o evento foi adiado en marzo de 2020 por mor da pandemia de COVID-19, e celebrarase sen a presenza de espectadores presenciais e baixo estado de alarma.
Amy Jade Winehouse, nada en Londres, Inglaterra o 14 de setembro de 1983 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2011, máis coñecida simplemente como Amy Winehouse, foi unha cantante e compositora inglesa recoñecida polo seu alcance vocal contralto, descrito como "acusticamente poderoso" e capaz de expresar "profunda emoción", destacando pola mestura ecléctica de xéneros musicais, incluíndo soul (ás veces denominado como blue-eyed soul e neo soul), rhythm and blues, jazz e reggae. O seu álbum de debut do ano 2003 Frank foi valorado positivamente pola crítica especializada e foi comercialmente un éxito no seu país natal, o Reino Unido, e foi candidato ó premio Mercury Prize. O seguinte álbum de Winehouse do ano 2006, Back to Black, levou cinco premios Grammy, igualando naquel entón a marca de maior número de triunfos nunha única noite para unha artista feminina, e foi a primeira muller británica en gañar cinco premios Grammy, incluíndo a Mellor Artista Revelación, Gravación do Ano e Canción do Ano.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Naomi Osaka ou Ōsaka Naomi (en xaponés: 大坂 なおみ), nada en Chūō-ku (Osaca) o 16 de outubro de 1997 é unha tenista xaponesa. Osaka foi a número 1 do mundo da Women's Tennis Association (WTA), e é a primeira xogadora asiática que o logrou en categoría individual. Nada no Xapón, filla de pai haitiano e nai xaponesa, vive nos Estados Unidos dende os tres anos.
A linguaxe é a capacidade do ser humano para se comunicar mediante un sistema de signos ou lingua. Non se debe confundir con lingua ou idioma, que é a representación concreta desta capacidade, manifestada na existencia das linguas naturais. Ás veces o termo esténdese ás linguaxes que os humanos usan para comunicarse, ademais da linguaxe falada, como a lingua de sinais.
David Cal Figueroa, nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e medallista olímpico en cinco ocasións. Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas ó acadar nos Xogos Olímpicos de 2012 a súa quinta medalla, a medalla de prata en C1 1000 metros.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
Os Quebec Nordiques, ou Nordiques de Québec, foron un equipo profesional de hóckey sobre xeo canadense con base na cidade de Quebec, na provincia homónima. Os Nordiques xogaron na World Hockey Association (WHA) entre 1972 e 1979, e na National Hockey League (NHL) entre 1979 e 1995. A franquía foi trasladada a Denver (Colorado, Estados Unidos) e mudou o seu nome polo de Colorado Avalanche na tempada 1995-96.Nas súas 23 tempadas de historia, o maior logro dos Nordiques chegou na tempada 1976-77, cando o equipo quebequés alzou o Avco World Trophy como campión da WHA. Das 16 tempadas que o equipo competiu na NHL, en nove delas disputou os play-offs, chegando dúas veces ás finais de conferencia, nas que caeu fronte aos New York Islanders na tempada 1981-82 e os Philadelphia Flyers na tempada 1984-85.
O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.
Os Xogos Olímpicos de 1936 foron realizados en Berlín, en Alemaña, entre o 1 e o 16 de agosto, coa participación de 4066 atletas, sendo 328 mulleres, representando 49 países, en 22 modalidades deportivas, tornándose até entón os máis grandiosos, ben realizados, ricos e politicamente explotados Xogos Olímpicos até entón. Abertos con grande pompa no espectacular e moderno Estadio Olímpico de Berlín por Adolf Hitler, o Führer do III Reich alemán, os Xogos se propoñían, subliminarmente, demostrar na práctica as teorías de superioridade racial aria pregoada polo líder nazi e os seus seguidores, que non escatimaron tempo, adestramento e recursos para producir o mellor equipo olímpico nacional montado para disputar este evento. Infelizmente para o Führer, un pequeno grupo de atletas, os negros norteamericanos, demostraría a falacia das teorías hitlerianas, conquistando a maioría das medallas do atletismo, a modalidade máis importante dos Xogos, liderados por Jesse Owens, un neto de ex-escravos, que gañou catro medallas de ouro nos 100m, 200m, relevo 4x100 e salto de lonxitude, en pleno estadio de Berlín cheo de arios loiros e estupefactos, no máis emblemático episodio da historia dos Xogos Olímpicos.
Esta é unha lista alfabética de países do mundo. Os países sen recoñecemento xeral sinálanse en cursiva, e se son independentes de feito, indícase cun asterisco (*) na súa situación e ofrécense máis detalles na columna de notas. A adhesión ao sistema das Nacións Unidas divide os 206 estados listados en tres categorías: 193 estados membros, 2 estados observadores, e outros 11 estados.
A Sociedade Atlética Redondela, tamén coñecida polo seu acrónimo S.A.R. Balonmán , é un equipo de balonmán da vila pontevedresa de Redondela. Por motivos de patrocinio, na tempada 2021-2022 denomínase S.A.R Plastic Omnium o equipo masculino e S.A.R. Rodavigo o feminino. Foi fundado o 6 de agosto de 1963, malia que non se produciu o debut en competicións oficiais até 1964.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Ortiga, estruga ou herba do cego (Urtica sp.) é o nome común de varias plantas herbáceas da familia das urticáceas, de talo ergueito e flores verdosas en espiga. Caracterízase polos pelos que cobren as súas follas e que liberan unha substancia que produce proído e inflamación en contacto coa pel. Considérase herba ruín, con todo, é unha das plantas que máis aplicacións medicinais posúen.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe a Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrilleiro Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas. Coas súas 15 medallas no Campionato Mundial, 17 no Europeo e cinco participacións olímpicas, é unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional.
Lista de medallistas olímpicos galegos
Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de Verán. Os primeiros medallistas olímpico galegos foron Luis Otero Sánchez e Moncho Gil, que gañaron a medalla de prata coa selección de fútbol de España nos Xogos Olímpicos de 1920 en Antuerpen. José Pedro Cea foi o primeiro galego en gañar unha medalla de ouro, a cal conseguiu coa selección de fútbol do Uruguai nos Xogos Olímpicos de 1924 en París.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Galegos nos Xogos Olímpicos de 2020
A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 está composta por 21 deportistas integrados no equipo olímpico español, 12 homes e 9 mulleres. É a representación máis numerosa da historia do deporte olímpico galego, e son 7 deportistas máis dos que participaron nos Xogos Olímpicos de 2016.
Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Posteriormente formaron tamén un grupo de graffiti, breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Nadia Elena Comăneci, nada en Oneşti o 12 de novembro de 1961, é unha ximnasta romanesa retirada, que competiu na disciplina de ximnasia artística e segue a ser considerada un ídolo mundial deportivo, sendo considerada unha das grandes atletas de todos os tempos. Comăneci foi unha das primeiras alumnas do adestrador Béla Károlyi, e na súa carreira gañou nove medallas olímpicas, cinco delas de ouro, e foi a primeira ximnasta en conseguir un 10 -execución perfecta- en ximnasia artística nuns Xogos Olímpicos, amais de conseguir catro medallas mundiais e doce europeas. Xunto coa rusa Svetlana Khorkina, Nadia é posuidora do tricampionato do individual xeral continental, amais de ser bicampioa olímpica na barra de equilibrio.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Aruba é unha illa das Antillas Menores, a máis occidental do grupo de Sotavento a 25 km ao norte da península de Paraguaná, ao noroeste de Venezuela e ao sur do Mar Caribe, xusto ao oeste da illa de Curação. Formou parte das Antillas Neerlandesas, aínda que na actualidade forma parte do Reino dos Países Baixos de forma separada ás Antillas Neerlandesas. Obtivo a súa autonomía dentro do Reino dos Países Baixos, o 1 de xaneiro de 1986.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.588 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
O Xapón (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo leste polo océano Pacífico e polo oeste polo mar do Xapón, ao oeste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".
As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves stricto sensu, un bico córneo sen dentes. Para reproducírense poñen ovos que incuban até a súa eclosión.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Tuvalu (/tuˈvɑːluː/ ou /ˈtuːvəˌluː/, antigamente Illas Ellice, é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no Océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia. Os países máis próximos a Tuvalu son Kiribati, Samoa e Fidxi. Consta de 4 arrecifes de coral e 5 atois, cun área total de 25 quilómetros cadrados.
Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.
Aitana Ocaña Morales, nada en Sant Climent de Llobregat o 27 de xuño de 1999, coñecida simplemente como Aitana, é unha cantante española. Deuse a coñecer no ano 2017, cando formou parte da novena tempada de Operación Triunfo. Obtivo o segundo posto no concurso musical, sendo unha dos seis candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2018, con «Arde» en solitario e «Lo malo» en dueto coa tamén concursante Ana Guerra.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo Compostelán, é unha celebración católica que ten lugar en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto acontece cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século haxa catorce Xacobeos.
Galegos nos Xogos Olímpicos de 2016
A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos do Río 2016 estivo composta por 14 deportistas integrados no equipo olímpico español. O resultado final foi dunha medalla de ouro (Cristian Toro) e seis diplomas olímpicos.
O rocho é un cuarto da casa, polo xeral pequeno e pouco vistoso, que se destina a gardar os utensilios de menor uso. Non sempre os cuartos destinados a facer de rocho están dentro da casa; é habitual que moitos apartamentos teñan o rocho nun andar distinto do edificio, polo xeral no baixo ou no faiado, aínda que tampouco non é raro que as casas de campo teñan o rocho nun caseto adxacente ou mesmo afastado da vivenda. As linguas doutras culturas onde é habitual ubicalos no soto utilizan unha mesma palabra para os dous significados: sous-sol en francés ou basement en inglés (aínda que tamén existe pantry ou larder con significados similares de almacenamento doutras cousas).
A evolución é o cambio nas características herdadas das poboacións biolóxicas co paso das xeracións. Os procesos evolutivos dan lugar a diversidade en todos os niveis biolóxicos de organización, como as especies, os organismos individuais e as moléculas como o ADN e proteínas. Todos os seres vivos da Terra descenden dun antepasado común (LUCA) que viviu hai entre 3 500 e 3 800 millóns de anos.
Rosario del Carmen González Flores, coñecida artisticamente como Rosario Flores, nada en Madrid o 4 de novembro de 1963, é unha cantante e actriz española de orixe xitana. Foi a gañadora, entre outros premios, do Grammy Latino ao mellor álbum vocal pop feminino, nas edicións de 2002 e 2004 polos seus traballos Muchas flores e De mil colores, respectivamente. É a filla menor de Antonio González El Pescaílla e da mítica artista Lola Flores La Faraona, irmá da actriz-cantante Lolita Flores e o cantautor Antonio Flores, así como tía da actriz Elena Furiase.
O índice de democracia é unha medición feita pola Unidade de Intelixencia de The Economist (EIU polas súas siglas en inglés), a través da cal preténdese determinar o rango de democracia en 167 países, dos cales 166 son estados soberanos e 165 son estados membros das Nacións Unidas. Este estudo foi publicado por primeira vez no ano 2006 e ha ter posteriores actualizacións en 2008 e 2010. A unidade de intelixencia do índice de democracia de The Economist basea os resultados en 60 indicadores que se agrupan en cinco diferentes categorías: proceso electoral e pluralismo, liberdades civís, funcionamento do goberno, participación política e cultura política.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".