Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
As Perseidas, popularmente coñecidas como as Bágoas de San Lourenzo, son unha chuvia de meteoros de actividade alta. O seu período de actividade é longo e esténdese entre o 17 de xullo e o 24 de agosto. O seu máximo é o 12 de agosto con Taxa Horaria Zenital (THZ) 100, o que a converte na terceira maior chuvia do ano e fai que máis das 3/4 partes dos meteoritos observados esa noite sexan Perseidas.
A cristalografía de raios X é unha técnica experimental para o estudo e análise de materiais, baseada no fenómeno da difracción dos raios X por sólidos en estado cristalino. Os raios X son difractados polos electróns que rodean os átomos por ser a súa lonxitude de onda da mesma orde de magnitude que o raio atómico. O feixe de raios X que emerxe tras esta interacción contén información sobre a posición e tipo de átomos encontrados no seu camiño.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
O termo vehículo deportivo utilitario (en inglés SUV, de sport utility vehicle) designa a aqueles vehículos semellantes aos vehículos familiares pero cun chasis máis lixeiro e normalmente equipado con tracción ás catro rodas coa pretensión de ser utilizado nalgunha medida como vehículo todo terreo, a súa orixe está nos vehículos militares tales como os jeeps e os Land Rover. Foi un vehículo popular na década de 1990 e 2000 nos Estados Unidos, Canadá e Australia e en menor medida en Europa. Desde aquela declinou polo aumento do prezo do combustible e a crise económica substituído polo crossover que conta ademais cunha mellor eficiencia no consumo de combustible.
A Supercopa de Europa 2021 foi a 46ª edición da Supercopa da UEFA, un partido de fútbol anual organizado pola UEFA e disputado polos gañadores dos dous principais campionatos de clubs europeos, a UEFA Champions League e a UEFA Europa League. O encontro deste ano contou coa presenza do Chelsea, vencedores da Champions League 2020-21, e mais do Villarreal, campións da Europa League 2020-21. Xogouse no Windsor Park de Belfast en Irlanda do Norte o 11 de agosto de 2021.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Cidade vella de Santiago de Compostela
A cidade vella de Santiago de Compostela é unha zona urbana da capital galega caracterizada pola súa arquitectura antiga e monumental. Foi elixida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985, satisfacendo 3 dos criterios suficientes de selección: I. Representar unha obra mestra do xenio creativo humano. II. Testemuñar un importante intercambio de valores humanos ao longo dun período de tempo ou dentro dunha área cultural do mundo, no desenvolvemento da arquitectura ou tecnoloxía, artes monumentais, urbanismo ou deseño paisaxístico.
Giralda é o nome que recibe o campanario da Catedral de Santa María da cidade de Sevilla, en Andalucía (España). Os dous terzos inferiores da torre corresponden ao alminar da antiga mesquita da cidade, de finais do século XII, na época almohade, mentres que o terzo superior é un remate engadido en época cristiá para albergar as campás. Na súa cúspide áchase unha bóla chamada tinaja sobre a cal álzase o Giraldillo, estatua que fai as funcións de catavento e que foi a escultura en bronce máis grande do Renacemento europeo.
Romelu Menama Lukaku, nado en Antuerpen o 13 de maio de 1993, é un futbolista internacional belga que xoga como dianteiro para o Inter de Milán da Serie A italiana e para a selección de Bélxica. Comezou a súa carreira no equipo local, o Rupel Bom, sendo tempo despois recrutado e contratado polo Lierse. Debido ao seu xogo foi observado e atraído por numerosos clubs, asinando finalmenete polas categorías inferiores do Anderlecht, histórico club da Jupiler Pro League.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Community Shield 2021 foi a XCIX edición da FA Community Shield, un partido de fútbol anual disputado polos gañadores da tempada pasada da Premier League, o Manchester City, e os vencedores da FA Cup da tempada anterior, o Leicester City. Esta foi a primeira Community Shield do Manchester City dende 2019 cando lograron derrotar ao Liverpool por 5–4 nos penaltis tras empatar 1–1; e a primeira Community Shield do Leicester City dende a derrota por 2–1 ante o Manchester United na edición de 2016. O encontro tivo lugar o 7 de agosto de 2021 no Wembley Stadium de Wembley, Londres, resultando gañador o Leicester tras venceren ao Manchester City por 1–0 cun penalti decisivo no minuto 89 de partido, transformado por Kelechi Iheanacho.O Arsenal era o defensor do título grazas á súa vitoria na Community Shield 2020, pero non puido clasificarse novamente para a edición deste ano.
As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nogalego .
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Miguel Ángel Martínez Quintanar
Miguel Ángel Martínez Quintanar, nado en Santiago de Compostela o 23 de novembro de 1968, é un profesor e filósofo galego.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Malpica de Bergantiños é un concello galego da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños, en plena Costa da Morte. Limita co concello de Carballo polo leste, co de Ponteceso polo sur, e co océano Atlántico polo oeste e o norte. Segundo o INE no ano 2016 tiña unha poboación de 5616 habitantes (5.768 no 2014, 5.998 no 2012, 6.102 no 2011, 6.178 no 2010).
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena (Austria) é un dos primeiros museos de belas artes e artes decorativas do mundo. O termo Kunsthistorisches Museum aplícase tanto á institución como ao seu edificio principal. Inaugurouse en 1891 ao mesmo tempo que o Naturhistorisches Museum polo emperador Francisco Xosé I de Austria-Hungría.
Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo. Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Lista de medallistas olímpicos galegos
Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de Verán. Os primeiros medallistas olímpico galegos foron Luis Otero Sánchez e Moncho Gil, que gañaron a medalla de prata coa selección de fútbol de España nos Xogos Olímpicos de 1920 en Antuerpen. José Pedro Cea foi o primeiro galego en gañar unha medalla de ouro, a cal conseguiu coa selección de fútbol do Uruguai nos Xogos Olímpicos de 1924 en París.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.908 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Akhila II (tamén escrito como Aquila, Achila ou Agila), nado no 695 e finado no 716, foi un rei dos visigodos entre 710 e 713. Trala toma violenta do poder por parte de Rodrigo, produciuse a secesión da parte nororiental do reino, onde reinou Akhila II. Aínda que apenas existen testemuños da súa existencia, atopáronse moedas acuñadas no seu nome. Foi sucedido por Ardón.
Quetzalcoatlus /kɛtsəlkoʊˈætləs/ é un xénero de pterosauro que viviu no Cretáceo superior en América do Norte (Maastrichtiano), sendo un dos meirandes animais voadores de tódolos tempos, con até 12 metros de envergadura. Quetzalcoatlus é membro da familia Azhdarchidae, unha familia de pterosauros sen dentes e pescozos ríxidos e longos. O seu nome provén do náhuatl, e fai referencia ao deus serpe emplumado azteca, Quetzalcóatl.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Mahoma (en árabe: محمّد - Muḥammad) ou Abū al-Qāsim Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn ʿAbd al-Muṭṭalib ibn Hāshim, nado o 26 de abril do 569/570 na Meca e finado o 8 de xuño do 632 en Medina (ambas as dúas cidades fican na actual Arabia Saudita), foi un líder relixioso, político e militar árabe. Fundou o islam, relixión na que é considerado o maior profeta do Deus de Abraham. Aos 40 anos de idade, segundo a tradición do islamismo, foille confiada por Deus (a través do Arcanxo Gabriel) a mensaxe do islam na forma do Corán.
Santalla de Sisoi é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 66 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 33 homes e 33 mulleres distribuídos en 2 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 16 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 82 habitantes (41 homes e 41 mulleres), tamén 16 menos que en 2000.
Un COMO (en inglés, HOWTO) é unha descrición informal, normalmente curta, para levar a cabo unha acción complexa. Implica unha axuda a xente que non é experta, polo que pode deixar fóra detalles e centrarse no específico para o comezo do uso da entidade ou desenvolvemento da acción que se pretende. Outro tipo de documentación para a instrución inclúe FAQs, manuais e guías.
Diego Fernando Salazar Quintero, nado en Tuluá o 3 de outubro de 1980, é un halterófilo colombiano, medallista olímpico. Foi medallista olímpico, campión Panamericano e de Centroamérica e do Caribe en Mayagüez 2010.A súa primeira participación nunha olimpíada ocorreu nos Xogos de Atenas 2004, na categoría de 62 quilogramos. Na competición non puido chegar ao final por mor dunha lesión.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Juventus FC da Serie A italiana. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
O Cronista Xeral de Galicia ou Cronista Oficial do Reino de Galicia é un posto oficial vitalicio, sen remuneración económica, designado por Decreto da Xunta de Galicia que se lle asigna a historiadores para definir a versión oficial da historia contemporánea de Galicia. O último persoeiro que o ocupou foi Antonio Eiras Roel e desde o seu pasamento en 2017 o cargo está vacante. O título remóntase ó Antigo Réxime, cando se nomearon varias personalidades coa intención de elaborar unha historia xeral de Galicia, mais con pouco éxito.
María Cristina Cifuentes Cuencas, nada en Madrid o 1 de xullo de 1964, é unha política española do Partido Popular. Foi presidenta da Comunidade de Madrid entre 2015 e 2018, cando dimitiu despois da polémica pola obtención do seu mestrado e a aparición dun vídeo roubando nun supermercado.Anteriormente fora deputada da Asemblea de Madrid dende 1991 ata 2012 e ocupara o cargo de Delegada do Goberno de España en Madrid desde xaneiro do 2012 ata abril de 2015, cando cesou para presentar a súa candidatura para as eleccións autonómicas de 2015.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Nominoe (en francés Nominoë ou, ás veces Nominoé; en bretón Nevenoe; en latín Nomenoius ou Numenoius), nado en 800 e finado o 7 de marzo de 851 en Vendôme Francia, ou nos seus arredores, foi o primeiro conde de Vannes, nomeado por Ludovico Pío en 826 na Dieta de Ingelheim, e missus imperatoris (mensaxeiro imperial), inspirado nos missi dominici do Imperio romano e, en 831, ducatus ipsius gentis, príncipe da súa propia tribo (a dos bretóns). A miúdo coñécese como o primeiro rei da Bretaña, citado con este título por primera vez polo cronista medieval Rexino de Prüm (Regino Prumiensis). Foi soberano da Bretaña desde 845 até 851.
El País (autodefinido como «Diario independiente da mañá») é un xornal español de ámbito nacional, redactado integramente en castelán (agás algunhas páxinas illadas nas edicións autonómicas) e de pago. Cunha media de 457.675 exemplares diarios, é o periódico non deportivo de maior difusión de España, segundo a Oficina de Xustificación da Difusión. Ten sede social e redacción central en Madrid, aínda que conta con delegacións nas principais capitais de España (Barcelona, Sevilla, Valencia, Bilbao...) desde as que edita diferentes edicións territoriais.
San Martiño de Covas é unha parroquia rural que se localiza no norte do concello de Ferrol, na provincia da Coruña. Segundo IGE en 2018 tiña 899 habitantes (477 mulleres e 422 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución constante en relación aos anos 2004, cando tiña 973 habitantes, e 1999, con 992 habitantes. Limita ao norte co Océano Atlántico, ao sur coa parroquia de Esmelle, ao leste coa de Marmancón e ao oeste coa de Esmelle.
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
O condado de Rennes era unha xurisdición feudal do ducado da Bretaña centrada en Rennes. Os condes convertéronse en duques de Bretaña con Conan I, e o condado desapareceu integrado nos dominios ducais. A principios do século VIII mencionouse un conde de Rennes e Nantes chamado Agateu, que era bispo de Nantes.
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas, Muros e A Coruña; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais ZEC e ZEPA dentro da Rede Natura 2000 por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.