Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Denomínase talibán a un movemento político fundamentalista islámico afgán de carácter sunnita que gobernou a maioría do país a partir de 1996 e ata 2001, malia ter recoñecemento diplomático de soamente tres países: os Emiratos Árabes Unidos, Paquistán, e Arabia Saudita, así como do goberno -non recoñecido internacionalmente- da República chechena de Ichkeria.
A melatonina, tamén coñecida quimicamente como N-acetil-5-metoxitriptamina, é un composto natural con actividade hormonal que se encontra en animais, plantas, e microorganismos. Nos animais os niveis circulantes da hormona melatonina varían nun ciclo diario, o que lle permite influír nos ritmos circadianos de diversas funcións biolóxicas.Moitos dos efectos biolóxicos da melatonina prodúcense por medio da activación do receptor da melatonina, pero outros débense ao seu papel como antioxidante potente, cunha influencia especial na protección do ADN nuclear e mitocondrial.Nos mamíferos a melatonina sintetízase por unha ruta de catro pasos encimáticos a partir do aminoácido esencial da dieta triptófano, na que se produce serotonina no segundo paso. A melatonina segrégase ao sangue pola glándula pineal do cerebro.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
A amniocentese é un procedemento médico usado principalmente para a diagnose prenatal de anormalidades cromosómicas e infeccións fetais. e tamén para o discernimento prenatal do sexo. Neste procedemento tómase por medio dunha punción unha mostra dunha pequena cantidade de líquido amniótico, que contén células de tecidos fetais, o cal se encontra dentro do saco amniótico que envolve o feto en desenvolvemento.
Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma. Percorreu a península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara ao mundo xermánico e os Países Baixos.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa, á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
macOS, anteriormente denominado OS X e inicialmente Mac OS X, é un contorno operativo baseado en Unix, desenvolvido, comercializado e vendido por Apple Inc. É o actual sistema operativo da familia de computadores Macintosh e o sucesor da familia Mac OS. No ano 1997 nomeouse a Steve Jobs CEO de Apple, e este decidiu terminar co sistema operativo Mac OS clásico (as primeiras versións do sistema ata o Mac OS 9), que carecía de características modernas presentes dende había moito tempo nos sistemas coetáneos, e crear un novo sistema operativo tomando como punto de partida o NEXTSTEP, o sistema operativo que Steve Jobs estivera desenvolvendo coa súa empresa NeXT, adquirida por Apple. OS X é un sistema operativo baseado en UNIX, máis no cal o sistema de fiestras X11, característico da meirande parte destes sistemas, foi substituído por outro denominado Aqua, desenvolvido integramente por Apple.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Cabul, Kabul ou Kābul (persa: کابل Kâb'l',), é a capital e a meirande cidade de Afganistán, cunha poboación de 3 120 963 habitantes (2006). Destes habitantes, un 45% son taxicos, un 25% paxto, e 25% hazara. Capital da provincia de Cabul, é un centro económico e cultural situado estratexicamente nun estreito val que rodea ao río Cabul, na parte alta das montañas antes do paso Khyber, a unha altitude media de 1765 metros.
A remuneración mínima, salario mínimo ou soldo mínimo, é a cantidade mínima de diñeiro que se lle paga a un traballador nun determinado país e a través dunha lei establecida oficialmente, para un determinado período laboral (hora, día ou mes), que os empregadores deben pagar aos seus traballadores polos seus labores.Esta regulamentación foi establecida por primeira vez en Australia e Nova Zelandia no século XIX. Os custos e beneficios dos salarios mínimos legais son aínda obxecto de debate. A contía do salario mínimo utilízase para establecer o salario máximo.Xeralmente exprésase en unidades monetarias por xornada de traballo; por exemplo, que non se pode pagar menos de 6 euros/dólares a un traballador por cada hora de traballo. Cada país adoita establecer as normas legais que regulan o salario mínimo e os mecanismos Para determinar periodicamente o seu monto, xeralmente en forma anual.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A ofensiva talibá de 2021 é unha campaña militar dos talibáns e os grupos militantes contra o goberno de Afganistán e os seus aliados que empezou o 1 de maio de 2021, cadrando coa retirada da tropas dos Estados Unidos e os seus aliados.Nos primeiros tres meses da ofensiva, os talibáns fixeron avances significativos nas zonas rurais, incrementando o número de distritos controlados de 73 a 223, illando progresivamente os centros urbanos. O 6 de agosto, os talibáns capturaron trinta e tres das trinta e catro capitais provinciais de Afganistán, e o 10 de agosto, os talibáns controlaban o 65% da área do país.A ofensiva salientou polas rápidas conquistas territoriais dos talibáns, así como as súas ramificacións nacionais e internacionais. O 10 de agosto, os oficiais estadounidenses estimaron que a capital afgá, Cabul, podería caer en poder dos talibáns en 30 a 90 días.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Invasión soviética de Afganistán
A invasión soviética de Afganistán durou nove anos, dende decembro de 1979 ata febreiro de 1989. Foi parte da guerra fría e librouse entre as forzas lideradas polos soviéticos e as forzas afgás contra grupos de insurxentes de varias nacionalidades chamados muxahidíns. Os insurxentes recibiron formación militar nas veciñas Paquistán e China, ademais de millóns de dólares de Estados Unidos, Reino Unido, Arabia Saudita, e outros países.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.908 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Xurxo VI (Albert Frederick Arthur George) (14 de decembro de 1895 - 6 de febreiro de 1952) foi o terceiro monarca británico do Palacio de Windsor, de 1936 ata a súa morte, en 1952. Foi aínda o derradeiro Emperador da India, ata 1947. Era fillo do rei Xurxo V do Reino Unido e da princesa María de Teck.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Osama bin Mohammed bin Awad bin Laden (en árabe, أسامة بن محمد بن عوض بن لادن, ʾUsāmah bin Muḥammad bin ʿAwaḍ bin Lādin), nado o 10 de marzo de 1957 en Riad e falecido o 2 de maio de 2011 en Abbottabad (Paquistán), coñecido como Osama bin Laden, foi un multimillonario saudita considerado o fundador e a cabeza de al Qaida, unha organización terrorista islamita sunnita que está involucrada en ataques contra obxectivos civís e militares en todo o mundo. O goberno dos Estados Unidos indicou a bin Laden o planificador dos atentados do 11 de setembro de 2001. Procedía dunha rica familia saudita orixinaria do Iemen.
Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes, no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Castros da provincia de Pontevedra
Esta é unha listaxe non exhaustiva de 467 castros existentes na provincia de Pontevedra por comarcas, concellos e parroquias:
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Flavio Ardabur Aspar (en latín, Flavius Ardabur Aspar) nado cara o 400 e finado no 471, foi un patricio romano oriental de orixe alana e goda que foi magister militum ("Xefe de soldados") do Imperio Romano de Oriente. Como xeneral dun exército xermánico, fundamentalmente godo, ao servizo romano, exerceu unha grande influencia, durante case medio século, dende a década do 420 até a súa morte no 471, sobre os emperadores romano orientais Teodosio II, Marciano e máis León I quen, finalmente, o mandou matar. Ao servixo dos dous primeiros, loitou contra os vándalos en África, os persas en Armenia e os hunos nos Balcáns.
La Raíz foi un grupo musical de Gandía (Valencia), España que mesturaba o rock co reggae, o jazz e o hip hop. Esta banda estaba conformada por once músicos de diversas procedencias, repartidos no escenario cunha forte presenza e moito contido lírico nas súas letras. Algunha xente cataloga a súa música dentro dos estilos de "música de intervención".
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
A República de Haití é un país do Caribe, na parte occidental da illa A Española, limitando, xa que logo, con República Dominicana polo leste; ao norte ten o Océano Atlántico e ao sur e ao oeste ten o Mar Caribe. O seu territorio comprende igualmente a illa La Gonâve, a illa da Tartaruga, o arquipélago das illas Cayemites e a Illa da Vaca, así como outros diversos illotes. A inhabitada illa de La Navasse é reclamada por Haití ante a administración dos Estados Unidos.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Doc - Nelle tue mani é unha serie de televisión italiana emitiada por Rai 1 dende o 26 de marzo de 2020, dirixida por Jan Maria Michelini e Ciro Visco. A serie baséase na historia real do xefe de servizo hospitalario Pierdante Piccioni quen, ao espertar dun coma producido por un accidente de tránsito ocorrido o 31 de maio de 2013 que lle causou feridas cerebrais, perdeu 12 anos de memoria . Rodáronse 8 episodios dos 16 previstos, debido á difusión da enfermidade do coronavirus 2019 que interrompeu temporalmente a rodaxe , e a final vaise emitir polo que se prevé en outono.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
O topónimo galego Barreiros pode referirse a: En Galicia Barreiros, concello da provincia de Lugo; Barreiros, parroquia do concello de Castroverde; Barreiros, lugar de dita parroquia; San Cosme de Barreiros, lugar de dita parroquia; Os Barreiros, lugar da parroquia de Baroncelle no concello de Abadín; Barreiros, lugar da parroquia de Sarandós no concello de Abegondo; Os Barreiros, lugar da parroquia de Abegondo no concello de Abegondo; Os Barreiros, lugar da parroquia de Armentón, no concello de Arteixo; Os Barreiros, lugar da parroquia de Monteagudo, no concello de Arteixo; Os Barreiros, lugar da parroquia de Corneira no concello da Baña; Os Barreiros, lugar da parroquia de Santa María de Caldas de Reis, no concello de Caldas de Reis; Barreiros, lugar da parroquia de Valeixe, no concello da Cañiza; As Laxas de Barreiros, lugar da parroquia de Valeixe, no concello da Cañiza; A Pedreira de Barreiros, lugar da parroquia de Valeixe, no concello da Cañiza; Barreiros, lugar da parroquia da Pedra no concello de Cariño; Os Barreiros, lugar da parroquia de Amoroce, no concello de Celanova; Barreiros, lugar da parroquia de Marei, no concello do Corgo; Barreiros, lugar da parroquia da Viña, no concello de Irixoa; Barreiros, lugar da parroquia das Chás, no concello de Maceda; Os Barreiros, lugar da parroquia de Cerqueda, no concello de Malpica de Bergantiños; Barreiros, lugar da parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello de Monforte de Lemos; Os Barreiros, lugar da parroquia de Sedes, no concello de Narón; Barreiros, lugar da parroquia de Tortoreos, no concello das Neves; Os Barreiros, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira; Os Barreiros, lugar da parroquia de San Pantaleón das Viñas, no concello de Paderne; Barreiros, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda; Barreiros, lugar da parroquia de Sa, no concello do Páramo; Barreiros, lugar da parroquia de Vilariño, no concello do Pereiro de Aguiar; Barreiros, lugar da parroquia da Corna, no concello de Piñor; Os Barreiros, lugar da parroquia de Cores, no concello de Ponteceso; Barreiros, lugar da parroquia de Bogo, no concello da Pontenova; Barreiros, lugar da parroquia de Cedofeita, no concello de Ribadeo; Barreiros, lugar da parroquia de Meder, no concello de Salvaterra de Miño; Os Barreiros, lugar da parroquia de Porto, no concello de Salvaterra de Miño; Barreiros, lugar da parroquia de Rante, no concello de San Cibrao das Viñas; Barreiros, lugar da parroquia de Ortoá, no concello de Sarria; Barreiros, lugar da parroquia de Santiorxo, no concello de Sober; Barreiros, lugar da parroquia de Trabada, no concello de Trabada; Barreiros, lugar da parroquia de Salgueiros, no concello de Vila de Cruces; Barreiros, lugar da parroquia de Rioaveso, no concello de Vilalba; Os Barreiros, lugar da parroquia de Belesar, no concello de Vilalba; Os Barreiros, lugar da parroquia de Santo André de Boimente, no concello de Viveiro; Barreiros de Abaixo, lugar da parroquia de Chavín, no concello de Viveiro.No Brasil Barreiros, cidade do estado de Pernambuco; Barreiros, distrito da cidade de São José, no estado de Santa Catarina.En Portugal Barreiros, freguesía do concello de Amares; Barreiros, freguesía do concello de Valpaços; Barreiros, freguesía do concello de Viseu; Barreiros, barrio da cidade de Póvoa de Varzim; Barreiros, aldea do concello de Leiria; O Estádio dos Barreiros, estadio do Marítimo en Funchal.
O hábeas corpus é unha institución xurídica que obriga a que toda persoa detida sexa presentada nun prazo preventivo determinado perante o xuíz de instrución, que podería ordenar a liberdade inmediata do detido se non encontrase motivo suficiente de arresto. O termo é unha locución latina que provén do latín hábeās corpus [ad subiiciendum] 'que teñas [o teu] corpo [para entregar]', 'terás o teu corpo libre', sendo hábeās a segunda persoa singular do presente de subxuntivo do verbo latino habēre ‘ter’. Ou pode ser chamado igualmente como "corpo presente" ou "persoa presente".
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2021 será a 72ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Equipos e pilotos competirán polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores. Pilotos e equipos competirán polos títulos de Campión do Mundo de Pilotos e Campión do Mundo de Construtores respectivamente.
Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa.
A historia de Afganistán, (en persa: تاریخ افغانستان, Tārīkh e Afġānistān}} en paxto: د افغانستان تاريخ Da Afġānistān Tārīkh) pode remontarse ó ano 500 a.C. cando a área estaba baixo o contol do Imperio aqueménida, malia que hai probas de culturas urbanas que existiron entre os anos 3000 e 2000 a.C. A civilización do val do Indo ergueuse en partes do norte de Afganistán, da cal se coñecen varios sitios arqueolóxicos. Alexandre o Grande e o seu exército macedonio chegou ó que hoxe se coñece como Afganistán no -330 despois da conquista de Persia durante a batalla de Gaugamela. Dende entón, moitos imperios estabeleceron as súas capitais dentro de Afganistán, incluíndo o Reino grecobactriano, o Imperio Maurya, o Imperio Cuxano, Kabul Shahi, a Dinastía saffarí, a Dinastía samánida, o Imperio gaznávida, a Dinastía gúrida, a Dinastía timúrida, o Imperio mogol, a Dinastía hotaki e o Imperio durrani.
Serramoura é unha serie de televisión galega de suspense producida por Voz Audiovisual e emitida na Televisión de Galicia entre o 5 de outubro de 2014 e o 25 de outubro de 2020 en horario de máxima audiencia. Está protagonizada por Lucía Regueiro, Miguel Ángel Blanco, Antonio Mourelos, Isabel Naveira e Uxía Blanco, entre outros. Do final de Serramoura xorde unha serie derivada, A lei de Santos, protagonizada por Santos, personaxe interpretado por Monti Castiñeiras.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.