Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Alfonso Sastre Salvador, nado en Madrid o 20 de febreiro de 1926 e finado en Hondarribia o 17 de setembro de 2021, foi un ensaísta, dramaturgo, guionista, filósofo e político español. Tratouse dun dos principais expoñentes da chamada Xeración dos cincuenta en España. Cómpre salientar a forte carga social do conxunto da súa obra, con constantes como a explotación do home, a loita de clases ou o concepto de liberdade.
Internet é unha rede informática de ámbito planetario, formada con ordenadores dispostos en subredes e que posibilita o intercambio de información. É a evolución da ARPANET, que pretendía poñer en comunicación ordenadores do exército norteamericano posto en funcionamento dende xaneiro de 1983 sobre o protocolo TCP/IP, e en 1984 as redes militares separáronse para formar o MILNET, o que posibilitou que aumentase o número de redes locais de axencias gobernamentais e de universidades conectadas a Internet e que se permitira o acceso á rede aos particulares, aínda que o primeiro só con fins académicos ou de investigación.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
O quokka (Setonix brachyurus) é un macrópodo do tamaño dun gato doméstico e constitúe o único membro do xénero Setonix. Coma outros marsupiais da familia dos macrópodos (canguros ou ualabís), o quokka é un animal herbívoro e de costumes principalmente nocturnos. Habita en pequenas illas da costa de Australia Occidental.
Michael Schumacher (pronunciado /mɪçaeːl ʃuːmaxɐ/), nado en Hürth-Hermülheim o 3 de xaneiro de 1969, é un ex-piloto alemán de Fórmula 1 que competiu entre 1991 ata 2006 e dende 2010 ata o 2012. Gañou sete campionatos mundiais de Fórmula 1: dous coa escudaría Benetton en 1994 e 1995, e cinco con Ferrari entre 2000 e 2004, Tamén foi subcampión en 1998 e 2006, terceiro en 1992, 1996 e 2005, cuarto en 1993 e quinto en 1999. Acumulou 91 vitorias e 155 podios, e está considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula Un de todos os tempos.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Isopentenil-difosfato delta isomerase
A isopentenil-difosfato delta isomerase, tamén chamada isopentenil pirofosfato isomerase (IPP isomerase), é unha isomerase que cataliza a conversión da molécula relativamente pouco reactiva isopentenil pirofosfato (IPP) no electrófilo máis reactivo dimetilalil pirofosfato (DMAPP). Esta isomerización é un paso clave na biosíntese de isoprenoides por medio das vías do mevalonato e MEP. isopentenil difosfato ⇌ {\displaystyle \rightleftharpoons } dimetilalil difosfatoEste encima pertence á familia das isomerases, especificamente ás oxidorredutases intramoleculares que transpoñen enlaces C=C. O nome sistemático desta clase de encimas é isopentenil-difosfato Delta3-Delta2-isomerase. Outros nomes de uso común son isopentenilpirofosfato Delta-isomerase, metilbutenilpirofosfato isomerase e isopentenilpirofosfato isomerase.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Abkhazia, Abkhasia ou Abiasia (Aphsny -Аҧсны en abkhazo-, Apkhazeti -აფხაზეთი en xeorxiano-, Abkhazia - Абха́зия en ruso e por isto transliterada Abkhazia-) é unha república autónoma de Xeorxia. Situada na vertente suroccidental da cordilleira do Cáucaso con belas costas no Mar Negro; a súa capital é a cidade de Sukhumi. En 1991, tras o colapso da Unión Soviética, a antiga República Socialista Soviética de Xeorxia converteuse en estado independente e Abkhazia, unha república autónoma dentro da antiga URSS, foi integrada neste novo estado.
Esta lista enumera os reis que dende o século XIX son designados, principalmente pola historiografía española, como reis de Asturias. Porén, estes soberanos aparecen sempre sinalados na documentación histórica como reis de Galicia. De feito, os documentos non mencionan xamais a existencia dun reino asturiano, senón que neles aparecen continuadas mencións ao reino de Galicia.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 176.284 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Xesús Xan Ferreiro García ou simplemente Xesús Ferreiro, alcumado "Cachorro", nado na Coruña o 24 de febreiro de 1985 é un boxeador profesional galego. Na súa carreira profesional ten disputado un total de 20 combates, gañando 15 (5 por KO), perdendo 4 (2 por KO) e empatando un. Cachorro é, xunto con Moncho Casal o único boxeador coruñés que conseguiu un campionato estatal en dúas categorías distintas, semipesado e supermedio.
James Eugene "Jim" Carrey, nado o 17 de xaneiro de 1962, é un actor, comediante, cantante e escritor canadense-estadounidense. Recibiu dous Globos de Ouro e tamén foi candidato en catro ocasións. É coñecido polas súas enerxéticas e carismáticas interpretacións, e foi descrito como unha das maiores estrelas de cine de Hollywood.Carrey gañou recoñecemento en 1990, nun papel recorrente na comedia In Living Color.
Andalucía é unha Comunidade autónoma española situada no sur da Península Ibérica. Limita ao sur co Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, ao norte con Estremadura e Castela-A Mancha, ao leste coa Rexión de Murcia e ao oeste con Portugal. Está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
O camiño segue e segue (canción)
"O camiño segue e segue" (en inglés: The Road Goes Ever On) é un título que abrangue as diferentes versións dunha canción que J. R. R. Tolkien escribiu para o seu legendarium da Terra Media. Dentro das historias, a canción orixinal foi composta por Bilbo Bulseiro e rexistrada no libro O hobbit. Existen diferentes versións que tamén aparecen no libro O Señor dos Aneis, xunto con outras cancións do camiño semellantes.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O prisioneiro de Zenda (filme de 1952)
O prisioneiro de Zenda (en inglés: The Prisoner of Zenda) é un filme estadounidense de 1952 dirixido por Richard Thorpe. É un remake do filme homónimo de 1937 e da versión muda de 1922. Está protagonizado por Stewart Granger, Deborah Kerr e James Mason (xunto con Louis Calhern, Robert Douglas, Jane Greer e Robert Coote).
«Tri martolod» (en galego: «Tres mariñeiros») é unha canción popular bretoa. De compositor descoñecido e titulada en ocasións «Tri martolod yaouank» («Tres mozos mariñeiros»), foi composta probablemente no século XVIII. A versión impresa máis antiga coñecida data de 1809. Na colección de cancións Sonioù Pobl (Sons do Pobo), publicada en 1968 por Polig Monjarret, pioneiro no retorno á identidade e á cultura bretoas, chamábase «An tri-ugent martolod» («Os sesenta mariñeiros»).
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Mimar Koca Sinan ibn Abd al-Mannan, Sinaneddin Yusuf ou Abdulmennan oğlu Sinan, coñecido como Koca Mi'mâr Sinân Âğâ (قوجه معمار سنان آغا [Ḳoca Miʿmār Sinān Āġā], lit., «Sinan Aga o Gran Arquitecto») ou Mimar Sinan (معمار سينان, lit. en turco moderno, «Sinan o Arquitecto»); Ağırnas, Eyalet de Karaman (actual Turquía), c. 1488/1490-Constantinopla, 17 de xullo de 1588, foi un arquitecto otomán do século XVI, contemporáneo de Vignola, Palladio, Michelangelo ou Juan de Herrera.
La dolce vita (traducible dende o italiano como "a vida doce" ou "a boa vida") é un filme italiano de 1960 dirixido e escrito por Federico Fellini que obtivo o Oscar ao mellor vestiario no 1961, sendo nomeado a catro deles, incluíndo director e guión orixinal, e a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes do 1960.
.onion é un pseudodominio de primeiro nivel xénerico indicando un enderezo anónimo accesible por medio de Tor, un sistema de comunicación anónimo; eses enderezos non son realmente nomes do DNS e non están no seu servidor raíz, pero por medio do software apropiado os programas de internet como navegadores web poden acceder. O sistema utilizouse por primeira vez en 2004.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A fisioterapia é unha disciplina das ciencias da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica para diagnosticar, previr e tratar síntomas de múltiplas doencias, tanto agudas como crónicas, por medio do exercicio terapéutico mediante a calor, o frío, a luz, a auga, a electricidade e técnicas manuais.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
José Antonio Domínguez Banderas, nado en Benalmádena (Provincia de Málaga) o 10 de agosto de 1960, é un actor andaluz. É o intérprete masculino máis internacional de España e está considerado como unha estrela do panorama cinematográfico de Hollywood. De feito, Antonio Banderas foi o primeiro actor español que conseguiu estabilizarse no cine estadounidense.
A inxenua explosiva (en inglés: Cat Ballou) é un filme estadounidense de 1965 dirixido por Elliot Silverstein. Está protagonizado por Jane Fonda e Lee Marvin, quen gañou o Óscar ó mellor actor polo seu papel na 38ª edición dos premios. O resto do elenco está composto por Tom Nardini, Michael Callan, Dwayne Hickman, Nat King Cole e Stubby Kaye.
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova na rúa Enriba o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 30 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. É considerado o máximo expoñente da Xeración do 36 e unha das figuras máis salientables da literatura galega do século XX. Foille dedicado o Día das Letras Galegas de 1989.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Esta é unha lista sucesoria dos papas considerados pola Igrexa católica, con indicación dos seus anos de pontificado. Caben algunhas notas: O título de papa non existía antes de 306, e ata 325, co Primeiro Concilio de Nicea, exercía apenas a función dun metropolita, como bispo de Roma.[Cómpre referencia] Nunca houbo un Papa Xoán XX, nin un Papa Martiño II ou Papa Martiño III (aínda que sexan así designados por veces os Papas Mariño I e Mariño II). Para a numeración dos papas con nome Estevo, consulte Estevo, papa electo.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
En electromagnetismo, o diamagnetismo é unha propiedade dos materiais que consiste en repeler os campos magnéticos. É o oposto aos materiais paramagnéticos os cales son atraídos polos campos magnéticos. O fenómeno do diamagnetismo foi descuberto por Sebald Justinus Brugmans que observou en 1778 que o bismuto e o antimonio foron repelidos polos campos magnéticos.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para ALONSO MONTERO: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e según RAMÓN VILLARES, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo,no liderado político.
A pantalla de cristal líquido (LCD, do inglés liquid-crystal display) é unha tecnoloxía que usa as propiedades do cristal líquido, empregada nas pantallas de calculadoras, reloxos dixitais e nas pantallas de ordenadores e TV. A tecnoloxía baséase en diminutos cristais en estado líquido que segundo como se polaricen poden ser transparentes ou opacos. Unha fonte luminosa situada detrás dos cristais ilumina os cristais, os opacos non deixan pasar a luz mais os transparentes si.
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana, así como esposa do muralista Diego Rivera. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena, e polos feministas pola súa comprometida representación da forma e da experiencia feminina.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A Illa de Ons forma parte dun pequeno arquipélago formado por illas e illotes que se atopa na entrada da ría de Pontevedra. A illa de Ons, cos seus 5,5 km de lonxitude e 800 metros de anchura, é a illa máis extensa do Atlántico peninsular. A zona occidental é a máis escarpada, con abruptos cantís, en cambio a oriental é máis suave e conta con numerosas praias.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Xudit decapitando a Holofernes
Xudith decapitando a Holofernes é unha pintura ao óleo sobre lenzo de 199 cm de alto por 162,5 cm de largo, realizada contra o 1620 pola pintora italiana Artemisia Gentileschi. Consérvase na Galería Uffizi de Florencia.
Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actriz española. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.
A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.
Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, co filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdicción de Delaware dende o 2007. Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias. Foi denominado como o «SMS de Internet».A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Tréveris (en alemán, Trier), é unha cidade de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ás beiras do río Mosela, a apenas 15 km da fronteira con Luxemburgo. Cidade natal de Karl Marx (5 de maio de 1818), cuxa residencia familiar é hoxe un museo, e Santo Ambrosio de Milán (340), Trier tamén está orgullosa da súa rica herdanza arquitectónica xa que é considerada a cidade máis antiga de Alemaña, e é con certeza a sede episcopal máis antiga de todo o territorio alemán. En 1986 foi declarada cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO. Está localizada no estado da Renania-Palatinado.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).