Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
La Palma, cuxo nome histórico é San Miguel de La Palma, é unha illa española que forma parte do arquipélago de Canarias, situado no océano Atlántico fronte ás costas africanas. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife e a capital da illa é Santa Cruz de la Palma. Desde 2002, La Palma é Reserva da Biosfera.
As Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. Está formada por oito illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote e La Graciosa, que forman a provincia das Palmas. Tamén forman parte das Canarias os illotes deshabitados de Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, que forman xunto coa illa de La Graciosa o Arquipélago Chinijo, e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
O Teide é un volcán situado na illa de Tenerife (Illas Canarias). Cunha altura de 3.718 m sobre o nivel do mar e uns 7.000 m sobre o fondo oceánico, é o cume máis alto de España, así como de calquera das illas atlánticas, sendo o terceiro volcán da Terra en altura, medindo dende a súa base, despois do Mauna Loa e o Mauna Kea, ambos na illa de Hawaii. O Teide é un estrato-volcán do tipo estromboliano.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal. Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.
Michael Schumacher (pronunciado /mɪçaeːl ʃuːmaxɐ/), nado en Hürth-Hermülheim o 3 de xaneiro de 1969, é un ex-piloto alemán de Fórmula 1 que competiu entre 1991 ata 2006 e dende 2010 ata o 2012. Gañou sete campionatos mundiais de Fórmula 1: dous coa escudaría Benetton en 1994 e 1995, e cinco con Ferrari entre 2000 e 2004, Tamén foi subcampión en 1998 e 2006, terceiro en 1992, 1996 e 2005, cuarto en 1993 e quinto en 1999. Acumulou 91 vitorias e 155 podios, e está considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula Un de todos os tempos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A temporada 1988–89 da Liga ACB, celebrada entre o 15 de outubro de 1988 e o 25 de maio de 1989, foi a sexta temporada da máxima categoría do baloncesto español desde a creación da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) para substituír á antiga Primeira División. Nesta edición ampliouse o número de equipos de 16 a 24, o que provocu tamén unha mudanza do formato de competición. Os 24 equipos foron divididos en dous grupos de 12.
El Paso, tamén coñecido como Cidade de El Paso, é un municipio situado na illa de La Palma, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, no arquipélago de Canarias. Xeograficamente está situado no centro da illa de La Palma, e abrangue cara ao oeste a Caldera de Taburiente, parte do Val do Aridane, Cumbre Nueva (Cume Novo) e Cumbre Vieja (Cume Vello). É o municipio meirande da illa e o único dos 14 municipios da Palma que carece de franxa costeira.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Erupción volcánica de La Palma de 2021
A erupción volcánica de La Palma de 2021 iniciouse ás 14:12 (UTC) do 19 de setembro de 2021 na zona de Las Manchas, na illa de La Palma en Canarias (España). Trátase da última erupción da illa logo da erupción de Teneguía de 1971 e a última producida no arquipélago canario dende a erupción submarina de El Hierro de 2011.
As Palmas de Gran Canaria (en castelán: Las Palmas de Gran Canaria) é unha cidade española e concello, situado na costa nordeste da illa de Gran Canaria, capital da provincia das Palmas, unha das cidades co-capitais da comunidade autónoma das Canarias (xunto con Santa Cruz de Tenerife) e o principal centro urbano do arquipélago das Canarias, cunha área de 100,55 km² e unha poboación de 383.308 habitantes (2010).
Las Hurdes (Las Jurdis en estremeño) é unha comarca pertencente á provincia de Cáceres, ao pé da serra de Gata. Ocupa 471 km² de extensión, e ten unha poboación escasa e decrecente. Distínguense Las Hurdes Altas, zona en xeral abrupta e con poucas hortas, e Las Hurdes Bajas, máis ricas e con máis cultivos e poboacións (como Pinofranqueado e Caminomorisco).
Santa Cruz de la Palma é un concello español, capital da illa de La Palma, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, en Canarias. Foi fundada o 3 de maio de 1493 co nome de Villa de Apurón sobre unha praia situada nunha baía que facía de porto natural. Posteriormente, e xa como Santa Cruz de la Palma, o rei Filipe II concederíalle o título de Moi Nobre e Leal.
Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, talvez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto rango da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Los Llanos de Aridane é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, España. Está situado no oeste da illa de La Palma, no Val de Aridane, na vertente de sotavento e de solana da illa, o que constitúe unha localización moi favorable, ademais de que a parte oeste da illa está bastante ben regada e ten menores pendentes que nas zonas restantes, e de aí o nome da cidade. Con 21.145 habitantes é o municipio máis poboado da illa de La Palma.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
A pantalla de cristal líquido (LCD, do inglés liquid-crystal display) é unha tecnoloxía que usa as propiedades do cristal líquido, empregada nas pantallas de calculadoras, reloxos dixitais e nas pantallas de ordenadores e TV. A tecnoloxía baséase en diminutos cristais en estado líquido que segundo como se polaricen poden ser transparentes ou opacos. Unha fonte luminosa situada detrás dos cristais ilumina os cristais, os opacos non deixan pasar a luz mais os transparentes si.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
El Hierro é unha illa española situada no océano Atlántico, a máis meridional do arquipélago das Canarias. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife e a súa capital é Valverde, municipio onde se sitúan o Porto de la Estaca e o Aeroporto de El Hierro. Está formada polos municipios de Valverde, La Frontera e El Pinar de El Hierro.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Tenerife é unha illa situada no Océano Atlántico fronte ás costas africanas, e que pertence á Comunidade Autónoma de Canarias (España). Xunto coas illas de La Palma, La Gomera e El Hierro conforma a provincia de Santa Cruz de Tenerife. Cunha poboación de 904.713 (2018) habitantes é a illa máis poboada das illas Canarias e de España.
Parque Nacional da Caldera de Taburiente
O Parque Nacional da Caldera de Taburiente é un parque nacional de España, situado na illa de La Palma, nas Canarias. Como o resto do arquipélago é de natureza volcánica, pero distínguese pola gran cantidade de recursos hídricos que posúe, tanto subterráneos como superficiais. Foi declarado Parque nacional o 6 de outubro de 1954, sendo a segunda área protexida das Canarias en recibir esta designación, tras o Parque Nacional do Teide en Tenerife e a cuarta de España.
Para o xénero de plantas bananeiras véxase Musa (planta). Para o militar musulmán véxase Musa ibn Nusayr. Na mitoloxía grega as musas (en grego Μοῦσαι Mousai) eran, segundo os escritores máis antigos, as deusas inspiradoras da música e, segundo as nocións posteriores, divindades que presidían os diferentes tipos de poesía, así como as artes e as ciencias.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 176.284 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Na escala de tempo xeolóxico, o Xurásico é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 199 millóns e 600 mil e 145 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Xurásico sucede o período Triásico e precede o período Cretáceo, ambos da súa era. Divídese en Xurásico Inferior, Xurásico Medio e Xurásico Superior, da máis antiga para a máis recente.
La Graciosa é unha illa que pertence á provincia das Palmas, nas Canarias (España). Forma parte do arquipélago Chinijo, xunto cos illotes de Montaña Clara, Roque del Este, Roque del Oeste e Alegranza, que pertence ao concello de Teguise, en Lanzarote. A economía insular está baseada principalmente no turismo.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Gran Canaria é unha illa do Arquipélago Canario situada no Océano Atlántico, xunto ás costas do norte de África e que pertence politicamente a España. Xunto coas illas de Lanzarote e Fuerteventura forma a provincia das Palmas, integrada ademais polos illotes de La Graciosa, Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este, Roque del Oeste e Illa de Lobos. A capital da illa é As Palmas de Gran Canaria, que tamén é capital das Canarias (xunto con Santa Cruz de Tenerife) e da provincia das Palmas.
Jacques Jean Barre, nado en París o 3 de agosto de 1793 e finado na mesma cidade o 10 de xuño de 1855, foi un medallista e gravador de selos postais, de billetes e de moedas francés. En 1843 foi designado como 17º gravador xeral de moedas de Francia, posto no que foi o sucesor de Nicolas Pierre Tiolier e no que foi relevado en 1855 polo seu fillo, Désiré Albert Barre.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A coca ou tarasca é un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. É un animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, e do lombo nácenlle dúas enormes ás, semellantes ás dos morcegos. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa faciana aluman uns ollos terribles, sobre unha enorme boca con agudos dentes.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrol, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2020 tiña 39.056 habitantes (20.177 mulleres e 18.879 homes), o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O río Ebro (en catalán: Ebre) é o río máis caudaloso de España e o segundo da Península Ibérica despois do Douro. É ademais o segundo río máis longo despois do Texo. Discorre na súa totalidade por España, sendo o seu río máis longo, con 910 km, o máis caudaloso e o que ten a maior conca, que chega aos 83 093 km².
La Gomera é unha das oito illas principais que forman o arquipélago de Canarias (España), situado no océano Atlántico fronte ás costas africanas. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife, o grupo máis occidental de illas. A súa capital é San Sebastián de la Gomera, onde se sitúa a sede do Cabido Insular.
Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima. Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005).
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
La casa de papel é unha serie española creada por Álex Pina e producida por Atresmedia en colaboración con Vancouver Media para a súa emisión en Antena 3. Protagonizada por Úrsula Corberó, Itziar Ituño e Álvaro Morte, entre outros, presentouse no III FesTVal de televisión de primavera en Burgos en marzo de 2017. Estreouse o 2 de maio de 2017 e acabou o 23 de novembro do mesmo ano, cun total de 15 capítulos.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Fuerteventura é unha illa do arquipélago canario, situada no Océano Atlántico a 97 km da costa noroeste de África. O 26 de maio de 2009 é declarada na súa totalidade reserva da biosfera pola UNESCO. Pertence á provincia das Palmas, unha das dúas que compón Canarias, comunidade autónoma de España. A capital da illa é Puerto del Rosario (Puerto Cabras ata 1956), onde se atopa o Cabido Insular, que é o goberno da illa.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar.Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás, concello de Cospeito o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol. É o cantante da banda Di Elas.
O quokka (Setonix brachyurus) é un macrópodo do tamaño dun gato doméstico e constitúe o único membro do xénero Setonix. Coma outros marsupiais da familia dos macrópodos (canguros ou ualabís), o quokka é un animal herbívoro e de costumes principalmente nocturnos. Habita en pequenas illas da costa de Australia Occidental.
San Cristóbal de La Laguna, coñecida popularmente como La Laguna, é unha cidade e un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (España). Esta cidade foi capital da illa de Tenerife en tempos anteriores; actualmente a capital é Santa Cruz de Tenerife. A cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999.
O Roque de los Muchachos é o nome que se lle dá ao pico rochoso que forma o punto máis alto da illa de La Palma, en Canarias. A altura máxima ascende a 2.426 m sobre o nivel do mar, o que fai de La Palma a segunda illa máis alta do arquipélago, logo de Tenerife. No Roque de los Muchachos, debido á gran calidade do ceo, sitúase o Observatorio Astrofísico do Roque de los Muchachos.
Iuri Alexeievitch Gagarin (en ruso Юрий Алексеевич Гагарин; [ˈjʉrʲɪj ɐlʲɪˈksʲejɪvʲɪtɕ ɡɐˈɡarʲɪn]), nado en Klushino (óblast de Smolensk) o 9 de marzo de 1934 e finado preto de Novosiolovo (óblast de Vladimir) o 27 de marzo de 1968, heroe da Unión Soviética, foi un cosmonauta ruso que, o 12 de abril de 1961, marcou a historia da humanidade e da exploración espacial ao converterse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo exterior, realizando un voo orbital completo arredor da Terra, a bordo da nave espacial Vostok 1.Gagarin converteuse nunha celebridade internacional, e foi galardoado con diferentes medallas e honores, como o de Heroe da Unión Soviética, o honor máis elevado da nación. A Vostok 1 foi a súa única misión espacial, aínda que ocupou un cargo na tripulación de recambio da misión Soiuz 1 (que terminou en accidente). Despois, Gagarin converteuse no director de formación adxunto do Centro de adestramento de cosmonautas, que logo se renomeou no seu honor.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a faixa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.