Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Jean-Paul Belmondo, nado en Neuilly-sur-Seine (departamento dos Altos do Sena) o 9 de abril de 1933, e finado en París o 6 de setembro de 2021, foi un actor francés de cine e teatro. Os seus maiores éxitos foron acadados moi cedo no cine. O seu pai foi o escultor parisiense (aínda que de orixe siciliana) Paul Belmondo (1898-1982).
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
ABBA foi un grupo sueco de música pop, integrado por Benny Andersson, Anni-Frid «Frida» Lyngstad, Björn Ulvaeus e Agnetha Fältskog. O nome «ABBA» é un acrónimo formado polas primeiras letras do nome de cada membro (Agnetha, Björn, Benny, Anni-Frid). O cuarteto formouse en Estocolmo en 1972, pero só lograron fama internacional ao triunfar no Festival de Eurovisión 1974.
A fisioterapia é unha disciplina das ciencias da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica para diagnosticar, previr e tratar síntomas de múltiplas doencias, tanto agudas como crónicas, por medio do exercicio terapéutico mediante a calor, o frío, a luz, a auga, a electricidade e técnicas manuais.
La casa de papel é unha serie española creada por Álex Pina e producida por Atresmedia en colaboración con Vancouver Media para a súa emisión en Antena 3. Protagonizada por Úrsula Corberó, Itziar Ituño e Álvaro Morte, entre outros, presentouse no III FesTVal de televisión de primavera en Burgos en marzo de 2017. Estreouse o 2 de maio de 2017 e acabou o 23 de novembro do mesmo ano, cun total de 15 capítulos.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Santo Estevo de Abellá é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Frades. Segundo o INE en 2020 tiña 438 habitantes (219 mulleres e 219 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 528 habitantes. É a parroquia máis poboada e a máis extensa do concello.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 176.072 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
A Frente Popular Galega é unha organización política galega situada ideoloxicamente no marxismo-leninismo e no independentismo, que traballa pola consecución dunha República Galega. A súa acción política guíase polos principios de: independencia nacional, socialismo, anticolonialismo, democracia popular, anti-imperialismo, solidariedade internacionalista e auto-organización.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Club Baloncesto Estudiantes S.A.D, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Movistar Estudiantes, é un club de baloncesto profesional con sede na cidade de Madrid (España). Fundado en 1948 por un grupo de alumnos do Instituto Ramiro de Maeztu era, até o seu descenso en 2021, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español xunto co Real Madrid e o Joventut de Badalona. Entre os trofeos conquistados, destacan tres Copas do Rei e unha Copa Príncipe de Asturias.
A tecnoloxía (do grego, (τεχνολογια) techne (τεχνη) "oficio" + logía (λογια) "que di") é o coñecemento técnico humano e as ferramentas creadas pola humanidade a partir de tal coñecemento. A tecnoloxía é o conxunto de coñecementos e procedementos teóricos e prácticos que, debidamente organizados e sistematizados, satisfacen as necesidades humanas. A tecnoloxía é a transformación da natureza polos homes e mulleres, para resolver problemas e satisfacer as necesidades sociais.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».
Following é un filme británico de 1998 escrito e dirixido por Christopher Nolan. Conta a historia dun home novo que segue a estraños polas rúas de Londres e vese envolto no mundo criminal ó non poder manter a distancia. Foi o primeiro filme dirixido por Nolan e foi deseñado para ser o máis barato posible na produción.
Tim Bergling, nado en Estocolmo o 8 de setembro de 1989 e finado en Omán o 20 de abril de 2018, foi un DJ e produtor musical sueco coñecido polo seu nome artístico Avicii (estilizado como ΛVICII ou ◢ ◤). Avicii clasificouse no posto #6 na clasificación anual dos cen mellores DJs segundo a revista DJ Magazine de 2011, No 2012 acadou o posto #3, que volveu ocupar no 2013. Foi nomeado dúas veces ós premios Grammy polo tema "Sunshine" que fixo con David Guetta en 2012 e no 2013 por "Levels".
Atentados do 11 de setembro de 2001
Os atentados do 11-S ou ataques do 11S foron unha serie de ataques suicidas coordinados, realizados nos Estados Unidos o 11 de setembro de 2001. Segundo o Informe oficial, 19 terroristas pertencentes á organización Al Qaida, dirixida por Osama bin Laden, secuestraron catro avións comerciais, e fixeron chocar dous avións coas Torres xemelgas do World Trade Center en Manhattan, Nova York; pouco despois as dúas torres viñéronse abaixo. O terceiro avión chocou contra o Pentágono, cuartel xeral de defensa dos Estados Unidos, en Arlington, Virxinia.
Na mitoloxía grega, Casandra (en grego antigo, Κασσάνδρα: «a que enreda os homes» ou «irmá dos homes») era filla de Hécuba e Príamo, reis de Troia. Casandra foi sacerdotisa de Apolo, con quen pactou, a cambio dun encontro carnal, a concesión do don da profecía. Con todo, cando accedeu aos arcanos da adiviñación, Casandra rexeitou o amor do deus; este, véndose traizoado, maldíxoa cuspíndolle na boca: seguiría tendo o seu don, mais ninguén crería xamais nos seus prognósticos.
Tréveris (en alemán, Trier), é unha cidade de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ás beiras do río Mosela, a apenas 15 km da fronteira con Luxemburgo. Cidade natal de Karl Marx (5 de maio de 1818), cuxa residencia familiar é hoxe un museo, e Santo Ambrosio de Milán (340), Trier tamén está orgullosa da súa rica herdanza arquitectónica xa que é considerada a cidade máis antiga de Alemaña, e é con certeza a sede episcopal máis antiga de todo o territorio alemán. En 1986 foi declarada cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO. Está localizada no estado da Renania-Palatinado.
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana, así como esposa do muralista Diego Rivera. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena, e polos feministas pola súa comprometida representación da forma e da experiencia feminina.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Antonio Rodríguez Pérez (xornalista)
Antonio Rodríguez Pérez, finado en Madrid, foi un avogado, xornalista e político galego.
O 3 de maio en Madrid (tamén coñecido como Os fusilamentos na montaña do Príncipe Pío ou Os fusilamentos do tres de maio) é un cadro do pintor aragonés Francisco de Goya rematado en 1814 que se conserva no Museo do Prado (Madrid, España). A intención de Goya ó elaboralo era plasmar a loita do pobo español contra a dominación francesa no marco do Levantamento do dous de maio, ó comezo da Guerra da Independencia Española. Xunto coa súa parella (ou pendant) é O dous de maio de 1808 en Madrid —tamén chamado A carga dos mamelucos—.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Galegos nos Xogos Olímpicos de 2020
Nos Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio participaron un total de 21 deportistas galegos, integrados no equipo olímpico español, 12 homes e 9 mulleres. Foi a representación máis numerosa da historia do deporte olímpico galego, e foron 7 deportistas máis dos que participaron nos Xogos Olímpicos de 2016.Os resultados foron tamén os mellores do olimpismo galego, cunha colleita de seis medallas (superando as catro de Londres 2012) e nove diplomas olímpicos. Dos 21 deportistas galegos, só catro quedaron fóra dos oito primeiros nas súas respectivas modalidades.
Serramoura é unha serie de televisión galega de suspense producida por Voz Audiovisual e emitida na Televisión de Galicia entre o 5 de outubro de 2014 e o 25 de outubro de 2020 en horario de máxima audiencia. Está protagonizada por Lucía Regueiro, Miguel Ángel Blanco, Antonio Mourelos, Isabel Naveira e Uxía Blanco, entre outros. Do final de Serramoura xorde unha serie derivada, A lei de Santos, protagonizada por Santos, personaxe interpretado por Monti Castiñeiras.
Bandeira da República Dominicana
A bandeira da República Dominicana, de acordo co descrito dentro do artigo 31 e 32 da Constitución, ten unha cruz no centro que se estende cara as extremidades e divide a bandeira en catro rectángulos: os de arriba son azul (no lado do mastro) e vermello, e os de abaixo son vermello (no lado do mastro) e azul. No centro da cruz ten un escudo cunha póla de oliveira (esquerda) e unha póla de palma (dereita). Enriba do escudo hai unha cinta azul co lema nacional: Deus, Patria, Liberdade.
RSS é parte da familia de formatos XML, desenvolvidos especificamente para os sitios de novas e os blogs. Este tipo de sitios que se actualizan con frecuencia inclúen dentro das súas potencialidades, a posibilidade de compartir información e usala noutros lugares web ou programas. Este procedemento coñécese como sindicación.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Vitoria ou Gasteiz (en castelán: Vitoria; en éuscaro: Gasteiz; oficialmente Vitoria-Gasteiz) é unha cidade e concello do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Áraba, en Euskadi. É ademais a sede do Parlamento e do Goberno autonómicos. Enclavada nun cruzamento de camiños, foi un importante punto estratéxico tanto no plano militar como no comercial e cultural ó longo da historia.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Doc - Nelle tue mani é unha serie de televisión italiana emitiada por Rai 1 dende o 26 de marzo de 2020, dirixida por Jan Maria Michelini e Ciro Visco. A serie baséase na historia real do xefe de servizo hospitalario Pierdante Piccioni quen, ao espertar dun coma producido por un accidente de tránsito ocorrido o 31 de maio de 2013 que lle causou feridas cerebrais, perdeu 12 anos de memoria . Rodáronse 8 episodios dos 16 previstos, debido á difusión da enfermidade do coronavirus 2019 que interrompeu temporalmente a rodaxe , e a final vaise emitir polo que se prevé en outono.
Vitoria do Reino Unido, nada en Londres, Reino Unido o 24 de maio de 1819 e finada na Illa de Wight, Reino Unido o 22 de xaneiro de 1901, foi raíña do Reino Unido desde a morte do seu tío paterno, Guillerme IV do Reino Unido, o 20 de xuño de 1837, ata o seu falecemento o 22 de xaneiro de 1901, mentres que como emperatriz da India foi a primeira en ostentar o título desde o 1 de xaneiro de 1877 ata o seu deceso. Vitoria era filla do príncipe Eduardo, duque de Kent e Strathearn, cuarto fillo do rei Xurxo III. Tanto o duque como o rei morreron en 1820, o que provocou que Vitoria fose criada baixo a supervisión da súa nai, a princesa alemá Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld. Herdou o trono aos dezaoito anos, trala morte sen descendencia lexítima de tres tíos paternos.
En bioloxía celular, o núcleo (do latín nucleus ou nuculeus) é unha parte das células que se atopa en todas as células eucariotas e contén a maioría do material xenético. O núcleo, en xeral, controla as actividades da célula, e ten dúas funcións primarias: controla as reaccións químicas celulares, na súa maioría citoplasmáticas, e garda a información que se precisa para a división celular.Á parte de conter o xenoma da célula, o núcleo contén certas proteínas que regulan a expresión dos xenes. A expresión xenética ao nivel nuclear envolve complexos procesos de transcrición, o procesamento do pre-ARNm e a exportación do mesmo cara ao citoplasma.O núcleo ten un tamaño medio de 6 micrómetros nos mamíferos; os máis grandes son as de células vexetais, que poden chegar a 25 micrómetros ou máis.
O ácido vaccénico (do latín vacca, vaca) é un ácido graxo omega-7. É un ácido graxo trans natural, que se encontra na graxa dos ruminantes e en produtos lácteos como leite, manteiga, e iogur. Tamén é o ácido graxo trans predominante do leite humano.O seu nome IUPAC é ácido (E)-11-octadecenoico, e a súa denominación abreviada é 18:1 trans-11.Foi descuberto en 1928 en graxas animais e na manteiga.
A triscaidecafobia (do grego τρεισκαιδέκα, treiskaideka ‘trece’, derivado de τρεῖς, treîs ‘tres’, καὶ, kai ‘e’, e δέκα, deka ‘dez’; xunto con φοβία, fobía, de φόβος, fobos ‘medo’, ‘temor’) é o medo irracional ao número 13. Considérase normalmente una superstición. A fobia específica ao venres 13 chámase parascevedecatriafobia (a Parasceve é a preparación da Pascua), collafobia, ou ben, friggatriscaidecafobia (a palabra Friday, ‘venres’ ou ‘sexta feira’ en inglés, procede do nome da deusa viquinga Frigga).
2021 (MMXXI) é o ano actual do calendario gregoriano comezado en venres. En 2021 espérase que se celebren eventos orixinariamente previstos para 2020 incluídos o Festival de Eurovisión, a Eurocopa de Fútbol, os Xogos Olímpicos e a Expo 2020, que foron pospostos ou cancelados debido á pandemia da COVID-19.As Nacións Unidas declararon o 2021 como Ano Internacional da Paz e da Confianza, Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sustentable, Ano Internacional das Froitas e as Verduras, e Ano Internacional para a Eliminación do Traballo Infantil.
A pantalla de cristal líquido (LCD, do inglés liquid-crystal display) é unha tecnoloxía que usa as propiedades do cristal líquido, empregada nas pantallas de calculadoras, reloxos dixitais e nas pantallas de ordenadores e TV. A tecnoloxía baséase en diminutos cristais en estado líquido que segundo como se polaricen poden ser transparentes ou opacos. Unha fonte luminosa situada detrás dos cristais ilumina os cristais, os opacos non deixan pasar a luz mais os transparentes si.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Aquí no hay quien viva é unha serie de televisión española de ficción baseada no humor, emitida en Antena 3 desde o 7 de setembro de 2003 ata o 6 de xullo de 2006. Narra a vida dunha peculiar comunidade de veciños de «Desengaño 21»: tres pisos, dúas casas por piso, unha portería e un local contiguo. A serie foi creada por Alberto e Laura, sobriños de José Luis Rodríguez Moreno, produtor da serie.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.