Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a única serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O río Amazonas (tamén chamado Paraná-Uassú ou Paranaguasú polas tribos tupí-guaranís) é un río suramericano que nace na Cordilleira dos Andes, no lago Lauri ou Lauricocha, no Perú, pasa por Colombia, atravesa o Brasil e e desauga no océano Atlántico, xunto á Illa do Maraxó, no Brasil, onde entra polo estado homónimo. E ao longo do seu curso recibe os nomes de Tunguragua, Marañón, Ucayali, Solimóns e finalmente Amazonas. É o río máis longo e caudaloso do mundo, e contén máis auga que o Nilo, o Yangtzé e o Mississippi xuntos, supoñendo preto dunha quinta parte da auga doce en estado líquido do planeta.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Katharine Houghton Hepburn, nada en Hartford, Connecticut o 12 de maio de 1907 e finada en Fenwick, Connecticut o 29 de xuño de 2003, foi unha actriz estadounidense. É a única actriz que gañou catro Óscars e unha das máis nomeadas, con doce candidaturas, tan só superada por Meryl Streep con vinte e unha candidaturas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Este artigo trata sobre a Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo, para a arte de pesca véxase nasa. A National Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dos Estados Unidos de América e a súa investigación aeroespacial xeral a longo termo. Establecida no 1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aeroespaciais.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.877 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
A que non sabes quen vén cear esta noite?
A que non sabes quen vén cear esta noite? (en inglés: Guess Who's Coming to Dinner) é un filme estadounidense dirixido por Stanley Kramer que foi estreado no 1967. Está protagonizado por Spencer Tracy, Katharine Hepburn, Sidney Poitier, Katharine Houghton e Cecil Kellaway nos papeis principais.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Ricardo Hevia Álvarez, nado en Mieres (Asturias) o 16 de setembro de 1940 e falecido o 8 de xaneiro de 2022 en Lugo, foi un adestrador profesional de baloncesto español. A súa carreira como adestrador inclúe clubs como CB Breogán, OAR Ferrol, Club Ourense Baloncesto ou CB Murcia. Tras a súa retirada como adestrador, residiu en Lugo onde traballou en La Voz de Galicia escribindo sobre o Breogán.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Roland Dubillard, nado o 22 de decembro de 1923 en París e finado o 14 de decembro de 2011 en Vert-le-Grand, é un escritor, dramaturgo e actor francés. A súa obra literaria inclúe pezas teatrais, relatos, poesía, ensaios e un diario. Adoita botar man do absurdo cun estilo moi sutil que algunhas teorías vencellan, en certo sentido, con Eugène Ionesco e Samuel Beckett.
Gioachino Antonio Rossini, nado en Pesaro (Estados Pontificios) o 29 de febreiro de 1792 e finado en Passy (Francia) o 13 de novembro de 1868, foi un compositor musical italiano. Rossini compuxo en total 39 óperas, destacando especialmente O barbeiro de Sevilla. A súa primeira ópera compúxoa aos 14 anos, e a derradeira, Guillerme Tell aos 37, despois do cal decidiu retirarse da composición a gran escala, encontrándose no cume da súa popularidade.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Panteón Real da Catedral de Santiago
O Panteón Real é o lugar, dentro da catedral de Santiago, que contén os sepulcros de dous reis e outras destacadas personalidades do Reino de Galiza. Iniciouse no ano 1107 co soterramento de Raimundo de Borgoña, conde de Galiza, e coa promesa do seu fillo o emperador Afonso VII de levar tamén os seus restos á Catedral. Este compromiso non foi cumprido por Afonso VII mais si pola súa esposa a emperatriz Berenguela, e continuado polo seu fillo Fernando II e polo seu neto Afonso VIII, reis de Galiza e León.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Belisardo Pumpido Flores, nado en Cádiz o 30 de decembro de 1818 e finado en Santiago de Compostela o 8 de agosto de 1875, foi un militar español. Participou nas guerras carlistas e recibiu a Cruz Laureada de San Fernando de primeira clase, a cruz da Orde de Carlos III, a cruz da Orde de San Hermenexildo e a cruz militar dos Defensores de Reus. Foi un dos primeiros oficiais do exército que se incorporou á Garda Civil, pouco despois da súa fundación polo Duque de Ahumada.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en once ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, cinco delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Iván González Ranedo (León, 11 de setembro de 1999), coñecido polo seu nome artístico Samantha Hudson, é un artista, cantante, actor, celebridade de internet e activista LGBT español. Deuse a coñecer tras a controvertida publicación do tema «Maricón» en 2015, que gravou como proxecto para unha materia de cultura audiovisual. A canción, acompañada dun vídeo publicado na plataforma YouTube, xerou tanto rexeitamento como aprobación polo público.
Xogo de armas (en inglés: War Dogs) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Todd Phillips e escrito por Phillips, Jason Smilovic e Stephen Chin. Está baseado nun artigo de 2011 escrito por Guy Lawson e publicado na revista Rolling Stone, así como nas memorias de 2016 escritas por Efraim Diveroli, Once a Gun Runner. Lawson escribiu posteriormente o libro de 2015, Arms and the Dudes, detallando a historia.Estreouse en galego o 5 de agosto de 2019 na TVG. Foi traducido ao galego por Rosa Moledo e o director de dobraxe foi Antón Rubal.
O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores, tras ascender en 2021 desde a Liga LEB. Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño.
Paul Ralph Ehrlich, nado en Filadelfia o 29 de maio de 1932, é un biólogo estadounidense. É coñecido polos seus compromisos neomalthusianistas. É membro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia, da Academia Americana de Artes e Ciencias, da Sociedade Americana de Filosofía, da Academia Europea de Ciencias e Artes, da Academia Americana de Ciencias e da Royal Society.
Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2021 tiña 29.192 habitantes, dos cales 14.150 eran varóns e 15.042 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,31 hab./km².
Francisco Olmos Hernández, máis coñecido como Paco Olmos, nado en Valencia, é un adestrador de baloncesto español. No seu palmarés conta cunha ULEB Cup, un subcampionato da Liga ACB, un título de LEB Ouro, dúas Copas Princesa, tres títulos de campión da liga mexicana, así como o recoñecemento ao mellor adestrador da ACB da campaña 2003. A nivel internacional posúe unha medalla de prata no Torneo das Américas de 2013 e un bronce no Centrobasket de 2014, ambas co selección de Porto Rico.
Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha lingua estándar (tamén estándar lingüístico) é unha elaboración artificial e planificada a partir do diasistema dunha lingua, co obxecto de obter un modelo de lingua unitario para o ensino, os usos oficiais e os usos escritos e formais, que á súa vez permita cohesionar política e socialmente o territorio onde é oficial. Outro termo sinónimo de lingua estándar é variedade estándar. O proceso de estandarización está incluído na parte da política lingüística relativa á modelación formal dunha lingua, á adscrición dun status xurídico e administrativo, e ao fomento da súa adquisición, coñecido en sociolingüística como planificación lingüística.
A Supercopa de España é unha competición de fútbol, organizada pola Real Federación Española de Fútbol desde 1982, e que enfronta ao campión da Liga Española contra o campión da Copa do Rei. O trofeo xógase cada ano a finais de agosto, e supón o inicio oficial da competición futbolística en España. Ata a edición de 1995 se un equipo gañaba os títulos de Liga e Copa, directamente gañaba a Supercopa; pero, dende 1996, se un equipo fai dobrete, o título da Supercopa dispútao fronte ao subcampión de Copa.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
Os Minyons de Terrassa son un grupo de castellers fundado en 1979. Teñen a súa sede en Terrasa e a súa camisa é de cor malva. Os Minyons son a agrupación máis antiga de Terrasa, cidade sen tradición castellera ata a súa aparición, e son unha das agrupacións máis destacadas do mundo casteller, sendo os primeiros en ter completadas construcións de 10 pisos de altura.
Xunta Suprema do Reino de Galicia
A Xunta Suprema do Reino de Galicia foi unha institución vixente en 1808 no marco da guerra da Independencia española para cubrir a ausencia de poder tralo apresamento do rei Fernando VII. A Idade Contemporánea ábrese en Galicia coa epopea da guerra da Independencia, na que todo o país se converteu nunha guerrilla contra o invasor francés. A Igrexa entregouse en favor da loita; os clérigos colgaron hábitos e sotanas e empuñaron as armas, e os que por idade (ou pola súa pusilanimidade) quedaron na retagarda, apoiárona desde púlpitos e confesionarios. Os fidalgos, que se consideraban señores naturais dos seus súbditos campesiños, en poucas ocasións como nesta puideron exercer un liderado que lles permitise consolidar o prestixio das familias: os pazos foron cuarteis e almacéns onde os campesiños encontraban, desta vez, de todo, desde armas e municións até prórrogas para o pagamento das rendas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Lisardo Gómez González, nado en Lugo o 8 de outubro de 1974, é un adestrador profesional de baloncesto galego. Tras ser xogador e adestrador do Estudiantes de Lugo, pasou a ser adestrador asistente de Rubén Domínguez do Club Baloncesto Breogán e, trala destitución do mesmo, pasou a facerse cargo do cadro de xogadores durante dous días até a chegada de Pepe Rodríguez. Trala marcha do último faise cargo como adestrador principal do club.
Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ, Doragon Bōru Zetto), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei. É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia.
Full House é unha serie de televisión estadounidense creada por Jeff Franklin para a ABC. Ambientada na cidade de San Francisco, a serie conta a historia do pai viúvo Danny Tanner, quen despois da morte da súa muller Pam, é axudado polo seu mellor amigo Joey Gladstone e o seu medio irmán Jesse Katsopolis a criar as súas fillas, D.J., Stephanie e Michelle. Emitiuse dende o 22 de setembro de 1987 ata o 23 de maio de 1995, cun total de 192 episodios en oito temporadas.
Telescopio espacial James Webb
O James Webb Space Telescope ou JWST é un proxecto dunha misión non tripulada norteamericana da Administración Nacional de Aeronáutica e Espazo (NASA), co propósito de colocar un observatorio no espazo para capturar radiación infravermella. O telescopio deberá observar a formación das primeiras galaxias e estrelas, estudar a evolución das galaxias, ver a produción dos elementos por parte das estrelas e ver os procesos de formación de estrelas e planetas. Chamouse inicialmente Next Generation Space Telescope (Telescopio Espacial de Nova Xeración) ou NGST. O termo "próxima xeración" refírese ao feito de que se pretende substituír ao Hubble, porque despois do seu lanzamento desenvolvéronse novas tecnoloxías que permitiron a construción do novo telescopio baixo un novo concepto.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Elixio Rivas Quintas, nado en Fondo de Vila (A Abeleda, Xunqueira de Ambía) o 31 de agosto de 1925, é un irmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo galego, cun labor salientábel especialmente nos campos da lexicoloxía, a onomástica e a toponimia. É tamén un recoñecido difusor dos valores do Camiño de Santiago.
Este artigo trata sobre as normas para a escrita do galego da Real Academia Galega, quen ostenta a autoridade legal en materia de normativización. Ao seren estas normas as usadas e promovidas polas institucións oficiais, os medios de comunicación públicos e o ensino público, son consideradas de maneira amplamente maioritaria como a normativa oficial do galego. No entanto, este concepto de oficialidade ten xerado controversia, con sectores que defenden que non existe ningunha normativa oficial.O Estatuto de autonomía de Galicia dotou os poderes públicos galegos da competencia con respecto á lingua galega.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
Por un puñado de dólares (en italiano: Per un pugno di dollari, en inglés: A Fistful of Dollars) é un filme dirixido por Sergio Leone que foi estreado en 1964. Está protagonizado por Clint Eastwood, xunto con Gian Maria Volonté, Marianne Koch, Wolfgang Lukschy, Sieghardt Rupp, José Calvo, Antonio Prieto e Joseph Egger.Por un puñado de dólares foi rodado cun orzamento reducido (arredor de $200 000), e Eastwood foi pagado con $15 000 polo seu papel. Estreado en Italia en 1964, e nos Estados Unidos en 1967, foi a orixe do popular xénero do spaghetti western.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2020 tiña 65.560 habitantes (34.675 mulleres e 30.885 homes), sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
Catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación.
Gonzalo de Mondoñedo, tamén coñecido como San Gonzalo, ou Gonzalo Froilaz, foi un nobre e relixioso galego, membro da familia Froilaz-Traba, fillo de Froila Bermúdez e irmán de Pedro Froilaz, conde de Galiza e Trastámara. Ocupou o bispado de Mondoñedo entre os anos 1070 e 1108. Durante o seu mandato impulsou a obra románica da Catedral de San Martiño de Mondoñedo (Foz) e mantivo varios preitos territoriais tentando conservar os dominios da súa diocese.
Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución. Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela.
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
Macau (chinés tradicional: 澳門, chinés simplificado: 澳门, pinyin: Àomén, portugués: Macau), é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Estivo baixo a soberanía de Portugal ata o 20 de decembro de 1999. Está constituída por unha península e dúas illas (Taipa e Coloane), cunha superficie total de 28´2 km².
Galicia ou Galitzia (en alemán: Galizien, en polaco: Galicja, en ucraíno: Галичина Halychyna, en checo e eslovaco: Halič; en húngaro: Galícia / Kaliz / Gácsország / Halics; en romanés: Galiția / Halici; en ruso: Галиция / Галичина, Galitsiya / Galichina; en ruteno: Галичина, Halychyna; en yiddish: גאַליציע Galitsie) é unha rexión histórica do leste de Europa, que antigamente foi un pequeno principado e cuxo territorio na actualidade se divide entre Polonia e Ucraína. Hai unha considerable superposición entre Galicia e o suroeste de Rutenia, especialmente referida a unha rexión transfronteiriza centrada no óblast de Zakarpattia, a rexión transcarpática da Ucraína actual, que está habitada por diversas nacionalidades, incluíndo a minoría rusina. Neste sentido moderno, Rutenia esténdese á Ucraína occidental, sueste de Polonia e Eslovaquia Galicia foi, durante moitos séculos, unha rexión tapón, unha zona de paso e un cruzamento de culturas, entre o imperio dos Habsburgo e o Imperio ruso, entre a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa.