Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Gioachino Antonio Rossini, nado en Pesaro (Estados Pontificios) o 29 de febreiro de 1792 e finado en Passy (Francia) o 13 de novembro de 1868, foi un compositor musical italiano. Rossini compuxo en total 39 óperas, destacando especialmente Il barbiere di Siviglia. A súa primeira ópera compúxoa aos 14 anos, e a derradeira, Guillerme Tell aos 37, despois do cal decidiu retirarse da composición a gran escala, encontrándose no cume da súa popularidade.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neira en Parada (Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel), o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Xosé Luís Méndez Ferrín encadrouno dentro da Xeración das Festas Minervais.
O virus de Epstein-Barr (EBV), tamén chamado herpesvirus humano 4 (HHV-4, Human herpesvirus 4), é un dos oito virus humanos da familia dos herpesvirus, e un dos virus humanos máis comúns. Recibe o seu nome polos apelidos dos seus descubridores, Michael Anthony Epstein e Yvonne Barr. É principalmente coñecido por ser o causante da mononucleose infecciosa (febre glandular).
Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ, Doragon Bōru Zetto), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei. É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Un personaxe é cada un dos seres que forman a acción dunha obra literaria, película etc., e que son o motor da acción narrativa. Non debe confundirse o termo persoeiro (individuo real de relevancia ou que queremos salientar) con personaxe (ser ficticio por moito que represente a unha persoa real da que soamente é unha representación inventiva). O personaxe é o elemento motor da acción narrativa.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 280 habitantes (153 mulleres e 127 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 210 habitantes, sendo 95 homes e 115 mulleres.
Pokémon (ポケットモンスター, Poketto Monsutā, Pocket Monsters, literalmente "monstros de peto" en galego) é unha franquía multimillonaria, que orixinalmente comezou coma un videoxogo, mais debido á súa popularidade logrou expandirse a outros medios de entretemento coma series de televisión, xogos de cartas, roupa, entre outros, converténdose nunha marca que é recoñecida no mercado mundial. As vendas de videoxogos até o 1 de decembro de 2006, acadaran unha cantidade de 175 millóns de exemplares (incluíndo a venda da versión Pikachu da consola Nintendo 64), atinxindo ocupar o segundo lugar das sagas de videoxogos máis vendidos de Nintendo. A franquía celebrou o seu décimo aniversario o 27 de febreiro de 2006.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 821 habitantes (412 mulleres e 409 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 981 habitantes.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A Associaçom de Estudos Galegos (AEG) é un colectivo cívico-cultural, científico e laico sen fins de lucro que ten por obxectivo fundamental estabelecer e regular, a través do seu órgano académico Comissom Lingüística da AEG, unha norma do galego que, con criterio reintegracionista, sexa esencialmente solidaria e convenientemente autónoma en relación ás normas idiomáticas en uso na área lingüística e cultural galego-luso-africano-brasileira, ben como organizar actividades e elaborar materiais concibidos para a promoción social do galego e de tal padrón lingüístico galego. A AEG naceu en 2016 na secuencia da dimisión da maior parte dos membros da Comissom Lingüística da AGAL, após o novo Consello desa Asociación ter promovido, en contra do criterio prevalecente naquela Comisión, a chamada "aglutinación normativa", que pretende fusionar a norma galega reintegracionista, tradicionalmente defendida pola AGAL e agora promovida pola AEG, coa norma lusitana. O primeiro Presidente da AEG (2016-2021) foi o economista Joám Lopes Facal, sucedido no cargo polo filólogo Jorge Rodrigues Gomes.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O detective Conan (名探偵 コナン, Meitantei Conan) é unha serie de Gosho Aoyama que aínda non está rematada nin en manga nin en anime e que alcanzou un éxito notable dentro e fóra do Xapón. O anime está producido por TMS Entertainment e supera xa os 830 episodios. Ademais, conta con 20 películas e aínda se emite tódalas semanas no Xapón en Yomiuri TV. No Xapón, o manga aínda se publica semanalmente todos os mércores no Shonen Sunday, dende 1994 e supera xa a cantidade de 925 capítulos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.008 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
María Isabel Pantoja Martín, nada en Sevilla o 2 de agosto de 1956, é unha cantante española, destacada no xénero musical da copla. Traballou esporadicamente como actriz, nun par de películas. En 2007, a discográfica Sony Music entregou á cantante 40 discos de platino por máis de 4 millóns de álbums.
Avril Ramona Lavigne, nada en Belleville (Ontario) o 27 de setembro de 1984, é unha cantante canadense, pertencente á vaga do xénero musical skate punk. A súa música está catalogada en moitos estilos, é un híbrido de pop-rock, cunhas cancións na súa maioría melódicas pero acompañadas por fortes guitarras.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A caza de baleas en Galicia debeu comezar, como nas outras costas atlánticas europeas e do Pacífico, en tempos inmemoriais, na máis remota antigüidade. Os primeiros rexistros desta actividade remóntanse polo menos ao ano 3 000 a.C. Durante moito tempo xa se pensara que esta caza era de orixe prehistórica, aínda que sen ningunha proba real até que recentemente varias pinturas rupestres en Francia e España foron recoñecidas como representando escenas deste tipo de caza. En Galicia non se conta con documentos históricos relacionados coa caza de cetáceos até o século XIII, pero é razoábel pensar que xa se practicaba varios séculos antes.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
O occitano é a lingua falada dende a Idade Media no sur da actual Francia, denominada Occitania por algúns sectores políticos e culturais, nas súas variedades dialectais. En Cataluña ademais de ser oficial no Val de Arán coa denominación de aranés, é oficial en toda a rexión dende o 9 de agosto de 2006, data de entrada en vigor do novo estatuto de autonomía.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina. A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Un aturuxo, agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego. Consérvase na actualidade como un berro de alegría emitido polo público, ou os intérpretes, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.
Un acariocito ou acariota é unha célula sen núcleo, coma os virus ou os glóbulos vermellos (os eritrocitos humanos carecen de núcleo despois de desenvolverse, ao revés que os doutras especies), libre de orgánulos e metabolismo. Porén, poden posuír información xenética, en forma de ADN ou ARN, e transcriptases inversas que lle permiten infectar unha célula (no caso dun virus). Os acariocitos non forman parte dos sete rangos principais de taxóns.
O conflito árabe-israelí (en árabe: الصراع العربي الإسرائيلي Al-Sira'a Al'Arabi A'Israili; en hebreo: הסכסוך הישראלי-ערבי Ha'Sikhsukh Ha'Yisraeli-Aravi) refírese á tensión política e os conflitos armados entre o Estado de Israel e os seus veciños árabes, en particular os palestinos e comeza coa descolonización de Reino Unido e Francia da ribeira oriental do mar Mediterráneo. Existen un cúmulo de circunstancias e causas que orixinaron o conflito. A súa definición, historia e posibles solucións son materia de permanente debate e os problemas que inclúe varían co tempo.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
Charli Grace D'Amelio (Norwalk, 1 de maio de 2004) é unha tiktoker, bailarina e celebridade de internet estadounidense, coñecida polos seus vídeos de bailes na rede social TikTok.Subiu os seus primeiros vídeos en 2019, e dende marzo de 2020 é a conta máis seguida de devandita plataforma, con máis de 125 millóns de seguidores.Ademais desenvolveu a súa liña de maquillaxes en sociedade coa súa irmá Dixie D'Amelio e a marca Morphe.
Final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939
A final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939 foi a 37ª final da Copa do Rei. Disputouse no estadio de Montjuïc de Barcelona o 25 de xuño de 1939. O vencedor foi o Sevilla FC, que venceu por 6-2 Racing de Ferrol, facéndose co seu segundo título.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Lei da Moeda de 1816 (Reino Unido)
Para outras leis acerca da cuñaxe e a emisión de moeda, véxase a páxina de homónimos Lei da MoedaA Lei da Moeda de 1816 (Coinage Act 1816 —56 GEO. III C.68—), coñecida tamén como Lei de Liverpool (Liverpool's Act), foi aprobada polo Parlamento do Reino Unido o 22 de xuño de 1816 para definir o valor da libra esterlina naquel momento en relación co valor do ouro.
María de los Ángeles López Segovia, máis coñecida polo seu nome artístico Lina Morgan, nada en Madrid o 20 de marzo de 1937, e finada na mesma cidade o 19 de agosto de 2015, foi unha vedete e actriz española de cine, teatro, musicais e televisión. Ao longo da súa carreira, destacou por interpretar na súa maioría papeis cómicos e relacionados con xéneros populares como a revista musical e a comedia musical. Entre os seus maiores éxitos como actriz destacan en teatro as obras "¡Vaya par de gemelas!" e "Celeste...
Pangasinan, oficialmente provincia de Pangasinan (pangasinan Luyag na Pangasinan) é unha provincia costeira da rexión de Ilocos nas Filipinas, con capital en Lingayen; localízase no oeste da illa de Luzón entre o golfo de Lingayen e o mar da China Meridional. A súa superficie é de 5451,01 km2 e a poboación de 3 163 190 en 2020. A lingua pangasinan é a oficial da provincia.
Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939
A Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939 foi a 35ª edición do torneo. A competición empezou o 14 de maio e finalizou o 25 de xullo de 1939 coa final no estadio de Montjuïc en Barcelona. O campión foi o Sevilla FC, que derrotou na final ao Racing de Ferrol por 6-2.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O peixe piloto (Naucrates ductor) é un peixe cosmopolita e peláxico, perciforme, da familia Carangidae. Acostuma pasar dos 30 centíometros de longo, e pode chegar até os 70 cm, cun corpo alongado con oito bandas verticais negras, cabeza puntiaguda e boca pequena. Ten este nome porque a especie ten o costume de seguir tiburóns, outros peixes grandes, barcos e mesmo obxectos flotantes.
Novak Đoković (en alfabeto cirílico Новак Ђоковић, ás veces escrito como Novak Djokovic), nado en Belgrado o 22 de maio de 1987, é un tenista profesional serbio. Actualmente (decembro de 2015) é o número 1 do mundo no ránking da ATP. Campión do Aberto de Australia en 7 ocasións (2008, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016 e 2019), gañador do Torneo de Wimbledon en 5 ocasións en 2011, 2014, 2015 2018 e 2019 (finalista en 2013), campión de Roland Garros en 2016, do Aberto dos Estados Unidos en 2011, 2015 e 2018 (finalista en 2007, 2010, 2012, 2013 e 2016), e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Forma parte do Equipo de Copa Davis de Serbia desde 2003, co cal obtivo o triunfo en 2010.
O accidente de Chernóbil foi un accidente nuclear ocorrido o 26 de abril de 1986 na central nuclear de Chernóbil, situada na República Socialista Soviética de Ucraína (actual Ucraína). Un estoupido e un incendio lanzaron grandes cantidades de contaminación radioactiva á atmosfera, que se estendeu sobre gran parte do oeste de Rusia e Europa. Está considerado o peor accidente nunha central nuclear da historia, e foi o primeiro clasificado como de nivel 7 na escala internacional de eventos nucleares (no 2011 chegou a este nivel o accidente nuclear de Fukushima).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Lei da Moeda de 1870 (Reino Unido)
Para outras leis acerca da cuñaxe e a emisión de moeda, véxase a páxina de homónimos Lei da MoedaA Lei da Moeda de 1870 (The Coinage Act, 1870 —33 & 34 Vict c 10—) foi aprobada polo Parlamento do Reino Unido o 4 de abril de 1870, para establecer a métrica das moedas que compuñan sistema monetario británico, sobre a base dun soberano de 7,98805 gramos de ouro.Esta lei foi derrogada no Reino Unido pola Lei da Moeda de 1971. No entanto, mantén a súa vixencia parcialmente na República de Irlanda, no artigo 2 e na parte cuarta do anexo 1 da Statute Law Revision Act de 2007.