Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A Supercopa de España é unha competición de fútbol, organizada pola Real Federación Española de Fútbol desde 1982, e que enfronta ao campión da Liga Española contra o campión da Copa do Rei. O trofeo xógase cada ano a finais de agosto, e supón o inicio oficial da competición futbolística en España. Ata a edición de 1995 se un equipo gañaba os títulos de Liga e Copa, directamente gañaba a Supercopa; pero, dende 1996, se un equipo fai dobrete, o título da Supercopa dispútao fronte ao subcampión de Copa.
Alvariza pode referirse a: Apiario, conxunto de colmeas de abellas; Abellariza, construción tradicional consistente nun muro, xeralmente circular, onde se garda un apiario para o protexer do clima e os animais. Alvariza, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia. Alvariza, grupo musical folk galego.
Arthrospira é un xénero de cianobacterias filamentosas que flotan libremente nas augas caracterizadas por formar tricomas multicelulares cilíndricos que xiran á dereita formando unha hélice. Existe un suplemento dietético feito de masa de A. platensis e A. maxima, fundamentalmente, denominado espirulina ou spirulina, xa que estas especies antes estaban clasificadas no xénero Spirulina. Aínda que a introdución de dous xéneros separados Arthrospira e Spirulina é hoxe aceptado xeneralizadamente, no pasado houbo moita discusión e xerouse unha gran confusión taxonómica.
Benidorm Fest 2022 será a 1a edición da selección da canción española para participar no Festival de Eurovisión 2022.1 A final celebrarase o 29 de xaneiro de 2022 no Palacio de Deportes L'Illa de Benidorm de la localidade homónima, contando con dúas semifinais previas disputadas no mesmo recinto os días 26 e 27 de xaneiro. Os presentadores serán Inés Hernand, Màxim Huerta y Alaska.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Xunqueiredro ou Xunqueiredo II é un poliedro de 80 caras, que son triángulos equiláteros iguais. Pódese construír a partir de varias estrela octángulas ou a partir de varios tetraedros. Foi nomeado oficialmente polo Club de Ciencia do IES A Xunqueira II de Pontevedra no acto de entrega de premios do I Concurso Novos Poliedros organizados por Igaciencia, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Manuel Guisande, nado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1958 é un escritor de literatura infantil, periodista e guionista de curtametraxes galego. É autor da serie de contos Rodribico. Obtivo o Premio de Comunicación da Xunta de Galicia 2000, o Premio Codorniz de Plata da Academia de Humor e o Premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores xunto co ilustrador Xosé Tomás.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Physalis (os fisalis) é un xénero de plantas da familia das solanáceas (familia da tomateira e a pataqueira), nativo das rexións temperadas, cálidas e subtropicais de todo o mundo. Como ocorre con outras especies e froitas exóticas, os fisalis medran moi ben nas condicións galegas e do norte da península en xeral.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.077 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ, Doragon Bōru Zetto), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei. É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia.
Pangasinan, oficialmente provincia de Pangasinan (pangasinan Luyag na Pangasinan) é unha provincia costeira da rexión de Ilocos en Filipinas, con capital en Lingayen; localízase no oeste da illa de Luzón entre o golfo de Lingayen e o mar da China Meridional. A súa superficie é de 5451,01 km2 e a poboación de 3 163 190 en 2020. A lingua pangasinan é a oficial da provincia canda o tagalo e o inglés.
Novak Đoković (en alfabeto cirílico Новак Ђоковић, ás veces escrito como Novak Djokovic), nado en Belgrado o 22 de maio de 1987, é un tenista profesional serbio. Actualmente (decembro de 2015) é o número 1 do mundo no ránking da ATP. Campión do Aberto de Australia en 7 ocasións (2008, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016 e 2019), gañador do Torneo de Wimbledon en 5 ocasións en 2011, 2014, 2015 2018 e 2019 (finalista en 2013), campión de Roland Garros en 2016, do Aberto dos Estados Unidos en 2011, 2015 e 2018 (finalista en 2007, 2010, 2012, 2013 e 2016), e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Forma parte do Equipo de Copa Davis de Serbia desde 2003, co cal obtivo o triunfo en 2010.
Unha primavera para Aldara é unha obra de teatro de Teresa Moure. A peza é un drama histórico ambientada nun mosteiro galego na segunda metade do século XV, no marco da Gran Guerra Irmandiña. Acadou o Premio Rafael Dieste e o Premio da AELG en 2008, e o Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2009.
O método ROPA (recepción de ovocitos da parella) é un tratamento de reprodución asistida indicado en parellas de mulleres que queiran compartir maternidade, ben por elección, ben por motivos médicos dunha delas (baixa reserva ovárica, insuficiencia ovárica prematura, etc.), patoloxías hereditarias transmisibles á descendencia ou fracaso doutras técnicas de reprodución asistida. Deste xeito, ambas poden participar activamente para traer ao mundo o seu futuro fillo, sendo unha delas a doadora de óvocitos e a outra a receptora (embarazada). Trátase dunha variante da fecundación in vitro na que se sincronizan os ciclos reprodutivos de ambas mulleres.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022.
Mary Kenneth Keller, nada en Cleveland (Ohio), o 17 de decembro de 1913 e finada en Dubuque (Iowa) o 10 de xaneiro de 1985, foi unha monxa católica, unha pioneira da informática estadounidense e a primeira muller doutora en informática nos Estados Unidos e está considerada unha das nais da tecnoloxía.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Francia
Esta é unha lista de sitios Patrimonio da Humanidade en Francia con propiedades de Patrimonio cultural e natural en Francia tal e como están inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO ou como na lista provisional do país. Francia aceptou o Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural o 27 de xuño de 1975, tras o cal podería propoñer bens no seu territorio para ser considerados para a Lista do Patrimonio da Humanidade.En decembro de 2021, Francia tiña 49 propiedades rexistradas, 2 das cales están situadas fóra de continente europeo como están en Nova Caledonia , que é territorio dependente, e en Reunión, departamento de ultramar. Deles: 42 son bens culturais.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Carlos Padín Busto, nado en Catoira o 15 de outubro de 1974, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Catoira S.D. Foi capitán do Pontevedra e chegou con el a segunda división. Todos os seus logros levárono a xogar co Deportivo B, e chegar a xogar dous partidos co Deportivo da Coruña, xogando 72 minutos contra o Valladolid perdendo 1-0, e 9 minutos entrando de suplente fronte o Athletic Club con vitoria do Deportivo da Coruña 3-0 en Riazor.
Benidorm Fest é un festival da canción organizado en España pola empresa pública de comunicación Radio Televisión Española (RTVE) en colaboración coa Generalitat Valenciana. Este concurso determina a canción representativa do citado país para o Festival de Eurovisión e celébrase desde 2022 na localidade homónima. O certame consta de dúas semifinais e unha final, sendo o gañador elixido polo público e por equipos de xuíces, ambas as partes tendo a mesma influencia no resultado final.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Monkey Island 2: LeChuck's Revenge
Monkey Island 2: LeChuck's Revenge é unha aventura gráfica realizada por LucasFilm Games publicada en 1991 que foi realizada co mesmo motor que The Secret of Monkey Island, e foi distribuída orixinalmente en disquetes, con gráficos VGA para logo ser distribuída por separado e máis tarde xunto coa primeira parte, en CD-ROM. O xogo ten un inesperado final, do que se dixo que é o máis desconcertante da historia dos videoxogos. Nesta segunda parte, aparecerá un Guybrush Threepwood rico que se lanza á procura de novas aventuras. Con todo pronto será desposuído do seu diñeiro por Largo LaGrande, un matón que aterroriza a illa.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Michael Joseph Jackson, nado en Gary, Indiana o 29 de agosto de 1958 e finado nos Ánxeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido simplemente como Michael Jackson, foi un cantautor, actor, músico, bailarín e home de negocios estadounidense. Chamado o Rei do Pop, a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi profesor catedrático de Dereito Político e de Teoría do Estado e Dereito Constitucional, doctor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 1 do mundo na clasificación ATP. Gañador en 20 ocasións dun torneo de Grand Slam, igualando o récord establecido por Roger Federer. Campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Xaime Quesada Blanco, nado o 20 de decembro de 1975 en Ourense e finado o 21 de xuño de 2006 en Vilar de Astrés, Ourense, fillo do tamén pintor Xaime Quessada e da arquitecta María Xesús Blanco, foi un dos grandes representantes da plástica galega de principios do século XXI, malia a súa curta vida.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina. A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.
Sailor Moon (美少女戦士セーラームーン, Bishōjo Senshi Sērā Mūn), tamén traducida ó galego como A guerreira Lúa, é unha serie xaponesa de manga escrita e ilustrada por Naoko Takeuchi. Foi convertida en serie anime por Nakayoshi entre 1991 e 1997. Os 52 capítulos individuais foron publicados en 18 volumes tankōbon.
Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro
O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro (IATA: SCQ, OACI: LEST), tamén coñecido como aeroporto da Lavacolla ou simplemente como aeroporto de Santiago, é un aeródromo situado preto do lugar da Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela. Aínda así, boa parte das pistas de rodaxe e aterraxe sitúanse tamén en terras das parroquias de Pereira, no concello do Pino e, en moita menor medida, de Loureda, no de Boqueixón. Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional.
O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores, tras ascender en 2021 desde a Liga LEB. Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.