Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
A reparación do ADN (ou reparación do DNA) é o conxunto de procesos polos cales unha célula detecta e corrixe os danos que se produciron nas moléculas de ADN nas que está codificado o seu xenoma. Nas células humanas, tanto as actividades metabólicas normais coma a influencia de factores ambientais como a luz ultravioleta (UV) e outras radiacións poden causar danos no ADN, que teñen como resultado a produción de lesións, que se estima que pode chegar ata aproximadamente un millón de pequenas lesións moleculares por célula e día. Moitas destas lesións causan danos estruturais á molécula de ADN e poden alterar ou eliminar a capacidade da célula de realizar a transcrición dun xene que foi afectado pola lesión.
LGTB, ou LGBT, é a sigla de lesbianas, gais, transexuais/transxéneros e bisexuais. Aínda que é un termo controvertido, resulta o máis axeitado para integrar as distintas formas da liberdade sexual cós vocábulos, tamén ás veces empregados, homosexual ou lesbigai. O acrónimo LGTB é máis empregado en España, mentres que LGBT é o máis usado en todo o mundo.
Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución. Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du Traité de l'Atlantique Nord, OTAN), tamén denominada Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 179.365 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Un aturuxo, agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego. Consérvase na actualidade como un berro de alegría emitido polo público, ou os intérpretes, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.
Màxim Huerta Hernández, nado en Utiel, Valencia o 26 de xaneiro de 1971, é un xornalista, escritor e político español. En xuño de 2018 desempeñou o cargo de ministro de Cultura e Deporte durante seis días até a súa dimisión ó darse a coñecer unha sentenza por fraude fiscal. Foi gañador do Premio Primavera 2014 coa súa cuarta novela, La noche soñada.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Ucraína (en ucraíno: Україна, tr. "Ukraina", [ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son, e sempre foron, os límites xeográficos centrais de Ucraína.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Os montes de Carracedo limitan entre Riotorto, A Pastoriza, Lourenzá e Mondoñedo e forma parte polo tanto das serras setentrionais de Galiza. Están cubertos por pasteiros, agás no litoral, onde aínda existen fragas en bo estado de conservación ou áreas de repoboación con piñeiro e eucalipto. O punto máis elevado é O Carracedo, a 830 metros sobre o nivel do mar.
Benidorm Fest é un festival da canción organizado en España pola empresa pública de comunicación Radio Televisión Española (RTVE) en colaboración coa Generalitat Valenciana. Este concurso determina a canción representativa do citado país para o Festival de Eurovisión e celébrase desde 2022 na localidade homónima. O certame consta de dúas semifinais e unha final, sendo o gañador elixido polo público e por equipos de xuíces, ambas as partes tendo a mesma influencia no resultado final.
España no Festival de Eurovisión
España participa, ininterrompidamente, no Festival da Canción de Eurovisión desde 1961. Nesa primeira participación quedou en novena posición coa canción "Estando contigo" de Conchita Bautista. Desde 1999, España forma parte do "Big Four" xunto a Alemaña, Francia e Reino Unido, ampliado con Italia en 2011 e denominado "Big Five".
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Martín del Barco Centenera, nado en Logrosán (Cáceres) en 1535 e finado posiblemente en 1602, foi un clérigo español de orixe estremeño que participou activamente na conquista e colonización da rexión do Río da Prata. É recordado especialmente por ser o autor do "poema histórico" (como el mesmo denominou) Argentina y conquista del Río de la Plata con otros acaecimientos de los reinos del Perú, Tucumán y el Estado del Brasil, no cal aparece por primeira vez o topónimo "Arxentina" para denominar esta rexión.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Riós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 248 habitantes (115 homes e 133 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación. Ata 1951 formou parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polos 3 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Vilardevós.
A Biblioteca Nacional da Dieta (国立国会図書館, Kokuritsu Kokkai Toshokan) estableceuse no Xapón en 1948 como parte da Dieta do Xapón para labores de administración pública. Esta biblioteca é a única biblioteca nacional do país, e conta con dúas instalacións principais en Tokio e Kioto, xunto con outras sucursais menores noutras cidades do país. Inaugurouse en xuño de 1948 cunha colección inicial de 100 000 volumes.
Ruth Lorenzo Pascual, nada en Las Torres de Cotillas (Murcia) o 10 de novembro de 1982, máis coñecida como Ruth Lorenzo, é unha cantante e compositora española. É coñecida pola súa participación no concurso británico The X Factor en 2008 e por compoñer varios temas de Auryn ou Dannii Minogue. En 2014 foi escollida para representar a España no Festival de Eurovisión 2014 coa canción "Dancing in the rain".
O 404 é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. A liña de texto asociada con este erro é "Non atopado".
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Coñécese como asistencia sanitaria, atención médica, asistencia médica, atención sanitaria ou atención de saúde, ao conxunto de servizos que se proporcionan ao individuo, co fin de promover, protexer e restaurar a súa saúde. A asistencia sanitaria é basicamente un servizo ou un ben económico intanxible de tal forma que "o servizo chamado asistencia sanitaria é o que presta un axente ou operador especializado para as persoas que senten ou teñen manifestacións de alteracións no seu estado de saúde e que ademais este servizo préstase baixo unhas determinadas condicións de seguridade e por quen está en posesión dun determinado coñecemento, é dicir, é un servizo especializado e singular que só o poden dar persoas autorizadas ou acreditadas e en centros autorizados". "A singularidade do servizo prestado nun centro asistencial vén determinada por moitos factores que abarcan desde a súa cultura até pola grande influencia doutros sectores da economía".
Salvador Vilar Braamcamp Sobral, nado o 28 de decembro de 1989 en Lisboa, é un cantante portugués. Representou ao seu país no Festival de Eurovisión 2017 e gañou con 785 puntos, converténdose no primeiro gañador de Portugal no festival dende que comezou a participar no ano 1964. Presentouse coa canción "Amar pelos dois" ("Amar polos dous"), escrita pola súa irmá Luísa.
A educación a distancia é unha modalidade educativa na que o alumnado (discente) non comparte o mesmo espazo físico có profesorado (docente) durante o desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe.Existen numerosas experiencias e modelos de educación a distancia no mundo enteiro que varían tanto polo tipo de contidos ensinados como polos medios utilizados. Os medios utilizados para a comunicación educativa ou para os recursos didácticos adoitan dar identidade a cada sistema. Así, por exemplo, fálase de ensino por correspondencia porque os envíos dos materiais e comunicación realízase por correo).
José Bono Martínez, nado en Salobre (Albacete) o 14 de decembro de 1950, é un avogado e político español do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). Foi presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha entre 1983 e 2004, ministro de Defensa do Goberno de España entre 2004 e 2006 e presidente do Congreso dos Deputados entre 2008 e 2011. Presidiu Castela-A Mancha durante 21 anos e seis lexislaturas consecutivas, vencendo sempre por maioría absoluta.
Unha ecuación diferencial é a relación entre unha ou máis variábeis e as súas derivadas. As ecuación diferenciais divídense en dous grandes grupos, con técnicas de resolución diferentes: Unha ecuación diferencial ordinaria (EDO) contén apenas funcións dunha variábel e as súas derivadas.Por exemplo y ′ = 2 x y + 1 {\displaystyle \,y'=2xy+1} onde y = f ( x ) {\displaystyle \,y=f(x)} é a variábel dependente, x {\displaystyle \,x} a variábel independente e y ′ = d y d x {\displaystyle y'={\frac {dy}{dx}}} a derivada de y {\displaystyle \,y} con respecto a x {\displaystyle \,x} .Unha ecuación diferencial parcial (EDP) contén mais do que unha variábel e as súas derivadas parciais.Como ∂ u ∂ x + ∂ u ∂ v = 0 {\displaystyle {\frac {\partial u}{\partial x}}+{\frac {\partial u}{\partial v}}=0} .
Unha corporación ou sociedade corporativa é unha entidade xurídica que consiste nun grupo de persoas que formaron unha asociación con propósitos comerciais ou sen fins de lucro. Esta asociación formal, recoñecida como persoa xurídica e amparada polo dereito de sociedades, conta cos seus propios privilexios e responsabilidades distintos a aqueles dos seus membros (persoas naturais). Unha corporación pode ser un concello, unha universidade, unha igrexa, unha ONG, unha empresa, un gremio, un sindicato ou outro tipo de persoa colectiva.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O autismo é un trastorno do neurodesenvolvemento caracterizado por problemas na interacción social, comunicación verbal e non verbal e comportamentos limitados e repetitivos. Os primeiros sinais deste trastorno detéctanse habitualmente nos dous primeiros anos de idade dos nenos. Estes sinais adoitan desenvolverse de forma gradual, malia que algúns nenos con autismo acadan os seus fitos de desenvolvemento a un ritmo normal e posteriormente presentan unha regresión.
A Comunidade Valenciana (en valenciano: Comunitat Valenciana, en castelán: Comunidad Valenciana), tamén coñecida como País Valenciano (en valenciano: País Valencià, en castelán: País Valenciano), é unha comunidade autónoma na costa mediterránea de España, recoñecida como nacionalidade no seu Estatuto de Autonomía. É así pois un país ou rexión de Europa situado ó leste da Península Ibérica, que popularmente se denomina moitas veces simplemente Valencia. Esténdese entre o río Sénia en Vinaròs até Pilar de la Horadada, máis aló da desembocadura do río Segura, cunha delimitación terrestre de 834 km de lonxitude, e 644 km de lonxitude de costa.
Kynodontas (en grego: Κυνόδοντας) é un filme grego de 2009 dirixido por Yorgos Lanthimos. Escrito por Lanthimos e Efthymis Filippou, o filme conta a historia dun pai e dunha nai (Christos Stergioglou e Michelle Valley) que manteñen aos seus fillos (Angeliki Papoulia, Mary Tsoni e Christos Passalis) ignorantes do mundo fóra da súa propiedade ben entrada a idade adulta. Kynodontas é a segunda langometraxe de Lanthimos.
O Premio Nobel da Paz é un dos cinco premios Nobel instituído polo inventor e industrial sueco Alfred Nobel. Mentres que os de Física, Química, Medicina e Literatura son entregados en Estocolmo, o Premio Nobel da Paz é entregado en Oslo, a capital de Noruega. A medalla de ouro que se lles entrega ás persoas premiadas fabrícase na Casa da Moeda de Noruega.
A recombinación homóloga é o tipo máis coñecido e común de recombinación xenética que consiste no intercambio de secuencias de nucleótidos entre dúas moléculas similares ou idénticas de ADN. A recombinación homóloga ocorre durante a meiose (tipo de división celular na que, nos animais, se forman os gametos) e na reparación do ADN e no intercambio de xenes entre microorganismos. Na recombinación homóloga meiótica os cromosomas homólogos (do mesmo par cromosómico) intercambian fragmentos, orixinando novas combinacións de secuencias de ADN. As novas combinacións de ADN supoñen a introdución de variabilidade xenética na descendencia, o cal permitirá que as poboacións se adapten durante o decurso da evolución. As células utilizan tamén moi estendidamente a recombinación homóloga para repararen con precisión as roturas que afectan ás dúas cadeas do ADN, denominadas roturas de dobre cadea.
Crimea, que abrangue a República Autónoma de Crimea, (ucraíno: Автономна Республіка Крим - Avtonomna Respublika Krym, ruso: Автономная Республика Крым - Avtonomnaia Respublika Krym, tártaro de Crimea: Qırım Muhtar Cumhuriyeti) e a cidade de Sebastopol, é unha península e república autónoma situada na costa setentrional do Mar Negro que foi anexionada por Rusia no ano 2014. Crimea estivo baixo o control ruso dende 1783 até 1954, cando foi transferida dentro Unión Soviética, dende a República Soviética Federativa Socialista de Rusia á República Socialista Soviética de Ucraína. Posteriormente, despois do referendo do 20 de xaneiro de 1991, conseguiu o status de república autónoma dentro da República Socialista Soviética de Ucraína.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Luis Vélez de Guevara, nado Luis Vélez de Santander, o 1 de agosto de 1579 e finado o 10 de novembro de 1644, foi un dramaturgo e novelista español. Naceu en Écija e era de orixe xudeu converso. Despois de graduarse na Universidade de Osuna en 1596, entrou na casa de Rodrigo de Castro, cardeal arcebispo de Sevilla, e celebrou o casamento de Filipe III nun poema asinado como Vélez de Santander, nome que seguiu usando algúns anos despois.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Veiga (en castelán: Vegadeo) é un concello situado na costa do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia, no fondo da ría de Ribadeo. O seu nome orixinal é A Veiga de Ribadeo como aínda aparece na actualidade nunha inscrición no templete da música do parque d'El Medal, no centro da capital municipal.
Reparación por escisión de nucleótidos
A reparación por escisión de nucleótidos (abreviada como NER, do inglés nucleotide excision repair) é un mecanismo de reparación do ADN. Os danos no ADN ocorren constantemente causados pola exposición a certos compostos químicos, como por exemplo, axentes intercalantes), radiación e outros mutáxenos. Existen tres vías de reparación por escisión para reparar os danos no ADN de febra simple, que son: reparación por escisión de nucleótidos (NER), reparación por escisión de bases (BER), e reparación de discordancias no ADN (MMR). Aínda que a vía BER pode recoñecer lesións non voluminosas específicas no ADN, só pode corrixir as bases danadas que son retiradas por glicosidases específicas.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola. Recibiu o premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo. Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense. No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisíologo vexetal, ocupa o cargo de reitor.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.