Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Malpica de Bergantiños é un concello galego da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños, en plena Costa da Morte. Limita co concello de Carballo polo leste, co de Ponteceso polo sur, e co océano Atlántico polo oeste e o norte. Segundo o INE no ano 2016 tiña unha poboación de 5616 habitantes (5.768 no 2014, 5.998 no 2012, 6.102 no 2011, 6.178 no 2010).
O Festival Eurovisión de 1962 foi o 7º edición do festival de Eurovisión e foi realizado o 18 de marzo de 1962 en Luxemburgo. Mireille Delanoy foi a presentadora do festival. Gañou a cantante francesa Isabelle Aubret, que representou a Francia coa canción "Un premier amour", facendo de Francia o primeiro país a gañar o certame tres veces.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Almudena Grandes Hernández, nada en Madrid o 7 de maio de 1960 e finada o 27 de novembro de 2021, foi unha escritora española de lingua castelá. Varias das súas obras foron levadas ao cinema. Nos derradeiros anos da súa vida estivo emparellada sentimentalmente co poeta granadino Luís García Montero.
O Festival de Eurovisión 1961 foi a 6ª edición do festival de Eurovisión. Por segunda vez o concurso foi feito na cidade francesa de Cannes, cidade na que xa fóra hospedado no 1959. Organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (EUR, polas siglas en galego ou EBU polas súas siglas en inglés) e a televisión anfitrioa local, a RTF siglas en francés para Radiodiffusion-Télévision Française (en galego: Televisión Francesa de Radiodifusión).
Blade Runner 2049 é un filme estadounidense de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Hampton Fancher e Michael Green. É unha secuela do filme de 1982 Blade Runner, e está protagonizado por Ryan Gosling e Harrison Ford, xunto con Ana de Armas, Sylvia Hoeks, Robin Wright, Mackenzie Davis, Carla Juri, Lennie James, Dave Bautista e Jared Leto nos papeis secundarios. Ambientado trinta anos despois dos eventos do filme orixinal, conta a historia dun humano creado por bioenxeñaría chamado K, que descobre os restos dunha replicante que estivo embarazada, o cal é imposible.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.748 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
N.H.U. foi un grupo musical galego de rock progresivo, psicodelia e jazz fusión formado en 1973 en Santiago de Compostela. Teñen un disco de estudio homónimo, gravado no 1978 coa discográfica Zafiro. Atópanse entre os primeiros grupos musicais de rock que empregaron o galego nas súas letras.[Cómpre referencia] En 2014 recibiron nos II Premios Martín Codax da Música o Premio Honorífico.
Emma Charlotte Duerre Watson, nada o 15 de abril de 1990 en París, Francia, é unha actriz británica coñecida pola súa interpretación de Hermione Granger, unha das tres protagonistas da saga de filmes de Harry Potter, baseada nos libros de J. K. Rowling. Watson foi escollida para o papel de Hermione á idade de nove anos, aínda que daquela só participara en obras teatrais da escola. O seu traballo reportoulle diversos galardóns e beneficios por máis de 10 millóns de libras.
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo. Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga..
Tā moko é un debuxo permanente no corpo e na face dos maorís, o pobo indíxena de Nova Zelandia. É diferente da tatuaxe tradicional, xa que a pel se corta cun uhi (cicel) no canto de perforarse. Isto deixa a pel cunha fenda en lugar dunha superficie lisa.O capitán James Cook escribiu en 1769: Os tohunga-tā-moko (ou tatuadores) considéranse tapu ou, excepcionalmente, inviolábeis e sagrados.A utilización tradicional destas marca tiña un significado, por exemplo: a folla do fento de dobre cara adoita indicar que quen leva a marca é un guerreiro.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético. Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes. As ondas reflectidas son captadas polo ollo e interpretadas no cerebro como distintas cores segundo as lonxitudes de ondas correspondentes.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
As leis de Celavella é unha serie de televisión de suspense e misterio emitida pola Televisión de Galicia e producida por Voz Audiovisual dende o 19 de xaneiro do 2004 até o 2006. Gañadora de nove estatuíñas do premio Mestre Mateo 2004, 10 no 2005. Ambientada en 1925, conta a historia dun avogado que volta á súa vila logo de estudar en Santiago de Compostela para dirixir o despacho de seu pai.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Castros da provincia de Ourense
Esta é unha listaxe non exhaustiva de 383 castros existentes na provincia de Ourense por comarcas, concellos e parroquias:
Oriini Kaipara, nada en 1983 en Whakatāne, é unha xornalista e presentadora de televisión maorí. En 2019 foi a primeira muller maorí en presentar o telexornal cunha tatuaxe facial tradicional (moko kauae tā moko), e en 2021 converteuse na primeira muller en facelo presentando a edición de telexornal máis importante de Nova Zelandia. Como presentadora pronuncia correctamente palabras e topónimos en lingua maorí.
Na mitoloxía grega, os Argonautas (en grego: Αργοναύται) eran un grupo de heroes que, en anos anteriores á Guerra de Troia, acompañaran a Xasón á Cólquida, na busca do vélaro de ouro. O seu nome procede do nome da súa nave, a Argo, que á súa vez fora designada así en honra do seu construtor Argos; de modo que, literalmente, Argonautas significa "mariñeiros do Argo".
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A acuaporina 7 é unha proteína que nos humanos está codificada no xene AQP7 do cromosoma 9.As acuaporinas/proteína intrínseca maior (MIP) son unha familia de canles de membrana selectivos para a auga. A acuaporina 7 ten unha maior similitude de secuencia coa AQP3 e a AQP9 e elas poden formar unha subfamilia. A acuaporina 7 e a AQP3 están na mesma localización cromosómica, o que suxire que a rexión cromosómica 9p13 pode ser un sitio de agrupación ou cluster de acuaporinas.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022.
Proteína fluorescente vermella
A proteína fluorescente vermella, (RFP, red fluorescent protein) é un fluoróforo que emite fluorescencia vermella-laranxa cando é excitado. Desenvolvéronse varias variantes usando mutaxénese dirixida. A proteína orixinal illouse do cnidario Discosoma e denominouse DsRed.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura do pobo galego. Poden chegar a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados e tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
María "Maruxa" Fandiño Ricart, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1898 e finada na mesma cidade o 13 de maio de 1980, e Coralia Fandiño Ricart, nada en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1914 e finada na Coruña o 30 de xaneiro de 1983, foron unha parella de irmás coñecidas na súa cidade como As Marías, As dúas Marías ou, en menor medida, As dúas en punto, representadas dende 1994 nunha célebre escultura situada no parque da Alameda.As dúas irmás eran uns populares personaxes da cidade polo feito de levar a cabo os seus paseos cotiás pola zona vella, durante as décadas de 1950 e 1960, vestidas e maquilladas dun xeito estrafalario. Estes paseos, que tiñan lugar ás dúas en punto do medio día (de aí un dos seus alcumes), eran todo un acontecemento polo contraste que supuñan co gris ambiente que reinaba durante o franquismo.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
As acuagliceroporinas son un subconxunto de proteínas dentro da familia das acuaporinas, que serven como canles para conducir auga, glicerol e outros pequenos solutos non cargados. Son as únicas proteínas de mamíferos que poden permear o glicerol a través da membrana plasmática. As acuagliceroporinas encóntranse en moitas especies de bacterias, plantas e mamíferos como os humanos.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936, é un empresario galego da moda, creador de Zara. Como presidente de Inditex, é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares. En 2017, calculouse a súa fortuna en 72 700 millóns de dólares, e levaba varios anos entre os cinco homes máis ricos do mundo.
Viktor Danilovich Saneiev (en ruso Виктор Данилович Санеев), nado en Sukhumi (Xeorxia) o 3 de outubro de 1945 e finado o 3 de xaneiro de 2022, foi un triplo saltador xeorxiano. Competiu internacionalmente coa Unión Soviética e gañou catro medallas olímpicas; tres de ouro (1968, 1972 e 1976) e unha de prata (1980). Dominou a especialidade de triplo salto entre fins de 1960 e a década de 1970.
O Real Unión Club de Irún é un club de fútbol da cidade de Irún en Guipúscoa (País Vasco, España). Foi fundado en 1915, aínda que as súas orixes remóntanse a 1902, e actualmente xoga na Segunda División B. O Real Unión, fundado en 1915 da unión do Racing de Irún e o Irún Sporting, é un club histórico, cofundador da Liga española e catro veces gañador da Copa do Rei. A súa época gloriosa chegou ata principios dos anos 30 onde o profesionalismo entrou no mundo do fútbol e como consecuencia os equipos con máis diñeiro levaron aos xogadores máis importantes do Real Unión.
Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador español, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o remate do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973. Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Antonio Fernández Resines é un actor español nado o 7 de agosto de 1954 en Torrelavega, Cantabria (España). Resines é un dos actores españois máis coñecidos e de extensísima filmografía, na que figuran moitas películas de éxito do cine español, ademais de varias series de televisión. Recibiu multitude de premios durante a súa traxectoria.
Na mecánica clásica, a forza centrífuga é unha forza ficticia que aparece cando se describe o movemento dun corpo nun sistema de referencia en rotación ou, equivalentemente, a forza aparente que percibe un observador non inercial que se encontra nun sistema de referencia xiratorio. O cualificativo de "centrífuga" significa que "foxe do centro". En efecto, un observador non inercial situado sobre unha plataforma xiratoria sente que existe unha "forza" que actúa sobre el, que lle impide permanecer en repouso sobre a plataforma a menos que el mesmo realice outra forza dirixida cara ao eixe de rotación.
A proteína fluorescente verde (GFP, do inglés Green Fluorescent Protein) é unha proteína que presenta unha brillante fluorescencia verde cando se expón á luz no espectro que vai do azul ao ultravioleta. A proteína fluorescente verde tradicional é a que primeiro se illou procedente da medusa Aequorea victoria, á que lle dá bioluminescencia, aínda que se encontran proteínas fluorescentes verdes en moitos outros organismos mariños. En bioloxía celular e molecular, o xene GFP utilízase frecuentemente como un reporteiro da expresión xénica (a súa fluorescencia é indicativa da expresión do xene considerado).
Pioneiras de Ciencias de Lugo é un ensaio de María Isabel Fernández García publicado en 2021 editado polo Colectivo Egeria.Este libro amosa as traxectorias de 62 mulleres pioneiras na ciencia na provincia de Lugo, entre elas: Manuela Barreiro, primeira alumna na USC e primeira licenciada de Galicia; Ángela Pardo Celada, primeira xinecóloga e primeira doutora en Medicina; Rosa Manuela Torviso Monje, primeira profesora de Ciencias do Instituto de Lugo; Mª Paz Gasalla, primeira Oftalmóloga; e María Teresa Fernández Rodríguez, primeira investigadora e profesora auxiliar de universidade.O libro pretende "Rescatar e poñer en valor a estas pioneiras é contar esa metade da historia que está por contar, así como sentar as bases sobre as que se basearon e desenvolveron os estudos e profesións das mulleres actuais, que nun número pequeno pero importante xa van formando parte do mundo científico e tecnolóxico"
O dólar Peace ou dólar da paz é unha moeda con valor facial dun dólar estadounidense cuñada entre 1921 e 1928, e novamente en 1934 e 1935, pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, en conmemoración da paz acadada logo da primeira guerra mundial.O deseño deste dólar, obra de Anthony de Francisci, foi o resultado dun concurso para achar un símbolo emblemático da paz. O seu anverso representa a cabeza de perfil da personificación da Liberdade, e o reverso amosa unha aguia calva en repouso agarrando unha póla de oliveira, coa palabra PEACE ("Paz") no exergo. Foi a derradeira moeda de prata dos Estados Unidos posta en circulación.Coa aprobación da Lei Pittman en 1918, a US Mint estaba obrigada a cuñar millóns de dólares de prata e comezou a facelo en 1921 utilizando para iso o antigo deseño do dólar Morgan.
Lista de municipios portugueses
Esta é unha lista de municipios portugueses ordenados alfabeticamente. Actualmente (2006), Portugal ten 308 concellos.
A proteína fluorescente amarela, abreviada como YFP (do inglés yellow fluorescent protein), é un mutante xenético da proteína fluorescente verde (GFP, green fluorescent protein) extraída orixinalmente da augamar Aequorea victoria. O seu pico de excitación é de 513 nm e o seu pico de emisión é de 527 nm. Como a súa predecesora a GFP, a YFP é unha ferramenta útil en bioloxía molecular e celular, porque os picos de excitación e emisión da YFP son distinguibles dos da GFP, o que posibilita o estudo de múltiples procesos ou proteínas nun mesmo experimento.
Blade Runner é un filme de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro de 1982 dirixido por Ridley Scott e protagonizado por Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Edward James Olmos e Daryl Hannah. O guión, escrito por Hampton Fancher e David Peoples, foi unha adaptación libre da novela de 1968 Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Parque Natural do Delta do Ebro
O parque natural do Delta do Ebro, chamado Parc Natural del Delta de l'Ebre en catalán, localízase na desembocadura do río Ebro, na provincia de Tarragona, entre as comarcas do Baix Ebre e do Montsià, na parte máis meridional de Cataluña. Foi declarado parque natural en agosto de 1983, e ampliado en 1986. En 2010 contaba cunha extensión total de 7.736 hectáreas (3979 hectáreas no hemidelta dereito e 3757 hectáreas no hemidelta esquerdo).
Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Aubrey Fitz Gerald Bell, nado en Muncaster, Cumbria, Inglaterra o 20 de agosto de 1881 e finado en Victoria, Columbia Británica (Canadá) o 7 de maio de 1950, foi un escritor e tradutor inglés. Pasou dende a infancia longas temporadas en Saint-Jean-de-Luz, Francia, onde a familia posuía unha casa. En Saint-Jean-de-Luz comezou a mostrar interese polas culturas da península ibérica e aprendeu o vasco.