Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Os lougueos (en latín: louguei) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo ástur que viviu no leste da actual Galicia, na serra dos Ancares, no Bierzo e ao oeste do río Burbia. Eran veciños dos lugones, que habitaban no leste, na actual Asturias.No Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón consérvase a Tabula Lougeiroum do século I, unha táboa de bronce que foi descuberta en 1983 na serra do Courel e que recolle o acordo asinado entre un representante de Roma e a comunidade dos louguei. Grazas ao contido epigráfico e empregando a datación consular pódese datar con absoluta precisión no ano 1 d.C. tendo en conta que este foi o ano do consulado de Caio César e Lucio Emilio Paulo.
Isaac Asimov (Isaak Yudovich Ozimov; en ruso: Исаак Юдович Озимов), nado en Petrovichi o 2 de xaneiro de 1920 e finado en Nova York o 6 de abril de 1992, foi un autor e bioquímico estadounidense nado en Rusia. Trátase dun escritor de éxito e excepcionalmente prolífico coñecido polas súas obras de ciencia ficción e ciencia popular ou divulgación científica. A obra máis famosa de Asimov é a "Saga da Fundación", que despois combinou con dúas das súas outras series, a serie Imperio Galáctico e a serie de Robots.
A música pop (apócope de popular) é un xénero de música popular que tivo a súa orixe a finais dos anos 1950 coma un derivado do rock and roll, en combinación con outros xéneros musicais que estaban de moda nese momento. A música pop, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - retrouso - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
Un movemento artístico ou estilo artístico é unha tendencia ou estilo referente á arte cunha filosofía ou meta específica en común, seguida por un grupo de artistas repercutores durante un período de tempo (como o movemento dadaísta ou o pop-art); ou característico dun período máis extenso da Historia da arte (coma o renacemento ou o barroco); ou restrinxido a un lugar determinado, co que se fala entón dunha escola artística (por exemplo a escola sienesa, a escola florentina ou a escola sevillana); ou limitado a un grupo de artistas nun lugar e intre concreto. Coa palabra estilo tamén se alude particularmente ás características que unifican ou distinguen unha obra artística doutra e a un autor doutro (o estilo persoal ou a vontade de estilo, que se fai máis marcada nos xenios da arte e na personalidade dos artistas burgueses, sometidos ao mercado de arte, sobre todo a partir do romanticismo); ou, menos usualmente, á kunstwollen (vontade da arte ou vontade artística, en expresión de Alois Riegl). Cada movemento ou estilo artístico reflicte a arte con certos trazos semellantes durante unha etapa de tempo, sendo un fenómeno de expresión artística que manifesta as características propias da época na que xorde.
Existen tres tratados coñecidos como Tratado de Lisboa: O Tratado de Lisboa de 1668, asinado entre Portugal e España, de independencia de Portugal e de remate da Guerra de Restauración portuguesa. O Tratado de Lisboa de 1864, asinado entre España e Portugal que definiou as fronteiras entre ambos países, e suprimiu a existencia do Couto Mixto O Tratado de Lisboa de 2007, acordo institucional da Unión Europea que emenda os tratados de Roma e de Maastricht.
Nomes da folla do piñeiro en Galicia
Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.
Angela Brigid Lansbury, nada o 16 de outubro de 1925 e finada o 11 de outubro de 2022, foi unha actriz e cantante inglesa tres veces nomeada ao Premio Óscar, 15 veces ao Premio Emmy e gañadora de 6 premios Globo de Ouro e de cinco Tony, a única xunto a Julie Harris en ser tantas veces galardoada co máximo premio do teatro de Broadway.
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, o canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia
A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia é unha institución creada en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1831, co nome de Real Academia de Medicina y Cirugía de Santiago de Compostela, ao mesmo tempo e en pé de igualdade que outras nove instaladas en Madrid, Valladolid, Sevilla, Cádiz, Granada, Valencia, Barcelona, Zaragoza e Palma, en virtude dun Real Decreto de Fernando VII asinado o 28 de agosto de 1827. Instalouse en Santiago o 7 de abril 1831. Suxeitas as tales Academias á Real Junta Superior Gubernativa de Medicina y Cirugía, atribuíuselle, á galega, un territorio propio de actuación que comprendía Galicia e Asturias.Na actualidade a súa sede está na rúa Durán Loriga, 10, A Coruña.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A anasaquíase é unha enfermidade parasitaria producida pola implantación no estómago ou no intestino de larvas vivas de Anisakis simplex (e outras especies de vermes nematodos) inxeridas ao consumir peixe insuficientemente cociñado. Pode cursar con inflamación e dor intestinal ou con síntomas de alerxia, ás veces de carácter grave.
Dorna é unha revista de expresión poética creada no mes de maio do ano 1981 grazas á iniciativa da Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa. A partir do segundo número da publicación, a súa edición pasou a mans da Cátedra de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Con case trinta anos de historia, a revista conta coa publicación das composicións de diversos escritores e escritoras do panorama literario galego, xa sexan relatos, poemas, críticas ou recensións, tanto de autores e autoras emerxentes coma daqueles e daquelas que contan cunha gran traxectoria ás súas costas.
A alquimia é unha antiga práctica protocientífica e filosófica que combina elementos da química, a metalurxia, a física, a medicina, a astroloxía, a semiótica, o misticismo, o espiritualismo e a arte. Practicouse no Antigo Exipto, na India, na China, na Grecia Antiga e no Imperio Romano, no Imperio Islámico, e despois en Europa ata o século XIX, nunha complexa rede de escolas e sistemas filosóficos que abrangue polo menos 2.500 anos.
Thriller é o sexto álbum de estudio gravado polo artista estadounidense Michael Jackson. Editouno a casa Epic Records o 30 de novembro de 1982 tras o éxito de Off the Wall en 1979, explorando xénoros similares incluíndo funk (Billie Jean ou Thriller), rock duro (Beat It) música disco, soul (Baby be mine), R&B, e pop (The Girl Is Mine) con letras sobre a paranoia e o sobrenatural. O álbum contou cun presuposto de 750.000 dólares e as gravacións realizáronse entre abril e novembro de 1981 nos Westlake Recording Studios dos Ánxeles, coa colaboración do produtor Quincy Jones.
Prebe (no inglés orixinal, Bree) é unha pequena rexión en Eriador na Terra Media, mundo ficticio pertencente á obra de J. R. R. Tolkien. Na Terra Media sitúanse a aldea de Prebe e a vila de Alicerce, Portela e Arquete cerca da Fraga de Quete. Alí habitan hobbits e homes e é o único lugar onde se dá tal convivencia.
CAPTCHA é o acrónimo de "Completely Automated Public Turing test to tell Computers and Humans Apart" (proba de Turing pública completamente automatizada para diferenciar entre computadores e humanos) desenvolvido pola universidade do Carnegie-Mellon. Un CAPTCHA inclúe un computador (un servidor) que pide a un usuario resolver un test. Como os computadores deben ser incapaces de resolver o CAPTCHA, todo usuario que dá cunha solución correcta é presuntamente humano.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nado en Madrid o 24 de abril de 1903 e finado en Alacant o 20 de novembro de 1936, foi un político español, fundador xunto con Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas da Falange Española, un partido político de inspiración nacional-sindicalista do que se aproveitou a ditadura do xeneral Francisco Franco.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Lucía Pérez Vizcaíno, nada en Goó (O Incio) o 5 de xullo de 1985, coñecida artisticamente como Lucía Pérez, é unha cantante galega. Representou a España no Festival de Eurovisión 2011, en Düsseldorf (Alemaña), co tema «Que me quiten lo bailao». Foi a primeira galega en facelo por España e obtivo o 23º posto, con 50 puntos.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Marilyn Monroe, de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962, foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960, chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950).
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 190.278 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Exipto, Cesullas, Cabana de Bergantiños
Exipto é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 4 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 2 eran homes e 2 mulleres.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Emilio José de Dios Merino, máis coñecido como Emilio de Dios, nado o 29 de outubro de 1971 en Xixón, Asturias, é un director deportivo español, que tras formar parte do Sporting de Gijón, o Racing de Santander e o Club Deportivo Lugo, onde substituíu no cargo a Toni Otero, actualmente está sen equipo.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como Emirato Islámico de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O reino suevo, reino suevo de Galiza ou reino de Galiza configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal. despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Festa Nacional de España (Festa Nacional d'Espanya, en catalán e valenciano; Fiesta Nacional de España, en castelán; Espainiako Jai Nazionala, en vasco) conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de España e o nacemento do Imperio Español. Antigamente era coñecido como Día da Raza ou Día da Hispanidade.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
O tarot é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais do xogo. Desde o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e desde finais do século XIX integran o cerne do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia.
Un encoro, presa, represa, vaira ou encalco é unha barreira fabricada con pedra, formigón ou outros materiais, que se constrúe nun río coa finalidade de depositar parte da auga para un posterior aproveitamento en abastecemento ou regadío, para elevar o seu nivel co obxectivo de derivala a canalizacions de rego, ou para a produción de enerxía mecánica ao transformar a enerxía potencial do almacenamento en enerxía cinética, e esta novamente en mecánica ao accionar a forza da agua un elemento móbil. A enerxía mecánica pode aproveitarse directamente, como nos antigos muíños, ou de forma indirecta para producir enerxía eléctrica, como se fai nas centrais hidroeléctricas.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
O abruñeiro dos xardíns (Prunus cerasifera) , é unha especie botánica do xénero Prunus e do subxénero Prunus nativa de Europa central e leste, e Asia suroeste e central. O nome latino lembra que é da familia da cerdeira aínda que o seu valor sexa ornamental. É común na xardinaxe galega, especialmente en parques públicos pola súa floración primaveral epolo ton avermellado das súas follas en primavera e verán.