Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais do máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak.
O arado é un apeiro usado en agricultura para preparar a terra para sementar ou plantar. Foi un instrumento básico na historia e representou un dos maiores avances da técnica agrícola. O uso primordial do arado é remover as capas superficiais da terra, permitindo a entrada dos nutrientes e que se meteorice.
Segundo o contexto, a palabra modelo pode referirse a: Belas artes Modelo artístico, persoa que posa para fotografía, debuxo, pintura ou escultura.Ciencia Modelo é o resultado do proceso de xerar unha representación de sistemas a fin de analizar certos fenómenos ou procesos. Modelo científico. Algunhas veces o modelo científico recibe o nome de paradigma, ou perspectiva científica ou a visión global nunha determinada época temporal.Economía Modelo económico, modelo do funcionamento da economía.Física Modelo estándar.
Un accidente xeográfico é unha particularidade xeomorfolóxica no relevo do planeta Terra, tanto na formación de solos continentais e costeiros. Os accidentes xeográficos adoitan clasificarse por características tales como a elevación, pendente, orientación, estratificación, formación rochosa e tipo de solo. Varios factores, desde a tectónica de placas até a erosión e a sedimentación, poden xerar e alterar accidentes xeográficos.
O Franco suízo (Código ISO 4217: CHF) é a moeda de curso legal na Suíza e Liechtenstein. Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio", sobre todo despois da apreciación respecto da moeda europea desde abril até setembro de 2000. O seu valor rolda os dous terzos de euro.
Para o artigo da illa, vexa Día, Grecia. Un día (do latín: dies) é o lapso de tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo. A duración aproximada do día son 24 horas, divididas, tradicionalmente, en tempo de luz (tamén chamado "día") e período escuridade (chamado "noite").
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, o canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Amaia Montero Saldías, nada en Irún (Guipúscoa) o 26 de agosto de 1976, é unha cantante española de pop e baladas. Deuse a coñecer como vocalista do grupo donostiarra La Oreja de Van Gogh en decembro de 1996. O 19 de novembro de 2007 anunciou a súa retirada do grupo para iniciar unha carreira en solitario.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 190.278 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
A 84ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2011 dos Estados Unidos e celebrouse o 26 de febreiro de 2012, no Hollywood and Highland Center Theatre (agora Dolby Theatre) no distrito de Hollywood, nos Ánxeles (California). Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. O actor Billy Crystal presentou a cerimonia por novena vez.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Alfred Werner, nado en Mulhouse, Alsacia, antes en Alemaña, actualmente en Francia, o 12 de decembro de 1866 e finado en Zúric o 15 de novembro de 1919, foi un químico suízo, profesor da Universidade de Zúric e gañador do Premio Nobel de Química en 1913 por propor a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica. Werner desenvolveu as bases do complexo metálico moderno. Foi o primeiro químico inorgánico en gañar o Premio Nobel, de feito o único antes de 1973.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O lapis do carpinteiro (filme)
O lapis do carpinteiro (en castelán: El lápiz del carpintero) é un filme galego dirixido por Antón Reixa baseado na novela homónima de Manuel Rivas. O filme conta unha historia ambientada durante a guerra civil española en Galiza. Obtivo os premios, o mellor actor e o do público, no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (2004).
Nastasia Zürcher Losada, nada en Xenebra o 26 de xuño de 1988, é unha artista, vocalista e compositora galego-suíza. Afincada en Galicia (terra dos seus avós maternos) dende o ano 2000, medrou en Xenebra e viviu tamén en Madrid 2 anos (2012-2014) nos que se graduou en Canto, Interpretación e Técnicas de Escenario na Escuela Internacional de Artistas. Estudou canto moderno con diferentes profesores e técnicas ao longo da súa formación, como o Diploma Profesional de Canto en Jazz e Música Moderna de Estudio, Escola de Música (Santiago de Compostela, centro no que imparte clases de canto e técnica vocal dende o ano 2011) e, entre outras, a formación Voice Craft (Estill Voice Training).
O Sudán (en árabe: السودان as-Sūdān), oficialmente República do Sudán (en árabe جمهورية السودان Jumhūrīyat as-Sūdān) é un país do Val do Nilo no norte de África. Limita con Exipto polo norte, co Mar Vermello, Eritrea e Etiopía polo leste, co Sudán do Sur polo sur, coa República Centroafricana polo suroeste, con Chad polo oeste e con Libia polo noroeste. O río Nilo divide o país en dúas metades, a leste e a oeste.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Día da Ciencia en Galego é a celebración do Día Internacional da Ciencia en Galiza, no que o pobo galego fai un fincapé especial en resaltar máis aló das fronteiras o labor de todos os científicos deste territorio pasados e presentes. O seu principal obxectivo é salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia universal.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Os Istari (en singular Istar) son personaxes ficticios que forman parte do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien. Eran un grupo de maiar enviados á Terra Media polos Valar na Terceira Idade do Sol para axudar ás razas libres na súa loita contra Sauron. Chamados tamén Ithryn (en singular Ithron) na lengua sindarin, foron máis comunmente coñecidos como magos.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).
Asociación Olímpica e dos Xogos da Commonwealth de Eswatini
A Asociación Olímpica e dos Xogos da Commonwealth de Eswatini é o Comité Olímpico Nacional que representa a Eswatini. Foi creado en 1968 e oficialmente recoñecido polo Comité Olímpico Internacional en 1972. Seguindo o cambio de nome do país en abril de 2018 (anteriormente Suacilandia) cambiou o seu nome a Asociación Olímpica e dos Xogos da Commonwealth de Eswatini.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O Señor dos Aneis: Os aneis de poder
O Señor dos Aneis: Os aneis de poder (en inglés: The Lord of the Rings: The Rings of Power) é unha serie de televisión estadounidense baseada na novela O Señor dos Aneis, e os seus apéndices, escrita de J. R. R. Tolkien. Desenvolvida por J. D. Payne e Patrick McKay para Amazon Prime Video, a serie está ambientada na Segunda Idade da Terra Media, miles de anos antes dos eventos das obras O hobbit e O Señor dos Aneis de Tolkien. Foi producida por Amazon Studios, xunto con Tolkien Estate, the Tolkien Trust, HarperCollins e New Line Cinema.
Lista de deseñadores das moedas de euro
Esta é unha lista dos deseñadores das moedas de euro ordinarias —non conmemorativas— de cada Estado da Eurozona, no relativo aos seus anversos, que son propios de cada país. O deseñador dos reversos comúns a todos os países é o gravador Luc Luycx, da Casa da Moeda Real de Bélxica.
Mercurio é o planeta máis pequeno do sistema solar e o máis próximo ao Sol. O igual que Venus, Mercurio orbita o Sol dentro da órbita terrestre como un planeta inferior, e a súa distancia aparente o Sol visto desde a Terra nunca supera os 28°. Esta proximidade ao Sol fai que o planeta só poida verse preto do horizonte occidental despois da posta de sol ou do horizonte oriental antes da saída do sol, normalmente no crepúsculo.
Suecia (en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI), escoitar), oficialmente Reino de Suecia, é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega e ao leste con Finlandia, está conectado con Dinamarca pola ponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito de Öreseund. Ademais está bañada polas costas do Mar Báltico, formando o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Un lobishome, tamén coñecido como licántropo (do grego: λύκος, «lobo», e άνθρωπος, «humano»), é, nas mitoloxías, lendas e folclores, principalmente da civilización europea, un humano que posúe a capacidade de transformarse, parcial ou totalmente, nun lobo ou nunha criatura antropomorfa próxima a este. Esta transformación pode deberse a varias causas, coma unha imprecación ou ritual voluntario, ou, máis recentemente, pola mordedela ou rabuñada dun lobo ou licántropo. Adoita activarse durante as noites de lúa chea, condenando ao lobishome a vagar coma un lobo ata a mañá.
Na acepción máis común a palabra vangarda (do francés avant-garde, "garda avante") procede do léxico militar e fai referencia á forza ofensiva máis adiantada dun exército durante a contenda. Deste significado derivará a acepción xenérica de vangarda como conxunto de individuos, de ideas ou de prácticas que se anticipan ao tempo futuro. Fálase así, en sentido lato, de tecnoloxía de vangarda, de música con vocación de vangarda ou de vangarda arquitectónica.
Miguel de Unamuno y Jugo, nado en Bilbao o 29 de setembro de 1864 e finado en Salamanca o 31 de decembro de 1936, foi un escritor e filósofo vasco. Na súa obra cultivou unha grande variedade de xéneros literarios, como dicía Ramón Pérez de Ayala: "Con tal orixinalidade como se se tratase literalmente de 'xéneros', que el cortaba e empregaba ao seu antollo".
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
As zonas horarias ou fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas en que se divide a Terra e que seguen a mesma definición de tempo. Anteriormente, usábase o tempo solar aparente, de forma que a hora do día diferenciábase lixeiramente dunha cidade a outra. Os fusos horarios corrixiron en parte o problema ao colocar os reloxos de cada rexión no mesmo tempo solar medio.
Afonso X, tamén coñecido como Afonso IX, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.Á morte do pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir. Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.