Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O test de Bechdel, tamén coñecido como test de Bechdel/Wallace é un método para avaliar se un guión de película, serie, cómic ou outra representación artística cumpre cos estándares mínimos para evitar a fenda de xénero. Orixinouse no cómic Dykes to Watch Out For, obra de Alison Bechdel de 1985. A invención do test atribúese a Liz Wallace, unha amiga da autora do cómic.
Auvernia ou Auverña (en francés Auvergne; en auvernés Auvernho, en occitano: Auvèrnha en feminino ou Auvèrnhe en masculino) é unha rexión do centro de Francia. Comprende catro departamentos: Puy-de-Dôme, Cantal, Alto Loira e Allier. A raíz da reforma territorial de 2014 fusionouse coa rexión Ródano-Alpes para formar Auvernia-Ródano-Alpes.
A candela (símbolo cd) é a unidade básica do SI de intensidade luminosa nunha dirección dada, dunha fonte que emite unha radiación monocromática, de frecuencia 540×1012 hertzs e da cal a intensidade radiada nesa dirección é de 1/683 vatios por estereorradián. Esta cantidade é equivalente á que en 1948, na conferencia xeral de pesos e medidas, se definiu como unha sesaxésima parte da luz emitida por un centímetro cadrado de platino puro en estado sólido á temperatura do seu punto de fusión (2046 K).
O "centro histórico de Florencia" forma parte do quartiere 1 (barrio) da cidade italiana de Florencia. O barrio foi nomeado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1982. Construído sobre o sitio dun asentamento etrusco, Florencia, o símbolo do Renacemento, acadou á preeminencia económica e cultural baixo os Medici nos séculos XV e XVI. Os seus 600 anos de extraordinaria actividade artística poden verse sobre todo na catedral (Santa Maria del Fiore) do século XIII, a igrexa de Santa Croce, os Uffizi e o Palacio Pitti, a obra de grandes mestres como Giotto, Filippo Brunelleschi, Sandro Botticelli e Michelangelo.
O mecenado é o patrocinio financeiro a artistas ou científicos, a fin de permitirlles desenvolver a súa obra sen esixir en contrapartida créditos monetarios inmediatos, aínda que esixindo esa remuneración nunha forma máis pracenteira para o mecenado. Outra acepción podería ser que se trata dun apoio, ben sexa monetario ou en especie, que unha organización presta para o desenvolvemento social, cultural e científico da sociedade, así como para a preservación ambiental da contorna no que se sitúa. As accións de mecenado axudan a mellorar a reputación das organizacións que as realizan, chegando a converterse nunha acción de relacións públicas.
Palmira (árabe: تدمر; Tadmur; arameo: ܬܕܡܘܪܬܐ; hebreo: תַּדְמוֹר; grego antigo: Παλμύρα) foi unha antiga cidade aramea no centro de Siria. Na antigüidade, era unha importante cidade situada nun oasis a 215 km ao nordeste de Damasco e 180 km ao suroeste do río Éufrates en Deir ez-Zor. Foi durante moito tempo unha importante parada de caravanas para os viaxeiros que cruzaban o deserto sirio e foi coñecida como a Noiva do Deserto.
World of Warcraft, tamén abreviado WOW, é un videoxogo de rol online multixogador masivo desenvolvido por Blizzard Entertainment dispoñible para os sistemas operativos Windows e Mac OS X. Está baseado no mundo de ficción e a historia de Warcraft onde se adopta o papel dun personaxe virtual que interactúa con outros personaxes e desenvolve situacións nun ambiente fantástico como nun xogo de rol. Consta de tres expansións oficiais unha chamada World of Warcraft: The Burning Crusade, e a outra chamada World of Warcraft: Wrath of the Lich King e World of Warcraft: Cataclysm. As revisións de parches tamén engaden novos contidos e son bastante frecuentes.
Jeffrey Lionel Dahmer, nado o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, Wisconsin, e finado o 28 de novembro de 1994 en Portage, Wisconsin, alcumado como o Caníbal de Milwaukee ou o Monstro de Milwaukee, foi un asasino en serie e delincuente sexual estadounidense resposábel do asasinato e desmembramento de dezasete homes e rapaces entre 1978 e 1991. Moitos dos seus últimos asasinatos incluían a necrofilia, o canibalismo e a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente todo ou parte do esqueleto. Malia ser diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica e cun trastorno psicótico, Dahmer foi declarado legalmente san no seu xuízo.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Bruno Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 8 de maio de 1997, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de defensa no Lleida Llista Blava, da OK Liga. É irmán xemelgo bivitelino de Roberto Di Benedetto e irmán menor de Carlo Di Benedetto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
Os camiños da vida é unha novela de Ramón Otero Pedrayo publicada en 1928 pola Editorial Nós en tres volumes independentes. A editorial Galaxia editouna xa nun único tomo no ano 1978 como terceiro volume da súa Obra Selecta e en 1990 na colección Narrativa, cun estudo introdutorio de Ramón Mariño Paz, que vai pola 15ª edición.
Arda é un territorio ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, no que se desenvolven a meirande parte dos acontecementos narrados na súa obra de ficción. Arda forma parte de Eä (o universo de Tolkien), é o equivalente ficticio da Terra e está formada á súa vez por varios mares, océanos e continentes, entre os que se inclúen a Terra Media e Aman. Arda foi creada, xunto co resto de Eä, coa música dos Ainur para os fillos de Ilúvatar (isto é, elfos e humanos).
Eswatini ou Suacilandia, oficialmente Reino de Eswatini (en suazi: Umbuso weSwatini; en inglés desde 2018: Kingdom of Eswatini; anteriormente Kingdom of Swaziland), é un pequeno país sen saída ao mar no sur de África (un dos máis pequenos do continente), situado nas ladeiras orientais dos Montes Drakensberg, entre Suráfrica ao oeste e Mozambique ao leste. Recibe o seu nome da tribo suazi, unha etnia bantú. Debido en parte á alta taxa de infección de VIH/SIDA, o país ten a esperanza de vida máis baixa do mundo: 32,62 anos.
Roberto Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 8 de maio de 1997, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no Deportivo Liceo, da OK Liga. É irmán xemelgo bivitelino de Bruno Di Benedetto e irmán menor de Carlo Di Benedetto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
Carlo Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 31 de maio de 1996, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no FC Porto, do Campionato Portugués. É irmán maior dos xemelgos bivitelinos Bruno e Roberto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
O estrabismo ou heterotropía é a desviación do aliñamento dun ollo en relación ao outro. Isto impide fixar a mirada de ambos ollos no mesmo punto do espazo, o que ocasiona unha visión binocular incorrecta que pode afectar adversamente a percepción da profundidade. Cando o estrabismo é conxénito ou se desenvolve durante a infancia, pode causar ambliopía, patoloxía na cal non existe un correcto desenvolvemento das estruturas neurolóxicas responsábeis da visión, motivo polo cal, cando se chega á idade adulta e pese corrixirse a patoloxía que deu orixe á ambliopía (estrabismo, vicio de refracción, etc.) a visión co ollo ambliope é insuficiente, e non pudendo ser corrixida con tratamento ningún.
O Sudán (en árabe: السودان as-Sūdān), oficialmente República do Sudán (en árabe جمهورية السودان Jumhūrīyat as-Sūdān) é un país do Val do Nilo no norte de África. Limita con Exipto polo norte, co Mar Vermello, Eritrea e Etiopía polo leste, co Sudán do Sur polo sur, coa República Centroafricana polo suroeste, con Chad polo oeste e con Libia polo noroeste. O río Nilo divide o país en dúas metades, a leste e a oeste.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A miopía (do grego κατάρρευση, "contraer (os ollos)" e μάτι, "ollo") é un defecto de refracción do ollo no cal os raios de luz paralelos converxen nun punto focal situado diante da retina, en lugar de converxer na mesma retina; é o defecto inverso á hipermetropía, na que os raios de luz chegan á retina antes de converxer. Pode definirse tamén como un exceso de potencia de refracción dos medios transparentes do ollo con respecto á súa lonxitude, polo que os raios luminosos procedentes de obxectos situados preto do ollo converxen cara a un punto anterior cara á retina. Unha persoa con miopía ten dificultades para enfocar ben os obxectos, o que provoca déficit de agudeza visual e pode conducir tamén a dores de cabeza, estrabismo, incomodidade visual e irritación do ollo.
A hipermetropía é un defecto ocular da refracción que consiste en que os raios de luz inciden no ollo humano, converxendo detrás da retina, formando desta maneira o foco ou imaxe. É debida case sempre a que o ollo é moi curto no seu eixo antro-posterior. É un defecto moi frecuente, aínda que non é progresivo nin ten repercusións graves.
Ambliopía, ollo vago ou ollo preguiceiro é unha disfunción oftálmica caracterizada por unha diminución da agudeza visual de forma unilateral ou bilateral, sen que o ollo afectado presente anomalía estrutural. É a causa máis común de deficiencia visual en nenos e adultos novos e de mediana idade. Foi descrita por primeira vez en 1600.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O ollo ( pronunciación ), (do latín ocŭlus), ou globo ocular é o órgano que detecta a luz, sendo a base do sentido da vista. Componse dun sistema sensible aos cambios de luz, capaz de transformar estes en impulsos eléctricos. Os ollos máis sinxelos non fan máis que detectar se os arredores están iluminados ou escuros.
Na Terra Media, o universo de ficción de Tolkien, Sauron é un Maia antagónico dos elfos, homes e tódolos pobos libres da Terra Media. Fai a súa primeira aparición no principio dos días, moito antes da Primeira Idade e é finalmente derrotado o 25 de marzal de 3019 da TI. Sauron é o personaxe que dá nome á triloxía d'O Señor dos Aneis por ser o Creador e Señor do Anel Único. Este espírito perverso representa gran maldade para os pobos da Terra Media e débeno vencer finalmente n'O Señor dos Aneis, historia situada cronoloxicamente despois d' O hobbit.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 190.326 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
A Primeira Carta aos corintios é unha epístola paulina que forma parte do Novo Testamento da Biblia cristiá. Escrita para atallar as divisións no seo da comunidade cristiá da cidade grega de Corinto, permite coñecer a vida interna das primeiras colectividades cristiás e presenta algunhas das conductas morais do cristianismo.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Marilyn Monroe, de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962, foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960, chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950).
Carmen Delaco, nada na Coruña no 1976, é unha artista galega. O seu traballo pictórico realízase sobre lenzo combinando acrílico e pintura ao óleo, sendo a figura humana, o animal e a natureza as súas principais representacións. A súa arte considérase figurativa, neofigurativa ou expresionista figurativa.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Para consultar o xénero Quercus, ver o artigo carballo. O Quercus robur L. (ás veces considerado Quercus pedunculata) coñécese normalmente como carballo común, carballo veriño, carballo bravo ou simplemente carballo. O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
A batalla de Tolbiac foi un enfrontamento entre os francos, liderados por Clodoveo I, e os alamanos en 496. O topónimo Tolbiac ou Tulpiacum corresponde a unha cidade da antiga Galia, agora chamada Zülpich (Renania do Norte-Westfalia) preto de Colonia.Os historiadores, seguindo a Gregorio de Tours na súa Histoire des Francs, sitúana no ano 496, aínda que algunhas críticas recentes cren que tivo lugar en 506.Os francos gañaron e estableceron a súa hexemonía sobre os alamanos.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
As Bragas son unha roupa interior feminina composta por unha especie de short curto, axustado ao corpo da muller e feito na maior parte das veces de tecidos suaves e delicados, como o algodón, por exemplo.. As bragas poden ter formas ou ser soltas. Os compoñentes típicos inclúen unha cintura elástica, un panel de entreperna para cubrir os xenitais (xeralmente forrado con material absorbente como algodón) e un par de aberturas para as pernas que, como a cintura, adoitan estar feitas de elastómero.
O Estatuto de Baiona, Carta de Baiona ou Constitución de Baiona considérase unha carta outorgada, xa que non foi elaborada polos representantes do Estado, xurada polo irmán de Napoleón Bonaparte, Xosé I Bonaparte, a quen el confiou o territorio español ocupado, o 8 de xullo de 1808 na cidade de Baiona (Francia). Establecía como rei de España a Xosé I Bonaparte e o cambio da monarquía absoluta por unha monarquía constitucional, de ideas napoleónicas. Organizaba España como unha monarquía hereditaria que o monarca ocupaba o centro do poder político, pero coa obrigación de respectar os dereitos cidadáns proclamados no seu texto.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
Feiraco é unha empresa agrícola galega, fundada en Negreira en 1968. Actualmente as súas instalacións están situadas na parroquia de Agrón (Ames), entre os lugares de Arufe e A Ponte Nova. Está xestionada en réxime de cooperativa, desenvolvendo todo o proceso desde a recollida até a comercialización do leite e os produtos derivados.
Os Istari (en singular Istar) son personaxes ficticios que forman parte do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien. Eran un grupo de maiar enviados á Terra Media polos Valar na Terceira Idade do Sol para axudar ás razas libres na súa loita contra Sauron. Chamados tamén Ithryn (en singular Ithron) na lingua sindarin, foron máis comunmente coñecidos como magos.